JORNAL DIGITAL REGIONAL CAMINHA 2000 JORNAL DIGITAL REGIONAL CAMINHA 2000

Río Tollo, 20 años cultivando futuro en el Baixo Miño

Dos décadas de historia marcadas por el trabajo en equipo, la innovación y la superación continua

Dos décadas de historia, dos décadas de trabajo en equipo, innovación y superación continua que han definido lo que es Río Tollo hoy en día: una empresa que apuesta por el futuro del Baixo Miño, con una amplia plantilla de trabajadores del entorno, con una actividad sostenible y respetuosa con el medio natural en el que se encuentra y que líder en I+D+i a nivel europeo, llevando el nombre de Tomiño más allá de las fronteras de Galicia.

El germen se remonta al año 99. Los primeros invernaderos empiezan a llenarse y con ellos a crecer una empresa que buscaba "dar riqueza, trabajo a la zona y diversificar la actividad agraria" y que rápidamente se abrió a Europa en busca de nuevas ideas, nuevos productos y nuevas iniciativas con las que seguir creciendo. Fue Europa la que les abrió las puertas al que hoy es uno de sus cultivos de referencia, la camellia, una planta que se adapta a la perfección al clima del Baixo Miño y que con el paso de los años ha conseguido situar en todos los mapas a la comarca.

Río Tollo empezó a crecer, a veces sin prisa, a veces de forma casi desbordante, pero siempre con un equipo heterogéneo y equilibrado detrás que ha dado a Río Tollo un sello de seriedad, calidad, innovación y valentía que se exporta a todo el Baixo Miño, poniendo en valor lo que se hace en la comarca. Son dos décadas creciendo al tiempo que crecen sus trabajadores y el entorno, apostando por las personas, con un equipo de trabajadores entregado, apasionado por su trabajo, orgulloso de lo que hace y en formación y evolución constante.

Río Tollo nació como un humilde proyecto empresarial y se ha convertido en una gran familia orgullosa de lo que ha conseguido con trabajo y esfuerzo. Un modelo de empresa basado en el cuidado del medio ambiente, en la escucha activa, en el aprendizaje, en la cercanía y en un espíritu de cooperación que les llevó a unirse con otros viveros para crear la primera comercializadora de planta del Baixo Miño, Coplant.

Tras 20 años de esfuerzo ahora llega el momento de enfrentarse a nuevos retos y sueños. Una mayor tecnificación, una mejor organización y estructuración en puntos claves, la mejora continua… sin olvidarse de dignificar el trabajo, mejorar la calidad de vida de las personas que trabajan en Río Tollo y la convivencia con el entorno.

Han sido 20 años de intenso trabajo, de risas y lágrimas, de muchos momentos de euforia y decepción, de superar adversidades y seguir luchando contra viento y marea. Dos décadas de historia que no habrían sido posibles sin todas aquellas personas que han depositado en Río Tollo su confianza a lo largo de estos años.

Río Tollo - Tomiño


Os Bolechas voltan a Tomiño para celebrar unha xuntanza feminista

A Concellería de Benestar Social, Igualdade e Educación do Concello de Tomiño, reparte exemplares a alumnado de educación infantil e primaria e ANPAs

Os Bolechas, personaxes moi queridos por nenos e nenas, regresan a Tomiño cun novo libro dedicado á vila. Esta vez trasládanse a Tomiño para celebrar unha xuntanza feminista.

A Concellería de Benestar Social, Igualdade e Educación do Concello de Tomiño, a través do Servizo Municipal de Igualdade e Educación, repartiu hoxe exemplares deste novo libro-guía a todo o alumnado de educación infantil e primaria (até 8 anos), co fin de favorecer a coeducación e a promoción da igualdade de oportunidades, e fomentar a desaparición dos roles e estereotipos de xénero.

"Este libriño é unha ferramenta para traballar a igualdade, o rexeitamento da violencia machista, e a resolución dos conflitos, mediante o diálogo, dun xeito accesible e utilizando personaxes familiares para o alumnado, cos que poidan identificarse facilmente", explica a concelleira Cristina Martínez.

A través do novo texto, incídese de xeito lúdico, na participación activa de nenas e nenos por igual, nos xogos e tomas de decisións, coa intención de que poidan extrapolar estes aprendizaxes á vida cotiá.

O novo libro, protagonizado por Salvadora, unha nena de Tomiño que convida aos Bolechas e a outras amigas e amigos a unha xuntanza feminista, visitando distintos espazos do municipio, coma colexios, Espazo Fortaleza, Praza do Seixo, etc., farase chegar tamén ás ANPAs e á comunidade educativa da vila. Asemade, reservaranse exemplares para as persoas que participan no programa de inclusión familiar "Medrando en Familia". "A idea é iniciar a andadura en temas de igualdade dende idades temperás, tanto nas familias coma na escola", comenta a concelleira.

A publicación deste novo libro de Os Bolechas en Tomiño foi posible grazas á adhesión ao Programa de Sensibilización da Secretaría Xeral de Igualdade e o Pacto de Estado contra a violencia de xénero.

Tomiño suma con este novo exemplar de Os Bolechas, cinco volumes dedicados especialmente á vila en diferentes temas e espazos.

O anterior foi o libro-guía "Os Bolechas limpan Tomiño"; un traballo feito por encargo da Concellería de Medio Ambiente, dentro da campaña de divulgación sobre a compostaxe e a redución do lixo, na que vén traballando o Concello nos últimos anos.

Concello Tomiño


Tomiño comparte a súa experiencia no V Congreso Cidades Amigas da Infancia de UNICEF

Sofía Areal, ex-alumna do IES Antón Alonso Ríos, participou para relatar a súa vivencia ao fronte do Consello da Infancia e Adolescencia de Tomiño

- O "V Congreso Ciudades Amigas de la Infancia: la opinión de la infancia cuenta", organizado por UNICEF en Madrid, contou coa presenza de Tomiño, representado pola alcaldesa Sandra González, a concelleira de Mocidade e Participación Infantil, Fátima Rodríguez e Sofía Areal, ex-alumna do IES Antón Alonso Ríos que estivo ao fronte do Consello da Infancia e Adolescencia "Voces Novas" de Tomiño.

O congreso, celebrado os días 25 e 26 de novembro no Caixaforum de Madrid, foi inaugurado pola Ministra de Sanidade, Consumo y Bienestar Social, María Luisa Carcedo Roces, xunto co presidente do Comité Español de UNICEF, Gustavo Suárez Pertierra.

A representación tomiñesa asistiu a diferentes obradoiros e mesas de traballo. Sofía Areal participou, ademais, no "Diálogo con representantes dos consellos de participación infantil y adolescente y César Muñoz (Consultor Internacional de Infancia, Juventud y Participación Ciudadana-Democracia Participativa)". A moza tomiñesa salientou a necesidade de que as persoas que toman as decisións que afectan á infancia e á adolescencia, consulten a estes sectores de poboación antes de tomalas. Puxo coma exemplo o feito de que os/as poñentes do propio congreso sexan persoas adultas, "cando somos nos quen mellor coñecemos o que nos pasa e o que necesitamos cambiar".

Con unha audiencia de preto de 400 persoas, o V Congreso Ciudades Amigas de la Infancia, tivo coma temática central o dereito á participación contemplada na Convención dos Dereitos do Neno (CDN), xunto coa non discriminación.

A alcaldesa de Tomiño sinalou tras o congreso, a importancia de achegar a xestión pública ao nenos e nenas, mozos e mozas, creando así mecanismos máis eficaces e inclusivos de participación.

Para o peche do Congreso, os máis de 50 alcaldes e alcaldesas asistentes, asinaron a "Declaración de Colonia de Alcaldes y Alcaldesas" firmada en la Primera Cumbre

Internacional de Ciudades Amigas de la Infancia que tivo lugar na cidade alemá o mes pasado, co fin de renovar o compromiso coa Convención sobre os Dereitos do Neno, no marco de seu 30 aniversario.

No mes de novembro, o Concello de Tomiño desenvolveu varios actos coma a celebración do pleno infantil, o pasado mércores; o remate da colocación de 700 pictogramas nos centros educativos, e a participación neste Congreso de Cidades Amigas da Infancia; galardón outorgado a Tomiño por parte de UNICEF o pasado ano, e que supón que o Goberno Local mantén o seu compromiso de que a infancia sexa un dos eixos centrais das políticas públicas municipais.

Concello Tomiño


BASES CABALGATA DE REIS 2020. NADAL 2019-2020

O obxectivo destas bases é regular a participación das entidades/asociacións sen ánimo de lucro rexistradas no Concello, a través de carrozas na Cabalgata de Reis que organiza o Concello de Tomiño.

O desfile será o día 5 de Xaneiro. A saída será ás 16:30 horas dende O Alivio polo percorrido habitual. En caso de choiva, poderá suspenderse ou trasladarse para o día seguinte á mesma hora, a criterio da Concellaría.

1º Incrición e documentación a achegar.

Para solicitar a participación deberán presentar na sede electrónica do Concello o formulario habilitado para tal fin entre os días 25 e o 29 de novembro de 2019.

A documentación requerida para a inscrición é a seguinte:

" Impreso de solicitude, acompañada dunha descrición do deseño da carroza (requisito indispensable).
" Certificado de titularidade da conta da entidade.
" Póliza do Seguro de Responsabilidade Civil.
" Xustificante de pago do Seguro de Responsabilidade Civil.

2º Requisitos de participación

As solicitudes serán segundo o modelo establecido pola Concellaría, debendo aportar obrigatoriamente un seguro de responsabilidade civil.

O tema da carroza poderá facer referencia a algún ou varios dos seguintes temas: reis magos, carteiros reais e paxes.

Soamente se admitirá un máximo de 4 carrozas das presentadas por asociacións rexistradas neste Concello. Entre as inscricións seleccionarase as propostas gañadoras.

3º Criterios de avaliación

Para poder participar na cabalgata terán en conta os seguintes criterios que serán avaliados pola Comisión Técnica de Cultura:

" Terán preferencia as entidades do Concello de Tomiño.
" O deseño e proxecto da carroza participante.

4º Compensación económica

Cada proposta co seu correspondente deseño, que sexa admitida, terá dereito á compensación económica, por un importe de 600€. No caso de que se suspenda a Cabalgata a compensación económica quedará reducida a 200,00€ para cada unha das inscricións admitidas.

O pago das compensacións económicas realizarase mediante transferencia bancaria, previa presentación electrónica da factura (presentando certificación, se é o caso, da exención do IVE). O prazo da presentación da factura será de 1 mes dende a celebración do acto.

O feito da presentación da documentación esixida nesta Convocatoria implica a aceptación, na súa totalidade, das presentes Bases. As cuestións de dúbida, interpretación ou imprevisto que xurdan no desenvolvemento deste desfile serán resoltas pola Concellaría de Cultura do Concello de Tomiño.

Concello Tomiño


Estudantes de Tomiño piden unha aplicación máis eficaz das leis contra a violencia de xénero

Alumnado de 1º de bacharelato do IES Antón Alonso Ríos, interpretou este mediodía a canción "Ni una más" de Moni González

O Mercado Municipal acolleu este mediodía o acto do 25N, que contou con numeroso público. A concelleira de Igualdade, Cristina Martínez, deu lectura ao manifesto contra a violencia de xénero, remarcando "a necesidade de desenvolver, por parte dos gobernos e organizacións, máis actividades de sensibilización sobre a situación de violencia e medo na que viven tantas mulleres".

A concelleira achegou datos estatísticos, segundo os cales, a violencia de xénero é a causa principal de morte de mulleres de entre 15 e 44 anos. "Hoxe vimos vestidas de negro coma símbolo de loito pero tamén de loita por todas as persoas que sofren esta terrible situación", explicou.

Seguidamente, un grupo de alumnos e alumnas de 1º de bacharelato do IES Antón Alonso Ríos, interpretou a canción "Ni una más" de Moni González, cantada por Desiré Pereira.

E xa contra o final, tres compañeiras deron lectura outro manifesto, no que pediron que se apliquen con eficacia as leis contra violencia machista "para que a Xustiza nos crea e deixe de aplicar unha lóxica patriarcal; para que as mulleres sexamos donas dos nosos corpos e das nosas decisións sobre o aborto e a maternidade; para que a educación afectivo-sexual estea contemplada no currículo escolar dun xeito integral sen estereotipos sexistas, racistas e homofóbicos; para que non se nos recorten dereitos no traballo e teñamos unhas condicións dignas e estables; para que non se silencien ás mulleres na Historia; para poder volver á casa sen medo e para que homes e mulleres sexan libres por igual".

Rematado o acto, a concelleira de Igualdade trasladouse coa artista Gemma Marqués até o Camiño do Latas, onde a última está a realizar un novo mural contra a violencia de xénero, coas súas mulleres da serie "Anónimas", e que rematará nas próximas semanas.

Un ano máis, e xunto con máis dun centenar de vilas e cidades galegas, o Concello de Tomiño sumouse á campaña "En negro contra as Violencias", polo que dende a Concellería de Benestar Social, Igualdade e Educación, animaron ao sector do comercio e a todos os axentes sociais e empresarias do municipio, a implicarse nesta acción colectiva, conseguindo un resultado moi bo, polo que dende a Concellería de Benestar fan chegar o seu agradecemento a todas as entidades participantes.

Por outra banda, o Concello de Tomiño desenvolve dende hai varios anos un Programa de Igualdade, dirixido a persoas que sofren violencia, e no que se pode atopar asesoramento xurídico, axuda para trámites e xestións, derivación a outros servizos especializados, solicitude de axudas, atención e acompañamento. Trátase dun programa totalmente gratuíto para as persoas usuarias, confidencial e especializado, integrado no departamento de Benestar do Concello, e ao que se pode chamar para pedir máis información ou cita previa ao teléfono 986 623 211.

Concello Tomiño


Tomiño consigue dúas Flores de Honra polo seu traballo na mellora do espazo verde urbano

A alcaldesa agradeceu a distinción do xurado de Vilas en Flor, comentando que "Tomiño ten aínda moito que facer na mellora dos espazos verdes, asegurando que este galardón é un aliciente para seguir traballando nestes temas".

O xurado de Vilas en Flor de Galicia, un programa que procura a mellora ambiental, social e económica dos concellos galegos de menos de 50.000 habitantes, distinguiu onte ao Concello de Tomiño coma "Vila en Flor 2019", concedéndolle dúas Flores de Honra, "polo seu traballo na mellora do espazo verde urbano".

O acto, ao que asistiu a alcaldesa Sandra González, foi celebrado na Cidade da Cultura, coa participación de 16 concellos de toda a comunidade, entre eles Allariz, Ortigueira, Culleredo, Mondoñedo, Portomarín, Caldas de Reis, Salvaterra e A Guarda.

No caso de Tomiño, o xurado valorou a remodelación urbana do núcleo urbano do Seixo e as perspectivas de axardinamento das novas rúas, ademais de salientar o entorno medio ambiental e paisaxístico no que se sitúa a vila. O río Miño, coma elemento diferenciador do territorio transfronteirizo; a comarca do Baixo Miño, unha das zonas máis fértiles de Galicia, onde abundan os viveiros e a súa proxección empresarial e onde se celebra cada ano a Mostra de Cultivos, foron tidas moi en conta á hora de conceder o galardón a Tomiño, así coma iniciativas de recuperación e promoción do patrimonio paisaxístico como "Cultivando Paisaxes", unha proposta da Fundación Xavier Pousa coa que dar a coñecer mediante distintas intervencións nas estradas, a produción de flor e planta ornamental.

A alcaldesa agradeceu a distinción, comentando que "Tomiño ten aínda moito que facer na mellora dos espazos verdes públicos dos núcleos urbanos, asegurando que este galardón é un aliciente para seguir traballando nestes temas".

Vilas en Flor é un programa anual, xurdido en 2018 á iniciativa da Fundación Juana de Vega, Asociación de viveiristas de Galicia (ASVINOR) e da Asociación Galega de Empresas (AGAEXAR). Trátase dun proxecto de carácter internacional apoiado pola Xunta de Galicia, que pretende por en valor a mellora e potenciación dos espazos verdes urbanos, a xestión sostible dos mesmos e a concienciación cidadá no coidado do medio ambiente.

Concello Tomiño




Edições C@2000
Do Coura se fez luz. Hidroeletricidade, iluminação pública e política no Alto Minho (1906-1960)"
Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000/Afrontamento
Apoiado pela Fundação EDP

Da Monarquia à República no Concelho de Caminha
Crónica Política (1906 - 1913)

Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000


O Estado Novo e outros sonetos políticos satíricos do poeta caminhense Júlio Baptista (1882 - 1961)

Organização e estudo biográfico do autor por Paulo Torres Bento
Edição: C@2000


Rota dos Lagares de Azeite do Rio Âncora

Autor: Joaquim Vasconcelos
Edição: C@2000


Memórias da Serra d'Arga
Autor: Domingos Cerejeira
Edição: C@2000

Outras Edições Regionais