JORNAL DIGITAL REGIONAL CAMINHA 2000 JORNAL DIGITAL REGIONAL CAMINHA 2000

Inscricións online ao programa de Garantía Xuvenil

Garantía Xuvenil é unha iniciativa europea que pretende facilitar o acceso da xuventude ao mercado de traballo.

Está enfocada a que toda a xuventude non ocupada e non integrada nos sistemas de educación ou formación, podan recibir unha oferta de emprego, educación ou formación, incluída a formación de aprendiz ou período de prácticas, tras rematar a educación formal ou quedar desempregados. A recomendación europea que estableceu o programa, require que a xuventude poda recibir unha oferta nun período de catro meses a partires da súa inscrición.

A tal fin se creou o "Sistema Nacional de Garantía Juvenil" coma un ficheiro no que a xuventude, inscrita con carácter voluntario, pasan a constituír unha lista única de demanda a disposición das entidades responsables de propor as ofertas concretas.

" Garantía Xuvenil está dirixido á xuventude en busca de emprego que non se atopen en situación de estudar ou formarse, nin traballando por conta propia ou allea, e desexen lograr a súa inserción plena no mercado laboral.

A xuventude poderá solicitar a súa inscrición sempre que cumpran os seguintes requisitos:

o Ter a nacionalidade española ou, ser cidadáns da Unión ou dos Estados parte do Acordo Económico Europeo ou Suíza ou ser estranxeiro titular dunha autorización para residir no territorio español que habilite para traballar.
o Estar empadroado en calquera localidade do territorio español.
o Ter máis de 16 anos ou menos de 30 anos no momento de solicitar a inscrición
o No ter traballado ao día natural anterior á data de presentación da solicitude.
o Non ter recibido accións educativas no día natural anterior á data de presentación da solicitude.
o Non ter recibido accións formativas no día natural anterior á data de presentación de la solicitude.
o Presentar unha declaración expresa de ter interese en participar no "Sistema Nacional de Garantía Juvenil", adquirindo un compromiso de participación activa nas actuacións que se desenrolen no marco da Garantía Xuvenil. No caso dos demandantes de emprego, bastará coa súa inscrición nos servizos públicos de emprego.

Máis información en: https://garantiajuvenil.sepe.es/nuevaSolicitud

Podes ampliar información na Omix da Guarda no 986610000 ou no enderezo electrónico informacion@aguarda.es

Concello de A Guarda


Plan de formación de xuventude e voluntariado durante a emerxencia sanitaria do COVID-19

" Estará formado por 18 cursos en liña, cun total de 1250 prazas, orientados á formación básica e especializada

A Xunta impulsa un plan de formación para a mocidade e as persoas voluntarias de Galicia coa finalidade de ofrecer opcións en materia de voluntariado e de educación non formal durante esta situación de emerxencia sanitaria provocada polo COVID-19.

O plan está conformado por 18 cursos en liña, cun total de 1250 prazas, orientados á formación básica en materia de voluntariado, así como á formación especializada e específica en lingua de signos, coidado ambiental (facendo especial fincapé no ámbito da reciclaxe na casa), novas tecnoloxías ou voluntariado en situacións de emerxencia.

No ámbito da xuventude, as accións formativas centraranse no eido dixital, a comunicación, o tempo libre e técnicas de mellora emocional. Poderán inscribirse a estes cursos persoas mozas de entre 16 e 35 anos.

Os formularios de inscrición estarán dispoñibles na páxina web de Voluntariado a partir do vindeiro mércores 8 de abril. O prazo de inscrición permanecerá aberto ata o 13 de abril, salvo esgotamento de prazas. Se nalgún curso houbese prazas máis alá do 13 de abril, a inscrición permanecería aberta ata dous días antes de que comece dito curso.

Cursos ofertados

Desta maneira, poñeranse en marcha un total de 11 cursos de formación dirixidos á xuventude: Fotografía dixital; Oratoria: formación en comunicación; Xestión do estrés; Crea a túa páxina web; Influencers dixitais; Xestión do tempo para o estudo; Educación en valores no tempo libre; Orientación vocacional; Escape Room educativo analóxico e dixital; Obradoiro de gravación de vídeo e Futuro en igualdade.

Pola súa banda, os sete cursos que se desenvolverán no ámbito do voluntariado son: Acción voluntaria en situacións de emerxencia, Lingua de signos, Novas tecnoloxías como ferramentas para persoas voluntarias; Voluntariado e transformación social; Aprendizaxe reflexiva a través da acción voluntaria; Curso básico de voluntariado; e Educación e voluntariado ambiental.

Podes ampliar información na Omix da Guarda no 986610000 ou no enderezo electrónico informacion@aguarda.es

Concello de A Guarda


Axuda psicolóxica fronte ao coronavirus na Guarda

O Programa de educación e apoio familiar (PEAF) do Concello da Guarda, informa de que a partir do 7 de abril retomarase a asistencia psicolóxica aos menores e as súas familias na modalidade de atención telefónica.

Sendo conscientes de que esta situación de confinamento pode xerar efectos emocionais negativos, pretendemos minimizar o seu impacto, prestando especial atención á prevención e aos coidados relacionados coa saúde emocional, tratando de reducir ao máximo as situacións de risco que, neste contexto actual, poidan acontecer.

Como un dos colectivos máis vulnerables, consideramos primordial que as familias do PEAF sigan atendidas, tendo en conta máis que nunca as súas necesidades, acompañando e cooperando ao máximo neste momento que todos e todas estamos vivindo.

AXUDA PSICOLÓXICA FRONTE AO CORONAVIRUS - COVID19 PARA O PERSOAL TRABALLADOR

A evolución da situación actual pode influír no estado emocional das persoas, sobre todo dando lugar a condutas de alerta pouco eficaces a nivel persoal e social. Por este motivo o Concello pon a disposición dos profesionais que estean traballando nestes momentos no ámbito sanitario, educativo, Forzas e Corpos de seguridade ou atención a persoas unha acción encamiñada a promover un afrontamento psicolóxico adecuado a esta situación de crise.

Este recurso está destinado a dar apoio e ferramentas que axuden a soportar as situacións de intenso traballo, esgotamento físico e emocional e elevada incerteza que esta situación está provocando, coa intención de poder axudar a xestionar o malestar psicolóxico actual, previndo o desenvolvemento de problemas psicolóxicos futuros

EN QUE CASOS BUSCAR AXUDA PROFESIONAL?

Os profesionais que sintan un nerviosismo abafante, unha tristeza persistente ou outras reaccións prolongadas que afecten negativamente ao seu desempeño laboral ou relacións interpersoais, poden consultar cun profesional da saúde mental que o Concello porá a súa disposición dun xeito gratuíto.

Teléfono para atención psicolóxica ao personal traballador fronte ao COVID 19

Os teléfonos a través dos cales podes contactar para solicitar unha cita de asistencia psicolóxica son o 680 187 937 (educación familiar) e o 986 614 507 (servizos sociais).
" Luns a venres, en horario de 10:00 a 14:00 h.

Concello de A Guarda


A Brilat colabora nas tarefas de desinfección da Residencia Monte Tecla da Guarda

As xestión feitas entre alcalde da Guarda, Antonio Lomba e a subdelegada do Goberno en Pontevedra, Maica Larriba, posibilitan que, o venres 3 de abril, integrantes da Brilat se trasladaran Á Guarda para realizar tarefas de desinfección na residencia da terceira idade, Monte Santa Tecla.

Esta operación forma parte da Campaña de desinfección masiva das residencias e centro de maiores que as Forzas Armadas están realizando en coordinación coa delegación do Goberno en Galicia.

Dende o concello da Guarda e a dirección co centro de maiores agradecen o traballo realizado, que se suma ao protocolo de seguridade e prevención que se realiza dende a propia residencia. Dende que comezou o estado de alarma o concello ven prestando especial atención a este centro ao que ofreceu a súa total colaboración.

Asi mesmo a direccción do centro quere trasladar unha mensaxe de tranquilidade aos familiares dos usuarios e ao resto da cidadanía, informando que, nestes intres, non hai caos de contaxio e que se están a tomar todas as medidas de prevención posibles para cuidar dos nosos maiores.

Isto parámolo se quedas na casa, gracias pola túa colaboración

Concello de A Guarda


O Concello da Guarda convida a todos os veciños e veciñas a tomar parte da iniciativa "Participa compartindo"

O Concello da Guarda anima a toda a poboación a participar en varias actividades a través das que podades compartir as vosas experiencias, pensamentos e emocións durante a situación tan atípica que estamos a vivir.

" CREACIÓN DE CURTAMETRAXES

Grava e comparte nas túas redes sociais a túa propia curtametraxe de temática libre. Os únicos requisitos para a súa elaboración serán que dure como máximo 3 minutos e que a graves dentro do recinto da túa casa.

Comparte nas túas redes sociais co cancelo #NaCasaEstamosDeCine

*As 10 curtametraxes de maior calidade serán proxectadas nun acto no Centro Cultural cando todo isto remate

" FOTOGRAFÍA

Fotografía aquilo que máis te guste da túa casa: o que miras desde a túa ventá, algún recuncho especial para ti, ás túas mascotas, etc.

Comparte nas túas redes sociais co cancelo #MiñaCasiñaMeuLar

" O/A ARTISTA QUE LEVAS DENTRO

Grava un vídeo ou audio no que mostres as túas habilidades artísticas bailando, tocando un instrumento, facendo un monólogo, contando un chiste, cantando, etc.

Comparte nas túas redes sociais co cancelo #ArtistaQueLevasDentro

" CÓNTAME UN CONTO

Grava un vídeo ou audio contando o que che apeteza: unha historia antiga da Guarda, un conto ou simplemente comparte o que estás a vivir neste momento.

Comparte nas túas redes sociais co cancelo #ContameUnConto

*Poderedes seguir compartindo as vosas creacións ata a finalización do Estado de Alarma

Isto parámolo se quedas na casa, gracias pola túa colaboración

Concello de A Guarda


A unidade móbil de doazóns de sangue estará instalada na Guarda o luns 6 de abril

A unidade móbil do Centro de Transfusión de Galicia estará instalada na Guarda o luns día 6 de abril.

Este autobús estará emprazado na Rúa Rosalía de Castro(Ao Carón do Centro Cultural) o luns 6 en horario de 10:00 ás 14:00 e de 16:00 ás 21:00 horas.

O Centro de Transfusión de Galicia, grazas ao emprego destas unidades móbiles intenta facilitar o solidario xesto de doar sangue a todos os cidadás. Sen a implicación de todos é imposible acadas as 500 doazóns de sangue que se precisan nos hospitais galegos.

Todas as persoas que desexan doar sangue deberán chamar ao teléfono gratuíto 900 100 828. O sistema de CITA PREVIA reforza os protocolos de seguridade nas unidades móbiles e locais de doazón e tentar garantir unha afluencia axeitada e ordeada para cubrir as necesidades de sangue dos hospitais galegos.

Concello de A Guarda


O Concello da Guarda deu conta nunha Xunta de Portavoces das medias adoptadas polo COVID-19

Na mañá do sábado día 28 de marzo o Salón de Plenos acolleu unha Xuntanza de Portavoces na cal o alcalde, Antonio Lomba, e a tenente de alcalde, Montse Magallanes, deron conta das diferentes medidas adoptadas polo COVID-19 no municipio, así como todas as accións para evitar novos contaxios e para a súa prevención.

Neste senso o Alcalde da Guarda informou sobre os diferentes contactos mantidos coas administracións, asociacións, colectivos, empresas entre as que destacan a Federación Galega de Municipios e Provincias, a Subdelegación do Goberno, a Guardia Civil, Cruz Vermella, Conrazones, Avelaíña, San Xerome, San Vicente de Paúl, Residencia Santa Tecla, o Centro de Saúde da Guarda, usuarios do Servizo de Asistencia no Fogar, Equipos directivos de centros educativos, Servizo de alerta epidemiolóxica (SERGAS), Supermercados, Comandacia Naval do Miño, Confraría de Pescadores, Párrocos, Presidente da Cámara de Caminha, así como alcaldes e alcaldesas da Mancomunidade Intermunicipal do Baixo Miño.

Deuse conta da distribución e stock actual dos Equipos de Protección Individual(EPI´S) e dos materiais de protección a disposición dos servizos municipais, GES da Guarda, a Policía Local e Servizo de Axuda no Fogar(SAF). Material que o concello pon a disposición das empresas e institucións que poidan necesitalo. Entre este material se atopan mascarillas FFP2, FFP1 e quirúrxicas, guantes, gel hidroalcohol, traxes impermeables, etc.

Novamente se quere agradecer o traballo e a colaboración de diferentes empresas locais que dende o inicio desta crise colaboraron de xeito desinteresado aportando material de protección para os Servizos dependentes do Concello, falamos de empresas como: Portalmatic, Marengo Cosmética Profesional, Recambios la Guardia, Clínica López Sousa, Tenda Porlospelos, Coser y Cantar, Instituto dental Campos, Electrónica Eutimio, Clínica Dental Marina Obispo, Clínica Dental Rosa Mª Coedo, Clínica Dental Barros y Carrero, Clínica Obispo, Panadería Morales, entre outras.

Antonio Lomba deu conta tamén dos traballos de desinfección que se están a acometer en diferentes espazos e infraestruturas sensibles como da Praza de Abastos Municipal, das instalacións da Policía Local, do GES, de Servizos Sociais, as instalacións do vello edificio do Concello, do Novo e dos vehículos municipais. Estes espazos serán desinfectados de xeito semanal, ao igual que os vehículos da Policía Local, do GES e os de vías e obras.

No apartado de limpeza e desinfección, actúan cada día brigadas nas que participan traballadores municipais, membros do GES e da Comunidade de Montes da Guarda. Encárganse de desinfectar e limpar os espazos públicos exteriores de maior afluencia e os seus arredores, coma por exemplo, o Centro de Saúde, entorno de supermercados e áreas comerciais, estancos e farmacias, Praza de Abastos, así coma os contedores da recollida selectiva do lixo, entre outros.

Estas accións de desinfección e limpeza recomendada, en lugares onde a afluencia de público e a posibilidade de contaxio son elevadas, seguen un protocolo establecido con produtos virucidas autorizados de nivel TP2 (Desinfección de superficies e área, uso ambiental).

Nesta Xunta de Portavoces tamén se informou da distribución de alimentos a persoas dos grupos de risco, un traballo que se está coordinando dende Servizos Sociais coa colaboración do GES e grupos de voluntarios, atendendo a un total de 50 familias, aportando alimentos perecedoiros procedentes do banco de alimentos e alimentos frescos aportados polo concello.

Antonio Lomba insistiu na gran difusión de informacións e recomendacións de interese para a cidadanía a través da páxina web municipal, que foi remaquetada e adaptada, así como a través das diferentes redes sociais municipais e o gabinete de comunicación e medios de prensa. Neste senso se teñen realizado accións de comunicación sobre a Atención no centro de saúde, medidas preventivas, información sobre os servizos municipais e atención, transporte público, xulgado de paz e fronteiras, posta en marcha do auxilio a grupos de risco, renovación do DNI, demanda de emprego e certificados de empresa, tratamento de lixo de persoas con positivo ou con síntomas, información do CIM sobre contactos de atención á muller, información sobre garda e custodia de menores, información sobre cans e colonias felinas, entre outras.

Deuse conta ademais do primeiro paquete de medidas económicas con motivo da alarma polo virus COVID-19 para que ningún veciño da localidade teña que facer fronte a pagamentos ao concello mentres dure o estado de alarma e priorizar o pago a proveedores para dotar de liquidez ás empresas.

Informouse da posta en marcha de A Guarda Covid Makers, unha iniciativa en colaboración co IES A Sangriña e veciños e veciñas con coñecementos en impresión 3D, para a confección de máscaras de protección, que se empezarán a distribuir entre as persoas que as precisen a partires deste luns·

A Colaboración cidadá está sendo esencial para favorecer a atención ás persoas dos grupos de risco, púxose en marcha un servizo de voluntariado a través da OMIX e Servizos Sociais para axudar nestas tarefas ás persoas que o soliciten.

Para levar mellor o confinamento se informou da posta en marcha do portal de patrimonio ATOPO, realizado en colaboración coa Deputación de Pontevedra e no que se poden consultar numerosos arquivos históricos e fotografías da Guarda, unha maneira máis de entretemento para a cidadanía e de posta en valor do patrimonio material e inmaterial da nosa vila.

Tamén se ten informado aos usuarios da Biblioteca Pública Municipal da existencia da Plataforma en Liña GaliciaLe, onde se poden atopar e descargar numerosos libros, audios e videos.

Nesta vindeira semana informarase á cidadanía das empresas e postos da Praza de Abastos que están ofertando o servizo de entrega a domicilio, para evitar deste xeito os desprazamentos na medida do posible e facilitar as compras de alimentos frescos á poboación.

Isto parámolo se quedas na casa, gracias pola túa colaboración

Concello de A Guarda


O Concello da Guarda agradece as doazóns de material de empresas locais e informa da limpeza e desinfección de espazos municipais

" Mascarillas, luvas de látex ou equipos de teleasistencia foron doados ao Concello da Guarda por parte de empresas locais para o seu uso na prevención contra o coronavirus.

" Concello da Guarda recorda extremar as precaucións e pide, especialmente aos grupos de risco, que eviten as saídas da casa e que se precisan calquera cousa que contacten cos Servizos Sociais.

" Concello establece quendas para a limpeza e desinfección de espazos municipais.

O Concello da Guarda quere expresar publicamente o agradecemento á solidariedade das diferentes empresas do municipio que están colaborando na doazón de diverso material para o seu uso na prevención contra o coronavirus por parte da Policía Local, GES, Servizos Sociais e o Servizo de Axuda no Fogar. Entre o material doado atópanse equipos de teleasistencia, mascarillas ou luvas de látex, material para facer fronte e previr o contaxio do persoal que presta nestes intres servizos públicos.

A Comisión Municipal de Seguimento da evolución do COVID-19 quere facer un chamamento rotundo á poboación, "NON se pode saír da casa, hai que evitar, na medida do posible, todas as saídas e as probabilidades de contaxio, para vencer deste xeito ao coronavirus e que non se estenda máis".

Recórdase que o grupo de risco, formado por persoas de avanzada idade ou persoas con patoloxías complexas e problemas de saúde, son as que deben de evitar a toda costa saír dos seus fogares, e é por iso que, dende o Concello, se pon a disposición deles os Servizos Sociais municipais (horario de 9 a 14 h no teléfono 986 61 45 07) e a colaboración do GES en tarefas de Protección Civil (620 89 09 02), para todas as xestións e tarefas que precisen como: facer a compra, ir á farmacia, entre outras.

Os corpos e forzas de seguridade do estado, así coma o persoal sanitario, de emerxencias e persoal municipal están facendo unha labor moi importante para manter a seguridade de todos e velar pola nosa saúde, pero advirten constantemente da presenza nas rúas de persoas dos grupos de risco e, "isto non se pode consentir", é tarefa de todos evitar novos contaxios e a propagación do coronavirus, "por favor, queda na túa casa".

O Concello da Guarda ten adoptado medidas en canto á limpeza de espazos públicos e municipais, na xornada deste sábado están previstas varias accións neste senso coma por exemplo as limpezas e desinfección completa da Praza de Abastos Municipal, das instalacións da Policía Local e do GES.

Isto parámolo se quedas na casa, gracias pola túa colaboración


Xa non sabedes a que adicar o tempo libre?
Saca o investigador que levas dentro!

Dende o Concello de A Guarda e coa colaboración da Deputación de Pontevedra, levamos facendo un traballo silencioso durante os últimos anos en favor da conservación e posta en valor do noso patrimonio material e inmaterial. Chegados a este punto, creemos que é o momento idóneo de compartir os resultados con todos vos.

Hoxe fainos moita ilusión presentarvos o portal ATOPO. E diredes, que diantres é iso? ATOPO é un portal de descubrimento de recursos de información a partir das coleccións e fondos documentais, bibliográficos, cartográficos e audiovisuais do Museo de Pontevedra, do Servizo de Patrimonio Documental e Bibliográfico da Deputación, dos arquivos municipais e doutras institucións, públicas ou privadas, da provincia de Pontevedra.

Atopo é un proxecto vivo, en construción, que día tras día incorpora novos rexistros e que neste momento conta con 707.185, dos cales poderás consultar e, en moitos casos, descargar en formato PDF documentos tales como: o "Expediente de creación da parroquia de Santa Isabel de Camposancos" (1798), o "Expediente de Real cédula de Carlos II que concedeu a este Municipio privilexios sobre os tributos reais" (1669) ou fotografías antigas da Guarda que datan de 1870 en adiante e que foron cedidas por particulares, o cal non cansamos de agradecer. Polo tanto, colle asento e rebusca nun total de preto de 1.500 fotografías en relación co noso concello.

Lembra que neste metabuscador non so aparecen documentos referidos ao concello de A Guarda (s. XVII-actualidade) e que se tes algunha dúbida ou queres ter máis información podes escribir ao correo: patrimonio@aguarda.es

Link da páxina: https://atopo.depo.gal/

Concello de A Guarda


O Concello da Guarda incrementa a desinfección e limpeza de espazos públicos

O Concello da Guarda iniciou a pasada fin de semana unha serie de desinfeccións e limpezas extraordinarias de diferentes espazos públicos e municipais para conter e previr novos contaxios polo coronavirus COVID-19.

Neste senso o pasado sábado procedeuse ás limpezas e desinfeccións completas da Praza de Abastos Municipal, das instalacións da Policía Local, do GES, de Servizos Sociais, as instalacións do vello edificio do Concello, do Novo e dos vehículos municipais. Estes espazos serán desinfectados de xeito semanal, ao igual que os vehículos da Policía Local, do GES e os de vías e obras.

Dende a pasada madrugada unha brigada mixta, na que participan traballadores municipais, membros do GES e da Comunidade de Montes da Guarda, encárganse de desinfectar e limpar os espazos públicos exteriores de maior afluencia e os seus arredores, coma por exemplo, o Centro de Saúde, entorno de supermercados e áreas comerciais, estancos e farmacias, Praza de Abastos, así coma os contedores da recollida selectiva do lixo, entre outros.

Estas accións de desinfección e limpeza recomendada, en lugares onde a afluencia de público e a posibilidade de contaxio son elevadas, seguen un protocolo establecido con produtos virucidas autorizados de nivel TP2(Desinfección de superficies e área, uso ambiental).

Preténdese, con desinfeccións que se repetirán de xeito diario e fumigacións semanais, unha acción preventiva para eliminar a posibilidade de contaxio en espazos públicos con importante afluencia de persoas.

Isto parámolo se quedas na casa, gracias pola túa colaboración

Concello de A Guarda


O concello da Guarda adopta o primeiro paquete de medidas económicas por causa da alarma polo coronavirus

" O concello da Guarda adopta o primeiro paquete de medidas económicas con motivo da alarma polo virus COVID-19 para que ningún veciño da localidade teña que facer fronte a pagamentos ao concello mentres dure o estado de alarma.

" A súa vez o concello prioriza a tramitación do pago de facturas a empresas e autónomos para dotar de liquedez as mesmas.

O 14 de marzo declarouse, polo Goberno Central, o Estado de Alarma, inicialmente por 15 días, período que vai ser ampliado ata o 11de abril. Estado de Alarma que é de aplicación a todo o territorio nacional e que se decreta ante a situación de crise sanitaria ocasionada polo virus COVID-19.

Ante esta situación de emerxencia sanitaria o concello de a Guarda adoptou unha serie de medidas para afrontar a situación de crise das que se deu traslado aos diferentes grupos políticos. Estamos diante dunha situación excepcional que require de medidas excepcionais, así o Concello da Guarda adopta e fai público o primeiro paquete de medidas de carácter económico que teñen como obxectivo minimizar, na medida do posible, o impacto negativo desta crise na economía de veciños e empresas na súa relación coa administración local.

Para iso, e despois de ter analizado a situación, o concello de A Guarda adopta as seguintes medidas:

1.-Axilizar o pagamento ás empresas e subministradores do concello para trasladar liquidez aos mesmos. Este pagamento está xa preparado e estamos en condicións de proceder ao mesmo de xeito inmediato.

2.-Retrasar a data da domiciliación de diferentes taxas para despois do remate do estado de alarma.

3.-Ampliar o período de pagamento para a totalidade das taxas e impostos, pasando dun período de 2 meses a tres meses. Retrasar o inicio do imposto de vehículos, que estaba previsto para inicios do mes de abril, ata o 1 de maio.

4.-Asi mesmo o concello de A Guarda procederá á devolución aos particulares do importe correspondente a servizos que non se realizaron como por exemplo as andainas, pilates ou ximnasia senior.

5.-Respecto da escola infantil, non se pasará ao cobro o importe polo tempo que permaneza pechada a instalación. Respecto do conservatorio imos esperar ao pronunciamento das autoridades educativas que están tomando en consideración a ampliación do curso lectivo.

O concello seguirá analizando a situación e terá en consideración outras medidas que poderán ser adoptadas en función de como vaia evolucionando a crise xerada polo COVID-19. Queremos trasladar á cidadanía e as empresas guardesas que, ante a situación excepcional que estamos vivindo, a administración local ten que ser quen de adoptar medidas tamén excepcionais tendo como único horizonte a protección das empresas e dos nos@s veciños e veciñas.

Isto parámolo se quedas na casa, gracias pola túa colaboración

Concello de A Guarda


Reúnese na Guarda a Comisión Municipal de seguimento do COVID-19

Hoxe 23 de marzo de 2020 reuniuse no Salón de Plenos do concello da Guarda a Comisión Municipal de seguimento do COVID-19, para facer unha valoración da situación dos primeiros días da crise.

Á xuntanza asistiron todos os membros da comisión, sete deles de forma presencial e catro por videoconferencia.

O Alcalde deu conta aos asistentes das accións e xestións realizadas ata o momento. Enumerou os contactos que se mantiveron, tanto coas administracións, como coas asociacións e responsables locais, falou de como se fixo a desinfección do material de protección e dos medios que o concello ten en stock. Así mesmo enumerou os edificios e vehículos que se desinfectaron o pasado sábado e dos espazos públicos que se desinfectarán durante a semana, desinfeccións que se manterán mentres dure o estado de alarma.

Informouse tamén doutras medidas como a remaquetación da páxina web, a campaña informativa levada a cabo nos medios de comunicación e nas redes sociais en relación aos servizos no Centro de Saúde, ós Servizos Municipais e outras cuestións de interese para a cidadanía.

O Alcalde rematou a súa intervención anunciando que nos próximos días se informará sobre o primeiro paquete de medidas económicas do concello, medidas para flexibilizar as débedas coa administración e os prazos de cobro, así como a axilización do pago de facturas a proveedores.

Pola súa banda, os demais membros da comisión aportaron ideas para mellorar a eficiencia das medidas tomadas, e inclusive se propuxeron novas accións para que o concello mellore o servizo que presta a cidadáns e empresas mentres dure esta situación de confinamento pola declaración do Estado de Alarma.

Os temas nos que máis se incidiu foi a mellora do servizo de auxilio aos grupos de risco e ás novas recomendacións en relación á prevención de contaxios.

Como remate da reunión os presentes concluíron que o concello debe prestar toda a axuda posible ás empresas, asociacións, e veciños e veciñas que así o precisen, porque só xuntos seremos capaces de minimizar o impacto desta crise.

Despois da reunión, o Alcalde púxose en contacto co Servizo de Alerta Epidemiolóxica do SERGAS, onde lle foi confirmado o primeiro positivo por coronavirus covid-19 na Guarda.

Isto parámolo se quedas na casa, gracias pola túa colaboración

Concello de A Guarda


A Mancomunidade Intermunicipal do Baixo Miño adopta medidas de funcionamento con motivo do COVID-19

A Mancomunidade Intermunicipal do Baixo Miño ven de adoptar medidas de funcionamento con motivo do decreto do Estado de Alarma trala crise do COVID-19 mediante unha resolución da presidencia pola que se acordou, entre outras medidas, priorizar a atención telefónica e telemática nos Servizos de atención ao público e no caso de atención presencial se establecerán as quendas imprescindibles para garantir a prestación do servizo.

Estas medidas de carácter temporal afectarán a todo o persoal en función das necesidades de prestación dos servizos públicos, evitando, na medida do posible, as reunión de traballo e os desprazamentos a outras localidades, fomentando o uso da videoconferencia.

As xuntas de goberno periódicas da MIBM quedan deste xeito aprazadas, salvo aquelas que se convoquen debido á situación do estado de alarma.

Todos os cursos e actividades formativas quedan aprazadas, valorándose a súa realización por medios telemáticos, cando así sexa posible.

Nesta resolución da presidencia da MIBM tamén se acordou a suspensión da convocatoria existente para a Selección dun Conductor, quedando en vigor os trámites previos á mesma, dando por rematados os prazos de presentación de instancias.

Por último, acordouse permitir a modalidade de traballo non presencial, previa autorización da presidencia da MIBM, sempre que sexa debidamente xustificada.

Concello de A Guarda


´O Concello da Guarda informa sobre o DNI, o selado do paro e os certificados de empresa

Prorrógase durante un ano a validez dos DNI que caduquen a partir da declaración de alarma (14/03/2020). Por este motivo non daremos vez para a renovación do DNI ata que remate a crise.

Non será necesario renovar a damanda de emprego ata o 30 de abril. Por este motivo non haberá acceso ao punto de emprego do concello da Guarda ata o remate da crise. Asimesmo o consello de ministros tou a decisión de prorrogar as prestacións por desemprego de maneira automática mentras dure a crise sanitaria.

Todas aquelas persoas que teñen que traballar durante o estado de alarma deben levar no seu poder un certificado da empresa para facilitar o traballo á Garda Civil

O Concello da Guarda ofrece un servizo de "Auxilio aos grupos de risco" a traves dos Servizos Sociais, Protección Civil e a Policía Local. Este servizo ofrécese en colaboración con Avelaíña, Conrazones, San Vicente de Paul, Cruz Vermella e San Xerome. O obxectivo e protexer aos grupos de risco de contaxios e atender as persoas desfavorecidas.

Concello de A Guarda


O Concello da Guarda informa a cidadanía do seu funcionamento mentras dure o estado de alarma polo coronavirus COVID-19

O concello da Guarda ven de crear unha Comisión Municipal de Seguimento da evolución do COVID-19 formada polo alcalde, os concelleiros do grupo de goberno municipal, un representante do Grupo de Emerxencias Supramunicipal, un representante da Policía Local e a Secretaria Municipal, para coordinar as medidas que sexan necesarias seguindo a evolución do coronavirus COVID-19 e a declaración do estado de alarma.

Deste xeito adoptáronse, dende este luns día 16 de marzo, as seguintes novas medidas respecto do funcionamento do concello:

Suspéndese o servizo de atención ao público presencial nas instalacións municipais

" Prestarase servizo telemático a través da sede electrónica e correo electrónico.

" Prestarase servizo a través dos seguintes teléfonos:
• Consultas xerais en horario de 9 a 14 h 986610000
• Servizos Sociais en horario de 9 a 14 h 986614507
• Policía Local 986610025
• GES (Grupo de Emerxencias Supramuniciapal) 620890902

" Suspéndese a atención ao publico da oficina de Xestión Triburatia

" Mantense o servizo de recollida de lixo

" Mantense a atención a emerxencias en vías e obras e reparacións eléctricas.

Toda a información estará disponible de xeito actualizada na web municipal www.aguarda.es

O Concello da Guarda quere destacar que o funcionamento dos servizos de forma telemática e con teléfonos descentralizados nos domicilios dos traballadores é posible grazas a estructura de comunicacións que ten habilitada departamento de Novas Tecnoloxías, agradecendo a colaboración de todo o funcionariado e traballadores municipais para continuar prestando os servizos básicos á cidadanía.

Lémbrase asemade que están pechados os parques infantís, instalacións deportivas, culturais e de formación.

Isto parámolo se quedas na casa, gracias pola túa colaboración

Concello de A Guarda




Edições C@2000

Do Coura se fez luz. Hidroeletricidade, iluminação pública e política no Alto Minho (1906-1960)"
Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000/Afrontamento
Apoiado pela Fundação EDP


Da Monarquia à República no Concelho de Caminha
Crónica Política (1906 - 1913)

Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000


O Estado Novo e outros sonetos políticos satíricos do poeta caminhense Júlio Baptista (1882 - 1961)

Organização e estudo biográfico do autor por Paulo Torres Bento
Edição: C@2000


Rota dos Lagares de Azeite do Rio Âncora

Autor: Joaquim Vasconcelos
Edição: C@2000


Memórias da Serra d'Arga
Autor: Domingos Cerejeira
Edição: C@2000

Outras Edições Regionais