|
Xa non sabedes a que adicar o tempo libre?
Saca o investigador que levas dentro!
Dende o Concello de A Guarda e coa colaboración da Deputación de Pontevedra, levamos facendo un traballo silencioso durante os últimos anos en favor da conservación e posta en valor do noso patrimonio material e inmaterial. Chegados a este punto, creemos que é o momento idóneo de compartir os resultados con todos vos.
Hoxe fainos moita ilusión presentarvos o portal ATOPO. E diredes, que diantres é iso? ATOPO é un portal de descubrimento de recursos de información a partir das coleccións e fondos documentais, bibliográficos, cartográficos e audiovisuais do Museo de Pontevedra, do Servizo de Patrimonio Documental e Bibliográfico da Deputación, dos arquivos municipais e doutras institucións, públicas ou privadas, da provincia de Pontevedra.
Atopo é un proxecto vivo, en construción, que día tras día incorpora novos rexistros e que neste momento conta con 707.185, dos cales poderás consultar e, en moitos casos, descargar en formato PDF documentos tales como: o "Expediente de creación da parroquia de Santa Isabel de Camposancos" (1798), o "Expediente de Real cédula de Carlos II que concedeu a este Municipio privilexios sobre os tributos reais" (1669) ou fotografías antigas da Guarda que datan de 1870 en adiante e que foron cedidas por particulares, o cal non cansamos de agradecer. Polo tanto, colle asento e rebusca nun total de preto de 1.500 fotografías en relación co noso concello.
Lembra que neste metabuscador non so aparecen documentos referidos ao concello de A Guarda (s. XVII-actualidade) e que se tes algunha dúbida ou queres ter máis información podes escribir ao correo: patrimonio@aguarda.es
Link da páxina: https://atopo.depo.gal/
O Concello da Guarda incrementa a desinfección e limpeza de espazos públicos
O Concello da Guarda iniciou a pasada fin de semana unha serie de desinfeccións e limpezas extraordinarias de diferentes espazos públicos e municipais para conter e previr novos contaxios polo coronavirus COVID-19.
Neste senso o pasado sábado procedeuse ás limpezas e desinfeccións completas da Praza de Abastos Municipal, das instalacións da Policía Local, do GES, de Servizos Sociais, as instalacións do vello edificio do Concello, do Novo e dos vehículos municipais. Estes espazos serán desinfectados de xeito semanal, ao igual que os vehículos da Policía Local, do GES e os de vías e obras.
Dende a pasada madrugada unha brigada mixta, na que participan traballadores municipais, membros do GES e da Comunidade de Montes da Guarda, encárganse de desinfectar e limpar os espazos públicos exteriores de maior afluencia e os seus arredores, coma por exemplo, o Centro de Saúde, entorno de supermercados e áreas comerciais, estancos e farmacias, Praza de Abastos, así coma os contedores da recollida selectiva do lixo, entre outros.
Estas accións de desinfección e limpeza recomendada, en lugares onde a afluencia de público e a posibilidade de contaxio son elevadas, seguen un protocolo establecido con produtos virucidas autorizados de nivel TP2(Desinfección de superficies e área, uso ambiental).
Preténdese, con desinfeccións que se repetirán de xeito diario e fumigacións semanais, unha acción preventiva para eliminar a posibilidade de contaxio en espazos públicos con importante afluencia de persoas.
Isto parámolo se quedas na casa, gracias pola túa colaboración
O concello da Guarda adopta o primeiro paquete de medidas económicas por causa da alarma polo coronavirus
" O concello da Guarda adopta o primeiro paquete de medidas económicas con motivo da alarma polo virus COVID-19 para que ningún veciño da localidade teña que facer fronte a pagamentos ao concello mentres dure o estado de alarma.
" A súa vez o concello prioriza a tramitación do pago de facturas a empresas e autónomos para dotar de liquedez as mesmas.
O 14 de marzo declarouse, polo Goberno Central, o Estado de Alarma, inicialmente por 15 días, período que vai ser ampliado ata o 11de abril. Estado de Alarma que é de aplicación a todo o territorio nacional e que se decreta ante a situación de crise sanitaria ocasionada polo virus COVID-19.
Ante esta situación de emerxencia sanitaria o concello de a Guarda adoptou unha serie de medidas para afrontar a situación de crise das que se deu traslado aos diferentes grupos políticos. Estamos diante dunha situación excepcional que require de medidas excepcionais, así o Concello da Guarda adopta e fai público o primeiro paquete de medidas de carácter económico que teñen como obxectivo minimizar, na medida do posible, o impacto negativo desta crise na economía de veciños e empresas na súa relación coa administración local.
Para iso, e despois de ter analizado a situación, o concello de A Guarda adopta as seguintes medidas:
1.-Axilizar o pagamento ás empresas e subministradores do concello para trasladar liquidez aos mesmos. Este pagamento está xa preparado e estamos en condicións de proceder ao mesmo de xeito inmediato.
2.-Retrasar a data da domiciliación de diferentes taxas para despois do remate do estado de alarma.
3.-Ampliar o período de pagamento para a totalidade das taxas e impostos, pasando dun período de 2 meses a tres meses. Retrasar o inicio do imposto de vehículos, que estaba previsto para inicios do mes de abril, ata o 1 de maio.
4.-Asi mesmo o concello de A Guarda procederá á devolución aos particulares do importe correspondente a servizos que non se realizaron como por exemplo as andainas, pilates ou ximnasia senior.
5.-Respecto da escola infantil, non se pasará ao cobro o importe polo tempo que permaneza pechada a instalación. Respecto do conservatorio imos esperar ao pronunciamento das autoridades educativas que están tomando en consideración a ampliación do curso lectivo.
O concello seguirá analizando a situación e terá en consideración outras medidas que poderán ser adoptadas en función de como vaia evolucionando a crise xerada polo COVID-19. Queremos trasladar á cidadanía e as empresas guardesas que, ante a situación excepcional que estamos vivindo, a administración local ten que ser quen de adoptar medidas tamén excepcionais tendo como único horizonte a protección das empresas e dos nos@s veciños e veciñas.
Isto parámolo se quedas na casa, gracias pola túa colaboración
Reúnese na Guarda a Comisión Municipal de seguimento do COVID-19
Hoxe 23 de marzo de 2020 reuniuse no Salón de Plenos do concello da Guarda a Comisión Municipal de seguimento do COVID-19, para facer unha valoración da situación dos primeiros días da crise.
Á xuntanza asistiron todos os membros da comisión, sete deles de forma presencial e catro por videoconferencia.
O Alcalde deu conta aos asistentes das accións e xestións realizadas ata o momento. Enumerou os contactos que se mantiveron, tanto coas administracións, como coas asociacións e responsables locais, falou de como se fixo a desinfección do material de protección e dos medios que o concello ten en stock. Así mesmo enumerou os edificios e vehículos que se desinfectaron o pasado sábado e dos espazos públicos que se desinfectarán durante a semana, desinfeccións que se manterán mentres dure o estado de alarma.
Informouse tamén doutras medidas como a remaquetación da páxina web, a campaña informativa levada a cabo nos medios de comunicación e nas redes sociais en relación aos servizos no Centro de Saúde, ós Servizos Municipais e outras cuestións de interese para a cidadanía.
O Alcalde rematou a súa intervención anunciando que nos próximos días se informará sobre o primeiro paquete de medidas económicas do concello, medidas para flexibilizar as débedas coa administración e os prazos de cobro, así como a axilización do pago de facturas a proveedores.
Pola súa banda, os demais membros da comisión aportaron ideas para mellorar a eficiencia das medidas tomadas, e inclusive se propuxeron novas accións para que o concello mellore o servizo que presta a cidadáns e empresas mentres dure esta situación de confinamento pola declaración do Estado de Alarma.
Os temas nos que máis se incidiu foi a mellora do servizo de auxilio aos grupos de risco e ás novas recomendacións en relación á prevención de contaxios.
Como remate da reunión os presentes concluíron que o concello debe prestar toda a axuda posible ás empresas, asociacións, e veciños e veciñas que así o precisen, porque só xuntos seremos capaces de minimizar o impacto desta crise.
Despois da reunión, o Alcalde púxose en contacto co Servizo de Alerta Epidemiolóxica do SERGAS, onde lle foi confirmado o primeiro positivo por coronavirus covid-19 na Guarda.
Isto parámolo se quedas na casa, gracias pola túa colaboración
A Mancomunidade Intermunicipal do Baixo Miño adopta medidas de funcionamento con motivo do COVID-19
A Mancomunidade Intermunicipal do Baixo Miño ven de adoptar medidas de funcionamento con motivo do decreto do Estado de Alarma trala crise do COVID-19 mediante unha resolución da presidencia pola que se acordou, entre outras medidas, priorizar a atención telefónica e telemática nos Servizos de atención ao público e no caso de atención presencial se establecerán as quendas imprescindibles para garantir a prestación do servizo.
Estas medidas de carácter temporal afectarán a todo o persoal en función das necesidades de prestación dos servizos públicos, evitando, na medida do posible, as reunión de traballo e os desprazamentos a outras localidades, fomentando o uso da videoconferencia.
As xuntas de goberno periódicas da MIBM quedan deste xeito aprazadas, salvo aquelas que se convoquen debido á situación do estado de alarma.
Todos os cursos e actividades formativas quedan aprazadas, valorándose a súa realización por medios telemáticos, cando así sexa posible.
Nesta resolución da presidencia da MIBM tamén se acordou a suspensión da convocatoria existente para a Selección dun Conductor, quedando en vigor os trámites previos á mesma, dando por rematados os prazos de presentación de instancias.
Por último, acordouse permitir a modalidade de traballo non presencial, previa autorización da presidencia da MIBM, sempre que sexa debidamente xustificada.
´O Concello da Guarda informa sobre o DNI, o selado do paro e os certificados de empresa
Prorrógase durante un ano a validez dos DNI que caduquen a partir da declaración de alarma (14/03/2020). Por este motivo non daremos vez para a renovación do DNI ata que remate a crise.
Non será necesario renovar a damanda de emprego ata o 30 de abril. Por este motivo non haberá acceso ao punto de emprego do concello da Guarda ata o remate da crise. Asimesmo o consello de ministros tou a decisión de prorrogar as prestacións por desemprego de maneira automática mentras dure a crise sanitaria.
Todas aquelas persoas que teñen que traballar durante o estado de alarma deben levar no seu poder un certificado da empresa para facilitar o traballo á Garda Civil
O Concello da Guarda ofrece un servizo de "Auxilio aos grupos de risco" a traves dos Servizos Sociais, Protección Civil e a Policía Local. Este servizo ofrécese en colaboración con Avelaíña, Conrazones, San Vicente de Paul, Cruz Vermella e San Xerome. O obxectivo e protexer aos grupos de risco de contaxios e atender as persoas desfavorecidas.
O Concello da Guarda informa a cidadanía do seu funcionamento mentras dure o estado de alarma polo coronavirus COVID-19
O concello da Guarda ven de crear unha Comisión Municipal de Seguimento da evolución do COVID-19 formada polo alcalde, os concelleiros do grupo de goberno municipal, un representante do Grupo de Emerxencias Supramunicipal, un representante da Policía Local e a Secretaria Municipal, para coordinar as medidas que sexan necesarias seguindo a evolución do coronavirus COVID-19 e a declaración do estado de alarma.
Deste xeito adoptáronse, dende este luns día 16 de marzo, as seguintes novas medidas respecto do funcionamento do concello:
Suspéndese o servizo de atención ao público presencial nas instalacións municipais
" Prestarase servizo telemático a través da sede electrónica e correo electrónico.
" Prestarase servizo a través dos seguintes teléfonos:
• Consultas xerais en horario de 9 a 14 h 986610000
• Servizos Sociais en horario de 9 a 14 h 986614507
• Policía Local 986610025
• GES (Grupo de Emerxencias Supramuniciapal) 620890902
" Suspéndese a atención ao publico da oficina de Xestión Triburatia
" Mantense o servizo de recollida de lixo
" Mantense a atención a emerxencias en vías e obras e reparacións eléctricas.
Toda a información estará disponible de xeito actualizada na web municipal www.aguarda.es
O Concello da Guarda quere destacar que o funcionamento dos servizos de forma telemática e con teléfonos descentralizados nos domicilios dos traballadores é posible grazas a estructura de comunicacións que ten habilitada departamento de Novas Tecnoloxías, agradecendo a colaboración de todo o funcionariado e traballadores municipais para continuar prestando os servizos básicos á cidadanía.
Lémbrase asemade que están pechados os parques infantís, instalacións deportivas, culturais e de formación.
Isto parámolo se quedas na casa, gracias pola túa colaboración
|