JORNAL DIGITAL REGIONAL CAMINHA 2000 JORNAL DIGITAL REGIONAL CAMINHA 2000

O Concello de Tui agradece o envío de material por parte das administracións e as doazóns de particulares

O Concello de Tui está a recibir material de protección tanto das distintas administración coma de persoas voluntarias e empresas que logo distribúe entre os propios servizos municipais, centro de saúde, residencias de maiores, farmacias, supermercados da localidade.

Así por unha parte esta semana o Concello recibiu 350 unidades de mascarillas cirúrxicas, 6 botes de 500 me de xel hidroalcohólico, 1 garrafa de 5 litros de deseinfectante clorado, 12 traxes antisalpicaduras e 60 batas protectoras enviadas pola Xunta de Galicia.

Por outra parte son distintas as persoas anónimas que de xeito individual ou colectivo e mesma empresas as que están a realizar aportacións solidarias de material nestes días.

Hoxe mesmo foi o grupo "Bicho fóra" integrado por persoas de Tui, Salceda, O Porriño, Gondomar, o que fixo entrega de 1.190 mascarillas, 14 batas e 40 gorros confeccionados con tecido non tecido. Uns elementos que foron xa esterilizados previo ao seu reparto.

Estes elementos de protección están a ser distribuídos polo Concello entre os traballadores do Servizos Sociais, a Policía Local, Protección Civil, servizo de limpeza e outros empregados municipais que están a realizar o seu labor estes días, moitos deles na desinfección de rúas e contedores. Igualmente parte deste material faise chegar ao Servizo de Axuda no Fogar, ás residencias de maiores que hai na cidade, a Praza de Abastos e establecementos comerciais abertos ao público…

Dende o Concello de Tui o alcalde, Enrique Cabaleiro, destacaba o esforzo inmenso que están a realizar as distintas administracións para dotarse dos medios materiais necesarios e posibles nestes momentos. Indicaba que hai que sumar todos na medida do posible.

O alcalde, Enrique Cabaleiro, quixo tamén facer un agradecemento publico á veciñanza que está a realizar labores altruístas coa elaboración de mascarillas, traxes… ás empresas que están doando material e outras que están pondo material para levar a cabo desinfección de rúas. Salientaba que deste xeito "están facendo unha contribución importante e palían en certa forma as carencias que nestes momentos temos as administracións públicas".

Concello Tui


Os empréstitos de libros na Biblioteca prorrógase até o fin do estado de alarma

Tui. Xoves, 26 de marzo de 2020. Ante o peche da Biblioteca Municipal de Tui, como medida de actuación ante a situación actual de contención da propagación dos contaxios por coronavirus, a concellería de Cultura, que dirixe Sonsoles Vicente Solla, informa dunha prórroga dos empréstito bibliotecarios. Todos os empréstito que tiñan a data de vencemento a partir do 13 de marzo quedan prorrogados ata o 30 deste mes. No caso de que a situación se alongue, procederase a adiar novamente a data de devolución. Durante este período o persoal de biblioteca atenderá as consultas dos usuarios a través do correo electrónico: biblioteca@tui.gal

Por outra banda, a Biblioteca Municipal de Tui lembra que as persoas dadas de alta na Biblioteca Municipal de Tui e por tanto na Rede de Bibliotecas de Galicia teñen acceso aos fondos dixitais a través da plataforma GaliciaLe (https://www.galiciale.gal/). En caso de non ter credenciais dende esa mesma páxina se indica o proceso a realizar. Para calquera dúbida pode poñerse en contacto coa Biblioteca Municipal de Tui a través do correo electrónico.

Se o interesado non é socio da Bublioteca Municipal tudense poderá autorrexistrarse co formulario do OPAC de Koha: https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-memberentry.pl

Daráselle un prazo dun mes desde a fin da corentena para que se achegue á biblioteca para obter o carné. Estes lectores terán a categoría "Autorrexistro" e poderán acceder a GaliciaLe. Unha vez rematada a corentena, se o usuario se dirixe á biblioteca para que se lle faga o carné, asignaráselle a categoría que lle corresponda. Se non fai o carné nese prazo, o rexistro eliminarase automaticamente de Koha e o lector deixará de ter acceso a GaliciaLe.

GaliciaLe é a plataforma de préstamo de libros, revistas, audiolibros e películas en formato electrónico das bibliotecas públicas galegas que ten por obxectivo facilitar o acceso de toda a cidadanía á cultura. GaliciaLe proporciona un servizo de préstamo temporal de obras en formato dixital de temáticas diversas no que os intereses de todas as persoas lectoras terán o seu espazo (ficción, informática, historia, ocio etc.) e todas as idades o seu lugar.

En GaliciaLe o lector atopará dous catálogos: un que contén o "Catálogo galego" e outro que aloxa o "Catálogo en castelán". As obras incluídas nestas dúas contornas poderán lerse e visionarse en dispositivos compatibles: tabletas, teléfonos móbiles e ordenadores persoais. No caso dos libros, poderá facelo, ademais, desde un lector de libro electrónico.

Concello Tui



Edições C@2000

Do Coura se fez luz. Hidroeletricidade, iluminação pública e política no Alto Minho (1906-1960)"
Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000/Afrontamento
Apoiado pela Fundação EDP


Da Monarquia à República no Concelho de Caminha
Crónica Política (1906 - 1913)

Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000


O Estado Novo e outros sonetos políticos satíricos do poeta caminhense Júlio Baptista (1882 - 1961)

Organização e estudo biográfico do autor por Paulo Torres Bento
Edição: C@2000


Rota dos Lagares de Azeite do Rio Âncora

Autor: Joaquim Vasconcelos
Edição: C@2000


Memórias da Serra d'Arga
Autor: Domingos Cerejeira
Edição: C@2000

Outras Edições Regionais