JORNAL DIGITAL REGIONAL CAMINHA 2000 JORNAL DIGITAL REGIONAL CAMINHA 2000

Convocado o concurso para elixir o cartel anunciador das Festas de San Telmo 2020

Establécese un único premio dotado con 700€. Os traballos poden enviarse até o 29 de febreiro

O Concello de Tui vén de convocar o concurso para elixir o cartel anunciador das Festas de San Telmo 2020, que se van celebrar do 11 ao 20 de abril.

A convocatoria está aberta a artistas plásticos, creadores ou persoas interesadas que terán de prazo até o 29 deste mes de febreiro, ás 14 h, para presentar un máximo de tres obras orixinais e inéditas. Nas mesmas deberá figurar "FESTAS DE SAN TELMO , TUI, DE 11 A 20 DE ABRIL DE 2020. Festas declaradas de interese turístico galego". Amais figurará o escudo oficial da cidade de Tui, xunto ao nome da entidade, Excmo. Concello de Tui.

O xurado terá en conta na súa valoración que "o cartel identifique na súa expresión gráfica á cidade e as festas de San Telmo" reflectindo os valores que se expresan para as Festas de San Telmo, centrados principalmente na devoción a San Telmo, a participación popular, a tradición secular, a accesibilidade universal á festa e á cultura, a igualdade e a proxección exterior da cidade. Así nas bases do concurso recóllese que "estes obxectivos plasmaranse na composición dos traballos, reflectindo un espírito festivo con marcada orientación publicitaria e artística e de promoción, tanto das festas anunciadas como da propia cidade de Tui".

O carteis, cun tamaño de 50 x 70 centímetros, poderán realizarse en técnica e cores libres, pero deberase ter en conta que a impresión do gañador realizarase en cuatricromía. O cartel presentarase baixo lema no Rexistro da casa do concello ou na Biblioteca Pública Municipal. Achegarase en formato dixital, xunto coa documentación requirida, e impreso sobre un bastidor ríxido de cartón pluma sen molduras ou cristal.

Establecese un único premio de 700 € e diploma.

Con todos os carteis presentados a concurso e que cumpran o establecido nas bases do mesmo realizarase unha exposición.

As bases completas deste concurso pódense consultar na web municipal.

Concello Tui


A Eurocidade Tui-Valença debaterá o luns o seu futuro nunha sesión plenaria histórica entre as corporacións municipais de dous países

Celebrarase na cámara de Valença con motivo do oitavo aniversario da constitución da unión entre os dous municipios

A corporación municipal de Tui e a Assembleia Municipal de Valença celebrarán o próximo luns, ás 21 hora española, no auditorio da Cámara Municipal de Valença, unha sesión plenaria histórica con motivo do oitavo aniversario da constitución da Eurocidade entre os dous municipios.

Será a primeira vez que as corporacións municipais de dous municipios de dous países se celebren unha reunión conxunta para abordar o seu futuro. Dende Tui e Valença fíxase unha periodicidade anual para estas sesións, con carácter rotatorio de tal xeito que cada ano será acollida por un dos municipios, e se rexerá pola normativa aplicada no país onde ten lugar.

A asemblea do próximo luns será presidida conxuntamente por Alberto Luís Oliveira Vilas, presidente da Assembleia Municipal de Valença e por Enrique Cabaleiro González, alcalde de Tui. Tres son os puntos que figuran na orde do día: proposta de intercambio das bandeiras, proxecto Unicidade e desafíos da Eurocidade.

En concreto no punto primeiro a proposta que se someterá a debate e aprobación é que as bandeiras dos dous municipios sexan colocadas conxuntamente nos actos municipais que se celebren en cada concello. Deste xeito, de seren aprobado, en Tui lucirá xunta a bandeira tudense a de Valença, e en Valença xunto á bandeira valenciana será colocada a de Tui.

No segundo punto abordarase o proxecto Unicidade, financiado polo Interreg V España - Portugal 2014-2020 (POCTEP), do que son beneficiarios os dous municipios. Entre os seus obxectivos está a creación dunha web da Eurocidade onde se recolla información relevante para os habitantes deste territorio; dinamizar unha axenda estratéxica da Eurocidade para o período 2019-2021, e elaborar un estudo do futuro da Eurocidade 2030. Con estas accións perséguese construír unha Eurocidade coma espazo singular de convivencia e exemplo de cooperación na Península Ibérica e en Europa.

Xa no punto terceiro abordarase o futuro da Eurocidade no horizonte temporal do ano 2030.

O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, sinala que "é a primeira vez en Europa que se xuntan dúas corporacións de países distintos para levar a cabo un pleno de carácter institucional e simbólico". O rexedor tudense apuntaba que "con este acto pretendese enviar tamén unha mensaxe do importante que foi e que é a construción europea" facendo fincapé nas excelentes relacións entre Tui e Valença.

O convenio de Cooperación para a Creación da Eurocidade Tui-Valença foi asinado o 10 de febreiro de 2012.

Concello Tui


Once persoas participan no curso de Deshabituación Tabáquica organizado polo Concello de Tui e a AECC

Once persoas participan no curso de Deshabituación Tabáquica organizado polo Concello de Tui e impartido pola Asociación Española contra o Cancro.

Dende o ano 2010, con carácter anual, o Concello de Tui, a través do Departamento de Prevención de Drogodependencias leva a cabo este programa de axuda específica e personalizada para facer fronte ao complexo proceso de abandono o tabaco. Ao longo das sete sesións previstas os e as participantes reciben apoio técnico, consellos, compañía e recompensas. En anos anteriores o 70% dos participantes deixaron de fumar.

O pasado día 24, cando se celebrou a primeira sesión coa terapeuta , achegouse até a Área Panorámica, o concelleiro de Servizos Sociais, Ismael Diz, para dar á benvida ás persoas participantes nesta acción.

Concello Tui


O Concello de Tui entregou a SOS Tomiño Baixo Miño 1.600 alimentos froito das doazón realizadas a cambio do calendario da Eurocidade

O Concello de Tui fixo entrega nos últimos días a SOS Tomiño Baixo Miño de 1.605 unidades de alimentos recollidas a través do calendario solidario da Eurocidade Tui-Valença. Dende o pasado mes de decembro na casa do concello téñense recollido as doazón dos veciños e veciñas a cambio dun calendario de 2020 da Eurocidade ilustrado coas portas de Tui e Valença pintadas pola artista tudense Rosa María Vila.

O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, e o concelleiro de Servizos Sociais, Ismael Diz, achegáronse até o almacén de SOS Tomiño Baixo Miño, para facer entrega destes alimentos, e ao tempo coñecer estas instalacións. Tanto o alcalde coma o concelleiro agradeceron aos membros de SOS Tomiño Baixo Miño o labor asistencial que realizan. Como dato o pasado mes de xaneiro axudaron a 129 familias, das que 74 eran de Tui.

Dende o Concello de Tui quérese agradecer tamén a colaboración da veciñanza coas súas aportacións a través do calendario solidario, unha iniciativa na que colaboraron as concellerías de Cultura e Servizos Sociais.

Na casa do concello hai aínda existencias do calendario da Eurocidade polo que as persoas interesadas poden obter un exemplar a cambio dun quilo de alimentos no departamento da alcaldía.

Concello Tui


Comeza a campaña "Tui é un amor. Namoráte de Tui" que busca a promoción da cidade e do comercio local

Un banco do amor e outros cinco elementos serán instalados na cidade, e 600 corazóns, parte deles con poemas de amor, decorarán os escaparates do comercio local

"Tui é un amor. Namórate de Tui" é o lema da campaña que hoxe mesmo se pon en marcha en Tui co gallo do Día dos Namorados. Trátase dunha iniciativa conxunta das concellerías de Comercio e de Turismo do Concello de Tui que conta coa colaboración do comercio local. O obxectivo é fomentar as compras no comercio local con motivo da celebración do Día dos Namorados.

A campaña foi presentada este mediodía na casa do concello polo alcalde, Enrique Cabaleiro, xunto á concelleira de Comercio, Ana Mª Núñez, e o concelleiro de Turismo, Laureano Alonso.

A campaña terá dous eixos, por unha banda a colocación de 600 corazóns nos escaparates do comercio local dos que 300 recolleran outros tantos poemas de autores galegos coma Rosalia de Castro, Álvaro Cunqueiro, Celso Emilio Ferreiro, Uxio Novoneira, Marga do Val ou Emilio Alvarez Blazquez, xunto a 150 corazóns co lema da campaña "Tui é un amor. Namórate de Tui" e outros 150 serán un corazón branco sobre fondo vermello. O outro eixo será a instalación de seis elementos decorativos, que están a ser realizados por persoal municipal con material reciclado, nos que destaca o Banco do Amor, e palabras coma "Amor" ou "Love" nas que poder fotografarse. Estarán instalados nas prazas de San Fernando e a Inmaculada, e as rúas Ourense e Compostela.

Na presentación desta mañá o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, sinalou que "o lema da campaña Tui é un amor. Namórate de Tui, vai facer historia neste concello, porque nada máis literal para expresar o que é este concello e o que transmite aos que vivimos aquí e aos que nos visitan, que marchan namorados da cidade". Unha campaña que conxuga a nosa cultura, que pon en valor aos autores galegos e que aposta pola economía circular nos elementos decorativos que van ser instalados.

A concelleira de Comercio, Ana Mª Núñez, explicou que a imaxe da campaña no comercio local será "un espectáculo de arte e cultura que causará nos viandantes unha sensación visual e emocional". Avanzou que para a campaña recuperarase a xaula que estaba situada nos xardíns de Troncoso.

O concelleiro de Turismo, Laureano Alonso, destacou a transversalidade da campaña na que colaboran dous departamentos buscando a promoción da cidade e do comercio local. Desexou que o resultado sexa "exponencial". Afirmaba que deste xeito realízase unha campaña en positivo na que se pon en valor o amor e os recursos locais.

Premio para os fotografías con máis Me Gusta en redes sociais

As persoas que realicen fotografías nos seis elementos decorativos, que ao longo dos próximos días serán instalados nas rúas tudenses, e as etiqueten nas redes sociais cos hastag #Tuiéunamor e #NamóratedeTui poderán optar a tres premios. Así o autor ou autora da imaxe con máis Me Gusta levará unha estancia de fin de semana nun aloxamento tudense; os segundo poderán gozar dunha cea romántica nun restaurante de Tui; e o terceiro, un estoxo de viño de produtores locais.

Concello Tui



Edições C@2000

Do Coura se fez luz. Hidroeletricidade, iluminação pública e política no Alto Minho (1906-1960)"
Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000/Afrontamento
Apoiado pela Fundação EDP


Da Monarquia à República no Concelho de Caminha
Crónica Política (1906 - 1913)

Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000


O Estado Novo e outros sonetos políticos satíricos do poeta caminhense Júlio Baptista (1882 - 1961)

Organização e estudo biográfico do autor por Paulo Torres Bento
Edição: C@2000


Rota dos Lagares de Azeite do Rio Âncora

Autor: Joaquim Vasconcelos
Edição: C@2000


Memórias da Serra d'Arga
Autor: Domingos Cerejeira
Edição: C@2000

Outras Edições Regionais