JORNAL DIGITAL REGIONAL CAMINHA 2000 JORNAL DIGITAL REGIONAL CAMINHA 2000

Recursos on line para a lectura nova proposta para estes días de confinamento

Dende a Biblioteca Pública Municipal de Tui realizouse unha compilación de recursos en liña sobre libros e lectura. Deste xeito búscase aportar proposta de lectura para estes días de confinamento accesibles a través

Galicia Le

Por unha parte a Biblioteca Pública Municipal de Tui forma parte da Rede de Bibliotecas Públicas de Galiai que conta ao plataforma de préstamos de obras - libros, revistas, audiolibros e películas - en formato electrónico Galicia Le. O obxectivo da plataforma é facilitar o acceso de toda a cidadanía á cultura. Proporciona un servizo de préstamo temporal de obras en formato dixital de temáticas diversas ficción, informática, historia, ocio …

GaliciaLe conta cun "Catálogo galego" e outro "Catálogo en castelán". As obras incluídas nos mesmos poderán lerse e visionarse en dispositivos compatibles: tabletas, teléfonos móbiles e ordenadores persoais. No caso dos libros, poderá facers, ademais, desde un lector de libro electrónico.

O acceso pódese facer co carné de socio da Biblioteca de Tui ou de calquera outra biblioteca que pertenza á rede ou rexistrándose directamente en Galicia Le.

Concurso "Un poema na túa voz"

A Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil, GALIX, promove o concurso "Un poema na túa voz" dirixido a nenos e nenas de 6 a 14 anos e as súas familias. Para participar hai que elixir un poema tradicional ou de autor, gravalo co móbil ou no ordenador e envialo a galix@galix.org. As bases completas están na web de GALIX.

Iniciativas para acceder á literatura infantil e xuvenil

O Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra abre as súas portas no mundo dixital, e ofrece contidos todos os días no seu Salón Virtual.

O Colectivo NOGA, Narración Oral Galega, creou a canle de YouTube Pandemia de contos, onde se poden atopar historias breves contadas por diversas narradoras e narradores orais.

A editorial Galaxia ten creada no Instagram a conta Galaxia Infantil, na que se están a colgar vídeos nos que as autorías falan dos seus libros

A páxina web de Kalandraka, que ofrece moito material videográfico arredor da literatura en Contos contados, Vídeosmusicais ou Cantar e contar .

Na páxina dos Bolechas, ofertan contido para ocupar o tempo de lecer das crianzas.

Na web do Xabarín en CRTVG están dispoñibles vídeos, series, música, audio-contos e xogos en galego. Tamén están accesibles divertidos Karaokes do Xabarín, para cantar en familia, na canle YouTube do Xabarín.

Na canle de YouTube Sonárbore, a canle en youtube da Editorial Galaxia, hai moitos vídeos para cantar e bailar en galego.

Na páxina da Real Academia Galega: contidos para o público infantil sobre Carballo Calero a quen se lle dedica este ano o Día das Letras Galegas: http://primaveradasletras.gal/

Pódense atopar máis recursos na web de Galix.

Concello Tui


A 9 de Abril realizaranse os test por COVID 19 aos membros da Policía Local

Un equipo do SERGAS desprazarase até Tui para realizar o test do COVID 19 aos membros da Policía Local que nas últimas xornadas estiveron en contacto co auxiliar da Policía Local que deu positivo por coronavirus. Esta persoa está illada no seu domicilio dende o pasado sábado cando acudiu ao médico tras presentar o venres os primeiros síntomas. No día de onte recibiu o resultado positivo no test.

Seguindo as recomendacións do médico de Prevención de Riscos Laborais do Concello dende onte á tarde os membros da Policía Local que coincidiron en quendas de traballo con este auxiliar están nas súas casas, a espera da realización do test na xornada de mañá. Ningún dos axentes e auxiliares presentas síntomas.

Durante a xornada de 9/4 e até contar co resultado dos test o servizo da Policía Local está a ser cuberto por dous efectivos. Hoxe novamente procedeuse a desinfección das instalacións, ao igual que se fixera xa no día de onte.

Dende o Concello de Tui desexan unha pronta recuperación ao membro da Policía Local afectado polo COVID 19, e de reitera o agradecemento polo labor que están a realizar dende este corpo. Tamén se fai fincapé na importancia nestes días festivos de manter o confinamento.

Por outra parte membros da BRILAT, a través da Subdelegación do Goberno, procederon ao longo desta mañá a realizar tarefas de desinfección tanto no exterior coma no interior da Residencia San Telmo e da Residencia Paz y Bien.

Concello Tui


Un axente da Policía Local da positivo por COVID 19

Dende o concello quérese recoñecer nunha nova ocasión o traballo que están a realizar

Un axente da Policía Local de Tui vén de recibir na xornada de hoxe o resultado do test de Coronavirus, dando un resultado positivo. O axente comezou a atoparse mal o pasado venres, e tras acudir o sábado ao médico quedou xa illado no seu domicilio.

No día 8 de abril, tras recibir o resultado positivo no test, dende o Concello de Tui activouse o protocolo establecido seguindo as recomendacións do Servizo de Prevención de Riscos Laborais do Concello, e solicitando para os 12 membros da Policía Local e para os e as traballadores municipais que estiveron en contacto co axente afectado os test de COVID 19.

Amais procedeuse a desinfectar tanto o interior das instalacións da Policía Local coma os accesos e os vehículos do corpo.

Dende o Concello de Tui deséxaselle unha pronta recuperación ao axente que está illado no seu domicilio, ao tempo que se quere recoñecer unha vez máis o labor que a diario realizan tanto a Policía Local, coma os membros das outras forzas de seguridade, de Protección Civil, dos Servizos Sociais, e os sanitarios.

Por este motivo convídase á cidadanía a aplaudir hoxe ás 20 h se cabe aínda con máis forza en sinal de agradecemento por ese labor diario que realizan.

Concello Tui


O patrimonio cultural tudense accesible en liña permite a súa visita e coñecemento virtual

O concello elaborou unha listaxe de recursos accesibles a través da internet con información, imaxes, vídeos… tanto propios coma alleos

Tui conta cun importante patrimonio cultural, sendo este unha das súas principais sinais de identidade, así coma un dos seus destacados recursos turísticos.

Nestes días de confinamento o Concello de Tui publica unha compilación de recursos accesibles en liña para visitar este patrimonio e afondar no seu coñecemento.

Un destes recursos é o propio apartado dedicado ao turismo na web municipal www.tui.gal, onde podemos atopar información sobre o recursos patrimoniais culturais da cidade coa súa historia, imaxes e vídeos.

Así na Galería atopamos albumes de fotografías do Camiño Portugués, a Catedral de Santa María, o Conxunto Histórico, ou Tui dende o Ceo.

Na canle de Vimeo do Concello de Tui podemos visionar distintos vídeos coma "Tui, cidade histórica, natural, monumental…", "Tui, Porta do Camiño", ou "Ruta Xudía".

Dende a Concellería de Patrimonio compílanse estes recursos on-line para mellorar o coñecemento dos recursos patrimoniais do noso municipio dende o convencemento de que este coñecemento implicará unha mellor valoración e conservación do mesmo.

Paralelamente a difusión destes recursos quere tamén levar unha mensaxe de cara ao futuro. Ao remate deste período de confinamento Tui estará agardando a todos os visitantes e turistas cunha acreditada oferta turística que, abofé, irá pouco a pouco recuperando normalidade á medida que se vaian levantando as medidas de confinamento.

Así máis aló dos recursos propios accesibles en liña, tamén se compilaron outros recursos accesibles de interese sobre o patrimonio cultural tudense.

Listaxe de recursos:

— Apartado de Turismo da Web Municipal

— Turismo Rías Baixas
• Camiño Portugués
• Recursos sobre Tui

— Turismo de Galicia
• Recursos sobre Tui
• Visita virtual á Catedral de Tui

— Camino de Santiago
• Información sobre o Camiño Portugués

— Patrimonio Galego
• Na web "patrimoniogalego.net" podemos coñecer os recursos patrimoniais tudenses e colaborar coa mesma incorporando novos elementos do noso patrimonio cultural aínda non reseñados.
• Panorámicas interactivas da catedral de Tui

— Conferencia "Patrimonios, paisaxes e identidades na restauración das cidades fronteirizas" de Iago Seara, coordinador do Plan Director da Catedral de Tui

— Reportaxe sobre Tui do programa "Desde Galicia para el Mundo" de agosto de 2012

— Imaxes panorámicas de Tui recollidas en Panoleku tomadas en 2010

— Paseo Virtual polo entorno da Catedral de Tui realizado por Faro de Vigo

— Plan Director das fortalezas transfronteirizas do Baixo Miño

— Francisco Sánchez
• A Fundación Ignacio Larramendi ten na súa biblioteca virtual de polígrafos españois un apartado dedicado a Francisco Sánchez, filósofo e médico nado en Tui en 1550. Foi o autor de "Quod nihil scitur", obra de referencia no ámbito da filosofía. É un dos tudenses máis destacados da historia.

— Fotografías Antigas de Tui, páxina en Facebook

— Tudensia, blog sobre a historia de Tui

Concello Tui


O Concello de Tui agradece as doazóns de elementos de protección que continúa a recibir

O Concello de Tui quere amosar unha vez o seu agradecemento a todas as persoas que están a facer aportacións de diverso material de protección no actual estado de alarma no que nos atopamos derivado da crise do coronavirus. Tamén a todas as persoas que están a traballar desinteresadamente na elaboración de diverso material de protección dende máscaras de protección ou mascarillas.

Na xornada de hoxe o Concello e a empresa Netcom cederon ao padeeiro Roi Rodríguez dúas bobinas de plástico para que coa súa impresora 3D poida continuar a fabricar pantallas de protección.

Tamén hoxe o Concello de Tui recibiu a doazón de 8 gafas de protección doadas por Opticalia Tui.

Concello Tui



Edições C@2000

Do Coura se fez luz. Hidroeletricidade, iluminação pública e política no Alto Minho (1906-1960)"
Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000/Afrontamento
Apoiado pela Fundação EDP


Da Monarquia à República no Concelho de Caminha
Crónica Política (1906 - 1913)

Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000


O Estado Novo e outros sonetos políticos satíricos do poeta caminhense Júlio Baptista (1882 - 1961)

Organização e estudo biográfico do autor por Paulo Torres Bento
Edição: C@2000


Rota dos Lagares de Azeite do Rio Âncora

Autor: Joaquim Vasconcelos
Edição: C@2000


Memórias da Serra d'Arga
Autor: Domingos Cerejeira
Edição: C@2000

Outras Edições Regionais