JORNAL DIGITAL REGIONAL CAMINHA 2000 JORNAL DIGITAL REGIONAL CAMINHA 2000

Unha centenaria de Tomiño recibe un agasallo de parte do Concello na residencia de maiores na que vive

María Gregorio López vive no Geriátrico Residencial Tomiño (barrio da Salgosa). O día 16 de abril cumpriu 100 anos. Debido ao confinamento, tivo que celebrar o seu centenario sen a presenza dos seus tres fillos: Fermín, Jose M. e Mª Joaquina. A Concellería de Benestar Social, que dirixe Cristina Martínez, fíxolle chegar un pequeno agasallo (unha caixa de bombóns) a través de dous voluntarios de Protección Civil Tomiño, que tamén lle levaron unha tarxeta de felicitación, desexándolle que continúe con boa saúde, coma ata agora, e moito ánimo para sobrelevar estes momentos difíciles.

Tomiño conta cunha decena de persoas centenarias na actualidade e os habitantes de entre 80 e 100 anos superan os 900. Na vila hai dúas residencias de maiores de titularidade privada nas que, afortunadamente, até o momento non se detectaron casos positivos de Covid19.

Concello Tomiño


Unha profesora de chinés imparte por videoconferencia a 30 alumnos e alumnas un curso organizado pola OMIX de Tomiño

Lili Wo divide o grupo en dúas quendas para poder cubrir mellor as demandas dos estudantes

A concelleira de Mocidade, Fátima Rodríguez, agradece a boa disposición da profesora e do alumnado para poder continuar desenvolvendo a programación das accións formativas, a pesar do confinamento obrigado por esta causa de forza maior

O Concello de Tomiño leva anos apostando polos cursos de idiomas, que sempre teñen aceptación e demanda entre a poboación. Ademais de aprender outra lingua, a mocidade amplía as habilidades comunicativas e axuda a introducirse noutra cultura, e a abrir portas a nivel laboral. O alumnado adquire coñecementos de comprensión auditiva, lectiva, expresión verbal e escrita.

Aos tradicionais cursos de inglés, francés, italiano e portugués fóronse engadindo outros menos convencionais, coma o chinés ou o ruso. E para sorpresa dos organizadores, as persoas que se apuntaron foron moitas.

Poucos días antes de que comenzara o confinamento, arrancou o CURSO DE CHINÉS III, dirixido a persoas con coñecementos na lingua e quixeran melloralos coa axuda dunha docente nativa. Lili Wo, unha profesora nada en Shangai e radicada en Galicia hai 12 anos. Ás súas clases na Universidade de Vigo e no Instituto Confucio, suma ásorganizadas pola Omix de Tomiño, e nonlle vai nada mal, coma amosan as 30 persoas que continúan formándose con ela. Para non suspender o curso, decidíu impartilo a través de internet, dividindo o grupo en dos e realizando sendas videoconferencias dende a súa casa, en Salvaterra do Miño.

Entre os seus alumnos e alumnas, son máis as mulleres que se interesan en aprender o chinés. A media de idade está entre os 25 e os 30 anos, aínda que tamén hai persoas de 16 e de 50. Unha vez á semana, se reúne con eles para seguir impartindo os fundamentos da súa lingua nativa, tanto falada coma escrita, da que xa coñecen máis de cen caracteres. Comenta que non é particularmente difícil, pero require estudio, coma todos os idiomas. Entre o alumnado hai dous mozos que xa superaron, incluso, o primeiro nivel dos exámenes oficiais coa máxima nota.

Entre as estudantes figuran tamén dúas mozas nadas en China e criadas en Galiza que queren aprender o idioma da terra onde naceron.

Pero, curiosidades aparte, o máis importante é que todos poden manter pequenas conversacións ou formular as preguntas básicas para poder relizar unha viaxe por China.

A concelleira de Mocidade, Fátima Rodríguez, agradece a boa disposición da profesora e do alumnado para poder continuar desenvolvendo a programación das accións formativas, a pesar do confinamento obrigado por esta causa de forza maior.

Concello Tomiño


Un empresario de Tomiño ofrece as súas máquinas para desinfectar as dependencias e coches das forzas de seguridade locais

Enrique "Rui" Vicente, propietario dunha empresa dedesinfección con ozono, comprométese a manter as dependencias da policía e garda civil, libre de xermes mentres dure o confinamento

A solidariedade civil está a ser noticia estes duros días de confinamento. E é de agradecer. Enrique "Rui" Vicente, veciño do barrio da Salgosa (Tomiño), ofreceu as máquinas da súa empresa estes días, para desinfectar os locais e os coches da Policía Local, Garda Civil e Protección Civil de Tomiño con ozono, unha alternativa para evitar o contaxio de bacterias, cun gas que esteriliza e hixieniza moi profundamente sen contaminar o ambiente. Personal da súa empresa pasou varias horas desinfectando tamén as dependencias da Policía Local e Guarda Civil de Tui.

Segundo explica o empresario, propietario da firma "Never After" con sede en Portugal, o ozono xerado para o uso industrial é un oxidante poderoso que disolve a suciedade e os xermes, e logo se descompón volvendo ao seu estado orixinal: osíxeno. Ataca aos microorganismos e os destrúe e -algo moi importante- non aporta ningunha sustancia extraña nin perigosa ao ambiente. Dito doutra forma, o ozono descompóñese espontáneamente en osíxeno, converténdose deste xeito no único desinfectante e descontaminante que non contribúe á contaminación química do ambiente.

Por iso, ademais de polos seus custes, moi baixos, é ideal para ser utilizado como biocida na agricultura pero, desafortunadamente, coma comenta Vicente, falta aínda unha boa regulación xurídica por parte dos gobernos e moita divulgación e concienciación da cidadanía. "É o desinfectante máis potente e barato que hai; porque non ten insumos case, por iso non interesa que se coñeza máis", advirte este profesional con máis de 30 anos de experiencia, que envoiou só aItalia, máis de 80 máquinas durante a crise do coronavirus.

O oficial xefe da Policía Local de Tomiño, José Ramón Álvarez Riveiro, salienta o feito de que a non ser polo ofrecemento deste veciño, a desinfección non podería facerse, porque aínda que a Xunta ofreceu realizala en Pontevedra, resultaría prácticamente inviable levar todos os coches até alí cada día.

A alcaldesa de Tomiño, pola súa banda, agradece publicamente a xenerosidade deste empresario local que, de forma totalmente desinteresada, permite desinfectar dun xeito profundo e moito máis fiable os locais e coches cos que traballan os axentes da Policía Local, Garda Civil e Agrupación de Protección Civil, todos moi necesarios nestes difíciles días que nos tocan vivir.

Concello Tomiño


Empresas da zona doan ao Concello de Tomiño pantallas e máscaras protectoras de forma desinteresada

O material será repartido entre Protección Civil, Policía Local e asociación de comerciantes

Varias empresas da zona están doando ao Concello de Tomiño pantallas e máscaras protectoras, para repartir entre os voluntarios e voluntarias de Protección Civil e Policía Local, asociación de comerciantes, preceiros e traballadores municipais.

Unha destas empresas é Láser Galicia, que modificou as súas máquinas láser para a fabricación, coa achega gratuita de materiais por parte dos provedores, de pantallas protectoras que está doando a hospitais, residencias, corpos de seguridade e administracións locais. Deste xeito, a empresa, na que traballa Sandra Vázquez, veciña de Tomiño, entregou 78 pantallas de protección ao Concello de Tomiño, que foron repartidas entre comercios socios de ADETO que están abertos ao público, axentes da Policía Local e Protección Civil.

Tamén a empresa Quicelco, S.L. de maquinaria e subministros de limpieza, doará máscaras e luvas para repartir entre os traballadores tomiñeses nos vindeiros días.

Por outra banda, esta mañá dende as 7.00h as forzas de seguridade locais repartiron 1.100 máscaras, enviadas pola Xunta de Galicia, entre empresas da localidade e persoas que se dirixían aos seus postos de traballo. Asemade, os traballadores municipais que acudiron aos seus postos (limpadoras, persoal de mantemento, etc.), recibiron o material de protección axeitado (máscaras, xel desinfectante, luvas, etc.) para poder desempeñar as súas funcións de forma segura. Tamén os praceiros dos mercados de Tomiño e Goián recibirán o mesmo material.

Mentres, a maior parte dos empregados públicos do Concello continúan teletraballando dende as súas casas, co fin de reducir todo o posible o risco de contaxio.

A alcaldesa de Tomiño, así coma o resto do equipo de goberno, agradecen a solidariedade e xenerosidade das empresas que están achegando material de protección de forma desinteresada.

Concello Tomiño


Tomiño colabora coa Asociación Párkinson Baixo Miño no reparto dun caderno con exercizos de estimulación cognitiva para reforzar a memoria nestes momentos de quedar na casa

O departamento de Benestar Social do Concello deTomiño está colaborando coa Asociación Párkinson Baixo Miño, no reparto entre os usuarios e usuarias do servizo, dun caderno que se elabora semanalmente, con exercizos de estimulación cognitiva para reforzar a memoria nestes momentos de quedar na casa.

Pódese acceder libremente ao primeiro caderno no seguinte enlace: https://drive.google.com/open?id=1gJjiPstjud_ip0vT5xe39FUjmAjQ3ZVA. Asemade, pódese acceder aos cadernos desde a páxina web do Concello de Tomiño (tomino.gal).

Semanalmente, publícanse máis cadernos cos enlaces para acceder a eles.

Todas as persoas que queiran recibilos na súa casa en papel (sexan socias ou non, nestes momentos complicados estaremos ao servizo de toda a sociedade) teñen que poñerse en contacto con algunha persoa da xunta directiva ou enviar un correo a parkinsonbaixom@gmail.com indicando o nome e o enderezo onde queiran recibilo.

Concello Tomiño




Edições C@2000

Do Coura se fez luz. Hidroeletricidade, iluminação pública e política no Alto Minho (1906-1960)"
Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000/Afrontamento
Apoiado pela Fundação EDP


Da Monarquia à República no Concelho de Caminha
Crónica Política (1906 - 1913)

Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000


O Estado Novo e outros sonetos políticos satíricos do poeta caminhense Júlio Baptista (1882 - 1961)

Organização e estudo biográfico do autor por Paulo Torres Bento
Edição: C@2000


Rota dos Lagares de Azeite do Rio Âncora

Autor: Joaquim Vasconcelos
Edição: C@2000


Memórias da Serra d'Arga
Autor: Domingos Cerejeira
Edição: C@2000

Outras Edições Regionais