O Concello de Tui vén de ampliar en 600 metros cadrados o espazo do que dispón a Protectora de Animais Aloia na canceira. En concreto véñense de rematar as obras que permiten incrementar a superficie de patio da que poderán gozar os máis de cen cans que hai na canceira.
A execución do proxecto comezou en 2016 cando se realizou a limpeza de vehículos inutilizados que había traseira das naves municipais. O ano pasado, ao abeiro do Plan Concellos 2017, construíuse un muro de contención. Agora vén de rematarse as instalacións coa colocación dun peche metálico e co recheo do terreo.
Nestes momentos nos que a Protectora de Animais Aloia non pode realizar os paseos dominicais cos cans agradecerán esta espazo para poder realizar paseos diarios dentro das instalacións.
A tramitación do Plan Especial de Protección do Conxunto Histórico Artístico de Tui, PEPCHA, entra na fase final.
A próxima semana o equipo redactor entregará o documento incorporando as suxestións realizadas pola Dirección Xeral de Costas no seu informe sectorial favorable, o derradeiro destes documentos que estaba pendente.
Unha vez se conte co Plan xa con estas últimas modificación será levado a Xunta de Goberno para a súa aprobación provisional. Logo o documento remitirase á Consellería de Medio Ambiente Territorio e Vivenda que disporá dun prazo de dous meses para informar o PEPCHA. Por último será o pleno da corporación municipal de Tui a que deba dar aprobación definitiva.
Laureano Alonso, concelleiro de Patrimonio, agarda que o Plan poida estar definitivamente aprobado entre xullo e setembro. Isto suporá explica "un avance importante para a rehabilitación no conxunto histórico e brindará seguridade xurídica para todos"