|
Tomiño convida a Margarita Ledo e a Méndez Ferrín a colaborar na conmemoración do Día das Letras Galegas
A Concellería de Cultura e a OMIX ofrecen pasar un domingo diferente con concertos e xogos relacionados coa lingua, a través das redes sociais
O Concello de Tomiño convidou a Margarita Ledo e Xosé Luís Méndez Ferrín, dous grandes persoeiros da lingua e cultura galegas, a gravar unha mensaxe de vídeo coa que conmemorar dun xeito moi especial as Letras Galegas 2020.
A primeira, Catedrática de Comunicación Audiovisual na Facultade de Ciencias da Información de Santiago de Compostela, e membro da Real Academia Galega (RAG), aceptou o reto e gravou un vídeo que poderá verse nas redes sociais do Concello, o vindeiro domingo.
Méndez Ferrín, pola súa banda, fixo chegar unha agarimosa resposta á alcaldesa Sandra González, explicando que estaría encantado de poder participar, pero que por razóns de saúde (unha intervención médica da que se está a repoñer), non podería facelo esta vez. Aínda así, o escritor, político, Doctor en Filoloxía e ex-presidente da RAG, fixo chegar ao Concello, "Apertas e múltiples felicitacións polo voso traballo municipal que sigo con atención. Tamén don Daniel Calzado e o siñor Afranio, aplaudirían o voso labor se estivesen no mundo".
Ademais o Concello de Tomiño conmemorará a festividade das Letras Galegas, con concertos musicais e outras actividades de carácter lúdico.
Ás 19.00 horas, en directo, o grupo "CÉ ORQUESTRA PANTASMA", ofrecerá dende a súa páxina de Facebook , ao pé dun carballo, un concerto para toda a familia, co que pretende homenaxear a Carvalho Calero, persoeiro a quen se lle adica este ano o Día das Letras Galegas.
Asemade, compartirase a través de mailing, whatsapp, web e redes sociais, un par de xogos en liña sobre a lingua e literatura galegas; un divertido xogo de dardos na palabra realizado coa colaboración do grupo de voluntariado da OMIX.
Dende o Concello agradecen moi especialmente a colaboración de todas as persoas implicadas na organización destas actividades.
Camisetas e bolsas alusivas
As camisetas conmemorativas deste ano, cuxo logo pertence a Saskia Díaz Castro, serán repartidas de balde entre as persoas que acudan á libraría tomiñesa NOVIDADES para mercar UN LIBRO EN GALEGO, a partir do 17 de maio.
Por outra banda, despois de recoller centos de palabras galegas escritas polos usuarios e usuarias das nosas redes sociais, reuníronse as vinte palabras máis votadas a través da páxina web do Concello, que serán impresas nas "tote bags" (bolsas de tea 100% algodón), que se repartirán tamén de balde ao longo deste mes. Haberá cinco deseños diferentes serigrafiados coas seguintes verbas: changarella, afouteza, coliño, aperta, chouchiña, bágoa, ruliña, quérote, sentidiño, bico, riquiña, bolboreta, aloumiño, fedello, morriña, agarimo, toxo, xoaniña, amodiño e enxebre.
Un deseño coa cara de Rosalía de Castro e o lema "Únete á resistencia" gaña o certame da camiseta das Letras Galegas de Tomiño
Saskia Díaz Castro, veciña de Sobrada e graduada en Relacións Laborais foi a gañadora do concurso, no que participou unha duzia de mozos e mozas
Un deseño en cor vermello coa cara da poeta e escritora galega Rosalía de Castro, rodeada dos nomes das parroquias de Tomiño, e co lema "Únete á resistencia", en alusión á loita pola supervivencia do idioma galego, fíxose co premio do Certame de Deseño de Camiseta para as Letras Galegas 2020, convocado polo Concello.
A gañadora desta edición chámase Saskia Díaz Castro, é de Sobrada (Tomiño), e ten 27 anos. Graduada en Relacións Laborais e Recursos Humanos, participou xunto a outros doce mozos e mozas que enviaron os seus deseños para probar sorte. Saskia enterouse do concurso a través dun amigo que forma parte do grupo de voluntariado da OMIX de Tomiño e que compartiu a publicación por un grupo de WhatsApp. Así comezou a facer un deseño inspirado na serie La Casa de Papel.
O deseño, libre e aberto, tiña que estar relacionado coa lingua e/ou literatura galega. Os membros do xurado, do grupo de Voluntariado da OMIX, valoraron que fora un deseño atractivo, inspirado e relacionado coa promoción e posta en valor do idioma galego. Os organizadores agradecen a participación xuvenil que cada ano se produce neste certame.
As camisetas serán repartidas de balde (unha unidade por persoa) entre as clientas e clientes que acudan á libraría tomiñesa NOVIDADES para mercar UN LIBRO EN GALEGO, a partir do 17 de maio.
Tomiño participará na Asamblea Estatal Eurodesk de maneira virtual
A OMIX, que pertence a esta rede europea de información para a mocidade, mantivo unha reunión por videoconferencia con respresentantes de varios países
A Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX) de Tomiño, asistirá virtualmente, o vindeiro 3 de xuño, á Asamblea Estatal de Multiplicadores Eurodesk que ía ter lugar en Mollina (Málaga), pero que debido á crise sanitaria, non poderá celebrarse de forma presencial, tal coma estaba previsto.
A decisión tomouse nunha reunión virtual realizada estes días con representantes de outros países europeos, co propósito de abordar tamén temas tales coma a formación online para o manexo de diferentes redes sociais usadas pola mocidade (como Tik Tok ou Instagram); a realización de webinars sobre cómo afrontar dende os servizos para a mocidade a situación de pandemia actual no que se refire a proxectos europeos; mobilidade, actividades para a mocidade, achegamento da información, mellora da calidade do servizo, etc.
A oficina municipal, na súa condición de ente "Multiplicador Eurodesk", informa sobre programas e actividades europeos dirixidos non só ás persoas mozas, senón tamén ás que traballan no eido da mocidade. De alí que na reunión celebrada, tamén se compartiran os "deberes" do persoal de Eurodek, pois para seguir pertencendo á rede, é vital cumprir os obxectivos, traballar de xeito cooperativo e activo.
Por último, acordouse continuar coa labor de redactar eventos, artigos e noticias para crear contido en español e inglés na web do Portal Europeo de la Juventud (https://europa.eu/youth/EU_es) e resolver as dúbidas que a mocidade plantexa a través do mesmo.
Por outra banda, sumándose á conmemoración do Día de Europa (9 de maio), a OMIX Tomiño está a compartir a través das súas redes sociais, entrevistas realizadas a algunhas das voluntarias europeas que traballaron no Concello dentro do programa Erasmus+.
A Rede Eurodesk, á que pertence a OMIX Tomiño dende hai anos, centra a súa atención na información relativa ás áreas de educación e formación, co fin de que a mocidade se involucre en diferentes actividades europeas, accedindo á información de forma directa e sinxela, o que fomenta un sentemento de identidade europeo e abre unha morea de oportunidades. Os postos de Eurodesk son chamados Multiplicadores Cualificados e son oficinas locais repartidas por vilas e cidades de toda Europa, que dan a coñecer a información á mocidade, tanto presencialmente, como a través das ferramentas informáticas.
Até o día 18 de maio poderá matricularse o alumnado de Educación Infantil, Primaria e Secundaria nos centros educativos de Tomiño
A medida afecta sóa nenos e nenas que entren en Educación Infantil (3 anos) ou a aqueles doutros cursos, que queiran cambiar de centro
Coincidindo coa Fase 1 da desescalada, os centros educativos de Tomiño.permanecerán abertos do 11ao 18 deste mes, para a formalización dos trámites de solicitude de admisión do alumnado de nova incorporación para Educación Infantil, Educación Primaria, ESO e Bacharelato para o curso 2020-2021; trámites que foron suspendidos cando se decretou o Estado de Alarma.
Ás persoas ás que afecta esta resolución son as nenas e nenos que entran a Educación Infantil (con tres anos de idade), e aqueles do resto de cursos que estean matriculados noutros centros e queiran cambiar.
Hai que aclarar que o alumnado do CRA Mestre Manuel Garcés que vaia o vindeiro curso ao seu colexio de Primaria de referencia, así coma o de 6º de Primaria dos centros de Barrantes, Tebra, Sobrada, Pedro Caselles, Goián, que solicitan praza para o IES Antón Alonso Ríos, de Tomiño, están exentos de facer esta reserva, pois xa a fixeron no mes de febreiro pasado.
A solicitude pode presentarse presencialmente, logo de descargala e imprimila desde httos://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/, ou ben, entrar nese mesmo sitio, cubrir a solicitude informaticamente e asinala en Sede Electrónica. (Toda a información necesaria pode atoparse tamén na páxina web (www.tomino.gal) e redes sociais do Concello de Tomiño.
Se se desexa presentar o impreso de manera presencial, é necesario, solicitar antes cita previa no centro educativo correspondente, seguindo neste casos as normas de prevención aconselladas polas autoridades sanitarias.
A confirmación da matrícula realizarase do 1 ao 10 de xullo.
|
|
|

Do Coura se fez luz. Hidroeletricidade, iluminação pública e política no Alto Minho (1906-1960)"
 |
Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000/Afrontamento Apoiado pela Fundação EDP
|
Da Monarquia à República no Concelho de Caminha Crónica Política (1906 - 1913)
 |
Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000
|
O Estado Novo
e outros sonetos políticos satíricos
do poeta caminhense
Júlio Baptista (1882 - 1961)
 |
Organização e estudo biográfico do autor
por Paulo Torres Bento
Edição: C@2000
|
Rota dos Lagares de Azeite do Rio Âncora
 |
Autor: Joaquim Vasconcelos
Edição: C@2000
|
Memórias da Serra d'Arga
 |
Autor: Domingos Cerejeira
Edição: C@2000
|
Outras Edições Regionais
|