JORNAL DIGITAL REGIONAL CAMINHA 2000 JORNAL DIGITAL REGIONAL CAMINHA 2000

Tui celebra o Día Internacional da Muller cunha ampla programación co lema "Somos e seremos Inmarcescible"

A programación reclama a visibilidade das mulleres en todos os ámbitos e reivindica unha igualdade real e efectiva

Tui ten en marcha unha programación baixo o lema "Somos e seremos Inmarcescibles" para conmemorar en Tui o Día Internacional da Muller.

Esta mediodía tivo lugar a presentación por parte do alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, a concelleira de Igualdade, Ana Mª Núñez, o concelleiro de Servizos Sociais, Ismael Diz, xunto á concelleira de Ensino e Cultura, Sonsoles Vicente, e a traballadora social, Carmen González.

O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, destacou na súa intervención que é a primeira vez na historia deste concello que se realiza "un programa tan extenso e responsable entorno ao 8 de marzo". Ao tempo fixo referencia ao "compromiso inequívoco" do goberno municipal coa creación da Concellería de Igualdade e co traballo que se ven desenvolvemento dende este departamento.

A concelleira de Igualdade, Ana Mª Núñez, explicou os obxectivos da programación organizada é "por o foco nas mulleres, na súa formación, no seu autocoñecemento… pero tamén está dirixido á participación cidadá con acto reivindicativos e colaborativos cos centros educativos". E con respecto ao lema da campaña "Somos e seremos Inmarcescibles" facía fincapé no gran significado e poder la palabra "inmarcescibles", coa que se quere reclamar a visibilidade das mulleres en todos os ámbitos nos que temos presenza porque é precisamente a nosa forza a que cada 8 de marzo nos saca á rúa para reivindicar unha igualdade real e efectiva, e é a intensidade coa que traballamos o resto do ano para conseguir acabar con calquera signo de discriminación cara á muller".

O concelleiro de Servizos Sociais, Ismael Diz, manifestou que estas actividades serven para visibilizar a muller e educar en igualdade para lograr sociedades máis xustas e iguais.

O 6 de marzo, ás 12h na praza do Concello terá lugar o acto institucional no que intervirán o alcalde, Enrique Cabaleiro, a concelleira de Igualdade, Ana Mª Núñez, e no que a tudense Andrea Gonzalez, unha das Top 100 Mulleres Líderes en España, dará lectura a un manifesto, e lectura duns poemas por parte Emilia Rosende. Amais terá lugar a presentación das "Mulleres Senlleiras de Tui 2020", un proxecto para dar visibilidade a mulleres anónimas que se realiza en colaboración cos centros educativos tudenses. Precisamente estas mulleres serán logo retratadas pola artistas Gemma Marqués, e as obras conformarán unha exposición que se abrirá o 27 deste mes.

Este sábado, 7 de marzo, a proposta é dobre. Ás 20 h na Sala Félix Rodríguez, na Área Panorámica, Baia Fernández de la Torre, artista, poeta e terapeuta da risa, ofrecerá o monólogo "En que pensan as mulleres". E ás 22 h celebrarase unha Cea Homenaxe ás Mulleres no Parador de Turismo, organizada por mulleres de Tui na que colabora o Concello de Tui.

O domingo, 8 de marzo, Día Internacional da Muller, ás 12 h celebrarase unha concentración na Praza da Inmaculada. A continuación o Club de Lectura do IES San Paio levará a cabo unha lectura de poemas, e continuación Xoana presentando o seu traballo musical "Dardos".

Ás actividades continuarán a próxima semana, o luns ás 19 h co obradoiro "Mulleres fronte ao espello" impartido pola coach Hérika Míguez e o martes ás 10 h cun almorzo informativo sobre o Pacto de Estado no que intervirá Laura Seara, avogada e exsecretaria de Estado de Igualdade. Trátase dun evento dirixido a empresas, profesionais, centros educativos, administracións, e público en xeral. Ambas citas serán na Sala Xacobeo da Área Panorámica. Xa o venres, 13 de marzo, ás 19 h no Espazo Xove na rúa Sanz terá lugar o taller ioga e meditación "Equilibrio mente e corpo" a cargo de Vanesa Rodríguez Martínez. Nestas tres actividades é recomendable inscrición previa en igualdade@tui.gal ou no 986 60 36 25 ext 54.

As mullleres creadoras serán as protagonistas o sábado, 21 de marzo, ao longo da mañá na actividade "Ao vivo. Elas crean", que se desenvolverá na Praza de Abastos, co obxectivo de darlle visibilidade as súas obras.

Amais a concellería de Igualdade promove o I Encontro Lider-A "Mulleres inspiradoras" a celebrar o mércores, 25 de marzo, de 9.30 h a 14 h na Aula da Uned no antigo convento de San Domingos. A derradeira actividade de "Somos e seremos Inmarcescibles" está prevista para o sábado, 28 de marzo, de 10 a 14 h na Aula da UNED cunha xornada de xénero centrada na igualdade e corresponsabilidade familiar dirixida a pais, nais, menores e adolescentes a cargo dun equipo de profesionais dirixido pola psicóloga Randall Hernández.

A programación comezou este luns coa apertura da mostra "Rompe. Xoga en Igualdade" na Sala Municipal da Área Panorámica, e o martes celebrouse a presentación do club lectura feminista "Tempo de Mulleres" que será dinamizado pola escritora María Xosé Queizán.

Amais técnicas de Servizos Sociais están a impartir nos centros educativos obradoiros de coeducación, e na biblioteca municipal expóñense distintos libros coa muller coma protagonista. A imaxe da campaña está presente nas lonas colocadas nas fachadas da casa do concello e da Área Panorámica. E se iluminará en morado a fachada da casa do concello e a fonte situada na praza da Inmaculada.

Concello Tui


Talía Teatro presenta este sábado no Teatro Municipal de Tui "Vida de cans"

A cita será ás 20.30 h. Esta comedia está escrita e dirixida por Cándido Pazo

Unha comedia absurda e metafórica é a que chega este sábado ao Teatro Municipal de Tui con Talía Teatro. A cita será ás 20.30 h coa representación de "Vida de Cans".

A obra está escrita e dirixida por Cándido Pazó e interpretada por Toño Casais, Dani Trillo, Artur Trillo. Ao longo de 75 minutos reflexiona sobre a liberdade e como a encara cada quen. Tres actores, tres cans, afrontan a vida nun recinto pechado ou a busca da liberdade en función da súa personalidade.

As entradas está á venda en www.culturatui.info antes até o sábado 7 ás 12 h, e o mesmo sábado dende ás 19 h no despacho de billetes aos prezos 6€ e 5€.

Concello Tui


Unha véntena de locais participan no II Concurso Tui&Tapa neste mes de marzo

Haberá catro rutas, Lume, Ceo, Río e Terra. Haberá tapas tradicionais e creativas

Unha véntena de establecementos de restauración de Tui participan neste mes de marzo no II Concurso Tui&Tapa. Trátase dunha iniciativa da Asociación Cultural Arraianos que conta coa colaboración do Concello de Tui a través das concellerías de Comercio e Turismo.

Na presentación deste mediodía a concelleira Ana Mª Núñez destacou a importancia deste evento porque crea "marca" no municipio, atrae visitantes e dinamiza a cidade. Mentres o concelleiro Ismael Diz, resaltou o interese da iniciativa e desexou que supere o éxito acadado xa na primeira edición.

Andrea Costa, presidenta de Arraianos, explicou o funcionamento deste concurso de tapas que se celebrará os venres e sábado dende esta fin de semana e até finais de mes.

Establécense catro rutas con cinco locais en cada unha delas. A Ruta Lume na que participan Tapería Remesal, Restaurante Casa Pote, El Pilar Café-Bar, El Molino, e La Gran Manzana. A Ruta Río está formada por O Peto das Ánimas, o Café Bar El Pórtico, Santiamén, La de Manu, e Tapería Época. Mentres Tapas e Viño, Gastro Taberna Santiamén, Tapería O Albergue, O Vello Cabalo Furado e Ideas Peregrinas integran a Ruta Terra. Por último na Ruta Ceo están o Asador Pizzería La de Jose Luís, La Oruguita, Amazonas, Café Bar Entrehoras e Puro Sabor.

Os venres e sábados poderanse degustar un total de 22 tapas coma "Crocante da Raia", "Primavera de aguacate", "Lulas flores", "A Granxa de Teo" ou Empanadilla de lacón con grelos e queixo de Arzúa. Hai dúas modalidades unha tapa tradicional, que terá un prezo de 2€, e unha tapa creativa cuxo prezo será 3.

Cómpre consultar no folleto do concurso os horarios e datas nas que se servirán as tapas en cada local. Algunhas das tapas ofertas son aptas para celíacos, outras vexetarianas e veganas, estando identificadas no folleto do concurso.

As persoas que degusten as tapas poderán puntualas nas papeletas que estarán dispoñibles en cada local, e isto lles dará a opción a entrar no sorteo dos catro premios establecidos: Unha noite en Aloia Nature, unha cea para dúas persoas en Santiamén, un circuíto de spa para dúas persoas, e a visita a unha adega e cata de viño tamén para dúas persoas.

Concello Tui



Edições C@2000

Do Coura se fez luz. Hidroeletricidade, iluminação pública e política no Alto Minho (1906-1960)"
Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000/Afrontamento
Apoiado pela Fundação EDP


Da Monarquia à República no Concelho de Caminha
Crónica Política (1906 - 1913)

Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000


O Estado Novo e outros sonetos políticos satíricos do poeta caminhense Júlio Baptista (1882 - 1961)

Organização e estudo biográfico do autor por Paulo Torres Bento
Edição: C@2000


Rota dos Lagares de Azeite do Rio Âncora

Autor: Joaquim Vasconcelos
Edição: C@2000


Memórias da Serra d'Arga
Autor: Domingos Cerejeira
Edição: C@2000

Outras Edições Regionais