JORNAL DIGITAL REGIONAL CAMINHA 2000 JORNAL DIGITAL REGIONAL CAMINHA 2000

A Biblioteca Municipal de Tui recoñece aos máis lectores de 2019

Faralles entrega dun lote de libros e un diploma coincidindo co Día dos Usuarios das Bibliotecas Públicas

A Biblioteca Pública Municipal de Tui recoñecerá o sábado, 11 de xaneiro, coincidindo coa Día dos Usuarios das Bibliotecas Públicas, aos seus usuarios máis lectores de 2019 nas categorías de infantil, xuvenil e adultos.

O acto está previsto ás 12.30 h nas instalacións da biblioteca tudense e contará coa presenza do alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro.

Na categoría infantil Martina Castro Silva foi a usuaria máis lectora de 2019 coa retirada de 99 libros en empréstito, en segundo lugar estivo Xenxo Paramos Freiría con 88 libros. Na categoría xuvenil Gael Paramos Freiría levou en empréstito 90 libros ao longo de 2019, e Alejandro Martínez de Campos, leu 82 libros. Por último na categoría de adultos Juan Domínguez Rocha leu 67 libros e José Carlos Garra Arangunde 60. Todos eles recibirán un lote de libros de agasallo e un diploma.

Amais mañá a biblioteca tudense obsequiará aos seus usuarios con exemplares dos libros que ten duplicados no seu fondo.

Concello Tui


A Oficina de Atención aos Afectados de Paramos e Guillarei trasládase á casa do concello

O horario de atención é de 9 a 14 h os luns, mércores e venres

A Oficina de Atención aos Afectados de Paramos e Guillarei vén de trasladarse á casa do concello de Tui. Pasa a estar situada na ala dereita do primeiro andar do edificio. Dende a súa creación, tras a explosión rexistrada no barrio da Torre en 2018, viña prestando servizo no Centro Municipal de Formación en Guillarei. De agora en diante seguirá atendendo aos afectados os luns, mércores e venres en horario de 9 a 14 h.

Concello Tui


En dous meses recibíronse 158 incidencias a través da APP Concello de Tui

O 53% dos problemas comunicados está solucionado e o 38% en vías de solución

O 53% da incidencias comunicadas a través da APP do Concello de Tui dende o apartado de incidencias están xa solucionadas e o 38% están en proceso de solución. Dende a activación deste servizo na aplicación móbil, a comezos do pasado mes de novembro, rexistráronse 158 incidencias das que 85 están solucionadas e 61 en proceso de solución. O tempo medio de resolución está situado en 5 días. Houbo amais 12 incidencias comunicadas con temas que non eran de competencia municipal.

A meirande parte das incidencias comunicadas na aplicación e xa solucionadas refírense a problemas no mobiliario urbano dando conta de elementos rotos ou deteriorados e a problemas no alumeado público con luminarias fundidas ou apagadas. Outras notificacións están en vías de solución xa que requiren actuacións de maior envergadura.

Cómpre lembrar que a través da APP Concello de Tui pódense comunicar de xeito doado calquera tipo de incidencia clasificadas en Mobiliario Urbano, Tráfico e Sinaléctica, Lixos e Residuos, Pavimentos e Sumidoiros, Animais e Pragas, e Limpeza e Xardinería. A través dun mapa pódese xeolocalizar o problema existente, e acompañar fotografías e outros datos da mesma.

Concello Tui



Edições C@2000

Do Coura se fez luz. Hidroeletricidade, iluminação pública e política no Alto Minho (1906-1960)"
Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000/Afrontamento
Apoiado pela Fundação EDP


Da Monarquia à República no Concelho de Caminha
Crónica Política (1906 - 1913)

Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000


O Estado Novo e outros sonetos políticos satíricos do poeta caminhense Júlio Baptista (1882 - 1961)

Organização e estudo biográfico do autor por Paulo Torres Bento
Edição: C@2000


Rota dos Lagares de Azeite do Rio Âncora

Autor: Joaquim Vasconcelos
Edição: C@2000


Memórias da Serra d'Arga
Autor: Domingos Cerejeira
Edição: C@2000

Outras Edições Regionais