JORNAL DIGITAL REGIONAL CAMINHA 2000 JORNAL DIGITAL REGIONAL CAMINHA 2000

Tomiño conmemorará o Día da Muller cunha versión da obra de Ibsen, "Casa de Muñecas"

A compañía Estudo Momento traerá unha adaptación do clásico do dramaturgo ruso, predecesor dos movementos feministas, estreado con grande escándalo en Copenhague en 1879

"1879. Casa de Bonecas", a innovadora proposta dos actores galegos Iria Ares e Xoán Carlos Mejuto, que revisa o clásico do autor Henrik Ibsen, chegará a Tomiño o SÁBADO 7 DE MARZO, en conmemoración do Día da Muller (8/3).

A compañía Estudo Momento traerá unha adaptación do clásico do dramaturgo noruegués, predecesor dos movementos feministas, estreado con grande escándalo en Copenhague en 1879.

Iria e Mejuto dan vida ao matrimonio Helmer, composto por Nora e Torvaldo, nunha proposta na que os actores realizan unha disección do matrimonio, das relacións de autoridade e da liberdade.

Iria, que interpreta a Nora, un personaxe cualificado polos expertos como un dos primeiros berros feministas do teatro, afirma que "Nora non é unha heroína feminista, é un ser humano xeneroso que transcende o seu afán de desquite. Non é prisioneira nin do sistema, nin de Torvaldo; simplemente adquire lucidez, e consciencia de que quere".

"1879. Casa de Bonecas" subiu a distintos escenarios de Galicia e Madrid revelándose coma un proxecto de profunda actualidade, onde os maridos e mulleres que ocupan as súas butacas, acaban opinando en directo sobre os personaxes. Trátase dun matrimonio que ilumina moito máis que a portada vital dela e a actitude paternalista del. É un proxecto que mira con lupa as relacións de autoridade entre persoas: familia, parella, amigos. Quen decide na túa vida como manexas os fíos da túa trama? Esa é a verdadeira pregunta que "1879. Casa de Bonecas" pon sobre a mesa.

A función comezará ás 22.00h no Auditorio de Goián, con entrada de 5 euros, que poderán adquirirse dende unha hora antes na taquilla.

Concello Tomiño


Publicado o prazo para solicitar as axudas por fillo ou filla menor de tres anos A presentación das solicitudes comezará o día 21 de xaneiro e rematará o día 10 de marzo de 2020, ambos os dous incluídos

A Xunta de Galicia vén de publicar no DOG do 20 de xaneiro de 2020, o prazo para solicitar a prestación económica de pagamento único por fillas e fillos menores de tres anos; unha axuda da que poderán beneficiarse as persoas que teñan fillas ou fillos menores de tres anos nados entre o 1.1.2017 e o 31.12.2017, ambos os dous días incluídos.

Outro dos requisitos para beneficiarse destas axudas é que, durante o ano 2018, ningunha das persoas que compoñen a unidade familiar, presentasen a declaración da Renta nin estivesen obrigadas a presentala.

O prazo de presentación das solicitudes comezará o día 21 de xaneiro e rematará o día 10 de marzo de 2020, ambos os dous incluídos.

No Departamento de Benestar Social do Concello de Tomiño (teléfono 986 62 32 11) pode recollerse o impreso de solicitude necesario para pedir as axudas.

Concello Tomiño


A nova avenida de Tomiño aberta ao tránsito estas semanas permite desviar os vehículos pesados arredor do centro urbano

O novo trazado permite tamén enlazar centros sitos na estrada provincial, coma o CEP Pedro Caselles, cos novos equipamentos como o Centro de Saúde, a Residencia Asistida, e o IES de Tomiño, situados nas proximidades da Avda. República Arxentina

O centro urbano de Tomiño nótase estas semanas moito menos conxestionado. A apertura da nova avenida que conecta as estradas EP3102 e PO-344, mediante unha variante poboacional, mellora a mobilidade e integración urbanística deste conxunto urbano, permitindo unha mellor permeabilidade e accesibilidade do sistema viario.

A nova estrada enlaza polo sur a EP-3102 e polo Norte a PO-344 (Rúa Gondomar), proporcionando unha saída natural á Avenida República Arxentina (que pasará a chamarse Avenida do Baixo Miño), e da rúa da Pedra cara o leste do núcleo, así como engarzando coa futura VAC sen necesidade de atravesar o núcleo urbano.

O novo trazado permite tamén enlazar os centros equipamentais sitos na estrada provincial (CEP Pedro Caselles), cos novos equipamentos como o Centro de Saúde, a Residencia Asistida, e mesmo o IES de Tomiño, situados nas proximidades da Avda. República Arxentina.

A nova avenida esténdese nun trazado de 1.318 metros, cun ancho de 16 metros (10 metros adicados a unha calzada de dobre sentido de circulación, e 6 metros de senda para peóns e bicicletas). O trazado foi deseñado para unha velocidade de 60 km/hora; aínda que de forma puntual establécense parámetros lixeiramente superiores ou inferiores para adaptarse as condicións da contorna.

Amais o proxecto complétase mediante o deseño das interseccións necesarias co viario existente; a tal obxecto inclúense cinco glorietas sobre o viario existente, e unha conexión urbana de 150 metros (prolongación rúa Tui), para conectar o novo trazado co centro urbano.

Cabe reseñar que o deseño da nova avenida tivo en conta o proxecto da VAC Tui-A Guarda, que contempla un enlace en O Seixo, de forma que o vial resulta totalmente compatible coas previsións da rede autonómica de estradas.

Nos próximos días, comezarán as obras de peonalización de dúas rúas no Seixo que veñen a completar o proceso de humanización do casco urbano.

Concello Tomiño


O desfile de Entroido "Venres de Foliada 2020" terá lugar o día 21 de febreiro

A Xunta de Goberno vén de aprobar as bases de participación das 20 carrozas que sexan admitidas

A inscrición debe facerse de forma telemática a través da sede electrónica do Concello, até o día 4 de febreiro

O Concello de Tomiño vén de aprobar as bases do desfile de comparsas "Venres de Foliada 2020".

E de abrir o prazo de inscrición das comparsas até o día 4 de febreiro, inclusive.

O desfile terá lugar o venres 21 de febreiro ás 21.30 h. E en caso de choiva realizarase o venres 28 de febreiro á mesma hora.

As inscricións deberán presentarse a través da sede electrónica do Concello de Tomiño (https://tomino.sedelectronica.gal/dossier.1. A documentación requirida para a inscrición é a seguinte: Certificado de titularidade da conta da persoa representante ou da comparsa; póliza do seguro de responsabilidade civil e xustificante de pagamento do seguro de responsabilidade civil.

A participación está aberta a todas as asociacións veciñais, culturais, xuvenís, grupos, colexios, etc. que presenten comparsa ou grupo, tendo preferencia, coma vén sendo habitual, as comparsas ou grupos de Tomiño.

As comparsas deberán estar formadas por un mínimo de 15 compoñentes.

O número máximo de comparsas inscritas será de 20.

As carrozas participantes no desfile non poderán exceder das seguintes dimensións, sen contar a cabeza do tractor: longo: 8,00 m. , ancho: 3,50 m. e alto: 4,50 m.

Non serán admitidas as comparsas con cabalos.

A compensación económica para as comparsas participantes será a seguinte: Comparsas de 15 a 30 compoñentes e sen carroza: 100,00 €; comparsas de 31 a 45 compoñentes e sen carroza: 150,00 €; comparsas de 46 ou máis compoñentes e sen carroza: 200,00 €; comparsas de 15 a 40 compoñentes e con carroza: 200,00 €; comparsas de 41 a 60 compoñentes e con carroza: 300,00 €; comparsas de 61 a 80 compoñentes e con carroza: 400,00 €; comparsas de 81 ou máis compoñentes e con carroza: 500,00 €.

As bases completas poden consultarse na páxina web do Concello de Tomiño (https://tomino.gal/aprobadas-as-bases-do-desfile-de-entroido-venres-de-foliada-2020/).

Concello Tomiño


O mediático chef valenciano Juan Llorca visitará Tomiño na V Semana da Educación

As outras figuras convidadas son tamén recoñecidos profesionais do mundo do ensino: Lola Mondéjar, Pepa Horno e Víctor Arufe

A actividade desenvolverase entre os días 10 e 13 de febreiro no Auditorio de Goián. É necesario inscribirse para obter certificado de asistencia.

O chef valenciano Juan Llorca, con máis de 23 años de profesión e apaixonado pola nutrición e a alimentación infantil, será unha das catro figuras convidadas este ano para a xa tradicional Semana da Educación Concello de Tomiño, que chega á súa 5ª edición.

Moi coñecido polos seus vídeos de internet, con receitas para nenos e nenas, Llorca é o responsable do comedor da Montessori School, de Valencia, para o cal tivo que pechar o seu propio restaurante. É o creador do movemento en redes sociais #PorUnaEscuelaBienNutrida e @SOSFAMILIAS, contando cun equipo de traballo o seu lado composto por cociñeiros, fotógrafos, deseñadores, etc.

O título da conferencia que impartirá en Tomiño, o martes 11 de febreiro ás 19.00 horas é "A súa alimentación é a túa responsabilidade", na que abordará o panorama da alimentación infantil no país, sinalando os erros que se cometen habitualmente e os principais problemas e solucións para unha alimentación máis correcta e saudable.

A psicanalista, escritora e docente Lola Mondéjar, articulista e colaboradora regular dos periódicos "La Opinión de Murcia", "Infolibre", "eldiario.es" e "Tribuna Feminista".

Entre as súas obras publicadas atópanse as novelas "Mi amor desgraciado", "La primera vez que no te quiero" e "Cada noche, cada noche"; os libros de relatos "El pensamiento mudo de los peces", "Lazos de sangre" e "Qué mundo tan maravilloso", e os ensaios "El factor Munchausen", "Una espina en la carne" e "Si digo agua ¿beberé?".

A conferencia que dará en Tomiño, o xoves 13 de febreiro ás 19 horas, pechando a semana, levará por título "Contracorrente. Educación e pensamento crítico".

Pepa Horno será a terceira figura convidada a esta V Semana da Educación de Tomiño. Psicóloga e consultora en infancia, afectividade e protección infantil, durante máis de vinte anos coordinou campañas estatais e internacionais para a prevención e erradicación da violencia contra os nenos e nenas. "Educar sen medo" é o título da conferencia que a profesional dará en Goián o día luns 10 de febreiro, tamén ás 19.00 horas. Abordará a auto regulación e a integración emocional como claves do benestar dos nenos e nenas, e como ensinar a transitar as emocións dende o vínculo afectivo.

O cuarto e último experto convidado é Víctor Arufe, profesor da Facultade de Educación da Universidade de A Coruña e autor do blog "Educación, Innovación e Emprendemento" (http://www.victorarufe.com); creador da plataforma educativa EDUCA e galardoado co Premio Mellor Docente de España 2017, na categoría de universidade.

Autor de numerosas conferencias e artigos técnicos-científicos vencellados á educación publicou varios libros. O último foi "La Educación por Escenarios. Niños educados 24 horas al día, 365 días al año", no que aposta polo cambio social dende o traballo da boa educación nos fogares. O título da súa conferencia será "Educar na Sociedade Actual. Claves para a boa educación de nenos e nenas", dirixida a familias, profesorado e comunidade educativa. Abordarase de forma práctica, orixinal e novidosa a educación e explicarase en que consiste o método de educar por escenarios.

Para obter certificado de asistencia é necesario inscribirse con antelación, a través da páxina web municipal (www.tomino.gal), sendo as prazas limitadas.

A concelleira de Educación, Cristina Martínez, convida a todas as familias a participar da V Semana da Educación, explicando que esta é unha actividade que xurdiu coa finalidade de servir de apoio na educación dos fillos e fillas, achegando información da man de expertos en diferentes temas que inflúen na delicada tarefa de educar.

Concello Tomiño


O Concello agradece a Protección Civil de Tomiño os seus 25 anos de traballo desinteresado

O sábado pasado, o presidente da agrupación, recolleu a distinción da man da alcaldesa Sandra González

O Concello de Tomiño celebrou unha homenaxe á Agrupación Local de Protección Civil polos seus 25 anos de traballo a prol da cidadanía.

O acto, ao que asistiron representantes da Garda Civil e Policía Local; membros da corporación municipal e público en xeral, tivo lugar o sábado pasado ao mediodía no Salón de Plenos do Concello.

A alcaldesa, Sandra González, acompañada polo concelleiro de Seguridade, Ismael Troncoso e outros membros da corporación, agradeceu o traballo desinteresado dos voluntarios e voluntarias que, só en 2019, atenderon máis de 300 incidencias. O presidente da agrupación de Protección Civil, Iván Fernández, recibiu a distinción en nome dos seus compañeiros e compañeiras.

O colectivo creouse no ano 1992 e foron varios os seus presidentes. A Agrupación está formada na actualidade por unha vintena de homes e mulleres que realizan anualmente entre 300 e 500 servizos, aproximadamente, colaborando en accidentes de tráfico, accidentes urbanos, incendios forestais, procura de persoas desaparecidas, etc.

As instalacións da agrupación constan dunha oficina e unha sala de descanso. Contan con varios vehículos e demais material que lles permite desenvolver o seu traballo (1 camión, 1 furgón, 1 todo terreo, dous remolques, 2 embarcacións, desfibrilador, etc.). Os membros da agrupación asisten a cursos de forma permanente (accidentes na estrada, primeiros auxilios, incendios urbanos e forestais, aterraxe de aeronaves de emerxencia, de localización de persoas desaparecidas en zonas illadas, etc.).

Tamén a Asociación Nacional de Agrupaciones de Voluntarios de Protección Civil (A.N.A.V) galardoou hai poucos meses á agrupación, coa "Placa ao mérito na súa categoría de Ouro" pola súa labor durante 25 anos.

Concello Tomiño




Edições C@2000
Do Coura se fez luz. Hidroeletricidade, iluminação pública e política no Alto Minho (1906-1960)"
Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000/Afrontamento
Apoiado pela Fundação EDP

Da Monarquia à República no Concelho de Caminha
Crónica Política (1906 - 1913)

Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000


O Estado Novo e outros sonetos políticos satíricos do poeta caminhense Júlio Baptista (1882 - 1961)

Organização e estudo biográfico do autor por Paulo Torres Bento
Edição: C@2000


Rota dos Lagares de Azeite do Rio Âncora

Autor: Joaquim Vasconcelos
Edição: C@2000


Memórias da Serra d'Arga
Autor: Domingos Cerejeira
Edição: C@2000

Outras Edições Regionais