JORNAL DIGITAL REGIONAL CAMINHA 2000 JORNAL DIGITAL REGIONAL CAMINHA 2000

A Biblioteca Pública Municipal da Guarda convida a celebrar o Día do Libro 2020

A Biblioteca Pública Municipal da Guarda convida este ano a celebrar o Día do Libro(23 de abril) dun xeito diferente, como non podemos celebrar este ano coa vosa presenza física nin con agasallos debido ao confinamento, imos darlle protagonismo aos libros en papel e á literatura.

Dende a Concellería de Cultura e a Biblioteca Municipal, estades convidados a celebrar o Día do Libro coa vosa presencia virtual con cinco opcións diferentes para que participe a poboación guardesa.

Como podes participar?

1. Convidamos á veciñanza a enviar unha frase ou un verso breve, con indicación do autor e do título do libro, que traslade á cidadanía ilusión e forza nestes momentos de confinamento. Farase unha selección de 15 das propostas que serán despois rotuladas nas rúas e espazos públicos da localidade.

2. Realiza un vídeo breve cun membro da familia lendo un libro aos máis pequenos/as da casa. Especialmente, os avós e avoas que contan contos e non teñen o hábito de participar na redes sociais.

3. Faite unha fotografía cunha selección de libros favoritos da túa biblioteca persoal.

4. Fai unha autofoto co teu libro favorito, unha dedicatoria, unha cita breve.

5. Realiza unha fotografía do teu recuncho favorito de lectura no teu fogar ou no exterior se tes algunha.

Envía a información nun correo a bibliotecamunicipaldaguarda@gmail.com coa proposta de participación que elixas xunto co teu nome, idade e localidade.

O prazo de participación remata o 30 de abril.

Todas as propostas recibidas serán publicadas na páxina Facebook da biblioteca coas etiquetas #QuedaNaCasa #DíaMundialDoLibro #BibliotecaMunicipalConcelloDaGuarda #ACulturaSegue

Día Mundial do Libro

O 23 de abril Día Mundial do Libro e do Dereito de Autor é unha celebración para promover o goce dos libros e da lectura.

Proclamada pola Conferencia Xeral da UNESCO en 1995, esta data simbólica da literatura universal coincide coa da desaparición dos escritores William Shakespeare, Miguel de Cervantes e Inca Garcilaso de la Vega. Este día rende homenaxe aos libros e aos autores e fomenta o acceso á lectura para o maior número posible de persoas.

Este ano dende a UNESCO difúndese esta mensaxe:

POR QUE A LECTURA É MÁIS IMPORTANTE AGORA QUE NUNCA? Máis que nunca, nun momento na que a maioría das escolas de todo o mundo están pechadas e debemos quedarnos na casa, podemos usar o poder da lectura para combater o illamento, estreitar os vínculos entre as persoas, expandir os nosos horizontes, á vez que estimulamos as nosas mentes e a nosa creatividade. Durante o mes de abril e durante todo o ano, é fundamental tomarse o tempo para ler só ou cos nenos. É un motivo para celebrar a importancia da lectura, fomentar o crecemento dos nenos e nenas como lectores e promover o amor á literatura. A través da lectura e a celebración do Día Mundial do Libro e do Dereito de Autor, o 23 de abril, podemos abrirnos aos demais a pesar da distancia, e viaxar grazas á imaxinación. Do 1 ao 23 de abril, a UNESCO compartirá citas, poemas e mensaxes para simbolizar o poder dos libros e fomentar a lectura. Ao compartir coñecementos, lecturas e libros facemos comunidade e podemos conectar a lectores de todo o mundo e axudar a paliar a soidade.

Concello de A Guarda


O Concello da Guarda colabora coa Asociación Parkinson Baixo Miño

O departamento de Servizos Sociais do Concello da Guarda, en colaboración coa Asociación de Parkinson do Baixo Miño, vai a poñer a disposición da poboación en xeral uns cuadernillos de actividades para a estimulación cognitiva para reforzar a memoria.

Terán unha periodicidade semanal e as persoas interesadas poderán descargar os cuadernillos semanalmente a través da publicación da Asociación Parkinson Baixo Miño en Facebook(https://www.facebook.com/Asociaci%C3%B3n-Parkinson-BAIXO-MI%C3%91O-1018806551523890/)

Link Cuadernillo 1: https://drive.google.com/file/d/1gJjiPstjud_ip0vT5xe39FUjmAjQ3ZVA/view?fbclid=IwAR1l76SarSk6Z7U8UE_HHpXF1oEqWBB4yKfUKmtPuH6rrUQuaMydz62SsRg

Link Cuadernillo 2: https://drive.google.com/file/d/1E6Nfs1r75IziTIbiC_jtHegBAWkWiDoi/view?fbclid=IwAR1KnXyOlIHGDM5W0vKEYoy277-477TJrt51nDJ52dzEVoWqca0vzcFNd8E

Tamén aquelas persoas que o desexen, poden recibilos nos seus domicilios previo contacto e solicitude cos Servizos Sociais do Concello da Guarda no 986 61 45 07 ou coa Asociación Parkinson Baixo Miño nos teléfonos 627 438 882 / 690 006 266.

Concello de A Guarda


O Concello da Guarda aproba un segundo paquete de medidas económicas fronte ao covid-19

O 14 de marzo declarouse polo Goberno Central o Estado de Alarma, estado de alarma que está prorrogado ata o 26 de abril do 2020.

Ante esta situación de emerxencia sanitaria o concello de a Guarda adoptou un primeiro paquete de medidas de carácter económico o 24 de marzo. Tamén indicabamos que non ían ser as únicas medidas a adoptar e que en función de como fose evolucionando a situación o concello iría tomando novas medidas coa finalidade de que no período de alarma os veciños e veciñas da localidade non tivese que facer pagamentos ao concello.

Despois de ter analizado a situación, o concello de A Guarda adopta un segundo paquete de medidas:

1.-Ampliar o período de ingreso para a taxa de auga correspondente ao 4 trimestre de 2019 ata o 20/06/2020. A domiciliación deste recibo atrásase ata o 20/05/2020

2.-Ampliar o período de pagamento para a taxa de lixo do 2020 ata o 30/06/2020. A domiciliación deste recibo atrasase ata o 05/06/2020

3.-Seguir avanzando no pagamento de facturas ás empresas e autónomos coa finalidade de trasladarlles liquidez ás mesmas, así fíxose un primeiro pago o 23 de marzo, outro o día 31 de marzo e finalmente para rematar todo o que estaba pendente se fixo un pago durante a semana pasada.

O obxectivo destas medidas é, por unha parte, non gravar as familias con pagos durante o período da alarma, sabedores de que moitas delas poden estar pasando por problemas económicos debido as consecuencias desta crise e, por outra banda, evitar que as persoas teñan que achegarse aos bancos, dada as dificultades de atención que neles se presentan e o risco de entrar en contacto con outras persoas mentres dure o confinamento.

O concello seguirá analizando a situación e terá en consideración outras medidas que poderán ser adoptadas en función de como vaia evolucionando a crise xerada polo COVID-19. Queremos trasladar á cidadanía e as empresas guardesas que, ante a situación excepcional que estamos vivindo, a administración local ten que ser quen de adoptar medidas excepcionais tendo como único horizonte a protección dos nos@s veciños e veciñas.

Isto parámolo se quedas na casa, gracias pola túa colaboración

Concello de A Guarda




Edições C@2000

Do Coura se fez luz. Hidroeletricidade, iluminação pública e política no Alto Minho (1906-1960)"
Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000/Afrontamento
Apoiado pela Fundação EDP


Da Monarquia à República no Concelho de Caminha
Crónica Política (1906 - 1913)

Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000


O Estado Novo e outros sonetos políticos satíricos do poeta caminhense Júlio Baptista (1882 - 1961)

Organização e estudo biográfico do autor por Paulo Torres Bento
Edição: C@2000


Rota dos Lagares de Azeite do Rio Âncora

Autor: Joaquim Vasconcelos
Edição: C@2000


Memórias da Serra d'Arga
Autor: Domingos Cerejeira
Edição: C@2000

Outras Edições Regionais