JORNAL DIGITAL REGIONAL CAMINHA 2000 JORNAL DIGITAL REGIONAL CAMINHA 2000

Tomiño convértese en Mecenas da Casa de Rosalía, para asegurar a difusión do legado da grande escritora galega

O Concello colaborou economicamente dúas veces máis coa institución, durante a segunda metade do século pasado

O Concello de Tomiño convértese en Mecenas da Casa de Rosalía de Castro, grande escritora galega, falecida no ano 1885.

A decisión, pola que o Concello doará 2.000 euros ao ano á fundación sen ánimo de lucro que sostén a casa-museo, situada na aldea da Matanza (Padrón. A Coruña), foi tomada durante o último pleno ordinario, celebrado o pasado día 26 de decembro.

Segundo a proposta da Alcaldía de colaboración coa Casa de Rosalía, esta institución, adicada ao coñecemento da figura e obra da escritora e a do seu marido, o historiador Manuel Murguía, non recibe financiamento regular que asegure o seu funcionamento anual nin o seu futuro. Por esta razón e para reafirmar a independencia cultural e económica e ao mesmo tempo toda Galiza sinta a casa coma propia, o Concello colaborará a partir do ano que se inicia coa cantidade mencionada.

Dáse a circunstancia de que o Concello de Tomiño xa colaborou economicamente coa Casa de Rosalía en dúas oportunidades bastante lonxe no tempo: a primeira, no ano 1953, doando 500 pesetas, e a segunda, no 1971, cando apoiou a recuperación e o proceso de creación da Casa-Museo, cunha achega de 2.000 pesetas (uns 11.500 euros).

"Por estes motivos, propomos que o Concello de Tomiño se converta en Mecenas da Casa de Rosalía a través dunha colaboración económica anual, grazas á cal, tanto os escolares, coma as asociacións culturais do seu municipio, poidan ter visitas guiadas de balde", reza a proposta.

No ano 1947 créase o Padroado Rosalía de Castro co fin de recuperar a Casa da Matanza. Esta foi restaurada no ano 1971 e na actualidade é propietaria da mesma a Fundación Rosalía de Castro, que continúa o labor que comezara o Padroado. Entre os obxectivos primordiais da fundación están o coñecemento da figura e obra da escritora ao mesmo tempo que difundir a do seu marido, o historiador Manuel Murguía, ademais de encargarse da conservación de Casa-Museo e do Panteón da escritora situado na Igrexa de Santo Domingos de Bonaval en Santiago.

Acordo plenario

Durante a mesma cesión, aprobouse un acordo plenario de adhesión á iniciativa europea do Pacto dos Alcaldes para o Clima e a Enerxía, que faculta á alcaldesa a representar ao Concello de Tomiño na sinatura do referido pacto de alcaldes.

Concello Tomiño


Tomiño recolle a experiencia dos concellos pioneiros en compostaxe para levar a cabo a segunda fase do Plan Revitaliza

Nos cascos urbanos, estanse estudando as posibles localizacións de composteiros comunitarios, e para as vivendas con terreo, está prevista a entrega duns 3000 composteiros individuais

O Concello de Tomiño ten previsto por en marcha no 2020 a segunda fase do Plan Revitaliza, subvencionado na súa meirande parte, pola Deputación de Pontevedra, co fin de alcanzar o 100% da compostaxe da materia orgánica xerada no municipio.

Con este propósito, a concelleira de Medio Ambiente, Ana Belén Casaleiro, vén de realizar no último mes sendas visitas a concellos pioneiros no tema coma Mondariz, Mondariz Balneario, As Neves e Vilaboa, co gallo de estudar as distintas posibilidades na posta en marcha da mellora na xestión do lixo.

Dentro do marco desta actuación (Plan Revitaliza Liña 2), estase a traballar para posibilitar a compostaxe para toda a cidadanía de Tomiño. Nos cascos urbanos (O Seixo e Goián), estúdanse as posibles localizacións de novos composteiros comunitarios, e para as vivendas con terreo, prevese a entrega duns 3000 composteiros individuais.

De igual forma, en relación á fracción verde, restos de poda dos xardíns particulares, estanse a valorar diversas opcións para atopar a solución máis eficiente posible. "O concello é consciente da dificultade da xestión deste residuo, dada a dispersión da poboación e a dimensión da acción prevista", explica a concelleira.

Os concellos visitados, que foron os primeiros da provincia en implementar o mesmo programa de compostaxe, expuxeron in situ as súas experiencias ao equipo de Medio Ambiente do Concello de Tomiño, acompañado por outros concelleiros e concelleiras interesados. "A valoración do departamento de Medio Ambiente do concello de Tomiño destas visitas é moi positiva, xa que descubriron distintos sistemas loxísticos para a xestión e tratamento da fracción verde", apunta Casaleiro.

Informáronse tamén sobre un sistema descentralizado, que consiste na instalación de puntos verdes en cada parroquia con trituración dos restos de poda de forma periódica; e doutro centralizado, no que a veciñanza deixa os restos verdes nun único punto de depósito, onde se acumulan para a súa posterior trituración.

Por último, comprobaron o funcionamento do sistema de préstamo de trituradoras á veciñanza, para dar a opción de triturar en cada vivenda as súas podas e reducir ao mínimo o desprazamento dos residuos.

"Unha vez coñecidas as vantaxes e desvantaxes dos distintos sistemas experimentados por estes consellos visitados, o Concello de Tomiño deberá estudar cal será a mellor solución para o territorio, dada as súas características", comenta a concelleira.

Reunión con toda a corporación

O Concello de Tomiño, a través da Concellería de Medio Ambiente, convocou unha reunión con toda a corporación para que os técnicos do Plan Revitaliza, da Deputación de Pontevedra, explicasen aos concelleiros e concelleiras o alcance do desenvolvemento do programa. Á reunión, que tivo lugar o pasado martes, asistiron a alcaldesa, a concelleira de Medio Ambiente e o equipo de técnicos do departamento.

Concello Tomiño




Edições C@2000
Do Coura se fez luz. Hidroeletricidade, iluminação pública e política no Alto Minho (1906-1960)"
Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000/Afrontamento
Apoiado pela Fundação EDP

Da Monarquia à República no Concelho de Caminha
Crónica Política (1906 - 1913)

Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000


O Estado Novo e outros sonetos políticos satíricos do poeta caminhense Júlio Baptista (1882 - 1961)

Organização e estudo biográfico do autor por Paulo Torres Bento
Edição: C@2000


Rota dos Lagares de Azeite do Rio Âncora

Autor: Joaquim Vasconcelos
Edição: C@2000


Memórias da Serra d'Arga
Autor: Domingos Cerejeira
Edição: C@2000

Outras Edições Regionais