JORNAL DIGITAL REGIONAL CAMINHA 2000 JORNAL DIGITAL REGIONAL CAMINHA 2000

PRESENTACIÓN DAS OBRAS DE MELLORA NAS INSTALACIÓNS DO PAVILLÓN MUNICIPAL DO ROSAL

A 20/12 tivo lugar a presentación das obras de mellora do Pavillón Municipal na que estiveron presentes Jose Ramón Lete, Secretario Xeral para o Deporte, Daniel Benavides Alonso, Xefe do Servizo Provincial de Deportes, a Alcaldesa do Rosal Ánxela Fernández Callís, o concelleiro de Deportes Germán Fernández Rodríguez, Mª del Carmen Alonso Alonso concelleira do PP do Rosal, e Andrés Senra e Rafael Vicente presidente e membro da directiva do clube Acanor Atl Novás.

Estas obras realizáronse mediante a sinatura dun convenio entre o Concello do Rosal e a Secretaría Xeral para o Deporte, nas que se investiron un total de 46.883,58 EUROS e consistiron na ampliación e remodelación da zona de vestiarios e duchas, así como a realización dun aseo adaptado, cerramentos e división, revestimentos, pavimentos, fontanería e sanitarios, electricidade e equipamentos.

Logo de varias reunións mantidas entre o novo equipo de goberno e o clube Acanor Atl. Novás, principal usuario das instalacións deportivas, decidiuse modificar o proxecto inicialmente previsto coa finalidade de adecualo ás necesidades reais do seu uso.

Desde o concello agradecemos á Xunta de Galicia e agardamos poder contar con eles para a realización da segunda fase de melloras que queda pendente no pavillón municipal.

Concello de O Rosal


NAIS, PAIS E PROFESORADO DO CRA MARÍA ZAMBRANO DO ROSAL COLABORAN NA REMODELACIÓN DA SÚA BIBLIOTECA

O pasado fin de semana as nais, pais e o profesorado do CRA María Zambrano do Rosal traballaron xuntos para instalar o mobiliario das novas instalacións na biblioteca que o centro escolar ten na escola de Tabagón.

O CRA María Zambrano accedeu a unha axuda da fundación La Caixa para dotar de mobiliario e material escolar a unha aula multisensorial. Para a súa instalación foi preciso ampliar a biblioteca de Tabagón. O Concello fíxose cargo da ampliación e as obras leváronse a cabo durante o verán. A biblioteca do CRA é un espazo dinámico no que os nenos e nenas non sóestán en contacto cos libros senón que nela realízanse actividades como contacontos ou presentacións, nas que participan tanto o alumnado como as súas familias. Froito desta implicación, e para poñer en marcha o novo espazo, nais, pais e persoal docente traballaron xuntos para montar e instalar o novo mobiliario. Deixaron todo preparado para a chegada do mateirla da aula multisensorial, que fará realidade un proxecto que vai ampliar os usos e prestacións da biblioteca.

Concello de O Rosal




Edições C@2000
Do Coura se fez luz. Hidroeletricidade, iluminação pública e política no Alto Minho (1906-1960)"
Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000/Afrontamento
Apoiado pela Fundação EDP

Da Monarquia à República no Concelho de Caminha
Crónica Política (1906 - 1913)

Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000


O Estado Novo e outros sonetos políticos satíricos do poeta caminhense Júlio Baptista (1882 - 1961)

Organização e estudo biográfico do autor por Paulo Torres Bento
Edição: C@2000


Rota dos Lagares de Azeite do Rio Âncora

Autor: Joaquim Vasconcelos
Edição: C@2000


Memórias da Serra d'Arga
Autor: Domingos Cerejeira
Edição: C@2000

Outras Edições Regionais