A Mancomunidade Intermunicipal acordou esta semana aceptar a subvención autonómica que permitirá contar con este importante servizo a nivel comarcal
A Mancomunidade Intermunicipal do Baixo Miño, constituída polos concellos de A Guarda, O Rosal, Tomiño e Tui,.acordou esta semana dar luz verde á creación dunha Unidade de Atención Temperá para a comarca; unha iniciativa que permitirá ás familias de calquera deste catro municipios con menores con dificultades de aprendizaxe, ser tratadas na propia comarca, sen ter que trasladarse ata Vigo.
Trátase dun proxecto destinado a familias con fillos ou fillas de entre 0 e 6 anos que precisen o establecemento de pautas e estratexias que promovan a súa normalización, a través de intervencións planificadas por un equipo de profesionais interdisciplinar.
Tendo en conta que a familia é o axente socializante máis significativo, especialmente nos seus primeiros anos de vida. "Entendemos que a estimulación temperá permite detectar e traballar de maneira coordenada e integrada coa familia, facer as derivacións oportunas e dotar dos recursos necesarios, para evitar custosos desprazamentos que son moi gravosos para as familias con menos recursos", explican dende o Servizo de Educación e Apoio Familiar de Tomiño, que foi o redactor do proxecto para toda a Mancomunidade.
O proxecto alcanzará á Comarca do Baixo Miño, que conta cunha poboación total de 48.175 habitantes e 2.035 menores de 6 anos. Dentro da franxa de idade dos 0 aos 6 anos, segundo os datos facilitados, aproximadamente un 10% dos menores desta franxa de idade padecen dalgunha patoloxía do tipo T.E.A., problemas de dicción, foniatría ou TDHA.
A implantación desta Unidade de Atención Temperá na comarca supón un avance na coordinación entre todos os servizos e recursos de atención á infancia, tendo en conta as necesidades das familias e favorecendo a igualdade de oportunidades e a participación social xa que debido a ubicación xeográfica, os recursos dos que se dispón xeralmente quedan moi lonxe da área.
O traballo será establecido en rede, de xeito que a derivación dos casos á Unidade de Atención Temperá virá dada por un protocolo consensuado polas técnicas do Servizo de Educación e Apoio Familiar dos distintos concellos que a conforman, e será a vía de acceso,permitindo ter un coñecemnto sobre @s usuari@s beneficiarios e así poder detectar casos susceptibles de apoio e/ou intervención, dotando á mesma dun carácter eminentemente preventivo, sen prexuicio do establecer unha coordinación e supervisión da unidade e da xestión que o funcionamento da mesma require.
A subvención achegada pola Xunta de Galicia e polos propios concellos permitirá contratar
a tres profesionais dos campos da psicopedagoxía, psicoloxía e logopedia.
Neste espazo os rapaces e rapazas terán dispoñibles 5 ordenadores, en horario de 11.30 a 14.00 de luns a venres, contando ademais coa tarde dos martes, de 17.00 a 20.00
O Concello de Tomiño, a través do Servizo de Educación e Apoio ás Familias, pon a disposición do alumnado de Primaria e Secundaria os recursos informáticos da Aula CeMIT, co obxectivo de ofrecer unha atención específica aos nenos, nenas e adolescentes escolarizados nos diferentes centros do municipio, debido ás dificultades e necesidades que provoca a situación excepcional da crise do Covid-19.
O devandito servicio municipal toma esta decisión logo de comprobar "grandes atrancos en varias familias para acceder aos contidos educativos a través das ferramentas informáticas e internet, ben porque non dispoñen dos equipamentos necesarios, ben porque hai zonas que non teñen cobertura ou o sinal non é o suficientemente nítida, o que incrementa a desigualdade na adquisición e aproveitamento do material educativo".
Para mitigar esta desigualdade e acortar os tempos na disposición dos servizos, propoñemos un espazo físico que conta con ordenadores e impresora (aula CeMIT).
Neste espazo os rapaces e rapazas terán dispoñibles 5 ordenadores, en horario de 11.30 a 14.00 horas de luns a venres, contando ademais coa tarde dos martes, de 17.00 a 20.00 horas. Cada ordenador será utilizado por un alumno/a en cada quenda, acompañado/a por un tutor, durante un tempo máximo de dúas horas.
O método para reservar unha quenda será chamar directamente ao teléfono da aula CeMIT (986-623304) ou enviar un e-mail (cemit.tomino@xunta.gal), indicando nome e apelidos, curso e centro educativo.
O servizo de ordenadores será utilizado exclusivamente para acceder aos contidos educativos e completar ou entregar as tarefas necesarias que se indiquen desde os centros escolares.
Esta iniciativa porase en marcha desde xa, para axudar a completar o vixente curso, e tamén servirá para comprobar a demanda e o manexo dos equipos telemáticos, e así anticipar posibles necesidades de cara ao vindeiro curso escolar.
En caso de que a familia carecera de recursos ou non puidese trasladar ao seu fillo ou filla até a Aula CeMIT, sita no Campo da Feira de Tomiño, e fose necesario o uso de transporte público, o Concello valorará a posibilidade de abonar o desprazamento en autobús, realizando unha solicitude previa.