|
Tomiño esixirá á Xunta de Galicia que repoña o médico do consultorio de Goián
O goberno local cre que o único responsable da situación é o PP e a política de precariedade e privatización levada a cabo polo executivo autonómico
O goberno local de Tomiño esixirá á Xunta de Galicia que de xeito urxente, poña solución ao problema de falta de médico no consultorio de Goián.
A postura do goberno local, clara e contundente, é que esiximos que de forma inmediata se repoña o médico de Goián, xa que o único os únicos responsables desta situación son o PP e a Xunta, que fan o mesmo cada verán", salienta a alcaldesa Sandra González, referíndose á política de recortes levada a cabo na Sanidade Pública, e o costume de asimilar o persoal de pequenos consultorios aos centros de saúde, motivada pola falta de substitutos.
O executivo de Tomiño dí basta xa aos recortes en temas de sanidade. "Que se deixen de dar voltas, se non, nos van ter en fronte claramente", advirte a rexedora, quen agarda contar co apoio do resto da corporación neste tema.
González afirma que a Xunta de Galicia debería defender unha sanidade pública sen recortes, con contratos e salarios dignos, sen privatizacións e con estabilidade. "O que non se pode é saír aplaudir ás 8 da tarde durante tres meses, e logo castigar ao persoal con contratos precarios e recortes, e por riba, pretender calalo cun cheque ignominioso de 250 euros", afirma.
A Comisión das Festas do Alivio suspende os festexos da festividade por mor do Covid-19
Se as circunstancias o permiten, celebrarase só a tradicional misa e procesión do domingo 13 de setembro
A Comisión de Festas da Nosa Señora do Alivio tomou a dolorosa decisión de suspender os festexos do mes de setembro de 2020, por mor da dramática situación provocada pola pandemia do Coronavirus.
A directiva tomou a decisión tras varias conversacións para valorar a situación e as posibles consecuencias de celebrar a festa, recoñecendo a imposibilidade de evitar posibles contaxios e facer cumprir todas as medidas de seguridade nunha celebración pola que soen pasar máis de 3.000 persoas.
Asemade, se as circunstancias o permiten, celebrarase a tradicional procesión e misa, o día grande dos festexos, domingo 13 de setembro.
A directiva decidiu así mesmo, que tal e como se presenta a situación económica ocasionada pola crise sanitaria, non sería razoable pedir este ano apoio económico á veciñanza.
Por último, o presidente da comisión de festas, Manuel Álvarez, agradece a todas as casas comerciais, empresas e moi especialmente ao Concello de Tomiño, pola súa colaboración durante todo o ano.
|
|
|

Do Coura se fez luz. Hidroeletricidade, iluminação pública e política no Alto Minho (1906-1960)"
 |
Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000/Afrontamento Apoiado pela Fundação EDP
|
Da Monarquia à República no Concelho de Caminha Crónica Política (1906 - 1913)
 |
Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000
|
O Estado Novo
e outros sonetos políticos satíricos
do poeta caminhense
Júlio Baptista (1882 - 1961)
 |
Organização e estudo biográfico do autor
por Paulo Torres Bento
Edição: C@2000
|
Rota dos Lagares de Azeite do Rio Âncora
 |
Autor: Joaquim Vasconcelos
Edição: C@2000
|
Memórias da Serra d'Arga
 |
Autor: Domingos Cerejeira
Edição: C@2000
|
Outras Edições Regionais
|