|
Setecentas persoas melloran os seus hábitos da man do Servizo de Educación Familiar
Máis de 30 familias acuden aos obradoiros de alimentación dentro do programa "Medrando en Familia"
O Servizo de Educación e Apoio Familiar do Concello de Tomiño, atendeu durante o 2019 a máis de 700 persoas usuarias de algúns dos distintos programas organizados polo departamento.
Máis de 60 familias participaron nos obradoiros de estimulación temperá e no encontro e obradoiros de hábitos saudables e de nutrición infantil dirixido prioritariamente a menores de 3 anos, unha das principais novidades da edición,e que converteu nun auténtico espazo para aprender, resolver dúbidas e dar resposta ás inquedanzas das familias tomiñesas con nenos e nenas na primeira infancia. Ese era o obxectivo de "Medrando en familia", un programa de intervención socio-comunitaria centrado en familias con cativos e cativas menores de 6 anos que pechou a súa terceira edición cun rotundo éxito de acollida.
Posto en marcha pola Concellería de Benestar Social do Concello de Tomiño, o programa contou nesta ocasión cun encontro e varios obradoiros pensados "para estimular o establecemento de pautas básicas de organización familiar e, sobre todo, para que os pequenos e as pequenas da casa teñan un tempo de lecer propio e compartido cos seus proxenitores e medren conxuntamente", segundo explica a concelleira responsable, Cristina Martínez.
Ao longo dos meses de outubro, novembro e decembro, o Servizo de Educación e Apoio Familiar desenvolveu distintas actividades no propio Concello, pero tamén na escola infantil Galiña Azul e no mercado municipal; actividades ás que acudiron 35 familias preocupadas por aprender a facer a transición aos sólidos dos seus fillos, ou converténdose en cociñeiros por un día para descubrir alimentos saudables e boas prácticas alimenticias, da man de profesionais, coma a farmacéutica e nutricionista Nuria Iglesias, ou Quelly Rodríguez, de Ma Nunú, que conxugaron teoría e práctica deseñando estratexias para unha alimentación máis sa e apetecible.
O CRA de Tomiño estrea unha biblioteca que optimiza ao máximo os seus espazos
Cun orzamento total de 30.000 euros, a remodelación transformou a antiga estancia nun espazo polivalente adaptado ás necesidade do alumnado e do centro
Cunha media de 1200 préstamos ao ano e un fondo bibliográfico de máis de 1500 volumes, a biblioteca do CRA (Colexio Rural Agrupado) Mestre Manuel Garcés, de Tomiño, remodelada recentemente, comeza o 2020 coa previsión de ampliar o número de libros e "medrar con xeito escollendo minuciosamente os volumes que se engadan", segundo comenta o director do centro, Antón Valenzuela.
O novo espazo "adaptado aos escolares e polivalente, transformou a antiga estancia nun espazo máis versátil que agora conta cunha cómoda zona de traballo, unha pequena bancada para contacontos ou outras actuacións e o Departamento de Orientación. "As obras, levadas a cabo polo Concello cun orzamento de 30.000 euros, "permitiron optimizar ao máximo o espazo do que é o centro neurálxico do CRA, con mobiliario adaptado e unha boa redistribución dos espazos que o arquitecto soubo captar á perfección; unha transformación coa que levábamos tempo soñando e que supón o primeiro chanzo para repensar os espazos das 13 aulas unitarias das que dispoñemos", explica o director do colexio.
Valenzuela agradece a colaboración recibida por parte do Concello e tamén da Xunta. "A consellería autorizounos a levar a cabo o proxecto, facilitounos asesoramento, deunos unha partida extraordinaria de cartos e serviunos de respaldo en todo momento, e o Concello fixo un importante desembolso, ademais de encargarse por medio do concelleiro Lois Vázquez, de contactar coas empresas e posibilitarnos o contar con Xabier Pousa como arquitecto da obra, que se reuniu comigo en numerosas ocasións e soubo plasmar o que lle iamos solicitando", comenta.
Agora toca enriquecer os fondos da nova biblioteca e conseguir que a comunidade educativa do centro -máis de cen pequenos estudantes das escolas unitarias- desfruten da nova instalación. A coordinadora da biblioteca é Tania, acompañada por un "equipo excepcional". O sistema de préstamos e informático, e estase actualizando tamén o sistema de catalogación, para axustarse aos estándares establecidos para estas bibliotecas. "Engadiuse o catálogo audiovisual e tamén se introduciron xogos de mesa para os cativos", informa Valenzuela.
O funcionamento da biblioteca é polas tardes dúas horas cada día, e os nenos teñen que ir acompañados dos familiares (para os que tamén hai algúns libros). "Adoita estar bastante transitada e o ano pasado houbo máis de 1200 préstamos. Para promover o uso da biblioteca levamos a cabo diferentes actividades como a visita anual de todas as unitarias ao comezo do curso para que a coñezan e se animen a vir, sesións de contacontos, así como incentivalos con "caixas para superlectores" en empréstito cando acadan cinco visitas", explica.
No mes de decembro pasado tivo lugar a inauguración deste novo espazo, coa asistencia do xefe territorial de educación, o inspector de centros e a alcaldesa de Tomiño, entre outras autoridades.
O Goberno local segue apostando polo investimento nos centros educativos de Tomiño, no que se investirán, un ano máis, máis de 60.000 euros de fondos municipais para mellorar os espazos que empregan día a día os máis de 1.550 estudantes da vila.
BALANCE AÑO 2019 / SOS Tomiño Baixo Miño
La Asociación Asistencial SOS Tomiño Baixo Miño hace balance del año 2019, durante el cual se han entregado más de 150 toneladas de alimentos.
El inicio del año comenzó con 91 familias y atendiendo a 312 personas. A fin de año son ya 123 familias y 381 personas. Estas se reparten de la forma siguiente: 26 familias en Tomiño, 69 familias en Tui, 8 familias en O Rosal y 20 familias en Oia.
En este año de 2019 se llegó a un acuerdo con el concello de Oia, y desde el 15 de junio, se comenzó a repartir alimentos con las familias derivadas de Servicios Sociales. El concello de Oia cedió a la Asociación un local para el almacenaje y distribución de alimentos.
Todo este trabajo ha sido posible gracias a la colaboración de empresas y también de las diferentes administraciones local, provincial, autonómica y estatal. Es importante destacar la donación de particulares, tanto en forma de alimentos como de servicios y del Banco de Alimentos de Vigo, con el que se trabaja estrechamente.
El trabajo de los voluntarios es lo que permite que el proyecto de la Asociación siga adelante. La labor que realizan es múltiple y realizada a la perfección: en el almacén, controlando y clasificando alimentos; en las recogidas de alimentos; en la elaboración de los lotes de alimentos que se entregan a cada beneficiario; en el reparto quincenal; en la atención a las familias, en la gestión de la documentación. Cada una de las funciones, realizada de forma callada y anónima, es fundamental para que esta Asociación pueda continuar su trabajo con las familias que carecen de recursos.
Los voluntarios de Sos Tomiño Baixo Miño hacen un trabajo inmenso. Lo llevan a cabo sacando tiempo a su vida cotidiana y a sus familias. Por eso, su trabajo es tan importante y el servicio que prestan a la comunidad, es impagable.
|