JORNAL DIGITAL REGIONAL CAMINHA 2000 JORNAL DIGITAL REGIONAL CAMINHA 2000

O próximo luns reactívase o control da Zona Azul no centro urbano

Dende o inicio do estado de alarma suspendérase a limitación de estacionamento nestas prazas

O próximo luns, 8 de xuño, reactivarase o control na Zona Azul de estacionamento gratuíto e limitado no tempo, que se suspendera no inicio do estado de alarma.

A Zona Azul, na que se pode estacionar de forma gratuíta durante un máximo de hora e media, aplícase nas rúas Augusto González Besada, Foxo e Rosa Bahamonde e as súas travesías. Tamén nas novas prazas de estacionamento en Calvo Sotelo dende o cruzamento con Augusto González Besada até o cruzamento coa rúa Maristas. Son en total máis dun centenar de prazas.

O estacionamento gratuíto limitado a hora e media aplícase nestes viarios de 9 a 14 h e de 16 a 21 h salvo domingos e festivos, segundo recolle a Ordenanza Reguladora aprobada en 2008.

Dende o próximo luns a Policía Local encargarase novamente de controlar á Zona Azul para garantir a mobilidade dos vehículos estacionados. Débese colocar o disco horario coa hora de chegada en lugar visible no parabrisas. O disco pódese adquirir, por un prezo de 0,60€ na tesourería na casa do concello, e nos comercios co indicativo. Tamén se pode empregar o disco de zonas azuis doutros concellos.

Concello Tui


Curso on line de "Prevención de riscos laborais COVID19"

Ofértanse 25 prazas gratuítas que se cubrirán por orde de inscrición

O Concello de Tui, a través da concellería de Formación, oferta un curso on line de "Prevención de riscos laborais COVID19".

A inscrición pode realizarse no enderezo electrónico infocovid@tui.gal, enviando o nome e apelidos, DNI, correo electrónico e teléfono de contacto. Ofértanse 25 prazas gratuítas que se cubrirán por orde de inscrición. .

O curso terá unha duración de tres horas nas que se abordará o coronavirus e a enfermidade COVID-19, como actuar, as medidas de hixiene e illamento, as medidas preventivas e as recomendacións do Ministerio de Sanidade, entre outros contidos.

Concello Tui


Asinado o convenio entre o Concello de Tui e Cáritas para a recollida de roupa usada

Amplíase até doce o número de contedores para a recollida deste produto

O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, e o concelleiro de Servizos Sociais, Ismael Diz, formalizaron onte - coa sinatura do convenio - o acordo con Cáritas Diocesana Tui-Vigo para que sexa está entidade a que realice a recollida de roupa, calzado e complementos usados no municipio. O secretario xeral de Cáritas Tui-Vigo, Jose Antonio García, rubricou o convenio coa administración municipal.

O Concello de Tui aposta así por este proxecto social, que amais permitirá incrementar de 10 a 12 o número de colectores de roupa usada distribuídos no municipio. Os 8 primeiros están xa situados no Punto Limpo, en Areas, na Avenida da Concordia, na rúa Colón, a carón do Centro de Saúde e a carón da igrexa de San Bartolomeu. Os outros catro serán situados nos próximos días noutras tantas ubicacións.

O proxecto que desenvolve Cáritas Diocesana Tui-Vigo ten por obxectivo dignificar a entrega de roupa a persoas en situación de vulnerabilidade, coidar o medio ambiente, e dar unha oportunidade laboral as persoas que non tiñan posibilidade de atopar un posto de traballo, para o que crearon unha empresa na que xa traballan dez persoas.

Concello Tui


Aprobadas as bases reguladoras do programa de axudas Reactiva Tui

Destínase 280 mil euros ao mantemento e impulso do tecido empresarial local

Reactiva Tui é o nome do Programa Municipal de Axudas Extraordinarias de Emerxencia que ten coma obxectivo mantemento e impulso do tecido empresarial local. Onte en pleno foron aprobadas as bases reguladoras deste programa ao que o Concello de Tui destinará 280 mil euros, procedentes do remanente de tesourería, para impulsar os negocios que tiveron que pechar debido á Covid-19.

A crise sanitaria requiriu a posta en marcha dunha serie de medidas de confinamento e limitación das actividades económicas que están a deixar ao seu paso un escenario económico e empresarial de extrema gravidade. O Concello de Tui, consciente dos retos aos que se enfronta o tecido empresarial local aposta por poñer en marcha un plan de choque de apoio empresarial a escala municipal. Este plan de choque inclúe medidas en distintos ámbitos temáticos, tales como a seguridade e saúde, a fiscalidade, o fomento do uso das tecnoloxías e a promoción económica, entre outros.

A posta en marcha dunha parte destas medidas articúlase a través da concesión de subvencións ás pequenas empresas e autónomos do municipio, cuxas bases reguladoras foron aprobadas onte polo pleno municipal. Á convocatoria, que será publicada no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra, poderán presentarse os traballadores autónomos, microempresas e pequenas empresas cuxo domicilio fiscal e local comercial afecto á actividade radique no termo municipal de Tui e permanecese pechado ao público como consecuencia das medidas derivadas da declaración do estado de alarma provocado polo COVID-19 .

Catro serán catro as liñas que poderán ser obxecto de subvención:

o Gastos de aluguer do local comercial efectivamente realizados desde a declaración do estado de alarma ata un máximo de catro meses.

o Gastos asociados á transición cara ao comercio online ou a optimización do existente.

o Gastos derivados do cumprimento das especificacións de servizo, limpeza, desinfección, mantemento e xestión do risco derivadas das medidas para a redución do contaxio polo coronavirus SARS- COV-2.

o Axudas para financiar investimentos para acondicionamento de locais comerciais polos efectos da COVID-19 e para lograr espazos máis seguros.

Os interesados terán un prazo de quince días hábiles para a súa solicitude tras a publicación das bases no Boletín Oficial da Provincia.

Concello Tui



Edições C@2000

Do Coura se fez luz. Hidroeletricidade, iluminação pública e política no Alto Minho (1906-1960)"
Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000/Afrontamento
Apoiado pela Fundação EDP


Da Monarquia à República no Concelho de Caminha
Crónica Política (1906 - 1913)

Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000


O Estado Novo e outros sonetos políticos satíricos do poeta caminhense Júlio Baptista (1882 - 1961)

Organização e estudo biográfico do autor por Paulo Torres Bento
Edição: C@2000


Rota dos Lagares de Azeite do Rio Âncora

Autor: Joaquim Vasconcelos
Edição: C@2000


Memórias da Serra d'Arga
Autor: Domingos Cerejeira
Edição: C@2000

Outras Edições Regionais