|
A Xunta deixa incomunicado ao Baixo Miño ao non incluílo no transporte metropolitano
A Mancomunidade Intermunicipal alerta de que suporá un importante deterioro no servizo e que illará á comarca da súa area sanitaria de referencia
A decisión da Xunta de Galicia de non incluír ao Baixo Miño no transporte metropolitano da área de Vigo causará importantes prexuízos aos veciños e veciñas da comarca. Os alcaldes e alcaldesas da Mancomunidade Intermunicipal do Baixo Miño, formada pola Guarda, O Rosal, Tomiño e Tui, lamentan esta decisión e alertan de que "suporá un importante deterioro dun servizo fundamental nunha contorna rural cun alto índice de poboación envellecida".
Esta exclusión da comarca do Plan de Transporte Metropolitano reduce de forma importante as frecuencias horarias, eliminando as existentes entre as 09.00 e as 12.00 horas, e deixa ao Baixo Miño incomunicado e illado da súa área sanitaria de referencia, Vigo, así como do campus da Universidade de Vigo. Unha situación que tamén repercutirá negativamente na economía de toda a veciñanza da comarca, xa que ao quedar fóra do transporte metropolitano non poderán beneficiarse das tarifas bonificadas, dos diferentes descontos ou da posibilidade de facer transbordo.
O pasado verán a Mancomunidade Intermunicipal do Baixo Miño xa deu resposta á esta precarización do transporte e interpuxo de forma conxunta alegacións ao anteproxecto do Plan de Transporte Metropolitano presentado pola Xunta, dando resposta a todas as eivas detectadas no servizo en caso de aplicación. Nestas alegacións incluíase tamén o deseño das liñas concretas coa Universidade ou a área sanitaria ou as liñas circulares entre os núcleos dos para poder trasladar ao goberno autonómico solucións concretas e acordes ás necesidades dos concellos do Baixo Miño. Os rexedores e rexedoras da comarca piden á Xunta "que atenda a todas estas demandas que foron claramente especificadas nas alegacións que presentou o conxunto da Mancomunidade".
Os rexedores e rexedoras dos concellos do Baixo Miño consideran un agravio que a Xunta non inclúa aos concellos da comarca nunha rede de transporte metropolitano do que si forman parte Baiona, Cangas, Fornelos de Montes, Moaña, Mos, Nigrán, O Porriño, Pazos de Borbén, Redondela, Salceda de Caselas, Salvaterra de Miño e Soutomaior. "En lugar de aproveitar a oportunidade e apostar polo servizo público o que se está a facer é precarizalo, co que terá menos viaxeiros e resultará cada vez menos rendible", salientan.
Concello de O Rosal
A Agrupación Musical comezará esta semana a ensaiar ao aire libre
Para os ensaios pecharase ao tráfico a rúa situada entre o auditorio municipal e o centro de saúde dous días á semana de 21.30 a 23.30 h
A Agrupación Musical do Rosal retomará esta mesma semana os ensaios tras o parón pola crise da COVID-19. Para garantir todas as medidas de prevención e seguridade marcadas polas autoridades sanitarias todos os ensaios realizaranse ao aire libre na rúa situada entre o auditorio municipal e o centro de saúde.
Ao longo de todo o verán, a Agrupación Musical celebrará os seus ensaios dous días á semana de 21.30 a 23.30 horas, tempo durante o que a rúa lateral do auditorio permanecerá pechada ao tráfico rodado.
Esta nova modalidade de ensaio ao aire libre comezará este mesmo venres 26 e o sábado 27 de xuño. Despois, a Agrupación Musical irá mudando semanalmente os días de encontro.
Concello de O Rosal
O Concello esixirá a reapertura da consulta do Centro de Saúde de Tabagón e a recuperación de pediatría
A alcaldesa, Ánxela Fernández, ten solicitada unha reunión co Conselleiro de Sanidade para abordar estes temas e reivindicar que se aumente a dotación médica durante o verán
A alcaldesa do Rosal, Ánxela Fernández, ten solicitada unha reunión co responsable da Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia, Jesús Vázquez Almuíña, para abordar a precaria situación sanitaria que está a vivir o municipio e que ten previsión de agravarse nos meses de verán ao non cubrir as vacacións dos profesionais. Por este motivo, o obxectivo desta reunión será reivindicar a necesidade de non reducir a dotación médica durante os meses de xullo e agosto e mesmo aumentar o persoal para reducir a longa lista de agarda para unha cita de atención primaria e poder dar resposta ao aumento de poboación no Rosal durante estes meses.
Nesta reunión, a alcaldesa tamén esixirá a reapertura do Centro de Saúde de San Miguel de Tabagón, actualmente pechado pola Consellería de Sanidade ao considerar que non reúne as condicións sanitarias precisas para facer fronte á crise da COVID-19. Dende o inicio do estado de alarma, os pacientes que acudían a este centro foron desprazados ao Centro de Saúde da Guarda e, dende o pasado 1 de xuño, trasladados ao Centro de Saúde do Rosal. Ánxela Fernández pedirá a reapertura deste consultorio á maior brevidade posible en canto o permitan as condicións sanitarias, evitando os continuos desprazamentos, cambios e incomodidades para as e os pacientes asignados a este centro de saúde.
Durante o encontro tamén se reclamará a recuperación da consulta de pediatría no Centro de Saúde do Rosal, que foi desprazada á Guarda para liberar espazo neste centro de saúde para acoller aos pacientes da consulta de San Miguel de Tabagón, deixando ao municipio rosaleiro sen servizo e obrigando ás familias a desprazarse.
Concello de O Rosal
Vinte días de espera para unha consulta de atención primaria no Rosal
A Plataforma para a Defensa da Sanidade Pública do Rosal sinala que a situación agravarase ao non cubrir as vacacións do persoal e co aumento da poboación no concello durante o verán
Convocaranse mobilizacións semanais se a Consellería de Sanidade da Xunta non dá solucións
A Plataforma para a Defensa da Sanidade Pública do Rosal denuncia a precaria situación na que se atopa o centro de saúde do concello, a falta de persoal e o consecuente deterioro da atención sanitaria, xa que na actualidade a demora nas citas de atención primaria están a ser dunha media de 20 días. Nunha reunión mantida o pasado 17 de xuño para analizar a situación que contou coa participación de representantes do Concello, dos grupos políticos, da sanidade pública e das asociacións veciñais, a Plataforma analizou as carencias que presenta o centro de saúde, problemas que se veñen denunciando dende hai tempo que se ven agravado pola falta de persoal sanitario.
Na actualidade o Centro de Saúde do Rosal conta con só tres médicos, cando, coas ratios de pacientes recomendadas polas organizacións profesionais e a OMS, debería dispoñer de polo menos catro. Se esta situación xa xera problemas, durante o verán veranse agravados trala decisión da Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia de non cubrir as vacacións do persoal, polo que o centro quedará atendido unicamente por dous médicos durante uns meses no que aumenta considerablemente a poboación polo turismo. A Plataforma recalca que esta situación fará que se sobrecargue o PAC de urxencias da Guarda.
Para tentar buscar solucións, a Plataforma enviará unha solicitude formal á Consellería de Sanidade na que se faga unha relación de todas as carencias que está a sufrir o Centro de Saúde e pedirase a celebración dunha reunión entre a alcaldesa do Rosal, Ánxela Fernández, e o conselleiro, Jesús Vázquez Almuíña, para tratar todas estas cuestións.
En caso de non obter resposta nin solución, a Plataforma convocará concentracións e mobilizacións semanais diante do Centro de Saúde para denunciar de forma pública unha situación considerada inaceptable.