JORNAL DIGITAL REGIONAL CAMINHA 2000 JORNAL DIGITAL REGIONAL CAMINHA 2000

O alumnado do Conservatorio de Música da Guarda continúa coa súa formación de xeito telemático

Dende o pasado 13 de marzo e despois de manterse unha reunión entre o equipo do profesorado do Conservatorio de Música Elemental da Guarda e a Concelleira Delegada María Elena Baz, acordouse a suspensión das clases presenciais, manténdose as mesmas en activo de xeito telemático a través de videochamadas nas cales o profesorado está a impartir clases continuando cos mesmos horarios antes da activación do estado de alarma.

Deste xeito se trata de acadar certa normalidade con respecto á formación musical dos alumnos e alumnas do Conservatorio de Música Elemental da Guarda, cun contacto directo cos seus profesores, compañeiros e compañeiras de clase e, como non podía ser doutro xeito, cos instrumentos.

Tal e como se manifestou dende a dirección do Conservatorio, esta experiencia está a dar moi bos resultados, cunha valoración moi positiva, tanto por parte dos alumnos coma por parte do equipo do profesorado.

Concello de A Guarda


O concello da guarda intensifica o apoio ás persoas mais vulnerables durante a pandemia

No día de hoxe tivo lugar unha nova reunión da Comisión sobre o COVID-19 á que asistiron, de xeito presencial e online, todos os membros do Goberno Local así como representantes de Servizos Sociais, GES e Policía Local.

Estas reunións veñen celebrándose semanalmente desde o inicio do Estado de Alarma e fundamentalmente teñen como obxectivo buscar solución a problemas e dificultades que van xurdindo co paso das semanas, detectar necesidades da poboación que aínda non están cubertas, así como comunicar e dar conta a todo o equipo dos avances e todas as accións que se poñen en marcha por iniciativa dos distintos departamentos.

Un dos principais focos de atención do Concello da Guarda estivo desde un primeiro momento posto na protección e apoio aos colectivos máis vulnerables perante esta situación, e estanse a levar a cabo todas as accións tendo en conta especialmente a estes colectivos.

Unha parte da sociedade para a que esta situación de illamento está a resultar especialmente dura é para o conxunto das persoas maiores, especialmente para aquelas que non teñen familia preto ou viven soas.

Xa desde os primeiros días do Estado de Alarma organizouse a través de Servizos Sociais, e en coordinación co Grupo de Emerxencias Supramunicipal, un servizo de realización de compras e entrega a domicilio co fin de evitar que persoas consideradas poboación de risco non se viran obrigadas a saír da casa.

A medida que o estado de alarma se prolongaba, xurdía no Concello a preocupación polas consecuencias a nivel psicolóxico que o confinamento podería estar provocando nestas persoas, xa de por si moito mais vulnerables. Polo que fai uns días púxose en marcha unha iniciativa de acompañamento afectivo a distancia a través da que se está prestando atención personalizada de forma telefónica a persoas que viven soas ou que teñen algunha necesidade. Neste servizo participarán preto de 20 voluntarios e voluntarias, así como técnicos e demais persoal do Concello.

A estas medidas uniuse, desde a pasada semana, unha proposta pola Asociación de Parkinson do Baixo Miño que está a repartir a través do Concello cadernos con actividades de estimulación cognitiva para reforzar a memoria e que se irán colgando para a súa descarga na páxina web do Concello. Para adquirilos en formato papel deberase contactar con Servizos Sociais no teléfono 986 61 45 07, teléfono que tamén estará dispoñible para calquera necesidade da poboación.

Durante os próximos meses, unha vez finalizado o Estado de Alarma, o Concello continuará traballando de igual xeito para seguir apoiando aos máis vulnerables fronte ao COVID.

Isto parámolo se quedas na casa, gracias pola túa colaboración

Concello de A Guarda


Os alcaldes e alcaldesas do Baixo Miño negan que a Xunta lles achegase ningunha axuda extraordinaria para afrontar a crise do Covid-19

" Aclaran que as cantidades do Fondo de Cooperación Local existen dende os anos '90 nos orzamentos autonómicos como transferencias aos concellos para o seu normal funcionamento

Os alcaldes e alcaldesas que integran a Mancomunidade do Baixomiño (Tui, Tomiño, O Rosal e A Guarda), mantiveron onte domingo pola tarde, unha videoconferencia co fin de adoptar unha postura común con respecto ás declaracións realizadas pola Delegación da Xunta de Galicia en Pontevedra, relacionadas co Fondo de Cooperación Local, coma se se tratase de fondos extraordinarios para afrontar a crise do Covid-19.

Ditas declaracións parécenlles "completamente falsas e oportunistas; unha falta de respecto institucional aos concellos galegos e un uso partidista do Covid-19". Aclaran que en toda esta crise sanitaria os concellos sempre foron "leales institucionalmente por iso non entenden como a Xunta de Galicia anuncia como extraodinarios uns ingresos que xa estaban asignados aos concellos, para o seu normal funcionamento, dende o mes de outubro".

Os rexedores e rexedoras da comarca baixomiñota, coincidiron na necesidade de aclarar á poboación que os fondos de cooperación existen dende os anos '90 nos orzamentos da Xunta como unha asignación aos concellos que se distribúe seguindo criterios obxectivos como poboación, tamaño, número de núcleos de poboación etc., do mesmo xeito que se achegan outras partidas que proveñen do Estado para facer fronte ao normal funcionamento das entidades locais.

Tanto é así, que a devandita transferencia, figuraba xa nos orzamentos da Xunta dende o pasado mes de outubro, polo que os catro concellos que conforman a Mancomunidade do Baixo Miño non recibiron ningunha cantidade extraordinaria para afrontar a crise orixinada polo Coronavirus, senón o que estaba previsto e viña sendo habitual no normal funcionamento das administracións públicas.

Concello de A Guarda


O concello da Guarda suspende todos os eventos ata o 12 de xullo

" Entre os eventos que se suspenden atópanse a festa das Alfombras Florais e a festa da Langosta e da Cociña Mariñeira, dúas das celebracións que habitualmente achegan máis visitantes a vila Guardesa. Ademais estase traballando para que o concerto de Heredeiros da Crus, previsto para o 11 de xullo, se poida realizar a finais de verán.

O pasado 14 de marzo declarouse, polo Goberno Central, o Estado de Alarma pola emerxencia sanitaria provocada polo virus COVID-19, situación que está prorrogada ata o 26 de abril do 2020 e que se vai a ampliar ata o 10 maio.

Diante da incertidume que hai sobre a evolución da emerxencia sanitaria que estamos a vivir e dado que a programación e organización de eventos culturais, lúdicos, deportivos e de carácter turístico ten que facerse coa debida antelación, os responsables municipais mantiveron contactos con todas as asociacións e persoas implicadas na organización destes eventos, así como cos portavoces dos grupos políticos con representación municipal.

O obxecto destes contactos foi principalmente, trasladar por parte do alcalde, Antonio Lomba, a intención de aprazar ou suspender os eventos dos vindeiros meses no concello da Guarda. Todos os implicados manifestaron a súa conformidade en canto a esta decisión. Conscientes do esforzo e do tempo que leva organizalos, da imposibilidade de facelo nas actuais circunstancias, da incertidume sobre a obtención das autorizacións necesarias e as previsións da falta de participación, no caso de conseguir facelos.

Entre os principais eventos que non se celebrarán este 2020 no concello da Guarda atópanse dous que atraían un importante número de visitantes a vila, a festa das Alfombras Florais con motivo do día do Señor, prevista para o día 14 de xuño, e a festa da Langosta e da Cociña Mariñeira, prevista para o primeiro fin de semana de xullo.

Dependerá da evolución da emerxencia sanitaria e das directrices a seguir que marque o Goberno Central, para tomar decisións sobre a celebración de eventos que, sen supoñer aglomeración de persoas, poidan ser referentes de ocio, entretemento e cultura para a cidadanía. Sabemos que da diminución de contactos entre as persoas depende o control desta pandemia, e sabemos tamén que a desescalada producirase de forma progresiva. Todos e cada un de nós debemos colaborar para acabar coa pandemia o que permitirá recobrar a normalidade nas nosas vidas no menor tempo posible.

Isto parámolo se quedas na casa, gracias pola túa colaboración

Concello de A Guarda




Edições C@2000

Do Coura se fez luz. Hidroeletricidade, iluminação pública e política no Alto Minho (1906-1960)"
Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000/Afrontamento
Apoiado pela Fundação EDP


Da Monarquia à República no Concelho de Caminha
Crónica Política (1906 - 1913)

Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000


O Estado Novo e outros sonetos políticos satíricos do poeta caminhense Júlio Baptista (1882 - 1961)

Organização e estudo biográfico do autor por Paulo Torres Bento
Edição: C@2000


Rota dos Lagares de Azeite do Rio Âncora

Autor: Joaquim Vasconcelos
Edição: C@2000


Memórias da Serra d'Arga
Autor: Domingos Cerejeira
Edição: C@2000

Outras Edições Regionais