JORNAL DIGITAL REGIONAL CAMINHA 2000 JORNAL DIGITAL REGIONAL CAMINHA 2000

Tomiño pon a punto sendas e sendeiros de espazos naturais para disfrute da cidadanía

Tras a corentena, a veciñanza comezou a utilizar para pasear e facer exercizo, as distintas zonas verdes do municpio

O Concello de Tomiño, a través do Departamento de Obras, vén de arranxar varias sendas e percorridos por distintos espazos naturais para que a xente que os utiliza, sobre todo, despois do confinamento, para pasear e facer exercizo, poida facelo nas mellores condicións posible, apreciando ademais a riqueza ambiental e paisaxística existente.

A senda do río Miño, comprendida entre a Ponte Internacional de Goián e o límite co concello de O Rosal, é unha das máis utilizadas pola cidadanía para caminar ou andar en bicicleta, polo que foi unha das primeiras acondicionadas, despois de que o inverno e as chuvias afectaran algunhas partes da instalación. Así, foi necesario limpar as marxes da senda e arranxar varias pasadeiras de madeira e guías laterais, así coma limpar e restituir o xabre, co que a senda quedou moito máis transitable.

Asemade, arranxáronse e limpáronse de maleza e acondicionáronse as contorna da Fortaleza de San Lourenzo de Goián, Lago da Pedra e río Furnia, coma así tamén diferentes sendeiros das parroquias de Sobrada, Currás e Amorín.

Do mesmo xeito, estanse a levar a cabo obras de mantemento e substitución de pezas deterioradas no pantalán de Goián.

Concello Tomiño


Tomiño súmase a conmemoración do Día Mundial da ELA

O 21 de xuño, domingo, celébrase o Día Mundial da ELA. O Concello de Tomiño súmase coma cada ano a dita celebración, colgando unha lona no balcón da Casa do Concello e iluminando o edificio de verde, cor característica de esta doenza.

Deste xeito, Tomiño únese á Fundación Luzón, que xunto ás Asociacións de Familiares e Pacientes como membros da Comunidade da ELA, lanzaron a Campaña #LuzporlaELA na que edificios e monumentos de toda España iluminaranse de verde co obxectivo de visibilizar a enfermidade e apoiar ás persoas enfermas para concienciar á sociedade sobre as dificultades que sofren no día a día. O ano pasado ilumináronse 304 monumentos en 209 municipios de toda España.

Concello Tomiño


O Concello de Tomiño ofrece unha serie de actividades de verán para realizar en familia

Para previr posibles contaxios non se celebrarán campamentos nin se abrirán os parques infantís

O Concello de Tomiño propón unha serie de obradoiros de diferentes deportes e actividades de verán para realizar en familia. Por mor da pandemia, decidiuse cancelar a programación deportiva e o campamento de verán que se ofertaba de xeito habitual.

O principal motivo é que o Concello carece dos medios necesarios para garantir a seguridade, protexer a saúde e minimizar o risco de contaxios entre a infancia participante nas actividades de lecer e tempo libre que se desenvolven na tempada estival.

Debido ao anteriormente explicado, ofértase unha programación alternativa con actividades destinadas ás familias, infancia, mocidade e persoas adultas. Son actividades nas que se cumpre o distanciamento social e o resto das medidas de seguridade e hixiene. Ademais, a realización de actividades en familia axuda a estreitar lazos afectivos e de comunicación, e a contrarestar o sedentarismo e estimular a capacidade imaxinativa.

Actividades

- Zumba en familia: a partir de 3 anos e sen límite de idade.
- Pilates en familia: a partir de 3 anos e sen límite de idade.
- Ioga para bebés: cada bebé ten que ir acompañado por unha persoa adulta.
- Mindfulness e ioga familiar: a partir de 3 anos e sen límite de idade.
- Danza en familia: a partir de 3 anos e sen límite de idade.
- Kundalini ioga: a partir de 12 anos e sen límite de idade.
- Hip Hop: de 12 a 30 anos.

Todas as actividades realizaranse en horario de mañá, entre luns e venres. Se hai demanda suficiente levaranse a cabo en Goián (fortaleza) e en Tomiño (Campo da Feira).

Por outra banda, o Concello de Tomiño manterá pechados polo de agora os parques infantís, ao non poder asumir as condicións sanitarias establecidas para a súa reapertura. Por responsabilidade e dada a situación que se está a vivir, o Concello decidiu atrasar o uso destas instalacións, xa que a limitación de recursos non permite executar as medidas de seguridade e prevención ante posibles contaxios.

Concello Tomiño


A EUROCIDADE CERVEIRA-TOMIÑO E A AECT RIO MINHO RECLAMAN UN PLAN DE RECUPERACIÓN ESPECÍFICO PARA O TERRITORIO TRANSFRONTEIRIZO

ANALIZAN EN TOMIÑO AS PRIORIDADES E PROPOSTAS PARA PRESENTAR AOS ESTADOS, Á DIRECCIÓN XERAL DE RELACIÓNS EXTERIORES DA XUNTA DE GALICIA E Á EURORREXIÓN GALICIA-NORTE DE PORTUGAL PROPORASE A CREACIÓN DUNHA TARXETA CIDADÁ TRANSFRONTEIRIZA PARA SIMPLIFICAR TRÁMITES E MOBILIDADE

Os plans de recuperación posCOVID19 deben ter unha liña de apoio específica para os concellos limítrofes coa fronteira Portugal-España, xa que neles dáse un dobre impacto negativo: ao derivado da COVID19, como no resto do territorio, súmase a penalización provocada pola restauración das fronteiras. Esta é a principal conclusión da xornada de traballo mantida hoxe en Tomiño para analizar medidas de recuperación e impulso á cooperación transfronteiriza tras a crise da COVID 19, coa participación da alcaldesa de Tomiño, Sandra González, o director da AECT Rio Minho, Uxío Benitez, o vicedirector desta entidade, tamén presidente da Cámara de Vila Nova de Cerveira, Fernando Nogueira, xunto con directivos da AECT Galicia-Norte de Portugal e máis o Director Xeral de Relacións Exteriores e coa UE da Xunta de Galicia, Jesus Gamallo.

Os responsables dos concellos de Tomiño e Vila Nova de Cerveira enfatizaron a necesidade de que as autoridades españolas e portuguesas acorden esa liña específica de apoio aos territorios de fronteira na próxima cimeira hispano-lusa.

Neste sentido, tanto Sandra González como Fernando Nogueira lembraron a importancia de recoñecer a singularidade da realidade educativa, socioeconómica, cultural e comercial das Eurocidades, tras "o esforzo realizado nos últimos anos para non duplicar servizos, atendendo a criterios de eficiencia e aos principios promovidos desde a Unión Europea", o que se víu gravemente comprometido por un peche de fronteiras que ignorou estas situacións particulares.

Desde a AECT Rio Minho, que engloba os 26 concellos do territorio de fronteira galego portugués do Alto e Baixo Miño, con máis de 370.000 habitantes, Uxío Benitez propuxo "considerar os obxectivos e prioridades da Estratexia 2030 do Río Miño Transfronteirizo como base para o impulso dun Investimento Territorial Integrado (ITI)", un instrumento de financiación específico para o territorio fronteirizo, financiado con fondos europeos e de ambos estados, para ser xerido polas entidades locais de cooperación territorial e, en particular, pola AECT Río Minho, en colaboración coas Eurocidades e autoridades da Eurorrexión. "As Eurocidades e a AECT Rio Minho amosaron a súa capacidade para detectar os problemas que sofren os veciños e veciñas do territorio fronteirizo e son as mais indicadas para a xestión da pos pandemia", subliñou Benítez.

Entre as iniciativas dirixidas a evitar no futuro os prexuízos do peche de fronteiras, destacou a proposta da AECT Rio Minho da creación dunha tarxeta cidadá transfronteiriza que poida contribuír á simplificación de trámites e facilitar a mobilidade para os habitantes do territorio.

Finalmente, os responsábeis da Eurocidade Cerveira-Tomiño e os directivos da AECT destacaron a importancia do territorio transfronteirizo do Río Miño como evidencia da vitalidade tanto das relacións entre Galicia e Portugal como da vontade de asentar unha cooperación estratéxica entre os habitantes e institucións eurorrexionais.

Concello Tomiño


A App móbil de Tomiño acada as primeiras 500 incidencias resoltas

Problemas de alumeado público, residuos, baleirado de fosas sépticas e fochancas, son os máis comúns entre a veciñanza

A App móbil Línea Verde do Concello de Tomiño, un servizo de comunicación directo ca cidadanía, vén de acadar as primeiras 500 incidencias resoltas (66%), dun total de 757 presentadas nos tres meses que leva funcionando.

Entre as principais incidencias comunicadas pola veciñanza e resoltas pola Administración Local, figuran en primeiro lugar, polo seu volume, as referidas á iluminación pública (136 casos), seguidas polas de lixo (84) e baleirado de fosas sépticas (81); fochancas (72), vía pública (31), sinalización viaria e outros (30) e escolas (16), entre outras.

O tempo de resolución das incidencias varía dependendo do tipo de problema e dos recursos dispoñibles, sendo de 4 días no caso de baleirado de fosas sépticas, de 7 no caso de peticións relacionadas co alumeado ou de 15 na limpeza de xardíns e zonas verdes.

Alexandre Pérez Souto, concelleiro de Obras, valora que tras tres meses de funcionamento, os resultados son bos e salienta a importancia de poder coñecer mellor as necesidades da veciñanza, e poder actuar de maneira máis eficiente, dando solución con maior rapidez ás cuestións comunicadas.

"O persoal xa está adaptado ao novo modelo de traballo. Cada equipo recibe as tarefas a realizar, na súa tablet, e comunícao a través da mesma, cando está resolta. Esta información chégalle, tanto á veciña ou veciño que comunicou a incidencia, como ao concelleiro ou concelleira correspondente, e ademais, podemos obter estadísticas en tempo real dos traballos a realizar", explica.

O edil considera esta plataforma moi útil nun municipio tan extenso e disperso como o de Tomiño, xa que axuda a sistematizar e facer máis eficiente a resolución de pequenos traballos, ademáis de mellorar a comunicación entre a cidadanía e o Co concello.

Para poder utilizar este novo servizo é necesario proceder á descarga gratuíta da APP "Linea Verde" dende Google Play ou APP Store. A partir de aí, seleccionar o municipio de Tomiño, e comunicar o problema, pinchando sobre o botón nova incidencia, escoller a tipoloxía e achegar unha foto e unha explicación sinxela sobre a mesma. A persoa recibirá unha

Concello Tomiño


Tomiño prioriza a circulación de persoas no novo espazo público do Seixo, establecendo excepcións só para residentes e comerciantes

Para o control do acceso de vehículos, o Concello contará cun sistema de cámaras de videovixilancia, coñecido coma "Traffic Eyes Accesos"

Crear un Área de Circulación Restrinxida (A.CI.RE.) nas rúas do núcleo urbano do Seixo, con total prioridade para os peóns, e na que non se permitirá a circulación de vehículos, salvo os debidamente autorizados, é a decisión tomada polo Concello de Tomiño, que entrará en vigor en breve, tras o remate das obras de humanización levadas a cabo nos últimos meses.

O obxecto é garantir a mellora da mobilidade peonil e a seguridade viaria, retirando o tráfico de vehículos das rúas República Arxentina, A Guarda, Colón, Camino do Alivio e Praza do Seixo.

Dentro das excepcións, atópanse as persoas residentes, propietarias de comercios ou usuarias de garaxes; vehículos de carga e descarga de mercadorías e gasoil; servizos de emerxencias, ambulancias, bombeiros, policía, taxis e bicicletas, entres outros.

Asemade, non se poderá estacionar na zona, salvo para as persoas residentes, que disporán de 10 minutos para carga e descarga doméstica (carga e descarga de mercadorías, até 30 minutos).

Para o control do acceso de vehículos, o Concello contará cun sistema de cámaras de videovixilancia, coñecido coma "Traffic Eyes Accesos"; un sistema de recoñecemento de matriculas por OCR, para o control de tráfico en vías urbanas, que funciona de forma centralizada, enviando todas as matrículas detectadas a un servidor central, que comproba cada acceso na lista de vehículos autorizados, e xera as infraccións correspondentes, en caso de non dispor de permiso.

A partir da próxima semana, tanto residentes como comerciantes e demais servizos, terán á súa disposición o modelo de solicitude para a autorización de acceso á zona restrinxida.

Ditas solicitudes poderán presentarse no rexistro de entrada do Concello, ou ben, a través da sede electrónica (tomino.gal).

O concelleiro de Tráfico e Seguridade, Ismael Troncoso, acompañado polo oficial xefe da Policía Local, José R. Álvarez Riveiro, mantivo varias xuntanzas con residentes e comerciantes do núcleo urbano de Tomiño, para informarlles sobre as obras realizadas (1) para a creación dun novo espazo público para a veciñanza, e do conseguinte cambio de prioridades de circulación de persoas e vehículos, escoitando ao mesmo tempo as súas necesidades e inquedanzas. "Queremos salientar a boa acollida das novas medidas por parte de residentes e comerciantes, e agradecemos a súa paciencia e comprensión durante as obras", comenta o edil.

Concello Tomiño




Edições C@2000

Do Coura se fez luz. Hidroeletricidade, iluminação pública e política no Alto Minho (1906-1960)"
Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000/Afrontamento
Apoiado pela Fundação EDP


Da Monarquia à República no Concelho de Caminha
Crónica Política (1906 - 1913)

Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000


O Estado Novo e outros sonetos políticos satíricos do poeta caminhense Júlio Baptista (1882 - 1961)

Organização e estudo biográfico do autor por Paulo Torres Bento
Edição: C@2000


Rota dos Lagares de Azeite do Rio Âncora

Autor: Joaquim Vasconcelos
Edição: C@2000


Memórias da Serra d'Arga
Autor: Domingos Cerejeira
Edição: C@2000

Outras Edições Regionais