JORNAL DIGITAL REGIONAL CAMINHA 2000 JORNAL DIGITAL REGIONAL CAMINHA 2000

O Grupo Filatélico e Nusmismático Val do Rosal presenta a súa exposición sobre os cuños turísticos na Feira do Viño

Esta mostra virtual que pode visitarse na web da feira, feiradoviño.gal, busca manter a continuidade das actividades tan representativas no mundo filatélico e vinícola coas que cada ano participan

O artigo foi realizado por Alfonso Dorado e Marta Verde

O Grupo Filatélico e Numismático Val do Rosal colabora na XXVIII Feira do Viño cunha das súas tradicionais exposicións, unha mostra que nesta ocasión é totalmente virtual coa que se busca non perder o fío e manter a continuidade das actividades que o grupo realiza cada edición, tan representativas no mundo filatélico e vinícola. A mostra pode verse na web da feira.

Nesta ocasión o grupo trae da man de Alfonso Dorado e Marta Verde un percorrido polos cuños turísticos de Galicia, creados para difundir diferentes cidades polo mundo. Entre os cuños turísticos atópase o do Rosal, deseñado por Ángel Pérez e solicitado a Correos polo Grupo Filatélico no que se aprecian varias imaxes da vila rosaleira como os Muíños do Folón e do Picón, a ponte do Tamuxe os as uvas dos viños con D.O. da vila.

A mostra compleméntase con coleccións invitadas de Madrid, Ourense e A Guarda. O Grupo Filatélico xa adiantou que a exposición do vindeiro ano estará dedicada ao Ano Santo Compostelano.

Concurso virtual

Continúa aberto o concurso 'Viño-Experiencia', un certame que busca recoller fotos e imaxes dos veciños e veciñas vivindo a experiencia de degustar un bo viño do Rosal. As persoas participantes deberán facer unha fotografía dun momento de desfrute destes viños e entrar na plataforma https://bit.ly/2ZbVTXz para subila. Tamén pode votar entre as fotos participantes e compartir o enlace para que outras persoas participen na votación.

As fotos tamén poderán enviarse a través de correo electrónico a info@feiradoviño.gal poñendo no Asunto: Concurso 'Viño-Experiencia' e enviando nome e apelidos, teléfono de contacto e cidade. As imaxes gañadoras elixiranse por votación popular a través da mesma plataforma. A votación pecharase unha hora antes de anunciar as imaxes gañadoras.

Entregarase un primeiro premio consistente nun pack cunha selección de 9 botellas de viño do Rosal e unha experiencia de enoturismo para dúas persoas a elixir entre adegas sinaladas e dous segundos premios consistentes un pack con 9 botellas de viño para cada un, unha de cada unha das adegas participantes na Feira do Rosal.

Tenda online

Mercar os viños do Rosal é algo tradicional dentro da Feira do Viño, unha experiencia que quixo manterse nesta edición tan especial coa posta en marcha dunha tenda online na que o público poderá comprar aos mellores prezos os viños con D.O. Rías Baixas subzona O Rosal das adegas Aforado, Aldea de Abaixo, Altos de Torona, Lagar de Cervera, Pedregales, Quinta Couselo, Santiago Ruiz, Terras Gauda e Valmiñor.

Tan sinxelo como entrar en feiradovino.gal/tenda, escoller os viños preferidos e mercalos para recibilos na casa nos vindeiros días. Os gastos de envío serán gratuítos.

Concello de O Rosal


Arranca a edición máis especial da Feira do Viño do Rosal

Estes 17, 18 e 19 de xullo poderá seguirse toda a programación a través da web da feira (feiradoviño.gal) e doutras plataformas online

A feira arrancará co pregón do sumiller Luis Paadín este venres ás 20.00 h, ao que lle seguirá o acto inaugural virtual

Seguen activos o concurso 'Viño-experiencias' e a tenda en liña

A Feira do Viño do Rosal arranca este venres 17 coa súa edición máis especial e diferente. A través da web feiradoviño.gal e outras plataformas, o público poderá seguir toda a programación da feira, que comeza este mesmo venres 17 ás 20.00 h co pregón do prestixioso sumiller Luis Paadín e a posterior inauguración virtual, que contará coas intervencións da alcaldesa do Rosal, Ánxela Fernández; do presidente da Confraría Cabaqueiros de Viños do Rosal, Enrique Costas; dun representante do Consello Regulador da D.O. Rías Baixas; e coa presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva. Tras este pistoletazo de saída chegará ás 22.00 h o primeiro concerto da Feira, un concerto de regueifas a cargo de Luis Correa, O Caruncho, e Benito Lobariñas.

Xa o sábado 18 será a quenda ás 20.00 h do maridaxe showcooking da man do chef Iván Méndez e dos divulgadores de viños Luis e Alejandro Paadín, evento no que colabora a Asociación de Desenvolvemento Galicia Suroeste EuRural. O día rematará co concerto ás 22.00 h do grupo Fanfarria Takicardia.

O domingo 19 retransmitirase ás 12.00 h a cata comentada co sumiller Luis Paadín e ás 20.00 h anunciaranse as fotos gañadoras do concurso 'Viño-Experiencia', que busca recoller en imaxes as distintas formas de vivir os viños do Rosal. O concurso estará activo tanto para participar como para votar as fotografías preferidas ata o domingo ás 19.00 h. Toda a información do concurso e como participar atópase na páxina web da Feira.

Tenda en liña aberta

Na web tamén permanece aínda aberta a tenda en liña da feira, na que todas as persoas interesadas poderán mercar aos mellores prezos con D.O. Rías Baixas subzona O Rosal das adegas Aforado, Aldea de Abaixo, Altos de Torona, Lagar de Cervera, Pedregales, Quinta Couselo, Santiago Ruiz, Terras Gauda e Valmiñor para desfrutar deles tranquilamente na casa.

Concello de O Rosal




Edições C@2000
Do Coura se fez luz. Hidroeletricidade, iluminação pública e política no Alto Minho (1906-1960)"
Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000/Afrontamento
Apoiado pela Fundação EDP

Da Monarquia à República no Concelho de Caminha
Crónica Política (1906 - 1913)

Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000


O Estado Novo e outros sonetos políticos satíricos do poeta caminhense Júlio Baptista (1882 - 1961)

Organização e estudo biográfico do autor por Paulo Torres Bento
Edição: C@2000


Rota dos Lagares de Azeite do Rio Âncora

Autor: Joaquim Vasconcelos
Edição: C@2000


Memórias da Serra d'Arga
Autor: Domingos Cerejeira
Edição: C@2000

Outras Edições Regionais