JORNAL DIGITAL REGIONAL CAMINHA 2000 JORNAL DIGITAL REGIONAL CAMINHA 2000

Goián acolle este sábado a 17ª edición do seu festival "Taíña"

O FESTIVAL TAÍÑA de Goián chega á súa 17ª edición. Este SÁBADO, 22 DE FEBREIRO. Sobre o escenario estarán cinco grupos fora de serie e ademais haberá afterparty. Estas son as actuacións e as horas das mesmas:

- Kiwi Roots _ 23:30h (música Reggae. Baixo Miño)
- Liska! _ 00:30h (música Ska. Vigo)
- Jolof Warrior & TGHB _ 02:00h (música Reggae. Barcelona)
- Boyanka Kostova _ 3:00h (música Rural Trap. Santiago de Compostela)
- Sapoconcho Sem Poncho _ 04:00h ata remate da festa. (música Balkian e cumbia. Baixo Miño)

Todo no torreiro de festas, debaixo dunha gran carpa. Acceso libre!

A Asociación Taíña traballa todo o ano para poder ofrecer un festival gratuito con grupos vanguardistas de música alternativa de moito nivel, organizando distintas actividades para recadar fondos.

Concello Tomiño


Tomiño regula a situación do mercado ambulante dos mércores

Esta mañá abriuse o prazo para optar a cinco postos vacantes, tres do ramo téxtil e dous de alimentación

O mercado ambulante que se celebra todos os mércores en varias rúas do núcleo urbano do Seixo (Tomiño), está a partir de agora legalmente regulado, despois de que se aprobaran as ordenanzas correspondentes e se realizaran os procedementos respectivos.

Na actualidade, dos 64 postos que había antes de estas datas, foron adxudicados 42 postos do ramo téxtil (27) e de alimentación (15), dos cales cinco están vacantes, polo que o Concello vén de abrir hoxe o prazo de presentación de solicitudes, que permanecerá aberto até o 4 de marzo, no Rexistro Xeral, co fin de poder adxudicalos (dous deles son para alimentación, plantas, semillas, e tres para venta de roupa, calzado ou complementos).

Tamén é nova a situación do mercado, xa que as obras de humanización que se están levando a cabo no núcleo urbano, obrigaron a desprazalo da rúa A Guarda e Praza do Seixo á rúa Colón e Daniel Calzado.

Na páxina web municipal (https://tomino.gal/bases-reguladoras-para-a-adxudicacion-mediante-sorteo-publico-de-autorizacions-para-instalar-novos-postos-de-venda-ambulante/) pode consultarse o texto completo das bases e tamén os modelos de solicitude e de declaración de responsabilidade; a autorización para un representante no procedemento e no sorteo (que se celebrará o 18 de marzo), e o plano do mercadiño do Seixo.

O oficial xefe da Policía Local, José Ramón Álvarez Riveiro, explica que tras todo o proceso de regularización do mercado ambulante, a policía levará a cabo un control moito máis exhaustivo dos postos, para confirmar de que se cumpre a normativa. En caso de que se descubra algunha irregularidade nas licencias, estar ao corrente do pago, etc., as infraccións irán dende o apercibimento até a cancelación da licencia, pasando pola suspensión temporal de venda, etc.

Concello Tomiño




Edições C@2000

Do Coura se fez luz. Hidroeletricidade, iluminação pública e política no Alto Minho (1906-1960)"
Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000/Afrontamento
Apoiado pela Fundação EDP


Da Monarquia à República no Concelho de Caminha
Crónica Política (1906 - 1913)

Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000


O Estado Novo e outros sonetos políticos satíricos do poeta caminhense Júlio Baptista (1882 - 1961)

Organização e estudo biográfico do autor por Paulo Torres Bento
Edição: C@2000


Rota dos Lagares de Azeite do Rio Âncora

Autor: Joaquim Vasconcelos
Edição: C@2000


Memórias da Serra d'Arga
Autor: Domingos Cerejeira
Edição: C@2000

Outras Edições Regionais