|
A "Sociedad pro-Monte Santa Tecla" disólvese por decisión xudicial
A "Sociedad pro-Monte Santa Tecla" fundouse en 1912 coa finalidade de fomentar o turismo e poñer en valor o monte Santa Trega, impulsando sobre todo a súa paisaxe e o patrimonio arqueolóxico do xacemento castrexo. Esta Sociedade foi, sen dúbida, verdadeiro motor social e cultural da Guarda durante boa parte do século XX, ata que no ano 1979 os seus socios se reúnen por última vez en Asamblea Xeral.
Con posterioridade creouse o Padroado do Monte Santa Trega, un órgano que, xunto co concello, veo a asumir os mesmos fins que tivera durante o seu funcionamento a "Sociedad por-Monte". Nesta situación, a histórica Sociedade perdeu a súa razón de ser e deixou de ter actividade. Os anos foron pasando e dada esta falta de actividade e as nulas posibilidades de reactivación, algúns membros da última xunta directiva consideraron que a mellor saída era a súa extinción. Entregando ao concello da Guarda os seus bens a fin de garantir que os mesmos seguisen sendo de desfrute de todos os veciños e veciñas da localidade.
O proceso de extinción da "Sociedad pro-Monte Santa Tecla" comezou no ano 2017 cando os membros vivos da última xunta directiva do ano 1979 foron convocados polo presidente en funcións, Antonio Martínez, a unha reunión extraordinaria con un único punto na orde do día: a disolución da "Sociedad pro-Monte". Nesta reunión, que se prorrogou en dúas sesións máis, en días diferentes, non se chegou a un acordo sobre a extinción.
A intención última de parte dos membros da xunta directiva era aplicar o artigo 34 do seu regulamento que dispón que no caso de disolución, "los fondos que hubiere se destinarán a beneficencia pública local, y el Museo, Biblioteca y demás enseres se entregarán, previo inventario y en calidad de depósito, al Ayuntamiento u otra entidad de solvencia de la localidad."
Dada a situación de bloqueo da extinción da "Sociedade pro-Monte", a necesidade de protexer e garantir o carácter público das súas propiedades, a necesidade de mantemento dalgunhas destas propiedades con fondos municipais, e seguindo as recomendacións dos servizos xurídicos da Xunta de Galicia e do propio concello da Guarda, a entidade local interpuxo unha demanda xudicial como última saída.
Nestes últimos días O xulgado número 1 de Tui ditou sentencia en primeira instancia favorable a demanda interposta polo concello da Guarda na que declara "a disolución da "Sociedad pro-Monte" e a apertura da fase de liquidación da mesma, previa a súa extinción, recoñecendo o dereito do concello da Guarda a que se lle entreguen en calidade de depositario, os bens propiedade da citada entidade."
Entre os bens da "Sociedad pro-Monte", que pasarán ao concello da Guarda en depósito cando remate o proceso, están: o Parque do Cancelón, o Centro Cultural, a Casa da Cultura, o arquivo da Sociedade e os fondos do Museo Arqueolóxico.
Con este proceso reverten no concello por dereito un bens que xa o eran de feito, dado que a entidade local é quen está xestionando, dando uso e mantendo os bens inmobles da "Sociedad pro-Monte" para beneficio de todos os veciños e veciñas da vila.
O BNG DA GUARDA PRESENTA MEDIDAS URXENTES PARA COMBATER A CRISE SOCIAL E ECONÓMICA PROVOCADA POLO COVID19
O grupo municipal do BNG da Guarda, ven de solicitar un pleno extraordinario para debater as medidas urxentes encamiñadas a paliar as consecuencias desta grave crise na nosa localidade.
"A crise sanitaria creada polo COVID19 non é só un problema de saúde pública de enorme magnitude. Os seus efectos van ter importantes consecuenciais tanto no eido social como no económico, polo que debemos preparar actuacións urxentes que diminuian os seus efectos na sociedade" comenta o portavoz municipal do BNG na Guarda, Anxo Baz.
As medidas que propon o BNG , a nível local agrúpanse en 5 bloques:
1. REACTIVACIÓN DA ECONOMÍA LOCAL
-Supresión das taxas de terrazas municipais no periodo que permanezan pechadas.
-Bonificación do 100% dos recibos do lixo e auga, do periodo de cese de actividade, para comercios e hostalaría afectada polo cese de actividade. Esta mesma medida aplicarase no imposto de circulación para vehículos destinados ao uso comercial daquelas empresas e autónomos que estean en situación de cese de actividade.
-Reducción do importe das licenzas de apertura, para o fomento de creación de novas empresas.
-Reparto equitativo das obras as empresas locais, así como das compras a proveedores e contratación de servizos do Concello.
-Creación da mesa local do emprego na que participen asociacións de comerciantes, confraría, organizacións pesqueiras, sindicatos con implantación na localidade e organizacións políticas.
2. SERVIZOS SOCIAIS
-Incremento da partida de Emerxencia Social.
-Bonificación das taxas do lixo e auga para as familias que teñan unha renta per cápita inferior o IPREM(537,48€/mensuais) .
3. MELLORAS MEDIOAMBIENTAIS
- Posta en marcha do Plan Revitaliza, por un futuro máis ecolóxico que o mesmo tempo vai supor un aforro considerabel as arcas municipais.
4.MOBILIDADE E SEGURIDADE VIAL
A distancia social recomendada polas autoridades sanitarias, fai aínda máis necesario que contemos con espazos nas rúas que permitan realizar actividades de esparcemento e desprazamentos a pé ou en bicicleta con seguridade. Nesta nova situación a prioridade peonil debe ser un obxectivo básico en todas as rúas nas que sexa posíbel. O Concello deberá garantir que as prazas estean libres de coches xa que hai unha maior necesidade de esparcemento. Ademais deberase propiciar a diminución do tráfico rodado así como facer que se respecten as limitacións de velocidade e reducilas alí onde sexa necesario.
5. DERROGACIÓN DA LEI MONTORO
Instar desde o Concello á Xunta de Galiza a dirixirse ao goberno do estado para esixir a derrogación da Lei de estabilidade orzamentaria e sostibilidade financieira, lei orgánica 2/2012 do 27 de abril, para que deste xeito se podan destinar os recursos do Concello a políticas activas de emprego, solidariedade e reactivación económica.
O concello da Guarda eliminará a taxa de terrazas para o 2020
" Dentro das medidas de reactivación económica o concello da Guarda modificará a ordenanza de terrazas para eliminar a taxa para o ano 2020
" O concello da Guarda apoiará con 140.860€ ás asociacións sociais, culturais e deportivas.
Este xoves celebrouse unha reunión de portavoces dos grupos municipais no Salón de Plenos municipal, nesta reunión o alcalde da Guarda, Antonio Lomba, trasladou aos portavoces as medidas que se están adoptando no marco da situación de alerta sanitaria creada polo COVID 2019.
Así, o alcalde informou de que o concello suma, ás medidas adoptadas con anterioridade fronte ao coronavirus, a de por a disposición dos veciños da localidade mascarillas infantís que se poden recoller na oficina de Turismo. Tamén se informou das medidas adoptadas en relación coa apertura de espazos públicos, castelo de Santa Cruz e as praias para que poidan ser utilizados pola veciñanza, e do protocolo e documento técnico que se está elaborando para ir preparando a apertura dos servizos públicos.
O alcalde tamén informou da convocatoria dun pleno extraordinario para a aprobación da eliminación da taxa de terrazas para este ano 2020, medida que xa dera a coñecer aos portavoces en anteriores reunións. Dende o executivo municipal enténdese que esta é unha medida que se vai aplicar cando os bares, cafeterías e restaurantes poidan instalar terrazas, é dicir, a partir da fase 1 da desescalada.
Esta é unha das decisións que forman parte do terceiro paquete de medidas económicas que se están adoptando dende o goberno municipal, unha vez contan cos informes pertinentes. A segunda das medidas é un expediente de recoñecemento para o pago de facturas, co obxectivo de trasladar liquidez ás empresas que prestan servizos ao concello da Guarda. Dende o inicio do Estado de Alarma unha das principais preocupacións foi a de reducir ao máximo posible o período de pagamento de facturas, e trasladarlle ás empresas e autónomos o máximo de liquidez nestes momentos tan complicados.
A terceira das medidas, a de maior cuantía económica, é a que ten relación coas asociacións sociais, culturais e deportivas da localidade. Debido as dificultades que estamos atravesando pola situación xerada polo coronavirus, situación que tamén está afectando ás diferentes asociacións, pola paralización total ou parcial da súa actividade, o concello quere trasladarlles tranquilidade e a colaboración, aínda se cabe máis estreita, para sacar adiante os proxectos que sexan viables neste ano. Así, o concello pon a disposición das asociacións guardesas 140.860 €. Cada asociación disporá da mesma subvención que no ano 2019. Esta medida require aprobación plenaria, polo que será no Pleno do mes de maio cando queden definitivamente aprobadas.
O concello da Guarda está preparando o seguinte paquete de medidas que inclúen unha serie de actuacións en relación cun programa de dinamización turística e comercial, este novo paquete e medidas será anunciado nos próximos días.
A unidade móbil de doazóns de sangue estará instalada na Guarda o venres 8 e sábado 9 de maio
A unidade móbil do Centro de Transfusión de Galicia estará instalada na Guarda o venres 8 e sábado 9 de maio.
Este autobús estará emprazado na Rúa Rosalía de Castro(Ao Carón do Centro Cultural) o venres 8 en horario de 10:00 ás 14:00 e de 16:00 ás 21:00 horas e o sábado 9 de 10:00h ás 15:00h.
O Centro de Transfusión de Galicia, grazas ao emprego destas unidades móbiles intenta facilitar o solidario xesto de doar sangue a todos os cidadás. Sen a implicación de todos é imposible acadas as 500 doazóns de sangue que se precisan nos hospitais galegos.
Todas as persoas que desexan doar sangue deberán chamar ao teléfono gratuíto 900 100 828. O sistema de CITA PREVIA reforza os protocolos de seguridade nas unidades móbiles e locais de doazón e tentar garantir unha afluencia axeitada e ordeada para cubrir as necesidades de sangue dos hospitais galegos.
O Concello da Guarda inaugura o portal web #rebulindo (dende a casa)
" O portal nace como un banco de recursos de entretemento e coñecemento pensado para os veciños guardeses.
O Concello da Guarda inaugura un espazo web, integrado dentro da súa páxina web institucional na que se inclúen unha gran cantidade de recursos para o entretemento e a formación en distintos campos, dende a actividade física ata as propostas culturais, pasando polo descubrimento da nosa vila e como non, cun apartado adicado ós máis pequenos
Este espazo nace coa idea de dar a coñecer á cidadanía diferentes recursos para aproveitar dende a casa e sobrelevar esta situación que aínda esperemos lle quede pouco, certo é que cada día faise mais longo. Non obstante a plataforma xurde coa idea de ir crecendo paulatinamente e poder incorporar suxerencias e propostas dos veciños e colectivos.
Para a súa posta en funcionamento contouse coa colaboración de artistas e profesionais guardeses, que cederon material para ser compartido polos veciños, buscando así unha ferramenta que sirva como zona de encontro e coa que os veciños se sintan identificados. Nos próximos días e semanas iranse aumentando os contidos.
A información está accesible dende a portada da web municipal www.aguarda.es
O Concello da Guarda abre espazos públicos para os mais pequenos
" O concello permitirá o acceso as praias, ao castelo de Santa Cruz e aos espazos naturais para o desfrute da cidadanía
Este luns ás 11 da mañá celebrouse, como cada semana, dende o comezo do estado de alarma, unha xuntanza da Comisión de Coordinación do COVID-19 do concello da Guarda.
Nesta xuntanza, na que algúns dos participantes interveñen de forma telemática, o alcalde, Antonio Lomba, fixo o resumo semanal das accións relacionadas co estado de alarma. A súa vez valoráronse e tomáronse decisións sobre as novas medidas do concello para a desescalada, que comezou o pasado domingo coa saída dos máis cativos. Tamén se propuxeron liñas de traballo para ir adiantándose a futuros escenarios como a elaboración dun documento técnico e un protocolo para o momento en que se volvan a prestar servizos nas oficinas municipais de forma presencial.
En canto as medidas relacionadas coa desescalada progresiva o concello vai a permitir o acceso as praias, ao castelo de Santa Cruz e aos espazos naturais, como o parque do Cancelón. Nestes espazos permitirase, a partir do martes 28 de abril, o paseo e esparcemento dos máis pequenos, sempre e cando cumpran coa normativa estatal: ir acompañado dun adulto, permanecer fora do domicilio como máximo unha hora e non alonxarse da vivenda máis dun quilómetro. Manteránse pechados os parques infantís para evitar aglomeracións.
Ademais dos temas sinalados tamén se trataron outras cuestións, como a convocatoria dun pleno extraordinario para a adopción de medidas económicas, entre elas a de non cobrar as terrazas neste 2020. Así mesmo falouse da adopción de medidas de fomento e dinamización do sector turístico e o comercio local, neste punto o alcalde emplazou aos membros do equipo de goberno a unha reunión monográfica da a importancia do tema.
Asociación de Vecinos da Guarda denuncia incorrecta utilización y manipulación nas labores de desinfección
Desde la asociación de vecinos de A Guarda somos conscientes de la delicada situación sanitaria que se esta viviendo, pero no por esto debemos bajar la guardia ni poner en peligro innecesario a los habitantes y recursos del pueblo.
Desde el comienzo del COVID19, las autoridades guardases han puesto en marcha unas rutinas de desinfección con detergente líquido alcalino con amonios cuaternarios , un liquido altamente toxico, que requiere de una serie de medidas de adicionales, para su uso. No dudamos de la capacitación del personal de desinfección, pero hemos notado algunas irregularidades, entre lo que comenta el fabricante en las instrucciones, y el uso indebido que hace el Concello de A Guarda hasta donde nos cuentan los Vecinos.
En las labores de desinfección hemos notado que el tractor pasa durante la mañana por los barrios estrechos de A guarda, cuando todavía están colgadas la barras de pan en las puertas , dejando empapadas las bolsas de pan, sulfata sobre las filas que se forman a la puertas de los comercios mientras la gente espera para entrar, y actúa sobre las pocas zonas verdes donde los perros salen para hacer sus necesidades, sin establecer restricciones, avisar mediante bandos o establecer horarios.
Somos conocedores del la peligrosidad del producto empleado para la desinfección y ya se han puesto en conocimiento de las autoridades algún caso de intoxicación, generando gastos médicos y veterinarios, desplazamientos innecesarios en plena crisis de COVID19.
Tenemos constancia de intoxicaciones leves en humanos, y graves en animales domésticos, y desconocemos el estado de los acuíferos a los que ira a parar el producto con las primeras lluvias. Agradeceríamos que el Concello analizase y, en su caso, cerrase varias fuentes publicas por este problema.
Desde la asociación de Vecinos da Guarda solicitamos.
La correcta utilización y manipulación del amonio cuaternario.
Información sobre productos y horarios / lugares de desinfección concretos; con antelación y garantía suficiente de que esta información llegue a la población.
Formación del personal encargado de las tareas.
Respeto a los vecinos durante las tareas de limpieza.
Máxima protección de los espacios verdes donde pasean los animales domésticos.
Medidas adicionales de control de potabilidad del agua Pública en cuanto termine la crisis covid19.
Ficha técnica del producto
Asociación de Vecinos da Guarda
|