JORNAL DIGITAL REGIONAL CAMINHA 2000 JORNAL DIGITAL REGIONAL CAMINHA 2000

Horário do Ferry (7 a 12 de Janeiro)


Detidos dois portugueses por tráfico de droga

A Guarda Civil deteve e apresentou ao juiz de Tuy esta semana (Terça-feira) dois indivíduos de nacionalidade portuguesa que transportavam várias pedras de cocaína com as quais lhes seria possível produzir 150 doses de droga.

A polícia abordou-os no interior de uma viatura em que seguiam dentro da vila de A Guarda após o que os transportou para o posto da Guarda Civil.

Os dois homens, com 44 e 39 anos, foram deixados em liberdade pelo juiz, com a obrigação de se apresentarem em tribunal sempre que convocados.


Performance 'un violador no teu camiño'

A performance foi creada polo colectivo feminista chileno Las Tesis. Representouse por primeira vez en novembro de 2019 en Santiago de Chile durante unha manifestación en contra da violencia contra as mulleres. O obxectivo é dar visibilidade as desigualdades e violencias que sufrimos as mulleres de todo o mundo e denunciar a pasividade das autoridades ante esta inxustiza.

A performance levarase a cabo o sábado 18 de xaneiro as 12 da mañá na praza Avelino Vicente da Guarda. Ademais, o sábado 11 ás 5 da tarde no C.S. Fuscalho da Guarda farase un ensaio previo.

Concello de A Guarda


A actividade de dinamización en igualdade "Igual a nós" chega este mes á Guarda

A Secretaría Xeral de Igualdade, en colaboración coa Consellería de Política Social, están levando a cabo por diferentes provincias de Galicia, xornadas para a prevención e sensibilización sobre igualdade e violencia de xénero, denominadas "Igual a Nós" e orientadas principalmente a mulleres maiores.

Na Guarda, esta actividade realizarase o venres 31 de xaneiro ás 20:00h no Centro Cultural da Guarda, onde potenciarase o uso das novas tecnoloxías e converterase nun espazo de encontro para mellorar a autoestima persoal e grupal das mulleres.

A actividade terá unha duración aproximada dunha hora e media e dividirase en dous bloques: en primeiro lugar, nunha representación escénica e, en segundo lugar, nun coloquio para afondar e debater os conceptos abordados na representación como a corresponsabilidade, coeducación, aplicación EscApp, entre outros. O obxectivo destas actividades están enfocados á eliminación das tradicións sexistas, que moitas veces dificultan a visibilización de situacións de maltrato.

Realizarase no Centro Cultural de A Guarda, ás 20h da tarde e a entrada é de balde.

Todas as persoas interesadas en participar deberán inscribirse contactando co Centro de Información á Muller da Guarda no teléfono 986 61 0000(ext.4025) ou a través do enderezo electrónico muller@aguarda.es

Lucía Álvarez - A Guarda


A Guarda acolle en febreiro un curso de Elaboración artesanal de Ungüentos naturais

Trátase dunha nova acción formativa de "Coas mans na masa" da Asociación de Desenvolvemento Galicia Suroeste Eurural

A Asociación de Desenvolvemento Galicia Suroeste Eurural continúa coa súa apostando pola formación como ferramenta para mellorar a capacitación dos recursos humanos do territorio. Por este motivo, e tras o éxito acadado en 2018 e 2019, a Escola Eu Rural pon en marcha a terceira edición do programa 'Coas mans na masa', un itinerario formativo que busca engadir valor no mercado aos produtos do sector primario a través da transformación da abundante materia prima da contorna en produtos de gran calidade e da súa conservación para a posterior comercialización.

Seis cursos, seis concellos

A gran demanda das accións formativas levadas a cabo na pasada edición do programa 'Coas mans na masa', nas que houbo unha importante lista de agarda de persoas interesadas en participar, motivou que Eurural volva a poñer en marcha os cursos de elaboración artesanal de ungüentos naturais e de elaboración artesanal de conservas. Así, por un lado, as persoas interesadas en aprender a crear cremas, pinturas, aceites... con recursos naturais da contorna poderán participar nalgunha das 4 accións formativas de 'Elaboración artesanal de Ungüentos naturais' que se celebrará en A Guarda (3 e 4 de febreiro), Tui (10 e 11 de febreiro), Baiona (17 e 18 de febreiro) e O Rosal (9 e 10 de marzo), catro concellos nos que aínda non se tiña impartido esta actividade.

Poderá inscribirse e participar nestes cursos calquera persoa que resida no territorio do GDR 14 e estea interesada, independentemente de que o concello no que viva non dispoña de curso. As xornadas son de balde e a inscrición farase a través da web www.eurural.org, dirixíndose ao apartado denominado Escola. Todos os cursos se impartirán en horario de 16.30 a 20.30 horas e haberá un máximo de 15 alumnos e alumnas por curso.

Novas edicións

'Coas mans na masa' nace ao acubillo da Escola Eurural, creada en 2017 como unha ferramenta posta en marcha pola AD Galicia Suroeste Eurural para canalizar todas as accións formativas que se desenvolven no territorio do GDR 14 e que abrangue aos concellos de Baiona, Fornelos de Montes, Gondomar, A Guarda, Mos, Nigrán, Oia, Pazos de Borbén, O Porriño, Redondela, O Rosal, Tomiño e Tui.

Dentro da súa Estratexia de Desenvolvemento Local Participativa elaborada pola AD Galicia Suroeste Eurural, na que se estableceron as liñas de actuación da Medida Leader para o territorio do GDR 14, recóllese unha aposta pola formación como vehículo para mellorar a capacitación do capital humano da contorna. Por este motivo, cada ano destínase o 2,5% do orzamento anual da asociación á creación de itinerarios formativos para toda a poboación e ata o de agora xa se formaron a máis de 280 persoas.

Concello de A Guarda


A Guarda pecha o Nadal este domingo

A Guarda pecha a programación e actividades do Nadal 2019/20 este domingo co peche da Pista de Xeo da Alameda e o apagado do alumeado de Nadal.

Malia que inicialmente as previsións eran as de manter a Pista de Xeo ata o vindeiro día 19 de xaneiro, debido a baixa afluencia e demanda da mesma, a empresa que xestiona a mesma decidiu adiantar o seu peche a este domingo día 12 de xaneiro.

A Guarda pecha deste xeito un Nadal que se iniciaba o 5 de decembro co acendido do alumeado e no que os nenos e nenas da vila foron os principais destinatarios da ampla programación que se levou a cabo con espectáculos infantís, concertos, tardes de xogos e ludotecas, ás que asistiron moitos cativos e cativas da vila.

A programación contou tamén este ano coa música en directo dos grupos Inertes e Presumido, así coma unha Barferencia, o tradicional concerto de panxoliñas, dos alumnos e alumnas do Conservatorio da Guarda, exposicións e unha espectacular Cabalgata de Reis Magos, que encheu as rúas da vila de asistentes, cunha recepción multitudinaria na Casa dos Alonso.

Concello de A Guarda


O Concello da Guarda leva á Xunta aos tribunais pola denegación parcial dunha subvención para a contratación de socorristas

No mes de maio de 2019 o Concello da Guarda solicitou, ante o Servizo de Emprego e Economía Social da Xefatura Territorial de Pontevedra da Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia, unha subvención con cargo á aplicación orzamentaria 09.40.322C-20500489 por importe de 21.000€ para o cofinanciamento da contratación de 7 traballadores/as desempregados/as para o servizo de socorrismo das Praias con Bandeiras Azuis do municipio na época estival, Area Grande e O Muíño.

No mes de setembro o Alcalde da Guarda solicitou a reducción da subvención a 6 traballadores por ser estes suficientes para cubrir as necesidades do servizo. Asimesmo, achegou a documentación xustificativa de que outro traballador fora contratado, por motivos alleos ao concello, 7 días máis tarde do previsto nas bases publicadas pola Consellería de Economía da Xunta. A contratación produciuse o 8 de xullo de 2019 en lugar do 1 de xullo. Dende o Servizo de Emprego e Economía Social da Consellería de Economía comunicaron ao concello que por este motivo perdían o dereito a totalidade da subvención para este traballador. Pasando a participación da Xunta de 18.000 € a 15.000 €

No mes de outubro o Alcalde da Guarda presentou un recurso de reposición alegando que dos 6 candidatos que presentaron os papeis en tempo e forma, tan só 5 acudiron á realización das probas de selección unha vez finalizado o prazo de presentación da documentación esixida. Dende o concello non se entende como, por este motivo se revoga totalmente a subvención deste traballador reducindo o importe total en 3.000€, cando tan solo se atrasou o tempo de contratación en 7 días. Segundo o equipo xurídico do concello da Guarda, queda de manifesto que o grao de cumprimento do concello aproxímase, de xeito absolutamente significativo, ao cumprimento total das súas obrigas, polo cal se solicita recoñecer o dereito do concello da Guarda a recibir o importe proporcional da subvención concedida no seu día, por importe de 2.650€ polo socorrista contratado con data 8 de xullo de 2019.

Unha vez finalizada a vía administrativa, despois de que a Xunta desestimara o recurso presentado polo Alcalde da Guarda, o concello decidiu interpoñer un recurso contencioso-administrativo con data 3 de xaneiro de 2020 por non compartir as consideracións expostas na resolución por un suposto incumprimento total e non parcial, como se entende que foi o caso, esixindo a parte proporcional da subvención concedida inicialmente.

Dende o concello recórdase que a non contratación en prazo deste socorrista non é responsabilidade municipal, senón consecuencia dun proceso selectivo que presenta, todos os anos e en moitos concellos, dificultades pola escasa oferta de traballadores. A Xunta e O Servizo de Emprego da Consellería de Economía deberían buscar as causas desta baixa demanda de emprego de socorristas e tomar as medidas que lle corresponden, por ser da súa competencia, para aumentar o número de socorristas titulados.

A contratación de socorristas é necesaria para solicitar as Bandeiras Azuis para as praias. Moitos concellos, diante da dificultade de contratación de socorristas, teñen renunciado a solicitar esta distinción. A Xunta de Galicia debería facilitar máis a obtención de Bandeiras Azuis para as praias galegas polo que representan na promoción turística. Na actualidade son os concellos os máis penalizados a hora de conseguir estas distincións.

Concello de A Guarda


Unidade Móbil de inspección técnica de agrícolas na Guarda en febreiro

A Unidade Móbil 0 de inspección técnica de AGRICOLAS desplazarase ao Concello de A GUARDA nas seguintes datas e ubicacións:

" do 03/02/2020 ao 03/02/2020 Estación de Servicio San Roque (A Guarda)

O horario habitual de atención será de 9:00h a 13:30h e 15:15 a 18:00 horas de luns a venres agás:

Para solicitar cita previa:
" Por teléfono: 902 30 90 00
" A través da nosa páxina web: www.sycitv.com - Cita previa

NOTA: A admisión de vehículos con características particulares estará condicionada á posibilidade de realizar as operacións de inspección regulamentarias.

Concello de A Guarda


Unidade Móbil de inspección técnica de ciclomotores na Guarda en febreiro

A Unidade Móbil 9 de inspección técnica de CICLOMOTORES desplazarase ao Concello de A GUARDA nas seguintes datas e ubicacións:

" do 14/02/2020 ao 17/02/2020 Estación de Servicio San Roque (A Guarda)
O horario habitual de atención será de 9:00h a 13:30h e 15:15 a 18:00 horas de luns a venres agás:

" 14/02/2020 que será horario só de mañá

Para solicitar cita previa:
" Por teléfono: 902 30 90 00
" A través da nosa páxina web: www.sycitv.com - Cita previa

NOTA: A admisión de vehículos con características particulares estará condicionada á posibilidade de realizar as operacións de inspección regulamentarias.

Concello de A Guarda


Unidade Móbil de inspección técnica de turismos na Guarda en febreiro e marzo

A Unidade Móbil 6 de inspección técnica de TURISMOS desplazarase ao Concello de A GUARDA nas seguintes datas e ubicacións:

" do 19/02/2020 ao 03/03/2020 Estación de Servicio San Roque (A Guarda)
O horario habitual de atención será de 9:00h a 13:30h e 15:15 a 18:00 horas de luns a venres agás:

" 03/03/2020 que será horario só de mañá

Para solicitar cita previa:
" Por teléfono: 902 30 90 00
" A través da nosa páxina web: www.sycitv.com - Cita previa

NOTA: A admisión de vehículos con características particulares estará condicionada á posibilidade de realizar as operacións de inspección regulamentarias.

Concello de A Guarda


Primeiras citas para a renovación do DNI na Guarda no 2020

A 9 de xaneiro de 2020 xa se poderán solicitar as citas para a primeira visita das unidades móbiles no concello este ano para a renovación do Documento Nacional de Identidade (DNI) correspondentes ao primeiro trimestre de 2020.

A apertura do prazo para a solicitude de novas citas nos meses xaneiro, febreiro e marzo, ofertadas pola unidade móbil do Corpo Nacional de Policía de Vigo comezarán o xoves día 9 de xaneiro de xeito presencial de 8:00h a 14:00h no 1º andar(Rexistro) da Casa dos Alonso e a partires do venres día 10 de xaneiro de xeito telefónico no 986 61 0000 nas extensións 1 e 2.

Ata entón, aquelas persoas que de xeito urxente necesiten realizar a renovación do seu DNI, poderán acudir ás oficinas de expedición de Tui (na rúa Párroco Rodríguez Vázquez, 3) ou Vigo (rúa Álvaro Cunqueiro, 6) previa solicitude de cita no teléfono 060 ou ben a través da páxina web www.citapreviadni.es.

Concello de A Guarda


A Guarda amplía a apertura da Aula de Estudo

O Concello da Guarda ven de anunciar a ampliación ata o vindeiro 16 de xaneiro da Aula de Estudo para que todas aquelas persoas que ao longo das vacacións de Nadal precisen dun espazo para poder estudar, acudan ata o Sinde vello.

Ante a demanda dun grupo de estudantes universitarios da nosa vila, este nadal habilitouse un aula do Sinde Vello como sala de estudo, situado no baixo do Antigo Colexio Sinde na Rúa Puerto Rico. A demanda continúa, polo que se decidiu ampliar a apertura deste espazo.

Este espazo atópase aberto ao público os seguintes días:

Do 6 de xaneiro de 2020 ata o 16 de xaneiro de 2020 en horario de 09:30 horas a 20:30h.

*Excepto o 7 e do 13 ao 16 de xaneiro que se abrirá en horario reducido de 16:30h a 20:30h.

Concello de A Guarda




Edições C@2000
Do Coura se fez luz. Hidroeletricidade, iluminação pública e política no Alto Minho (1906-1960)"
Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000/Afrontamento
Apoiado pela Fundação EDP

Da Monarquia à República no Concelho de Caminha
Crónica Política (1906 - 1913)

Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000


O Estado Novo e outros sonetos políticos satíricos do poeta caminhense Júlio Baptista (1882 - 1961)

Organização e estudo biográfico do autor por Paulo Torres Bento
Edição: C@2000


Rota dos Lagares de Azeite do Rio Âncora

Autor: Joaquim Vasconcelos
Edição: C@2000


Memórias da Serra d'Arga
Autor: Domingos Cerejeira
Edição: C@2000

Outras Edições Regionais