JORNAL DIGITAL REGIONAL CAMINHA 2000 JORNAL DIGITAL REGIONAL CAMINHA 2000

Tomiño investe 100.000 euros en axudas a entidades sen fins de lucro, para actividades sociais, culturais e deportivas

Tras a crise sanitaria, reinícianse os prazos para a presentacion de solicitudes a partir de mañá, 3 de xuño, e até o 3 de xullo deste ano

A partir de mañá, estará aberto o prazo para solicitar as subvencións municipais dirixidas a entidades sen fin de lucro que desenvolven ao longo de 2020, actividades sociais, culturais e deportivas, así como para deportistas individuais.

As bases para optar ás axudas correspondentes ao exercizo 2020, foron publicadas no BOPPP do 16 de marzo pasado, pero os prazos suspendéronse como consecuencia da crise sanitaria, polo que reinícianse os prazos para a presentacion de solicitudes a partir de mañá, 3 de xuño, e até o 3 de xullo deste ano.

As solicitudes presentaranse obrigatoriamente na Sede Electrónica do Concello (www.tomino.gal), ou en calquera das formas previstas na Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.

As entidades de carácter social, cultural ou deportivo interesadas en optar á concesión das subvencións, deberán solicitalo mediante a presentación da seguinte documentación (dispoñible na Sede Electrónica):

o Formulario 1: Impreso oficial de solicitude, que irá acompañado da documentación que nel se indica.

o Formulario 2: Certificación do acordo de solicitude, nomeamento de representante para as relacións co Concello e número de persoas socias.

o Formulario 3: Certificación dos datos bancarios da entidade (selado pola entidade bancaria).

A través destas axudas, o Concello de Tomiño investirá 100.000 euros para apoiar e promover todas aquelas actividades que repercutan no desenvolvemento do municipio e que contribúan ao fomento dos intereses dos veciños e veciñas do municipio, en especial ao benestar social da cidadanía, á promoción da cultura e ao fomento do deporte.

Axudas deportivas

O goberno municipal destinará 45.000 euros a entidades sen fin de lucro e deportivas individuais, coa finalidade de fomentar a práctica deportiva, a participación en competicións oficiais e o desenvolvemento de actividades deportivas durante todo o ano.

Neste caso serán subvencionales os gastos federativos correspondentes á tempada, os gastos de arbitraxe, os de transporte e aloxamento relacionados coa asistencia a competicións deportivas, os de mutualidades e seguros, os de material deportivo de carácter funxible ou de carácter inventariable e os gastos de equipamento e vestimenta deportiva. Cando a subvención sexa solicitada para deportistas individuais de Tomiño, estes terán que ser recoñecidos a nivel galego, estatal ou internacional.

Subvencións culturais

O Concello de Tomiño tamén destinará un orzamento de 40.000 euros a axudas municipais a entidades sen fins de lucro, para a realización de actividades culturais durante o ano 2020, co propósito de contribuír ao desenvolvemento de proxectos ou actividades culturais que fomenten os intereses xerais ou sectoriais da veciñanza, con especial atención á promoción e recuperación da cultura e tradicións locais.

As axudas neste eido estarán destinadas á realización de actividades das asociacións culturais, veciñais e xuvenís, a actividades de recuperación e difusión do patrimonio cultural; de promoción dos produtos agrícolas e gastronómicos da zona; recuperación de espazos naturais ou de lecer e outros proxectos de especial interese cultural e social.

Porén, queda especificamente excluído o uso destas axudas para a adquisición, reparación ou mantemento de bens de inmobilizado, gastos correntes, celebración de festas parroquiais, etc. que non estean directamente vinculados á actividade obxecto da subvención; así como para saldos debedores das contas bancarias, de procedementos xudiciais, impostos, recargas e sancións administrativas.

Actividades sociais

O Concello destinará 15.000 euros para subvencións a entidades sen fin de lucro para a realización de actividades que promovan o benestar social da cidadanía a través de accións de prevención, asistencia, incorporación social, fomento e sensibilización da participación cidadá dentro do ámbito dos Servizos Sociais durante o 2020.

A través destas axudas o Concello pretende axudar a financiar os gastos de proxectos de atención á discapacidade e aos menores; apoio á dinámica familiar, voluntariado social, atención á toxicomanía, prevención de situacións de violencia intrafamiliar, promoción da igualdade de oportunidades entre homes e mulleres, atención á inmigración e a minorías étnicas e outros proxectos de especial interese social nos que estea xustificada a financiación municipal.

Bases completas neste enlace:
https://boppo.depo.gal/detalle/-/boppo/2020/03/16

Concello Tomiño


Tomiño retoma a celebración do mercadillo semanal dos mércores, con produtos de alimentación e agrícolas

A actividade será na Praza do Seixo, con postos de alimetación e produtos agrícolas, cumprindo todas as medidas de seguridade

A partir de mañá mércores, Tomiño celebrará novamente o seu mercadillo ambulante semanal, só con produtos de alimentación e agricultura, e respetando todas as medidas de seguridade para evitar posibles contaxios do Covid-19.

A actividade terá lugar na Praza do Seixo, en horario de mañá, mantendo a distancia preceptiva entre os postos e entre as persoas (2 metros coma mínimo). Non estará permitido tocar os produtos nin as superficies dos postos; haberá que esperar o turno e respectar o sentido de circulación (ir sempre pola dereita), limitando o tempo de permanenza ao mínimo imprescindible para comprar.

Asemade, será obligatorio o uso de mascaras hixiénicas ou similar.

A Policía Local estará vixiando que se cumpra a reglamentación, polo que dende o Concello, piden a todas as persoas que se acheguen ao mercado, respectar as medidas de prevención.

Concello Tomiño


O ORAL volve atender no Concello de Tomiño pero só con cita previa

A oficina móbil visitará Tomiño os días mércores, sempre que teñan axendadas citas previas, e estarán na franxa horaria das citadas citas

A partir do día 1 de xuño, volven estar abertas para a atención presencial todas as oficinas do ORAL, pero EXCLUSIVAMENTE CON CITA PREVIA (chamando ao teléfono de atención ás persoas contribuíntes 986 804 100).

Dadas as circunstancias, o persoal do ORAL só se desprazará ao concello para atender ás persoas contribuíntes os días mércores, sempre que haxa citas concertadas e só estarán na franxa horaria das citadas citas.

Polo momento, na fase II de desescalada na que se atopa a provincia de Pontevedra e a Comunidade Autónoma de Galicia, os servizos de atención ao público que se prestarán nas oficinas unicamente serán aqueles que, ademais de ser considerados esenciais, sexan os que se poden atender por volume de afluencia de público no momento sanitario actual.

Tamén pode obtenerse cita previa a través dos seguintes enlaces:
WEB ORAL: https://www.depo.gal/oral-xestion-tributaria-e-catastral
OVT: https://ovt.depo.gal/ovt/
SEDE ELECTRÓNICA: https://sede.depo.gal/citaprevia/

Concello Tomiño


Concellos galegos súmanse ao manifesto "Cooperación contra o coroavirus"

Quince gobernos locais que forman parte do Fondo Galego de Cooperación aprobaron xa o texto impulsado a nivel estatal pola Confederación de Fondos

Un total de 15 concellos galegos aprobaron xa o manifesto "Cooperación contra o coroavirus" que promove no eido estatal a Confederación de Fondos de Cooperación y Solidaridad, da que forman parte nove fondos que representan a máis de 1.300 administracións locais, entre eles o Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade. O texto sostén que "nun contexto global, abandonar aos países do Sur non é unha opción", polo que unha vez superada a fase máis grave nos nosos territorios haberá que "axudar a outros pobos menos preparados para resistir os efectos da pandemia".

Os concellos de Ames, Arteixo, O Barco, Bergondo, Cabanas, Cambados, Malpica, Moraña, Narón, Poio, Ponteareas, Sada, Sandiás, Silleda e Tomiño veñen de sumarse a esta declaración, mediante fórmulas como o acordo plenario, da Xunta de Goberno Local ou por Decreto de Alcaldía. No entanto, a través da web da Confederación, numerosos cargos electos se adheriron tamén de xeito individual, co obxectivo de visibilizar o apoio do municipalismo á cooperación internacional como instrumento necesario para responder ao desafío global xerado polo Covid-19. En xuño, o documento abrirase ás sinaturas da cidadanía en xeral, a fin de promover a defensa deste tipo de políticas públicas municipais.

O texto recoñece que "se non actuamos globalmente, o risco de que o virus rebrote ou de que aparezan novas pandemias será cada vez maior" pois "vivimos nun mundo hiperconectado". Neste senso, a actuación dos fondos de cooperación "non só se limita á resposta sanitaria inmediata", senón que fai fincapé en fortalecer as capacidades locais dos países máis empobrecidos para xestionar servizos básicos que lles permitan afrontar calquera crise.

Neste senso, o Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade vén de aprobar o investimento de 98.126 euros para frear o impacto do coroavirus en Mozambique e Guinea-Bissau, a través de cinco proxectos que inciden na sensibilización da veciñanza, a dotación de materiais de prevención, o abastecemento de auga ou a saúde da infancia. Ademais, recentemente puxo en marcha nas redes sociais a campaña #OsMunicipiosCooperan, para poñer en valor a solidariedade internacional desde o local.

O Fondo Galego

O Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade está integrado por 98 concellos e as deputacións de Pontevedra, A Coruña e Lugo, que concentran a través desta rede os seus esforzos no eido da cooperación ao desenvolvemento. Garántese deste xeito unha xestión profesional e transparente, así como a realización de proxectos con impacto nos países do Sur e a sensibilización da sociedade galega a prol da solidariedade internacional. Recoñecido como axencia municipal da cooperación galega, desde a súa fundación en 1997 o Fondo Galego ten desenvolvido máis de 150 proxectos en preto de 30 países e promove numerosas actividades e materiais en relación aos desequilibrios Norte-Sur.

Concello Tomiño




Edições C@2000

Do Coura se fez luz. Hidroeletricidade, iluminação pública e política no Alto Minho (1906-1960)"
Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000/Afrontamento
Apoiado pela Fundação EDP


Da Monarquia à República no Concelho de Caminha
Crónica Política (1906 - 1913)

Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000


O Estado Novo e outros sonetos políticos satíricos do poeta caminhense Júlio Baptista (1882 - 1961)

Organização e estudo biográfico do autor por Paulo Torres Bento
Edição: C@2000


Rota dos Lagares de Azeite do Rio Âncora

Autor: Joaquim Vasconcelos
Edição: C@2000


Memórias da Serra d'Arga
Autor: Domingos Cerejeira
Edição: C@2000

Outras Edições Regionais