Apesar de ter recomeçado a navegar a partir do dia 10, depois de ter estado imobilizado mais de um mês devido a uma avaria grave, o Ferry Boat Santa Rita de Cássia encontra-se novamente imobilizado devido ao Corona Vírus, segundo nos deu conhecimento o Município de A Guarda: "O Concello da Guarda ven de anunciar a suspensión do servizo do transbordador Ferry-Boat entre as localidades da Guarda e Caminha, como medida de prevención fronte ao coronavirus COVID-19"
Novas medidas adoptadas en prevención fronte ao coronavirus COVID-19 na Guarda
" A evolución do COVID-19 nos últimos días ten como consecuencia a adopción de novas medidas de contención extraordinarias.
Responsables municipais están facendo un seguimento en tempo real en base ás recomendacións do Estado, da Deputación de Pontevedra e da Xunta de Galicia, para establecer os protocolos a seguir ante a evolución do coronavirus COVID-19.
Novas medidas:
" Peche dos parques infantís.
" Peche do Albergue Municipal.
" Prohibición do acceso aos espazos deportivos ao aire libre: pista de skate, petanca, etc.
" Peche do Punto Limpo Municipal.
" O Concello da Guarda enviará aos seus domicilios a todos os traballadores que formen parte dos grupos de risco ou teñan familiares nos grupos de risco.
Así mesmo, o Concello, despois de ser informados polos párrocos da localidade, traslada que non se van a celebrar funerais, nalgunha parroquia se celebrarán misas con aforos limitados e se dispensa aos feligreses da obrigatoriedade de asistir aos oficios relixiosos.
O Concello seguirá prestando os servizos básicos á cidadanía e faise un chamamento á comprensión por parte de todos os guardeses e guardesas para facilitar a xestión desta crise.
As medidas adoptadas estarán vixentes ata próxima comunicación en función da evolución do COVID-19.
Nova oferta formativa: Curso de Lingua de signos II na Guarda a través da OMIX
A OMIX do Concello da Guarda, dentro das accións formativas para o ano 2020, organiza un curso de lingua de signos cunha duración total de 30 horas.
O curso de lingua de signos impartirase a partir de abril, os luns e xoves de 19:00 a 21:30 cunha duración de 30 horas, a cota por participante será de 20 euros. Este ano e tal e como indica o título o curso será a continuación aos cursos de iniciación que se teñen realizado en anos anteriores polo que recomendamos que a esta actividade se inscriban persoas con algunha formación aínda que sexa básica en lingua de signos.
Toda a información e inscricións poderase atopar na OMIX, a través do teléfono 986610000, no mail informacion@aguarda.es ou no perfil de FACEBOOK de OMIX A Guarda.
O Concello da Guarda suspende o mercadillo semanal dos sábados
Entre as medidas de prevención fronte ao coronavirus COVID-19 adoptadas polo Concello da Guarda en canto ós servizos e actividades acordouse a suspensión do mercadillo semanal dos sábados.
Esta medida estará vixente dende hoxe venres día 13 de marzo ata próxima comunicación en función da evolución do COVID-19, polo cal o mercadillo semanal queda suspendido dende este sábado, inclusive.
O Concello da Guarda adopta medidas de prevención fronte ao coronavirus COVID-19
" A evolución do COVID-19 nos últimos días ten como consecuencia a adopción de medidas de contención extraordinarias.
Responsables municipais están facendo un seguimento en tempo real en base ás recomendacións do Estado, da Deputación de Pontevedra e da Xunta de Galicia, para establecer os protocolos a seguir ante a evolución do coronavirus COVID-19.
O Concello da Guarda vai a priorizar nos servizos de atención ao público municipais a atención de xeito telefónica e telemática, limitando na medida do posible a atención presencial e garantindo a prestación dos diferentes servizos.
Medidas adoptadas en relación aos espazos municipais e atención ao público:
" Inclusión de monográficos sobre unha axeitada técnica de hixiene das mans e informacións de interese para evitar posibles infeccións nos espazos municipais que permanezan abertos.
" Recomendación aos traballadores municipais de extremar as medidas de hixiene.
" Indicación aos servizos de limpeza a extremar a hixiene dos dos espazos municipais que permanezan abertos.
" Limitar a presenza de traballadores favorecendo o teletraballo.
" Na web municipal habilitouse un apartado específico para incorporar todas as recomendacións e informacións de interese de xeito que se dispoña dunha información actualizada.
Medidas adoptadas en canto ós servizos e actividades:
" Peche da Rede de Museos Municipal: Museo MASAT do Monte Santa Trega, Museo do Mar e Centro de Interpretación do Castelo de Santa Cruz.
" Peche dos centros sociocomunitarios, do Conservatorio Municipal, do Centro Cultural, do Campo de Fútbol da Sangriña, da Piscina Municipal e do Pavillón Municipal.
" Suspensión de todas as actividades culturais, deportivas e, en definitiva, todas aquelas xuntanzas e reunións que non sexan estrictamente necesarias.
" Suspendense tamén todas as accións formativas e cursos previstos nas vindeiras datas, así coma os procesos selectivos.
" Suspensión do servizo da Escola Infantil Municipal.
" Suspensión do mercadillo semanal dos sábados.
Recomendacións:
" Recomendación a todos os colectivos sociais, deportivos e culturais a evitar a realización de actividades públicas e o peche dos seus locais.
" Recomendación a toda a cidadanía de evitar a asistencia aos espazos privados e públicos onde exista concentración de persoas (parques, etc.).
As medidas adoptadas estarán vixentes dende o venres día 13 de marzo ata próxima comunicación en función da evolución do COVID-19. A única execpción é o servizo da Escola Infantil Municipal que permanecerá pechadá a partir do luns día 16 para dar tempo as familias a organizarse.
O BNG delega no alcalde as competencias para evitar que se
perda outra subvención de 735.000 euros
O pasado 25 de setembro foille concedida ao Concello da Guarda unha subvención para a renovación do alumeado público do concello. Esta subvención permitirá a substitución das vellas bombillas por luminarias LED, moito máis eficientes e que implican un aforro enerxético considerábel e polo tanto un aforro económico moi importante para todas e todos os guardeses.
O goberno do PSOE, despois de virlle concedida a subvención, tardou dous meses e medio en iniciar os trámites que lle permiten poder acollerse a ela. A consecuencia deste retraso na elaboración do proxecto que ten que presentar agora o Concello é que, si o pleno non delega agora no alcalde o inicio do proceso, perderíase a subvención de 735.000 euros, pola irresponsabilidade do alcalde por non presentala dentro dos prazos marcados.
O portavoz municipal do BNG, Anxo Baz, afirmou que "dende o BNG imos facer o posíbel para que o Concello da Guarda chegue a tempo para iniciar os tramites desta subvención, aínda que teñamos que renunciar as nosas competencias. Non podemos permitir que a A Guarda se quede fóra dunha medida que aforraría as arcas municipais máis de 53.000 euros anuais no alumeado público e mellorar a calidade do alumeado que necesita a veciñanza pola irresponsabilidade do alcalde e goberno municipal do PSOE".
O concelleiro nacionalista, Xosé Manuel Méndez, delegado para intervir neste asunto no pleno manifestou que "o alcalde, en lugar de estar a traballar para non perder a subvención e ter encargado o proxecto, andaba máis preocupado en evitar que o BNG resolvese os problemas da veciñanza da Guarda e a xogar, de noite, cambiando sinais e entorpecendo o traballo do BNG."
A Guarda aforrará un 30% do consumo no alumeado público
" O Pleno da Guarda aproba por unanimidade o proxecto para a renovación do alumeado público para acceder a unha subvención do IDAE
Na sesión extraordinaria do Pleno celebrada na xornada deste martes día 10 de marzo de 2020 aprobouse por unanimidade o proxecto para a renovación do alumeado público do Concello da Guarda, un proxecto para o modernizar ás instalacións iluminación e sinalización exterior por importe de 862.497,91 euros (IVE engadido).
Esta actuación, que permitirá que a totalidade da vila estea alumeada con dispositivos LED de baixo consumo, é posible gracias as xestións do equipo de goberno, que conseguiu acceder a unha subvención do "Instituto para la Diversificación y Ahorro de la Energía" (IDAE) para proxectos singulares de entidades locais que favorezan o paso a unha economía baixa en carbono. A axuda europea procede do programa operativo FEDER de crecemento sostible 2014-2020.
Do total do custe do proxecto un 80%, será aportado polo IDAE e o 20% restante polo Concello da Guarda.
Coa aprobación plenaria de hoxe iniciase un procedemento aberto para a contratación administrativa destas obras que suporán reducir o consumo do alumeado público na Guarda en, alomenos, un 30%, e que permitirá regular os niveis de iluminación segundo diferentes horarios nocturnos e tipos de vías, axustándose ás necesidades dos cidadáns.
Esta actuación representa un beneficio tanto dende punto de vista do aforro económico como medioambiental, gracias a redución no consumo enerxético que representa. O equipo de goberno guardés manifesta así a súa aposta polo aforro enerxético e a súa implicación e responsabilidade en medidas orientadas a frear o cambio climático.
Este proxecto compleméntase con outro subvencionado a través da Deputación de Pontevedra, valorado en 100.000 €, que contempla o cambio de luminarias a LED en diversas rúas da Guarda, no Monte Santa Trega e no Castelo de Santa Cruz.
|