JORNAL DIGITAL REGIONAL CAMINHA 2000 JORNAL DIGITAL REGIONAL CAMINHA 2000

O Concello de Oia abre o prazo de inscrición ao obradoiro de teatro

As sesións son gratuítas e desenvolveranse os venres de 19.00 a 21.00 horas no Centro Cultural de Pedornes

O Concello de Oia vén de abrir o plazo de inscrición para unha nova edición do obradoiro de teatro veciñal. A iniciativa está concibida como unha primeira achega ás artes escénicas (elaboración e representación de pezas dramáticas) e, ao mesmo tempo, como unha reflexión e traballo participativo arredor do patrimonio material e inmaterial.

Ao igual que aconteceu nas dúas anteriores edicións, a actividade será impartida por A Artística Teatro & Danza. Comezará o vindeiro 7 de febreiro e desenvolverase todos os venres en horario de 19.00 a 21.00 horas no Centro Cultural de Pedornes.

As persoas interesadas en participar no obradoiro de teatro veciñal poden inscribirse no Concello desde hoxe e ata o xoves 6 de febreiro. A actividade é gratuíta e as prazas son limitadas.

Éxito de anteriores edicións

Nas edicións de 2018 e 2019, o obradoiro teatral contou coa participación de arredor dunha trintena de veciñas e veciños de todas as idades, as cales traballaron na preparación de distintas pezas teatrais que foron representadas en senllas visitas dramatizadas polo barrio do Arrabal.

En ambos os dous casos conqueriuse unha moi boa resposta de público: tanto veciños como visitantes procedentes doutras localidades puideron descubrir os recunchos con maior encanto e historia do Arrabal dun xeito creativo, participativo e innovador.

Concello de Oia


Envellecemento activo e patrimonio, a nova proposta do Concello de Oia para as persoas maiores

O Concello de Oia programa unha nova proposta para as persoas maiores do municipio, neste caso un obradoiro sobre envellecemento activo e patrimonio que se impartirá en dous grupos: un en Torroña e outro en Loureza.

A iniciativa trata de combinar actividades lúdicas, participativas, de reforzamento da autoestima e da autonomía persoal co aproveitamento e compilación dos coñecementos arredor do patrimonio que posúen as persoas maiores de Oia, especialmente no que atinxe ao patrimonio cultural inmaterial (xogos, costumes, refráns, cancións, tradicións, etc).

O obradoiro desenvolverase os martes a partir do 4 de febreiro en dous grupos: de 16.00 a 17.15 horas nas Escolas de Torroña e de 17.45 a 19.00 horas na Abadía de Loureza.

A actividade é gratuíta e vai destinada a maiores de 60 anos. As persoas interesadas en asistir poden inscribirse ata o próximo día 31 no Concello (máis información no teléfonos 986 36 21 25 e 639 32 94 93). As prazas son limitadas.

Concello de Oia




Edições C@2000
Do Coura se fez luz. Hidroeletricidade, iluminação pública e política no Alto Minho (1906-1960)"
Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000/Afrontamento
Apoiado pela Fundação EDP

Da Monarquia à República no Concelho de Caminha
Crónica Política (1906 - 1913)

Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000


O Estado Novo e outros sonetos políticos satíricos do poeta caminhense Júlio Baptista (1882 - 1961)

Organização e estudo biográfico do autor por Paulo Torres Bento
Edição: C@2000


Rota dos Lagares de Azeite do Rio Âncora

Autor: Joaquim Vasconcelos
Edição: C@2000


Memórias da Serra d'Arga
Autor: Domingos Cerejeira
Edição: C@2000

Outras Edições Regionais