JORNAL DIGITAL REGIONAL CAMINHA 2000 JORNAL DIGITAL REGIONAL CAMINHA 2000

O Concello da Guarda crea unha Rede de apoio veciñal de acompañamento afectivo a distancia

Sabías que no teu barrio viven persoas maiores? É probable que leven días sen saír da casa e sen falar con ninguén... Coñeces a algunha persoa que poida necesitar axuda?

A través do departamento de servizos sociais queremos poñer en funcionamento unha rede de apoio veciñal para ofrecer unha atención personalizada ás persoas que vivan soas ou a outros colectivos con necesidades.

Ante esta situación de emerxencia polo COVID -19 o obxectivo do servizo é ofrecer un acompañamento afectivo a distancia para previr a soidade a través de chamadas telefónicas cun grupo de voluntariado, fomentando así as relacións interxeracionais.

Outro dos obxectivos é recuperar e afianzar as relacións veciñais de toda a vida, xa que consideramos que é a mellor forma de previr a soidade das persoas.

Os servizos sociais a través de chamadas telefónicas cun grupo de persoas voluntarias contactará coas persoas maiores susceptibles de recibir este apoio. Deste xeito identificarémolas, recolleremos as súas necesidades e activaremos un proceso de resposta.

Se tes coñecemento dalgunha persoa que se sinta nesta situación ou consideras que poida haber outra persoa que non estea dentro deste colectivo pero precisa de apoio, chámanos.

Teléfono para formar parte da rede de apoio veciñal fronte ao COVID-19

O teléfono a través do cal podes contactar para formar parte desta rede veciñal é o 986 614 507 (servizos sociais).

Luns a venres, en horario de 10:00 a 14:00 h.

Concello de A Guarda


Inscricións online ao programa de Garantía Xuvenil

Garantía Xuvenil é unha iniciativa europea que pretende facilitar o acceso da xuventude ao mercado de traballo.

Está enfocada a que toda a xuventude non ocupada e non integrada nos sistemas de educación ou formación, podan recibir unha oferta de emprego, educación ou formación, incluída a formación de aprendiz ou período de prácticas, tras rematar a educación formal ou quedar desempregados. A recomendación europea que estableceu o programa, require que a xuventude poda recibir unha oferta nun período de catro meses a partires da súa inscrición.

A tal fin se creou o "Sistema Nacional de Garantía Juvenil" coma un ficheiro no que a xuventude, inscrita con carácter voluntario, pasan a constituír unha lista única de demanda a disposición das entidades responsables de propor as ofertas concretas.

" Garantía Xuvenil está dirixido á xuventude en busca de emprego que non se atopen en situación de estudar ou formarse, nin traballando por conta propia ou allea, e desexen lograr a súa inserción plena no mercado laboral.

A xuventude poderá solicitar a súa inscrición sempre que cumpran os seguintes requisitos:

o Ter a nacionalidade española ou, ser cidadáns da Unión ou dos Estados parte do Acordo Económico Europeo ou Suíza ou ser estranxeiro titular dunha autorización para residir no territorio español que habilite para traballar.
o Estar empadroado en calquera localidade do territorio español.
o Ter máis de 16 anos ou menos de 30 anos no momento de solicitar a inscrición
o No ter traballado ao día natural anterior á data de presentación da solicitude.
o Non ter recibido accións educativas no día natural anterior á data de presentación da solicitude.
o Non ter recibido accións formativas no día natural anterior á data de presentación de la solicitude.
o Presentar unha declaración expresa de ter interese en participar no "Sistema Nacional de Garantía Juvenil", adquirindo un compromiso de participación activa nas actuacións que se desenrolen no marco da Garantía Xuvenil. No caso dos demandantes de emprego, bastará coa súa inscrición nos servizos públicos de emprego.

Máis información en: https://garantiajuvenil.sepe.es/nuevaSolicitud

Podes ampliar información na Omix da Guarda no 986610000 ou no enderezo electrónico informacion@aguarda.es

Concello de A Guarda


Plan de formación de xuventude e voluntariado durante a emerxencia sanitaria do COVID-19

" Estará formado por 18 cursos en liña, cun total de 1250 prazas, orientados á formación básica e especializada

A Xunta impulsa un plan de formación para a mocidade e as persoas voluntarias de Galicia coa finalidade de ofrecer opcións en materia de voluntariado e de educación non formal durante esta situación de emerxencia sanitaria provocada polo COVID-19.

O plan está conformado por 18 cursos en liña, cun total de 1250 prazas, orientados á formación básica en materia de voluntariado, así como á formación especializada e específica en lingua de signos, coidado ambiental (facendo especial fincapé no ámbito da reciclaxe na casa), novas tecnoloxías ou voluntariado en situacións de emerxencia.

No ámbito da xuventude, as accións formativas centraranse no eido dixital, a comunicación, o tempo libre e técnicas de mellora emocional. Poderán inscribirse a estes cursos persoas mozas de entre 16 e 35 anos.

Os formularios de inscrición estarán dispoñibles na páxina web de Voluntariado a partir do vindeiro mércores 8 de abril. O prazo de inscrición permanecerá aberto ata o 13 de abril, salvo esgotamento de prazas. Se nalgún curso houbese prazas máis alá do 13 de abril, a inscrición permanecería aberta ata dous días antes de que comece dito curso.

Cursos ofertados

Desta maneira, poñeranse en marcha un total de 11 cursos de formación dirixidos á xuventude: Fotografía dixital; Oratoria: formación en comunicación; Xestión do estrés; Crea a túa páxina web; Influencers dixitais; Xestión do tempo para o estudo; Educación en valores no tempo libre; Orientación vocacional; Escape Room educativo analóxico e dixital; Obradoiro de gravación de vídeo e Futuro en igualdade.

Pola súa banda, os sete cursos que se desenvolverán no ámbito do voluntariado son: Acción voluntaria en situacións de emerxencia, Lingua de signos, Novas tecnoloxías como ferramentas para persoas voluntarias; Voluntariado e transformación social; Aprendizaxe reflexiva a través da acción voluntaria; Curso básico de voluntariado; e Educación e voluntariado ambiental.

Podes ampliar información na Omix da Guarda no 986610000 ou no enderezo electrónico informacion@aguarda.es

Concello de A Guarda


Axuda psicolóxica fronte ao coronavirus na Guarda

O Programa de educación e apoio familiar (PEAF) do Concello da Guarda, informa de que a partir do 7 de abril retomarase a asistencia psicolóxica aos menores e as súas familias na modalidade de atención telefónica.

Sendo conscientes de que esta situación de confinamento pode xerar efectos emocionais negativos, pretendemos minimizar o seu impacto, prestando especial atención á prevención e aos coidados relacionados coa saúde emocional, tratando de reducir ao máximo as situacións de risco que, neste contexto actual, poidan acontecer.

Como un dos colectivos máis vulnerables, consideramos primordial que as familias do PEAF sigan atendidas, tendo en conta máis que nunca as súas necesidades, acompañando e cooperando ao máximo neste momento que todos e todas estamos vivindo.

AXUDA PSICOLÓXICA FRONTE AO CORONAVIRUS - COVID19 PARA O PERSOAL TRABALLADOR

A evolución da situación actual pode influír no estado emocional das persoas, sobre todo dando lugar a condutas de alerta pouco eficaces a nivel persoal e social. Por este motivo o Concello pon a disposición dos profesionais que estean traballando nestes momentos no ámbito sanitario, educativo, Forzas e Corpos de seguridade ou atención a persoas unha acción encamiñada a promover un afrontamento psicolóxico adecuado a esta situación de crise.

Este recurso está destinado a dar apoio e ferramentas que axuden a soportar as situacións de intenso traballo, esgotamento físico e emocional e elevada incerteza que esta situación está provocando, coa intención de poder axudar a xestionar o malestar psicolóxico actual, previndo o desenvolvemento de problemas psicolóxicos futuros

EN QUE CASOS BUSCAR AXUDA PROFESIONAL?

Os profesionais que sintan un nerviosismo abafante, unha tristeza persistente ou outras reaccións prolongadas que afecten negativamente ao seu desempeño laboral ou relacións interpersoais, poden consultar cun profesional da saúde mental que o Concello porá a súa disposición dun xeito gratuíto.

Teléfono para atención psicolóxica ao personal traballador fronte ao COVID 19

Os teléfonos a través dos cales podes contactar para solicitar unha cita de asistencia psicolóxica son o 680 187 937 (educación familiar) e o 986 614 507 (servizos sociais).
" Luns a venres, en horario de 10:00 a 14:00 h.

Concello de A Guarda




Edições C@2000

Do Coura se fez luz. Hidroeletricidade, iluminação pública e política no Alto Minho (1906-1960)"
Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000/Afrontamento
Apoiado pela Fundação EDP


Da Monarquia à República no Concelho de Caminha
Crónica Política (1906 - 1913)

Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000


O Estado Novo e outros sonetos políticos satíricos do poeta caminhense Júlio Baptista (1882 - 1961)

Organização e estudo biográfico do autor por Paulo Torres Bento
Edição: C@2000


Rota dos Lagares de Azeite do Rio Âncora

Autor: Joaquim Vasconcelos
Edição: C@2000


Memórias da Serra d'Arga
Autor: Domingos Cerejeira
Edição: C@2000

Outras Edições Regionais