|
Unha avaría obriga a suspender temporalmente o servizo do Ferry-Boat entre A Guarda e Caminha
Dende a tarde deste mércores día 22 de xaneiro unha avaría obriga a cancelar as viaxes do Ferry Boat que comunica A Guarda e Caminha.
Segundo se comunicou dende a Cámara Municipal de Caminha, o motos de propulsión dianteiro do Ferry-Boat sufriu unha avaría que impide o seu correcto funcionamento, polo que a embarcación estará en mantemento ata que se solucione esta incidencia.
Para máis información, recoméndase chamar ao despacho de billetes (Tel. 986 61 15 26) no horario de atención ao público, de 10:00 a 13:00 e de 15:00 a 20:00 horas.
As asociacións guardesas manteñen unha nova xuntanza informativa sobre o futuro do porto da Guarda
" A comisión de seguimento que reclama un futuro para o porto da Guarda informa aos representes das asociación sobre as súas xestións.
Na xuntanza entre as asociacións que reclaman un futuro para o porto da Guarda, celebrada, o venres 24 de xaneiro, no antigo local da confraría de pescadores; O alcalde, Antonio Lomba, e os membros da comisión de seguimento (Confraría de Pescadores, Piuerio, ORPAGU E Alagua), informaron sobre o contido da reunión mantida en Santiago, o pasado 15 de xaneiro, coa Conselleira do Mar, Rosa Quintana e a Presidenta de Portos, Susana Lenguas.
O alcalde tomou a palabra para trasladar aos presentes a resposta ás demandas feitas na reunión entre a comisión de seguimento e as representantes da Xunta.
Como xa é coñecido as melloras que reclaman os veciños e veciñas da Guarda, (representados polas súas asociacións) en relación ao porto, teñen que ver co uso mais intensivo da lámina de auga, tanto para profesionais como para actividades náutico deportivas. O principal obxectivo é recuperar a importancia que o porto tivo no pasado como motor económico da localidade.
A principal demanda que se propuxo na xuntanza mantida en Santiago foi a construción dun novo espigón ao sur do porto, que parta da zona do Baluerio e que remate por fora do espigón norte. Esta infraestrutura evitará a entrada dos mares que na actualidade fan impracticable o porto con mal tempo, permitirá o seu uso durante todo o ano e a dotación de servizos e infraestruturas de atraque.
O alcalde informou que as responsables da Xunta de Galicia entenderon ás demandas que lle trasladaron dende a Guarda e que se comprometeron a facer unha valoración da viabilidade técnica e económica en relación ao espigón sur.
As distintas intervencións dos asistentes á reunión resaltaron a importancia de manter esta reclamación da sociedade guardesa o tempo que faga falta para que esta obra se converta nunha realidade. Encargaron ao alcalde o seu seguimento e comprometéronse en ir traballando para concretar máis polo miúdo as súas demandas respecto do porto guardés, co obxectivo de poder asesorar, no seu momento, aos técnicos que redacten o proxecto do espigón sur.
A súa vez manifestaron a necesidade da construción do acceso sur do porto, cuxo proxecto foi redactado pola Deputación de Pontevedra e está pendente de informes sectoriais.
Por último trasladaron o seu desexo de que as responsables da Consellería do Mar e de Portos de Galicia visiten a Guarda, respondendo ao convite que a comisión de seguimento lles fixo na reunión mantida en Santiago.
O concello de A Guarda avanza cara o Irmanamento con Povoa de Varzim
Os dous concellos acordan que os máximos mandatarios se reúnan para acordar iniciar os trámites cara irmanamento.
O venres tivo lugar unha reunión con representantes da Asociación Piueiro, que presentou una solicitude no concello propondo a creación dunha Comisión Organizadora para o Irmanamento con Povoa de Varzim. Se trasladou por parte do goberno a disposición para que este Irmanamento se realice. Se lles trasladou tamén a Piueiro que o equipo de goberno xa se puxera en contacto coa Cámara de Povoa de Varzim para que os máximos representantes, o Presidente da Cámara e o alcalde de A Guarda se reúnan para manifestar de maneira explícita a vontade do Irmanamento.
O Concello da Guarda está a redactar un anteproxecto para a estrada PO-352 de circunvalación ao Monte Santa Trega
A PO-352 é sen dúbida algunha unha das principais arterias de comunicación da Guarda, basta dicir que é a única conexión entre o casco urbano da Guarda e a Parroquia de Camposancos, tanto polo Oeste como polo Este, alén de suliñar que conduce a todas as praias fluviais da nosa vila.
Con estas referencias resulta doado entender que o tráfico rodado que soporta, sobre todo en época estival, é moi considerable. Ao mesmo tempo, e dado que a paisaxe pola que discorre é moi fermosa, atrae a multitude de peóns que pasean por ela.
Sen embargo, a pesares da súa importancia e do tráfico que soporta, non reúne as mínimas condicións de seguridade viaria, os carrís non superan na maior parte do trazado os 2,50 metros de ancho e non conta con beirarrúas para unha mínima seguridade dos peóns.
Dende a alcaldía da Guarda, foron moitas as ocasións, unhas por carta e outras persoalmente, nas que se lle reclamou á Consellería de Infraestruturas e Mobilidade o ancheamento da calzada, a construción dunha senda peonil e un carril bici. Por citar as ultimas xestións:
" 7 de novembro de 2017: reunión do alcalde Antonio Lomba coa conselleira Ethel Vázquez en Santiago, compromiso da conselleira de redactar o proxecto.
" 26 de decembro de 2018: reunión do alcalde Antonio Lomba en Pontevedra co Director Territorial de Infraestruturas, resposta do Director, a senda pode entrar dentro dun paquete no ano 2019.
" 31 de decembro do 2019: carta do alcalde Antonio Lomba á conselleira solicitándolle unha nova entrevista, ata o momento sen contestación.
Ante esta pasividade da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, o alcalde da Guarda encargou a redacción dun anteproxecto que en breve entregará na Consellería para esixir a súa urxente execución.
O referido anteproxecto contempla unha actuación na totalidade da PO-552 que non conta con beirarrúas, tanto polo lado norte, Cruzada-Camposancos como no lado este Camposancos ata intersección PO-355(que conduce á Pasaxe consistente nun ancheamento da calzada de rodadura, a construción de beirarrúas e a dotación dun carril bici.
Convocatoria e bases para prover por concurso-oposición 1 praza condutor con carácter interino MIBM
A Mancomunidade Intermunicipal do Baixo Miño convoca a provisión dunha (1) praza condutor persoal laboral temporal para cubrir a baixa por enfermidade do actual titular.
1ª.- OBXECTO DA CONVOCATORIA E CARACTERÍSTICAS DA PRAZA
a) É obxecto da presente convocatoria a provisión dunha (1) praza condutor persoal laboral temporal para cubrir a baixa por enfermidade do actual titular e aquelas outras que na plantilla de condutores da MIBM poidan ter lugar.
b) A praza configúrase como persoal temporal para substitución da baixa dos titulares das prazas.
c) As características do posto son:
Clase: persoal laboral temporal interino.
Nivel de titulación mínimo esixido: Graduado escolar , ESO o equivalente.
Grupo: D
Nivel: 14
Xornada: A tempo completo.
Retribucións: As que figuran no orzamento da Mancomunidade do Baixo Miño.
Funcións:
Entre as funcións a desenvolver están a condución de vehículos e maquinaria da MIBM que a continuación se citan, e realizar o mantemento mecánico básico e conservación dos vehículos, así como na condución de maquinaria pesada que a MIBM estime oportuna, como camións, tractores con apeiros axustados, etc.
En todo caso serán obrigas do condutor a condución da seguinte maquinaria de titularidade da MIBM:
.-pala retrocargadora.
.-camión basculante.
.-pala motoniveladora .
2ª.- CONDICIÓNS DAS PERSOAS ASPIRANTES:
a) Ser español/a ou nacional dalgún estado membro da UE, de conformidade co previsto no artigo 1 da Lei 17/1993, de 23 de decembro.
b) Ter cumpridos 18 anos de idade.
c) Estar en posesión del Título de Graduado Escolar, E.S.O. o equivalente, tendo que presentar fotocopia acreditativa do mesmo.
d) Estar en posesión del permiso de conducir Tipo C
e) Estar en posesión del Certificado de Aptitude Profesional (CAP) en vigor a dia de la fecha debendo aportar una fotocopia del mesmo.
f) Non padecer enfermidade ou defecto físico que impida ou menoscabe o exercicio das súas funcións. A persoa seleccionada terá que presentar antes da sinatura do correspondente contrato e no prazo de dous días dende a proposta do Tribunal o correspondente certificado médico.
g) Non estar separado/a mediante expediente disciplinario do servizo do Estado, comunidade autónoma ou administración local, nin atoparse inhabilitado/a para o desempeño de funcións públicas.
vh ) Non incorrer en causa de incapacidade ou incompatibilidade previstas na lexislación vixente.
I) Estar en posesión do título da lingua galega nivel perfeccionamento, ou CELGA 4 ou dos estudos equivalentes homologados polo órgano competente en materia de política lingüística.
Os/as aspirantes que non estean en posesión da devandita titulación deberán realizar unha proba sobre o coñecemento da lingua galega.
Os extremos contidos nos apartados a) e b) acreditaranse con fotocopia compulsada do documento nacional de identidade; os do apartado c) d) e) I) con fotocopia compulsada do título legalmente expedido ou certificación acreditativa; o do apartado f) a través de certificado médico oficial (só para a persoa seleccionada), sen prexuízo de superar o oportuno recoñecemento médico; os do apartados g) h) mediante declaración xurada ao efecto.
Prestación económica de pagamento único para fillas e fillos menores de tres anos para o ano 2020
O Departamento de Servizos Sociais do Concello da Guarda informa que dende o día 21 de xaneiro está aberto o prazo para solicitar a prestación económica de pagamento único para fillas e fillos menores de tres anos para o ano 2020.
Poderanse beneficiar desta axuda as persoas con fillos/as menores de tres anos, nacidos entre o 01 de xaneiro de 2017 e 31 de decembro de 2017 (inclusive) e non tivesen obriga de presentar a declaración do IRPF do ano 2018, nin se tivese presentado de xeito voluntario aínda sen estar obrigados.
O prazo para a presentación das solicitudes rematará o día 10 de marzo del 2020.
Para máis información e tramitación da axuda dirixirse ó Departamento de Servizos Sociais do Concello da Guarda. O horario de atención é de 9:00 a 13:00h, os luns, mércores e xoves. Teléfono 986 61 0000 ext.4020
Últimas prazas para a Xornada Medioambiental "O Camiño Aguárdate"
Esta fin de semana A Guarda acolle a primeira das actividades do proxecto "O Camiño Aguárdate", coa que o concello participa no programa O Teu Xacobeo da Xunta de Galicia.
A finalidade do proxecto é divulgar os valores do camiño entre a poboación local e buscar un maior achegamento entre estes e os peregrinos.
Nesta primeira actividade convídase tanto a veciños da Guarda, como da contorna a coñecer o Camiño de Santiago dende a perspectiva medioambiental, contando coa colaboración da Asociación A Jalleira AFEA e a Comunidade de Montes de Camposancos.
Os participantes nesta actividade percorrerán o Camiño de Santiago dende a Pasaxe ata a ladeira do Monte Trega, coñecendo durante a ruta os valores ambientais deste tramo e problemática das especies invasoras ó longo do camiño e os métodos para a súa erradicación, posteriormente os participantes prantarán árbores autóctonas que convivían antigamente no Camiño como cereixeiras, nogueiras ou castiñeiros. Esta prantación realizarase nos terreos cedidos para a ocasión pola Comunidade de Montes de Camposancos e ó remate da xornada unha pequena merenda coa que repór as forzas e comentar as experiencias do día.
Esta actividade que se realizará o sábado 25 e o domingo 26 de xaneiro en horario de 10 a 13h., ten un aforo limitado de 25 prazas por día, polo que é preciso anotarse previamente en cultura@aguarda.es, no 986610000 ext.5, ou no formulario online https://forms.gle/pdP648PRndqLHRQ9A . A estación do Ferry será o punto de encontro para iniciar a andaina.
Maís actividades
"O Camiño Aguárdate" traerá á Guarda ademais unhas Xornadas Divulgativas sobre o Camiño de Santiago e visitas teatralizadas.
As Xornadas Divulgativas contarán coa participación de especialistas universitarios e do mundo empresarial co obxectivo de debater sobre o Camiño de Santiago e a súa evolución e atraer á poboación local a que se interese e reflexione sobre a importancia que ten en moitos aspectos da vida diaria da vila, realizaranse en varias sesións no vindeiro ano 2020.
As visitas teatralizadas mistura a creatividade teatral, a divulgación dos valores patrimoniais entorno ó camiño e a revalorización da peregrinaxe coma forma diferente de viaxar.
A compañía Os Quinquilláns, serán os encargados de realizar as visitas teatralizadas que terán lugar no Castro do Monte Santa Trega cun total de 8 sesións, para o público xeral e alumnos de secundaria, ata a primavera do 2020.
Despois de anos de xestións municipais a nova Escola Infantil da Guarda máis cerca de facerse realidade
O concello da Guarda levará a pleno a aprobación do proxecto da nova Escola Infantil e asinará en breve o convenio para a súa construción.
O custo da obra ascende a 691.747€ dos cales o concello terá que aportar 281.747€ ademais de facerse cargo do custo da redacción do proxecto.
Despois de anos de xestións do alcalde da Guarda, Antonio Lomba e de miles de quilómetros en viaxes a Santiago, acompañado, a maioría das veces, pola anterior concelleira de Servizos Sociais, Tere Vicente, a construción da nova Escola Infantil da Guarda plasmarase na sinatura dun convenio entre a Xunta e o concello en próximas datas.
Ante a necesidade evidente de contar con máis prazas de atención a infancia de 0-3 anos na Guarda. No ano 2017 o alcalde tomou a decisión de encargar e financiar, por conta do concello, o proxecto de construción da nova Escola Infantil, que estará emprazada na parcela municipal que actualmente ocupan as que foron vivendas de mestres do antigo colexio Manuel Rodríguez Sinde.
A consellería de Política Social remitiu fai uns días o borrador do convenio que comprometerá a Xunta e concello na execución da obra. Esta actuación representa un importante investimento para o concello da Guarda. Un esforzo que o propio alcalde considera urxente e prioritario para a vila: "esta actuación é unha necesidade para avanzar realmente na conciliación da vida familiar e laboral, mellorar a calidade de vida das veciñas e veciños, sobre todo os máis novos, e forma parte das políticas contra a crise demográfica, orientadas a frear a diminución de poboación na localidade".
Despois de anos de xestións municipais a nova Escola Infantil da Guarda máis cerca de facerse realidade
O concello da Guarda levará a pleno a aprobación do proxecto da nova Escola Infantil e asinará en breve o convenio para a súa construción.
O custo da obra ascende a 691.747€ dos cales o concello terá que aportar 281.747€ ademais de facerse cargo do custo da redacción do proxecto.
Despois de anos de xestións do alcalde da Guarda, Antonio Lomba e de miles de quilómetros en viaxes a Santiago, acompañado, a maioría das veces, pola anterior concelleira de Servizos Sociais, Tere Vicente, a construción da nova Escola Infantil da Guarda plasmarase na sinatura dun convenio entre a Xunta e o concello en próximas datas.
Ante a necesidade evidente de contar con máis prazas de atención a infancia de 0-3 anos na Guarda. No ano 2017 o alcalde tomou a decisión de encargar e financiar, por conta do concello, o proxecto de construción da nova Escola Infantil, que estará emprazada na parcela municipal que actualmente ocupan as que foron vivendas de mestres do antigo colexio Manuel Rodríguez Sinde.
A consellería de Política Social remitiu fai uns días o borrador do convenio que comprometerá a Xunta e concello na execución da obra. Esta actuación representa un importante investimento para o concello da Guarda. Un esforzo que o propio alcalde considera urxente e prioritario para a vila: "esta actuación é unha necesidade para avanzar realmente na conciliación da vida familiar e laboral, mellorar a calidade de vida das veciñas e veciños, sobre todo os máis novos, e forma parte das políticas contra a crise demográfica, orientadas a frear a diminución de poboación na localidade".
|