JORNAL DIGITAL REGIONAL CAMINHA 2000 JORNAL DIGITAL REGIONAL CAMINHA 2000

O Concello de Tomiño crea unha comisión de seguemento para coordinar as accións municipais con motivo do Covid-19

As súas principais fucións serán facer seguemento das indicacións das autoridades sanitarias, dirixir as medidas pertinentes e coordinar a comunicación a nivel municipal

O Concello de Tomiño celebrou hoxe unha reunión con motivo da situación sanitaria xerada polo Coronavirus. Nesta reunión aprobouse a creación dunha comisión municipal de seguemento da situación do Covid-19, que ten como funcións facer un seguemento continuado das indicacións das autoridades sanitarias a nivel estatal e autonómico, e coordinar as accións pertinentes a nivel municipal. Así mesmo, esta comisión encargarase de coordinar a comunicación á poboación dun xeito áxil e veraz.

A comisión de seguemento estará composta polos concelleiros e concelleiras do equipo de goberno, que estarán encargados de executar as medidas nas súas áreas de competencia; representantes dos grupos da oposición; representantes dos traballadores e traballadoras e o responsable da policía local e será presidida pola alcaldesa, Sandra González.

A comisión reunirase de xeito ordinario unha vez ao día durante o tempo que dure a situación actual e de xeito extraordinario cando sexa preciso.

En aplicación das instrucións actuais das autoridades sanitarias e da administración estatal e autonómica, o Concello de Tomiño procede hoxe á cancelación de todos os eventos culturais e deportivos dos vindeiros días, entre os que cabe destacar o programa Reactívate, Medrando en Familia, Actividades extraescolares municipais, Programación de Igualdade, a Escola Municipal de Teatro, os cursos da OMIX, o Mercadillo de Goián e Tomiño, o curso para a obtención da ensinanza secundaria e a totalidade dos eventos deportivos municipais.

O Concello súmase ao chamamento á calma e á prudencia, e pide ás veciñas e veciños de Tomiño que sigan as indicacións oficiais en materia de protección e prevención.

Concello Tomiño


Autarquia de Vila Nova de Cerveira encerra/suspende equipamentos, serviços e atividades municipais não essenciais

Seguindo as orientações emanadas pelo Despacho 2836-A/2020 e as recomendações da Direção Geral da Saúde devido ao COVID-19, onde é apontada a suspensão de eventos ou iniciativas em locais públicos, a Câmara Municipal de Vila Nova de Cerveira deliberou implementar as seguintes medidas preventivas:

• encerrar temporariamente os equipamentos municipais não essenciais;

• evitar o atendimento presencial ao público pelos serviços da Câmara Municipal, dando prioridade ao atendimento telefónico;

• suspender toda a programação cultural e outras atividades municipais organizadas pelo/ou com apoio do Município.

De interesse municipal e de saúde pública, estas medidas de caráter preventivo têm efeitos a partir desta quarta-feira, dia 11 de março, vigorando até ao final do corrente mês. Serão avaliadas de acordo com o desenrolar da situação e mediante as orientações emanadas pela Direção Geral de Saúde e pelo Governo de Portugal.

Concello Tomiño


Obradoiro de Economía Familiar en Tomiño

A Asociación Érguete Baixo Miño informa que dende comezos de febreiro e ata finais do vindeiro mes de abril estase levando a cabo un Obradoiro de Economía Familiar en colaboración cos Servizos Sociais do Concello de Tomiño.

Trátase dunha actividade na que participan 10 persoas usuarias/os dos Servizos Sociais deste Concello e que se desenvolve todos os martes pola tarde na aula do CEMIT de Tomiño, en horario de 16:00 a 19:00 h, durante os meses de febreiro, marzo e abril. Entre os seus obxectivos destacan coñecer os conceptos básicos sobre as finanzas domésticas, manexar diversas ferramentas para a administración do orzamento persoal e/ou do fogar e facilitar a toma de conciencia sobre a necesidade de practicar o aforro.

Neste obradoiro potenciaranse as seguintes habilidades:
- Mellorar o control sobre a economía e a vida.
- Detectar hábitos e patróns actuais para cambialos por outros máis saudables.
- Técnicas e receitas de aforro en enerxía, alimentación, coidado persoal, tecnoloxías,..
- Fomentar o pensamento crítico, a empatía e autonomía no consumo.

Este obradoiro atópase financiado pola Consellería de Política Social, Dirección Xeral de Inclusión Social, e pola cota dos socios e socias da entidade.

Esta acción atópase dentro da carteira de servizos que a Asociación Érguete Baixo Miño ofrece de forma altruísta e dende hai algúns anos no ámbito dos Servizos Sociais e que están tendo moi boa acollida, tanto por parte dos Servizos Sociais da Comarca como por parte das persoas aos que van dirixidos.

Concello Tomiño


Tomiño rehabilita o edificio da antiga Escola Obradoiro de Goián para facelo máis sustentable

Esta obra é posible grazas a unha subvención outorgada polo IDAE (Instituto de Eficiencia Enerxética), dentro do Programa de subvencións a proxectos singulares de entidades locais que favorezan o paso a unha economía baixa en carbono

O Concello de Tomiño está levando adiante a rehabilitación enerxética da antiga Escola Obradoiro de Goián, consistente no acondicionamento e mellora da envolvente actual do edificio, renovación completa da cuberta, dunha parte da fachada, renovación da carpintería exterior e instalación dun sistema de ventilación con recuperación do calor para renovar o aire interior.

Na actualidade, o consumo enerxético do edificio é moi alto, debido a que é necesario quentar continuamente o interior para garantir una temperatura confortable. Ademais, o edificio sofre outras patoloxías relacionadas coa situación actual da envolvente térmica, coma son grandes manchas de humidade no exterior das fachadas, producidas pola inexistencia de canelóns e baixantes provocando que dita humidade penetre no interior do edificio,

Co fin de mellorar a eficiencia enerxética do edificio e reducir o gasto en calefacción, disporase un sistema de illamento térmico composto por placas e revestimento final. Deste xeito, conseguirase reducir as perdas de enerxía e resolver os problemas de humidades por condensación existentes, aportando un acabado renovado.

Tamén se procederá á substitución da carpintarías de madeira existentes por outras de PVC de cinco cámaras con vidro dobre, que aumentarán o illamento térmico da envolvente e a estanquidade ao aire.

Para aumentar a eficiencia enerxética en fachadas e cubertas, instalarase un sistema mecánico de renovación de aire interior con recuperadores de calor, que permitan garantir unha adecuada calidade e salubridade do aire interior sen apenas perdas enerxéticas.

Esta obra é posible grazas a unha subvención de 142.203,73 euros outorgada polo IDAE (Instituto de Eficiencia Enerxética), dentro do Programa de subvencións a proxectos singulares de entidades locais que favorezan o paso a unha economía baixa en carbono no marco do programa operativo FEDER de crecemento sustentable 2014-2020, Medida 1. Rehabilitación enerxética da envolvente térmica dos edificios municipais. O Concello achega ademais unha partida de 62.766,89 euros.

Para Fran Campo, concelleiro responsable da área de Promoción Económica (que visitou as obras co arquitecto encargado), esta rehabilitación do edificio era moi necesaria para garantir unhas condicións óptimas ás persoas que realizan cursos de formación impulsados polo Concello durante todo o ano.

Concello Tomiño


Aprazamento da 17ª Mostra de Cultivos

A Asociación de Cultivos do Baixo Miño (acuBam) e o Concello de Tomiño vense na obriga de aprazar a celebración da 17ª Mostra de Cultivos do Baixo Miño, unha vez constatado que a práctica totalidade dos profesionais que ían asistir ao evento esta fin de semana, que proceden de Italia, Portugal, Madrid ou Valencia, entre outros, algúns dos focos principais do Covid-19, cancelaron a súa asistencia por este motivo.

Trátase dunha decisión tomada no marco do protocolo de prevención e contención de contaxios por coronavirus. Tamén recolle as inquedanzas das compañías que manteñen relacións comerciais coas empresas do Baixo Miño e que cada ano visitan a Mostra, que recomendaban a cancelación de toda viaxe de carácter profesional.

Este aprazamento prodúcese sine die. Daranse a coñecer a novas datas de celebración da 17ª Mostra de Cultivos cando a situación sanitaria se regularice.

Concello Tomiño




Edições C@2000

Do Coura se fez luz. Hidroeletricidade, iluminação pública e política no Alto Minho (1906-1960)"
Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000/Afrontamento
Apoiado pela Fundação EDP


Da Monarquia à República no Concelho de Caminha
Crónica Política (1906 - 1913)

Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000


O Estado Novo e outros sonetos políticos satíricos do poeta caminhense Júlio Baptista (1882 - 1961)

Organização e estudo biográfico do autor por Paulo Torres Bento
Edição: C@2000


Rota dos Lagares de Azeite do Rio Âncora

Autor: Joaquim Vasconcelos
Edição: C@2000


Memórias da Serra d'Arga
Autor: Domingos Cerejeira
Edição: C@2000

Outras Edições Regionais