JORNAL DIGITAL REGIONAL CAMINHA 2000 JORNAL DIGITAL REGIONAL CAMINHA 2000

Tomiño recupera as súas rúas coma espazo de lecer e encontro

A actuación supón un investimento de 670.000 euros e conta cunha subvención da Deputación Provincial de 500.000

O Concello de Tomiño da un paso máis no proceso de transformación e recuperación do espazo público para as persoas no núcleo urbano do Seixo.

O proxecto do Concello de Tomiño "Mellora da mobilidade e seguranza viaria na contorna dos equipamentos públicos da Praza do Seixo", cun investimento total de 670.000 euros, vai comezar este luns, 10 de febreiro, e prevese que estea rematado a finais do mes de xuño.

A iniciativa pretende aproveitar a mudanza na mobilidade de vehículos que supón a nova avenida que rodea o núcleo urbano, recentemente aberta, e que vai propiciar a eliminación de tráfico de paso, un 90% dos vehículos que antes pasaban polo centro da vila.

Así, o proxecto contempla a peonalización e ampliación da praza do Seixo, ata os tramos da rúa A Guarda e rúa República Arxentina, e ata o entronque coa nova avenida, reformando todos os servizos urbanos e mellorando o espazo público cun deseño semellante ao da Praza do Seixo.

A rúa A Guarda pasará a ter un deseño máis estancial e comercial, creando espazos de encontro e áreas con bancos, vexetación e iluminación con catenarias. A rúa República Arxentina, pola súa banda, configurarase como unha alameda de entrada á Praza do Seixo, desde a rotonda de entronque da nova avenida, que pasará a ser o principal punto de referencia e entrada de Tomiño. Nos dous casos colocarase iluminación de alta eficiencia enerxética e renovaranse todos os servizos (auga, saneamento, pluviais, canalizacións, etc.).

Para poder dar máis servizo aos veciños e veciñas, o Concello vén de ampliar un segundo aparcadoiro público gratuíto, duplicando o número de prazas de estacionamento.

Sandra González, alcaldesa de Tomiño, entende que esta obra significará un paso moi importante de mellora do espazo público, que irá en beneficio dos veciños e do comercio local, como xa supuxo a mellora da Praza do Seixo e do Mercado Municipal, no seu momento. "O goberno municipal quere que a nosa vila sexa exemplo de recuperación de espazos públicos para as persoas, creando máis 100.000 m2 de espazos peonis e zonas verdes", explica.

Para a realización desta obra, o goberno foi quen de conseguir unha subvención de 500.000 euros, ao abeiro da convocatoria pública do Plan DepoRemse, da Deputación de Pontevedra, para o proxecto de remodelación, cun coste total de 670.000€, o que supón unha financiación do 75%, achegando o resto o propio Concello.

Concello Tomiño


Tomiño acolle até o 17de febreiro a exposición fotográfica "15 visións - Express-Arte"

O Concello de Tomiño acolle até o 17 de febreiro próximo a exposición fotográfica "15 visións - Express-Arte", creada no marco do programa de inserción laboral para vítimas de violencia de xénero e impulsada pola Asociación de Xóvenes Emprendedores Lucenses (AXEL).

A mostra, situada no 1º andar do Mercado Municipal e incluída na Axenda de Primavera, recolle o traballo artístico realizado por 15 mulleres vítimas de violencia de xénero versionando obras de arte recoñecidas na historia, como "A Gioconda", de Leonardo da Vinci, ou "La maja vestida", de Goya. Ditas fotografías ofrecen unha perspectiva diferente baixo o prisma de xénero das realidades que son representadas nesas imaxes.

Concello Tomiño


Educación de calidade no rural tomiñés

. O CRA (Colexio Rural Agrupado) Mestre Manuel Garcés, é un dos máis grandes de Galicia, con 13 aulas espalladas polo rural

. O día 3 de marzo organiza unha xornada de portas abertas en horario de mañá e tarde

O CRA (Colexio Rural Agrupado) Mestre Manuel Garcés, de Tomiño, un dos máis grandes de Galicia, organiza unhas xornadas de portas abertas o día 3 de marzo en horario de mañá e tarde (10.00h a 13.00h e 16.00h a 18.30h), co fin de dar a coñecer o centro e o seus métodos de traballo, e poñer en valor a escola rural como modelo educativo. Tamén é posible visitar o centro outro día, pero chamando para concertar cita (986 622 775).

A oferta educativa vai dirixida a nenos e nenas de 2º ciclo de educación infantil (3 a 6 anos) que poderán matricularse entre os días 1 e 20 de marzo.

Con máis de 130 nenos e nenas de entre 3 e 5 anos, repartidos en 13 aulas espalladas polo rural, o colexio vén de colgar nas súas redes sociais e en varias plataformas, un vídeo promocional, co lema "Máis que un cole", no que se poden ver as instalacións, equipamentos e as actividades que se levan a cabo habitualmente (https://youtu.be/qgtom9n7e3g).

Creado hai dúas décadas e é un dos máis grandes de Galicia, chegando a ter 17 unitarias onde se impartía tanto educación infantil, coma primeiro ciclo de Primaria.

Na actualidade conta con dezaseis mestres de educación infantil, profesorado especialista de psicomotricidade, música, inglés, pedagoxía terapéutica e audición e linguaxe. Dispón ademais dun departamento de orientación propio e con persoal coidador para atender aos nenos con necesidades especiais. "Ofertamos unha educación integral que fomenta a autonomía, sen materias nin libros de texto, pensada para fomentar aquilo que o neno é e non o que queremos que sexa, dándolle gran importancia ao xogo libre, ao contacto coa natureza e o traballo con materiais naturais, nun espazo agradable, pensado e preparado exclusivamente para eles", explica o director, Antón de Valenzuela.

O profesorado conta con plans de formación permanente en novas pedagoxías e metodoloxías de ensino. "Ofertamos unha educación integral que fomenta a autonomía, sen materias nin libros de texto, adaptada á forma de pensar do neno, a súa espontaneidade e a fomentar aquilo que o neno é e non o que queremos que sexa, dándolle gran importancia ao xogo libre, ao contacto coa natureza e o traballo con materiais naturais, nun espazo agradable, pensado e preparado exclusivamente para eles", explica o actual director, Antón de Valenzuela.

Para favorecer a autonomía dos pequenos, lévanse a cabo "traballos responsables", coma abrir a porta, preparar e servir as merendas, atender o teléfono, coidar ás plantas, etc.

O alumnado dispón de equipamento e materiais informáticos de última xeración, velocidade de conexión a internet de alta velocidade, e do programa Abalar Móbil para facer chegar os avisos ás familias.

A relación coa comunidade educativa, con outros centros, e coa contorna en xeral, é outro dos pilares do proxecto educativo, polo que é habitual que se programen visitas aos comercios, mercado, Centro de Dia, etc., participando tamén en actividades transfronteirizas con Vilanova da Cerveira (Portugal).

Cristina Martínez, concelleira de Educación, lembra o investimento de máis de 30.000 euros que o Concello fixo recentemente para dotar ao CRA dunha biblioteca principal actualizada e eficiente.

Concello Tomiño


Tomiño súmase á Rede Galega de Teatros e Auditorios da que forman parte 40 localidades de Galicia

O nova tempada da Rede Galega de Teatros e Auditorios vén cargada de espectáculos de teatro, danza, monicreques e novo circo. Nos vindeiros seis meses, os 45 espazos escénicos que compoñen a RGTA programarán 328 actuacións e 18 estreas.

Co comezo do ano, a Rede retoma a súa carteleira nas 40 localidades galegas nas que ten presenza, incluída na nova incorporación en Tomiño, o Auditorio Golán.

No relativo ás estreas, dende Escena Galega queremos destacar O mel non caduca, da nosa asociada Ibuprofeno Teatro, que chegará por vez primeira ás táboas do Teatro Principal de Santiago o vindeiro 31 de xaneiro, As virxes salvaxes, de Teatro do Noroeste -que fará tamén o propio o 15 de febreiro no Auditorio Municipal de Vilagarcía-, A conquista da escola Madhubai, de Teatro do Atlántico -estrearase o 28 de febreiro no Pazo da Cultura de Narón-, Dreaming Juliet, de Elefante Elegante, -o 20 de marzo no Teatro Rosalía da Coruña- e O mozo da última fila, de Redrum Teatro -que chegará ao Principal de Compostela o 16 de abril-.

O orzamento do circuito para este primeiro periodo de programación anual é de 1 millón de euros.

A concelleira de Cultura de Tomiño, Ana Isabel Fernández Carrera, quere manifestar a súa satisfacción pola incorporación do Auditorio de Goián á RGTA, xa que esta permitirá traer a Tomiño máis espectáculos teatrais e musicais de calidade.

Concello Tomiño


O Concello solicita 24 novas contratacións ao abeiro do Plan Concellos 2020 da Deputación de Pontevedra <p>As persoas aspirantes deben estar empadroadas en Tomiño e estar inscritas no SPEG coma demandantes de emprego

O Concello solicita 24 novas contratacións ao abeiro do Plan Concellos 2020 da Deputación de Pontevedra, Liña 3. Emprego para a conservación e funcionamento de bens e servizos municipais. As persoas aspirantes deben estar empadroadas en Tomiño e estar inscritas no SPEG (Servizo Público de Emprego de Galicia) coma demandantes de emprego non ocupados e dispoñibles, tanto no momento da sondaxe, coma no da contratación.

A xornada en tódolos casos será de 6 horas diarias (80%) excepto o carpinteiro oficial 1ª, os instaladores electricistas oficial 1ª, mecánico de mantemento e reparación de automoción en xeral oficial 2ª e o soldador de estruturas metálicas lixeiras especialista, cuxa xornada será do 100%.

As contratacións, de concederse, serán para 12 peóns de xardinería, 2 albaneis, 1 carpinteiro, 1 condutor de retroescavadora, 2 instaladores electricistas, 1 mecánico de mantemento, 1 soldador de estruturas metálicas lixeiras, 2 técnicos administrativos, 1 psicólogo ou psicopedagogo e 1 enxeñeiro técnico forestal.

Concello Tomiño


Tomiño incrementa nun 30% o orzamento destinado ao Servizo de Axuda no Fogar

O Concello continúa coa súa aposta polo servizo, que contará cun investimento de 600.000€

No ano 2019, os 40 auxiliares socio-sanitarios de Axuda no Fogar realizaron máis de 40.000 h

Tomiño aposta por un modelo de Servizos Sociais Comunitarios de atención primaria no ámbito da proximidade no que a prioridade sexan os propios veciños e veciñas, un modelo no que o Servizo de Axuda no Fogar ten cada ano un papel máis protagonista. Por este motivo, o Concello incrementou en máis dun 30% a partida orzamentaria destinada a este servizo para este ano, o que suporá un investimento total de 600.000 euros nun servizo "indispensable" que busca garantir o coidado de persoas en situación de dependencia.

"É un servizo de calidade que se ven ofertando aos usuarios e usuarias de servizos sociais e que non só beneficia ás persoas en situación de dependencia que están dentro do programa, senón tamén aos seus coidadores, mellorando a calidade de vida de ambos", destaca Cristina Martínez, concelleira responsable da área de Benestar Social.

Un servizo que actualmente conta con 114 usuarios e usuarias atendidos por 40 auxiliares socio-sanitarios especializados e en formación continua para axustarse ás novas realidades e necesidades que poidan xurdir neste campo e mellorar a calidade do programa. Cada ano o Concello de Tomiño organiza coa empresa adxudicataria do servizo, IDADES S.L., novos cursos formativos tanto para o persoal que xa traballa no servizo como para futuras e futuros auxiliares-sociosanitarios. O ano pasado, os traballadores e traballadores do Servizo de Axuda no Fogar realizaron un total de 40.000 horas para atender a demanda do programa.

O programa de axuda no fogar inclúe servizos de fisioterapia, podoloxía, acompañamento, socialización e desenvolvemento de hábitos saudables, así como tamén axudas técnicas como grúas de mobilización persoal, camas articuladas, andadores, cadeiras de rodas, cadeiras de ducha-baño e outros materiais necesarios para o coidado de persoas maiores ou enfermas.

Concello Tomiño




Edições C@2000

Do Coura se fez luz. Hidroeletricidade, iluminação pública e política no Alto Minho (1906-1960)"
Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000/Afrontamento
Apoiado pela Fundação EDP


Da Monarquia à República no Concelho de Caminha
Crónica Política (1906 - 1913)

Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000


O Estado Novo e outros sonetos políticos satíricos do poeta caminhense Júlio Baptista (1882 - 1961)

Organização e estudo biográfico do autor por Paulo Torres Bento
Edição: C@2000


Rota dos Lagares de Azeite do Rio Âncora

Autor: Joaquim Vasconcelos
Edição: C@2000


Memórias da Serra d'Arga
Autor: Domingos Cerejeira
Edição: C@2000

Outras Edições Regionais