JORNAL DIGITAL REGIONAL CAMINHA 2000 JORNAL DIGITAL REGIONAL CAMINHA 2000

Chega #eudebuxonacasa, un xogo dirixido a nenas e nenos para estes días de confinamento

Aberto a toda a poboación infantil do Concello. Os e as participantes terán que enviar un debuxo sobre o que están a facer na casa durante a corentena

O Concello do Rosal continúa a propoñer novas iniciativas para facer o tempo de confinamento na casa máis levadío para toda a familia. Este venres 24 ponse en marcha un novo xogo, nesta ocasión dirixido máis especificamente a toda a poboación infantil do municipio. Trátase de #eudebuxonacasa, un xogo de debuxo pensado para que nenos e nenas recollan nas súas ilustracións como é o seu día a día durante este tempo de corentena en casa, as actividades que fan, como pasan o tempo... e todo o que se lles ocorra.

Novamente non se trata dun concurso, senón dun xogo aberto co que se busca facilitar un recuncho para que todos os nenos e nenas se expresen a través do debuxo. Todos os pequenos e pequenas que queiran participar poderán remitir o seu debuxo por correo electrónico a euquedonacasa@concellodorosal.gal, indicando no asunto 'Eu debuxo na casa' e incluíndo como datos o nome, apelidos e idade do autor ou autora da imaxe.

Os debuxos recibidos irán publicándose nas redes sociais do Concello (Facebook e Twitter), así como na súa páxina web. A participación no xogo supón a aceptación das bases do mesmo, así como o permiso ao Concello para publicar o debuxo co nome e idade do autor ou autora en web e redes, así como para arquivalo na súa base de datos.

Tod@s a debuxar!

Concello de O Rosal


Unha morea de novidades na plataforma '#euquedonacasa' do Concello do Rosal

Conta con novos xogos, recomendacións e lecturas, experimentos, manualidades, receitas de cociña, consellos medioambientais e información de cuestións relevantes como o emprego

Continúan crecendo as propostas colgadas na plataforma '#euquedonacasa' do Concello do Rosal para desfrutar en familia deste tempo de confinamento con actividades sinxelas e divertidas, pero tamén para dar resposta a algunhas das dúbidas en materia de emprego, de medidas de protección de contaxios por COVID-19, axudas económicas ou de impostos autonómicos que foron xurdindo nas últimas semanas.

Así, nos últimos días incorporáronse a esta web novas propostas para entreter con experimentos as horas de lecer durante a corentena, probas sinxelas con elementos que se poden atopar na casa e feitos paso a paso cos que os nenos e nenas desfrutarán creando efectos ópticos, facendo unha lámpada de lava, pasas bailarinas ou experimentando co que lle pasa a un óso cando se mete nun líquido como o vinagre. Moitas novidades tamén no apartado de manualidades, con novas e entretidas ideas como a creación de flores con CD's, facer unha galiña de papel, decorar ovos, facer figuras con noces, decorar unha camiseta de xeito personalizado ou facer papel reciclado se xeito sinxelo.

Novidades tamén no apartado de receitas, con pratos sinxelos cos que nenos e nenas poden ir introducíndose na cociña e nos que introducir novos alimentos sans de xeito diferente. Así, na plataforma poden atoparse receitas para facer gofres sans, ruliños de grelos con tetilla, espaguetes con brócoli, rabo de tenreira ou unha torta de queixo fría, todos pratos para chucharse os dedos. O recuncho de lectura inclúe tamén unha nova referencia, a de Baía Edicións, que pon a disposición do público varios libros para descargar de balde dende a súa web para ler durante o confinamento facendo un uso responsable.

Lembra que acabamos de poñer en marcha un novo xogo, #nacasaperoenforma, no que se pide a todos os veciños e veciñas que envíen fotografías facendo deporte na casa: imaxes que recollan situacións cómicas, levantamentos de pesos orixinais, lugares impensables, retos imposibles... que se irán publicando nas redes sociais do Concello. E continuamos co xogo #desdeamiñaventá, con fotos tomadas desde as fiestras dos rosaleiros e rosaleiras amosando as marabillosas paisaxes que se poden atopar no Rosal. Para participar en calquera dos xogos hai que enviar a información a euquedonacasa@concellodorosal.gal cos requisitos indicados nas bases de ambas iniciativas, dispoñibles na web.

Importantes tamén as recomendacións, que conta cun vídeo por cortesía de Sabine Pfister para mellorar o estado de ánimo nestes días de confinamento practicando o ioga da risa. No apartado de medio ambiente pódese atopar recomendacións coas que diminuír o consumo e facilitar a reciclaxe, pero tamén todos os elementos e pasos necesarios para facer cousas como xabón ou desodorizante caseiro.

O apartado de emprego segue a dar resposta ás cuestións máis urxentes relativas a ERTEs, oficinas de emprego, subsidios ou prestacións durante o estado de alarma, pero tamén recomendacións ou boas prácticas nos centros de traballo para a prevención de contaxios; as medidas adoptadas polo Ministerio de Inclusión, Seguridad Social y Migraciones; información sobre as políticas económicas e laborais aprobadas pola Xunta de Galicia ante o coronavirus; as axudas económicas da Consellería de Economía, Emprego e Industria ante a pandemia; ou información sobre a suspensión de prazos para a presentación dos impostos autonómicos relacionados con transmisións patrimoniais, actos xurídicos documentados e de sucesións.

Todas as veciñas e veciños poden contribuír a enriquecer esta plataforma municipal e interactiva achegando as súas ideas, suxestións ou inquedanzas a través do correo electrónico euquedonacasa@concellodorosal.gal.

Concello de O Rosal


Se fas deporte na casa neste tempo de confinamento... agardamos a túa foto!

O Concello pon en marcha o xogo #nacasaperoenforma, co que compartir fotografías de situacións orixinais facendo exercicio

O Concello do Rosal propón unha nova iniciativa coa que pasar de forma entretida os días de corentena e confinamento. Esta semana poñemos en marcha #nacasaperoenforma, un novo xogo co que se procura implicar a toda a veciñanza e levar unha vez máis un intre de diversión a todos os fogares a través das fotografías e das redes sociais. Nesta ocasión a temática da foto será o exercicio físico que se fai estes días na casa, imaxes que recollan situacións cómicas, levantamento de pesos orixinais, lugares impensables, retos imposibles... e todas aquelas cousas divertidas que se lle ocorran aos veciños e veciñas. Todas estas imaxes enviadas iranse publicando nas redes sociais do Concello.

Non se trata dun concurso, senón dun xogo aberto a toda a poboación no que se buscará sobre todo a orixinalidade. Todas as persoas que queiran participar deberán enviar a súa fotografía por correo electrónico a euquedonacasa@concellodorosal.gal, indicando no asunto 'Na casa pero en forma' e incluíndo como datos o nome e apelidos das persoas que aparezan na fotografía, datos que non serán nunca publicados.

No caso de aparecer menores de idade nas imaxes, dase por feito que os adultos responsables dan o seu consentimento expreso para a utilización desa imaxe en redes sociais. Ademais, o envío da fotografía suporá a aceptación e cesión dos dereitos da imaxe para a utilización por parte do Concello en futuros usos (arquivo, exposicións...).

Animádevos a participar!

Concello de O Rosal




Edições C@2000
Do Coura se fez luz. Hidroeletricidade, iluminação pública e política no Alto Minho (1906-1960)"
Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000/Afrontamento
Apoiado pela Fundação EDP

Da Monarquia à República no Concelho de Caminha
Crónica Política (1906 - 1913)

Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000


O Estado Novo e outros sonetos políticos satíricos do poeta caminhense Júlio Baptista (1882 - 1961)

Organização e estudo biográfico do autor por Paulo Torres Bento
Edição: C@2000


Rota dos Lagares de Azeite do Rio Âncora

Autor: Joaquim Vasconcelos
Edição: C@2000


Memórias da Serra d'Arga
Autor: Domingos Cerejeira
Edição: C@2000

Outras Edições Regionais