JORNAL DIGITAL REGIONAL CAMINHA 2000 JORNAL DIGITAL REGIONAL CAMINHA 2000

Tomiño impulsa a campaña "Estamos contigo" para agradecer a atención sanitaria do centro de saúde local

Animan á poboación a participar enviando cartas, debuxos, notas, a un enderezo electrónico

Agradecer o traballo de todo o persoal do Centro de Saúde de Tomiño, durante estas longas e difíciles semanas de corentena, é a finalidade da campaña "Estamos Contigo", organizada polo Concello de Tomiño, a través das concellerías de Participación Cidadá e Benestar Social.

Coa colaboración co Centro de Saúde de Tomiño, "iniciamos esta campaña de apoio ao seu persoal sanitario, administrativo e de limpeza, que nesta pandemia está a traballar arreo para coidar de todos e todas nós", explica Sandra González, alcaldesa da vila.

A idea é que todas as persoas que o desexen, sin límite de idade, poidan facelo, expresándose a través do medio que elixan: debuxos, textos, cartas... "Queremos animar a toda a poboación de Tomiño a participar enviando cartas, debuxos, notas... ao enderezo de correo electrónico estoucontigo.tomino@gmail.com", aclara a rexidora local.

Para respectar as medidas de seguridade, non se expoñerá en ningures o material recibido e tampouco poderán achegarse mensaxes de apoio por ningunha outra vía que non sexa a electrónica.

Concello Tomiño


Tomiño celebra un pleno para axilizar a tramitación de facturas pendentes de pago

O goberno local leva tamén á sesión, a prórroga por un ano, do servizo de recollida de lixo

O Concello de Tomiño celebrará hoxe ás 19.00 horas, Pleno ordinario. Na sesión gardarase a debida distancia de seguridade, ocupando tamén os asientos do público, para garantir os dous metros de distancia preceptivos. Asimesmo, e debido ao estado de alarma, non haberá público, xa que siguen limitados os desprazamentos da poboación.

Os dous puntos máis importantes son: unha modificación de crédito que ten como finalidade axilizar a tramitación de facturas e a prórroga á empresa Urbaser para continuar un ano máis coa recollida do lixo.

Na modificación de crédito, que ascende a aproximadamente 500.000 euros, ademáis do pago de facturas, tamén se inclúe a achega municipal que ten que facer o concello despois de ter sido concedida unha nova subvención do IDAE (Instituto de Diversificación e Aforro Enerxético dependente do Ministerio para la Transición Ecológica), para o proxecto denominado "Envolvente Térmica, edificio usos múltiples e mercado de Goián", subvencionado con 254.567,21. Estes fondos do IDAE proveñen do Programa Operativo FEDER de crecemento sostible 2014-2020.

Este proxecto, presentado no ano 2019, foi recentemente aprobado e busca mellorar a eficiencia enerxética do edificio anexo ao mercado de Goián. A achega municipal a este proxecto é de 83.000 euros. Deste xeito o concello de Tomiño continúa, coas subvencións concedidas polo IDAE, coa mellora de edificios públicos para reducir o consumo enerxético e mellorar a sostibilidade.

Asimesmo o concello tamén obtivo unha subvención da Comisión Europea para investir nas infraestructuras necesarias para ofrecer Wi-Fi de alta calidade de xeito gratuito en espazos públicos denominada WiFi4EU. Para este proxecto a achega municipal é de 5.000 euros que se suman aos 15.000 achegados pola Comisión, nun plan que chega a máis de 3.400 localidades de toda Europa, das cuales foron beneficiarias Vigo e Tomiño na nosa Área Metropolitana.

Por último tamén se destaca a previsión de 30.000 euros para o Plan de Reactivación Económica impulsado polo goberno, que buscará consensuar unha serie de medidas co comercio local coa finalidade de paliar a crise económica que previsiblemente seguirá ao Estado de Alarma. Con este fin, para o vindeiro luns convocouse unha reunión da Mesa do Comercio, na que se comezarán a debatir as medidas destinadas a reactivar o comercio local, competitividade, fidelización dos clientes, novas ferramentas facilitadoras das ventas etc.

Por último levarase a pleno a prórroga de un ano máis, do Servizo de Recollida de Lixo á empresa Urbaser; medida necesaria durante os próximos 12 meses mentres o Concello traballa na implantación da segunda fase do Plan Revitaliza da Deputación de Pontevedra, para a cal, segundo avanzou a alcaldesa Sandra González, as empresas que aspiren a ser adxudicatarias, terán que incluir e priorizar medidas impulsadas dentro de dito plan e incluir a compostaxe como unha das súas prioridades.

Concello Tomiño


Tomiño comeza o reparto entre os comerciantes das primeiras 1000 máscaras confeccionadas por costureiras voluntarias

O Departamento de Benestar Social aproba novas axudas de emerxencia

A Agrupación de Protección Civil de Tomiño, comezou onte a repartir as primeiras 1000 máscaras hixiénicas confeccionadas por unha rede de costureiras voluntarias da vila, en colaboración coa Asociación de Comerciantes (ADETO) e o Concello. En primeiro lugar, fíxose unha entrega nos establecementos comerciais abertos asociados, uns 15 locais de Tomiño e Goián.

A iniciativa "Tomiño Suma", coma xa se informara, está a confeccionar máis de 4000 máscaras hixiénicas reutilizables que serán entregadas á poboación. A entrega farase en varios lotes, dándose prioridade a persoas maiores e persoas de risco, polo que dende a organización da iniciativa chámase á responsabilidade, pedindo á poboación que vaian recoller máscaras só as persoas que realmente as precisen e unha unidade por persoa.

A alcaldesa Sandra González, explica que se trata dun exemplo de colaboración local a través dun proceso en cadea: o Concello comprou o tecido homologado e Protección Civil o distribúe entre máis de 20 costureiras voluntarias que elaboran as máscaras. Tras a elaboración, limpadoras municipais desinfectan as máscaras con ozono e as empaquetan en bolsas individuais.

Por outra banda, Protección Civil continúa colaborando no reparto de alimentos de SOS Tomiño-Baixo Miño e na entrega de compras varias, en colaboración coa Concellería de Benestar Social, que dirixe Cristina Martínez; tarefas polas que a concelleira manifesta o seu agradecemento.

Ademais fan reparto dos cadernos de actividades de estimulación cognitiva elaborados pola Asociación de Párkinson Baixo Miño en 22 domicilios.

Novas axudas de emerxencia

O Departamento de Benestar Social vén de aprobar, por terceira vez consecutiva, novas axudas de emerxencia (por alimentos, aluguer, internet, etc.) para 9 familias constituídas por 22 persoas, e por importe de 1340 euros). Asemade, aprobouse a prórroga de alimentos para 5 familias (19 persoas, 680 euros), sumando un total de 2020 euros.

Deste xeito, dende que comezou o Estado de Alarma, o departamento de Benestar aprobou axudas de emerxencia por alimentos para un total de 34 familias, 112 usuarios e usuarias, por un importe de 5800 euros.

Concello Tomiño


O comercio local, costureiras voluntarias e o Concello unen forzas en Tomiño para fabricar mascarillas hixiénicas reutilizables

A iniciativa "Tomiño suma" xerará máis de 4000 máscaras de acordo coa norma UNE 0065 publicada polo Ministerio de Sanidade este mesmo mes de abril

O pasado 15 de abril publicouse a norma UNE 0065:2020, elaborada polo Ministerio de Sanidad e varias institucións e entidades competentes1, onde se establecen as condicións que deben cumprir as mascarillas hixiénicas reutilizables e as instrucións para a súa correcta elaboración artesanal.

O comercio local a través da Asociación de Comerciantes ADETO, unha rede de costureiras voluntarias e o Concello de Tomiño comezaron entón cunha iniciativa que baixo o nome de "Tomiño Suma" vai fabricar máis de 4000 máscaras hixiénicas reutilizables que serán entregadas á poboación.

Esta iniciativa trátase dun exemplo de colaboración local a través dun proceso en cadea: o Concello compra o tecido homologado, que cumpre coa norma mencionada, e Protección Civil de Tomiño o distribúe entre máis de 20 costureiras voluntarias que elaboran as máscaras. Tras a elaboración, limpadoras municipais debidamente equipadas desinfectan as máscaras con ozono e seguidamente se empaquetan en bolsas individuais. Unha vez embolsadas as máscaras son repartidas, coa colaboración de ADETO, por diferentes comercios de Tomiño que se atopan abertos para que as persoas poidan recollelas.

Así mesmo, lembran que estas máscaras non son un dispositivo sanitario de acordo ao Regulamento UE/2017/745 nin un EPI de acordo ao Regulamento UE/2016/425, senón "mascarillas hixiénicas reutilizables" de acordo ao establecido na norma UNE 0065:2020, e deben utilizarse xunto con todas as medidas de prevención que recomendan as autoridades competentes.

O tecido co que se están a elaborar é tecido de sarga 195-205 gr/ m2, de composición 35% algodón e 65% poliéster, lavable a 60º. Ten un acabado hidrófugo que permite que non entre nin salga pingas de fluídos, cumprindo co test AATCC-193 (repelencia a líquidos) e tamén ten acabado antibacteriano que cumpre co test UNE EN 14683 (tecidos para máscaras). Así mesmo ten unha eficacia de filtración bacteriana superior ao 90% e a respirabilidade en canto a presión diferencial por debaixo de 60 Pa/cm2, soportando ademais máis de 25 lavados, o que lle fai cumprir coas consideracións da norma UNE 0065.

"A solidariedade e o esforzo conxunto é a clave que nos permitirá saír adiante no futuro, e en Tomiño temos a tranquilidade de saber que contamos cunha poboación solidaria e colaboradora que non dubida cando hai que arrimar o ombro e axudar aos demais, como sempre fixemos na nosa historia", sinala a alcaldesa de Tomiño, Sandra González.

A entrega farase en varios lotes a partir do luns. Darase prioridade a persoas maiores e persoas de risco, e dende a organización da iniciativa chámase á responsabilidade, pedindo á poboación que vaian recoller máscaras só as persoas que realmente as precisen e só unha unidade por persoa.

Concello Tomiño




Edições C@2000

Do Coura se fez luz. Hidroeletricidade, iluminação pública e política no Alto Minho (1906-1960)"
Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000/Afrontamento
Apoiado pela Fundação EDP


Da Monarquia à República no Concelho de Caminha
Crónica Política (1906 - 1913)

Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000


O Estado Novo e outros sonetos políticos satíricos do poeta caminhense Júlio Baptista (1882 - 1961)

Organização e estudo biográfico do autor por Paulo Torres Bento
Edição: C@2000


Rota dos Lagares de Azeite do Rio Âncora

Autor: Joaquim Vasconcelos
Edição: C@2000


Memórias da Serra d'Arga
Autor: Domingos Cerejeira
Edição: C@2000

Outras Edições Regionais