JORNAL DIGITAL REGIONAL CAMINHA 2000 JORNAL DIGITAL REGIONAL CAMINHA 2000

Nenos e nenas do Rosal descubriron diferentes culturas do mundo no campamento municipal de Nadal

Organizado polo Concello de balde, o campamento tiña por obxectivo facilitar a conciliación familiar e laboral á veciñanza

Un percorrido polo mundo e polas tradicións de Nadal en diferentes culturas. Así foi o campamento de Nadal organizado polo Concello do Rosal durante o mes de decembro e xaneiro, posto en marcha co obxectivo principal de axudar ás familias rosaleiras a conciliar a vida laboral e familiar a través de actividades educativas e lúdicas coas que dinamizar o tempo libre dos nenos e nenas durante o período de vacacións escolares. O campamento era gratuíto e encheu todas as prazas dispoñibles.

Baixo o título de 'Nadal no mundo', 25 nenos e nenas de educación infantil e primaria puideron coñecer os costumes e xogos tradicionais de diferentes culturas e crear motivos e aderezos propios destas datas, atendendo á educación en valores e á diversidade. Así, os máis pequenos e pequenas coñeceron xogos propios das culturas asiática ou africana, compartiron ideas sobre no Nadal e reflexionaron sobre o consumo despois dos agasallos de Papá Nöel, crearon un tarro de luz propio do Jánuca xudeu ou un personaxe propio das culturas nórdicas, os axudantes de San Nicolás: os elfos verdes. Una morea de actividades a través das que os nenos e nenas aprenderon a convivir e cooperar nunhas datas tan sinaladas.

Dende o Concello somos conscientes "da importancia da corresponsabilidade, por iso queremos achegar o noso gran de area con iniciativas como este campamento, axudando aos pais e nais que traballan e non teñen con quen deixar aos seus fillos e fillas ao tempo que os mais pequenos e pequenas aprenden".

Concello de O Rosal


O Rosal remata a súa programación de Nadal con maxia

Coa Gala Miñomáxico no Auditorio Municipal este sábado 11 de xaneiro ás 20.00 h, na que estará o ilusionista Samuel Moreno. Para todos os públicos e entrada de balde

O Rosal pon o broche final á época de maior maxia e ilusión cun espectáculo cheo de música, tecnoloxía, imaxinación, humor e fantasía. A programación de Nadal remata este sábado 11 de xaneiro coa Gala Miñomáxico, que se celebrará ás 20.00 h no Auditorio Municipal e que contará coa participación do mago Samuel Moreno. Un espectáculo para todos os públicos e de balde organizado polo Concello do Rosal en colaboración con AMB.

Como complemento a esta actividade, a asociación AMB propón unha xornada repleta de maxia. Pola mañá organizará dous obradoiros de maxia para nenos e nenas (11.00 e 12.00 h) no Centro Social Polivalente, nos que os cativos e cativas participantes poderán aprender trucos de maxia con cartas, cordas... e outro tipo de materiais que facilitará a organización. Para participar é preciso inscrición previa a través do enderezo electrónico minhomaxico@gmail.com. O custe destes obradoiros é de 8€. Xa pola tarde, a partir das 18.00 h haberá 'Maxia preto de ti' na Cafetería Juan.

Grande implicación

A xornada de maxia pon punto e final a unha axenda de Nadal marcada polo gran número de actividades para todos os públicos e, sobre todo, pola grande implicación tanto de todo o tecido asociativo do Rosal como de toda a veciñanza. Dende o Concello quérese agradecer a implicación de todas as asociacións, xa que meirande parte delas formaron parte de xeito activo nas iniciativas programadas para estas datas, o que reflicte "a vontade de colaboración que existe no municipio e que converte ao Rosal en exemplo de dinamismo". "É así, traballando todos xuntos, como conseguiremos mellorar a nosa realidade e ter un concello moito máis dinámico e activo", sinalou a alcaldesa, Ánxela Fernández.

Un éxito que non sería completo nin posible sen a gran resposta obtida por parte dos veciños e veciñas do Rosal, que unha vez máis participaron de xeito activo en todas as actividades, demostrando o seu interese por poder desfrutar no seu propio concello dunha programación deseñada para todos os públicos.

Concello de O Rosal




Edições C@2000
Do Coura se fez luz. Hidroeletricidade, iluminação pública e política no Alto Minho (1906-1960)"
Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000/Afrontamento
Apoiado pela Fundação EDP

Da Monarquia à República no Concelho de Caminha
Crónica Política (1906 - 1913)

Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000


O Estado Novo e outros sonetos políticos satíricos do poeta caminhense Júlio Baptista (1882 - 1961)

Organização e estudo biográfico do autor por Paulo Torres Bento
Edição: C@2000


Rota dos Lagares de Azeite do Rio Âncora

Autor: Joaquim Vasconcelos
Edição: C@2000


Memórias da Serra d'Arga
Autor: Domingos Cerejeira
Edição: C@2000

Outras Edições Regionais