|
Horário do Ferry (26 Novembro a 1 Dezembro)
A vida de María Vinyals foi recollida na primeira Barferencia de finais de 2019 na Guarda
O pasado xoves día 28 de novembro celebrouse a primeira Barferencia do ciclo finais 2019 no bar "Bugus Zentral" da Guarda, unha Barferencia que versou sobre "María Vinyals, unha galega de armas tomar" contando coa ponencia de Silvia Cernadas.
Silvia Cernadas Martínez, explicou aos presentes como foi a vida desta grande e polifacética muller do século XIX, froito das súas investigacións que a levaron a contactar e buscar información con boa parte dos seus descendentes e familiares directos e indirectos. Silvia Cernadas, nada en Soutomaior no ano 1988, é investigadora e Guía oficial de Turismo, Licenciada en Historia pola Universidade de Santiago de Compostela.
Entre as súas principais liñas de investigación destacan a historia da nobreza e os castelos, especialmente o de Soutomaior, sobre o que versa o seu proxecto de tese de doutoramento; a historia da fronteira con Portugal na Idade Media, que comezou a estudar no seu Traballo de Fin de Máster, e a historia das mulleres na Galicia contemporánea, centrándose na figura de María Vinyals. Ten publicado artigos e participado en varios congresos en relación a todos estes temas.
María Vinyals (1875-1940?) coñecida como a "Marquesa roja" polas súas ideas sociais e políticas, destacou como escritora e feminista pero acabou morrendo na miseria e no esquecemento. Nesta Barferencia falousese desta muller tan vencellada ó Castelo de Soutomaior e cuxa vida ben podería ser levada ó mundo do cine ou a televisión.
A segunda Barferencia deste ciclo terá lugar o vindeiro xoves día 26 de decembro ás 20:30h na "Cervexería La Bodega" e versará sobre "Juan Bautista Alonso Español (1801-1879). Relembrando a este deputado á corte da Guarda no 140 aniversario do seu pasamento", a cargo do historiador local Joaquín Miguel Villa.
Dende o Concello da Guarda anímase unha vez máis a participar nestas barferencias que ano a ano espertan o interese dos guardeses e foráneos nun clima distendido e de intercambio de coñecementos de gran interese xeral e que conta cunha ampla participación.
No Día Mundial do VIH/SIDA Érguete Baixo Miño
estará na Praza Avelino Vicente de 10:00 a 14:00 h
A Asociación Érguete Baixo Miño informa que a mañá do vindeiro domingo 1 de decembro en horario de 10:00 a 14:00 h. estaremos informando e sensibilizando sobre o VIH/Sida na Praza Avelino Vicente (Praza As de Copas) en A Guarda, conxuntamente coa recén creada Asociación LGBTI+ Trans Miño. Repartiremos preservativos, como único método que prevé a enfermidade, lazos vermellos, xogos e outras actividades (aprazarase en caso de choiva).
Este ano celébrase o Día Mundial do VIH/SIDA baixo o lema "As comunidades marcan a diferenza". Trátase dun día fundamental dentro das accións que estas Asociacións levan a cabo brindando unha oportunidade importante para recoñecer o papel que as comunidades desempeñaron e continúan desempeñando na resposta ao SIDA a nivel local, nacional e internacional.
O liderado destas organizacións, que están integradas por educadores de iguais, persoas afectadas polo VIH, colectivos homosexuais, persoas transxénero, xente xoven,... respaldan que non se baixe a garda neste aspecto tan relevante para a saúde das persoas. Ademais, atopámonos nun momento en que o reducido orzamento e os poucos espazos adicados a estas cuestións fan peligrar a sostenibilidade dos servizos e dos esforzos para defendelos. É preciso que as comunidades se movilicen máis para garantir que o sida continue presente na axenda política, que os dereitos humanos se respeten e que quenes toman as decisións e as poñen en práctica asuman as súas responsabilidades.
Animamos a todas as persoas a participar nesta xornada e, tamén ao longo de todo o ano, recordando a importancia da educación, da prevención e da sensibilización nesta área que inflúe moi directamente na vida das persoas.
Para máis información, invitamos a todo o mundo a achegarse ás instalacións de Érguete, tamén a través da páxina web www.erguete.org ou ben chamando aos teléfonos 986 61 44 17 / 640 08 63 76.
Érguete Baixo Miño - A Guarda
A Guarda convida a ofertantes e demandantes de emprego ao uso do Portal de Emprego
O Concello da Guarda, a través das Concellerías de Xuventude e Formación puxo en funcionamento no pasado mes de outubro, coincidindo coa Feira do Emprego e Formación Ecoimaxín, o portal do Emprego www.empregonarede.gal , un espazo en internet para conectar ás empresas e organismos que precisen persoal coas persoas desempregadas que andan na procura de emprego.
Este espazo, que funciona de xeito totalmente gratuíto, permite inserir ofertas laborais organizada por sectores de actividade económica, facilitando aos demandantes de emprego as súas pesquisas e servindo de canle de comunicación bidireccional.
Este portal web conta cun mapa de localización de empresas, onde se poden situar xeográficamente as empresas que ofertan emprego permitindo ademais segmentar as ofertas por palabras clave, data de publicación, tipo de xornada laboral, sectores, etc.
O proxecto do portal de emprego www.empregonarede.gal xa foi presentado a diversas institución, organismos e empresas da Comarca do Baixo Miño coma, a empresa A Rosaleira, ao Taller de emprego de Tui, a Asociación de Comerciantes ADETO de Tomiño, ORPAGU, Cruz Roja Baixo Miño, entre outras.
Este proxecto está patrocinado polo Concello da Guarda e a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado.
A Guarda agradece a implicación nas conmemoracións do Día Internacional contra a Violencia de Xénero
Dende a Concellería de Igualdade e o Centro de Información á Muller da Guarda qse quere amosar o agradecemento e a satisfacción pola gran implicación realizada pola cidadanía guardesa, empresarios, comerciantes, alumnos e alumnas da vila nas actividades organizadas en conmemoración do Día Internacional da Violencia de Xénero.
Máis dun centenar de establecementos comerciais e de restauración participaron na Campaña Ennegrocontraasviolencias, dispondo de diverso material da campaña de forma totalmente gratuíta, subido as fotos dos seus locais ás redes sociais empregando os hashtags da campaña #AguardaenNegro e #Aguardacontraasviolencias. Convidamos a que todos aqueles que aínda non o fixeron a que continúen subido as súas fotografías á rede.
Dende o Concello da Guarda confiamos en que o próximo ano serán aínda máis os participantes nesta campaña, atentos a estas datas para conmemorar este día e facer visible unha problemática que se ten que erradicar, non á Violencia de Xénero.
As obras de humanización e mellora da seguridade da rúa Vigo na Guarda avanzan a bo ritmo</font>
Arestora ven de adxudicarse tamén as obras de mellora da Rúa San Queitano e están en proceso de licitación as fases correspondentes das obras nas Rúas Calvario e A Cal.
No pasado mes de setembro iniciáronse as obras de remodelación e mellora da seguridade dos viarios municipais da Rúa Vigo na Guarda a través do proxecto DepoRemse da Deputación de Pontevedra.
As obras realízanse na Rúa Vigo, dende o enlace coa PO-552 ata o Conservatorio Municipal, sendo esta unha primeira fase que debería continuar coa urbanización da rúa Celta.
Arestora os traballos xa van moi adiantados coas canalizacións de augas, electricidade e servizos xa instaladas e con boa parte da delimitación enlousada das beirarrúas feita, de igual xeito tamén se ensanchou a zona do cruce dos bechos, onde será instalada unha rotonda para regular e facer máis seguro o tráfico de vehículos.
No entorno das rúas Vigo e Celta, da parroquia de Salcidos, A Guarda conta con numerosas instalacións e equipamentos públicos coma o Centro de Saúde, o Conservatorio de Música, o Pavillón Municipal, o IES A Sangriña, o CEIP A Sangriña, o Estadio Municipal da Sangriña, lugares que son frecuentados por milleiros de persoas, na súa maioría rapaces e rapazas, usuarios destes equipamentos.
Coa posta en marcha deste proxecto preténdese mellorar e dar seguridade aos desprazamentos peonís e a circulación de vehículos. Un dos elementos fundamentais para conseguir este obxectivo é a construción dunha rotonda no coñecido coma "cruce dos bechos".
O Proxecto de mellora da seguridade no entorno da rúa Vigo e Celta, conta cun orzamento de 588.235,29 euros, dos cales 500.000 apórtaos a Deputación de Pontevedra e 88.235€ o Concello da Guarda.
Por outra banda se ven de adxudicar o contrato para a urbanización da Rúa San Caetano(Fase 2: do nº12 ao 36), á empresa SITEXCA 2016 S.L.U. por un importe de 59.377,12€ IVE engadido e tamén se atopan en proceso de licitación as obras da Rúa Calvario e La Cal. Todos estes proxectos permitirán continuar coa humanización e mellora da seguridade das rúas da vila, aproveitando tamén para mellorar os servizos, canalizacións de augas, saneamento, electricidade e telecomunicacións.
A Guarda fai un novo chamamento á concienciación sobre a limpeza pública e a recollida do lixo
O Concello da Guarda fai un chamamento á cidadanía guardesa para a súa implicación na limpeza dos espazos públicos e a recollida de lixo, en aras de mellorar a imaxe para ter A Guarda máis limpa.
Dende o Concello da Guarda recordase que non se pode depositar lixo fora dos contedores, que os residuos vexetais de limpeza de fincas e xardíns, residuos voluminosos, entullos ou cascallos, deben levarse ao punto limpo.
Así mesmo, o lixo que se deposita nos contedores verde(orgánico) e amarelo(envases plásticos), debe depositarse en bolsas de plástico debidamente pechadas, para evitar malos cheiros e manter estes elementos nas mellores condicións.
A Guarda é un dos concellos de Galicia cunha maior taxa de reciclaxe. O cumprimento do Regulamento de Limpeza Pública e de Recollida de Lixo é tarefa de todos, establecéndose un horario específico para o depósito do lixo: para residuos orgánicos do contedor verde o horario é de 21:00h a 23:00h(de abril a setembro) e de 19:00h a 23:00h (de outubro a marzo) e para os residuos de vidro o depósito dos mesmos realizarase en horario de 8:00h a 22:00h.
O Punto Limpo da Guarda situase ao carón das instalacións da Piscina Municipal na zona da Sangriña e os veciños e usuarios o poden empregar os luns, martes, xoves e venres en horario de 8:00h a 14:00h, os mércores en horario de 8:00h a 18:00h e os sábados en horario de 8:30h a 13:30h.
De igual xeito se pide a colaboración cidadá para informar cando algo está mal, chamando a Policía Local nos teléfonos 986 610 025 e 606 452 655.
O incumprimento do Regulamento de Limpeza Pública e de Recollida de Lixo pode constituír unha infracción administrativa, que conleva a un expediente sancionador, con sancións moi graves, graves e leves, segundo corresponda.
So entre todos é posible ter A Guarda máis limpa
20 desempregados participan na Guarda no Obradoiro de Atención sanitaria a persoas dependentes no domicilio
Na mañá do xoves día 28 de novembro de 2019 arrancaba na Guarda o obradoiro de emprego "Manuel B. Portela VI" de "Atención sanitaria a persoas dependentes no domicilio", un programa mixto de emprego e formación no que 20 participantes acadarán un certificado de profesionalidade.
No acto de inauguración contouse coa presenza do Alcalde da Guarda, Antonio Lomba; a Concelleira de Formación e Desenvolvemento Local, Fátima Rodríguez; a Concelleira de Facenda e Persoal, Montserrat Magallanes; o Delegado Territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, a Técnica de Emprego do Concello, Mª Elena Rodríguez, así coma representantes da corporación municipal, equipo directivo, docente e alumnos do obradoiro.
A finalidade do obradoiro e mellorar a ocupabilidade das persoas desempregadas posibilitando ao alumnado a realización dun traballo efectivo que, xunto coa formación para o emprego recibida, busque a súa cualificación profesional e inserción laboral nun sector, o asistencial, con unha importante demanda.
A duración do obradoiro será de 9 meses e os participantes terán un contrato de formación durante a duración do obradoiro.
Este obradoiro forma parte da Axenda 20 para o Emprego que inclúe, entre os seus obxectivos, mellorar a formación, capacitación e especialización dos traballadores ao longo da vida laboral.
Tal e como manifestou o Alcalde da Guarda, este é o primeiro obradoiro que se realiza na vila dende o ano 2008, motivo de satisfacción para o Concello, posto que permitirá formar a persoas da Guarda nun sector cunha alta demanda na actualidade, promovendo o emprego e a calidade da atención ás persoas dependentes, o que repercutirá na calidade de vida dos nosos veciños.
A Concelleira de Formación e Desenvolvemento Local quixo agradecer á Xunta de Galicia que aprobase a realización deste obradoiro na vila, unha vella demanda, que permitirá ter na Guarda novamente unha formación de calidade cun alto índice de inserción laboral, convidando ao alumnado participante a aproveitar os coñecementos que van a adquirir neste obradoiro para mellorar a nivel persoal e laboral.
Unidade Móbil de inspección técnica de turismos na Guarda en xaneiro
A Unidade Móbil 9 de inspección técnica de ciclomotores desprazarase ao Concello de A GUARDA do 24/01/2020 ao 24/01/2020 na Estación de Servicio San Roque (A Guarda).
O horario habitual de atención será de 9:00h a 13:30h e 15:15 a 18:00 horas de luns a venres
Para solicitar cita previa:
Por teléfono: 902 30 90 00
A través da nosa páxina web: www.sycitv.com - Cita previa
NOTA: A admisión de vehículos con características particulares estará condicionada á
posibilidade de realizar as operacións de inspección regulamentarias.
Información sobre a liberación do Segundo Dividendo Dixital para a recepción do sinal TDT
A liberación do Segundo Dividendo Dixital é un proceso consistente na reorganización e abandono dalgunhas canles nas que se está a emitir a TDT na actualidade para deixar libre a banda de 700 MHz (frecuencias entre 694 Mhz e 790 MHz), necesaria para os novos servizos de banda larga (5G).
Este proceso debe estar rematado a máis tardar o 30 de xuño de 2020 (Decisión (UE) 2017/899 do Parlamento Europeo e do Consello).
En xuño de 2019 publicouse o Real Decreto 391/2019 polo que se aproba o novo Plan Técnico nacional da TDT (PTNTDT) e se regulan determinados aspectos para a liberación do Segundo Dividendo Dixital (2DD).
Este Real Decreto define as Áreas xeográficas nas que se divide o país, en canto ao uso das canles radioeléctricas asignadas aos prestadores do servizo de comunicación audiovisual televisiva, e identifica os concellos pertencentes a cada área xeográfica.
Ademais, recolle as canles radioeléctricas asignadas aos 8 múltiplex dixitais de cobertura estatal e autonómica, en cada unha das Áreas xeográficas
En setembro de 2019 comezaron as novas emisións nos primeiros centros emisores, despregando as novas canles de emisión, e de forma progresiva iranse acendendo as novas canles no resto de centros afectados. Realizarase simulcast (emisións de forma simultánea na nova canle e a antiga) nos centros máis relevantes. Antes do 30 de xuño de 2020 deberá producirse o cesamento das emisións das canles na banda de frecuencias 694-700 MHz (liberación do segundo dividendo dixital).
Na zona da Guarda o inicio deste proceso está marcado para o primeiro trimestre de 2020.
A liberación da banda de 700 MHz implica que as canles que actualmente ocupan a devandita banda desprazaranse a outra parte do espectro radioeléctrico. Isto requirirá a adaptación das infraestruturas de recepción colectiva nalgúns edificios. Esta adaptación dependerá do número de múltiples que empregan a banda de 700 MHz en cada unha das áreas xeográficas.
¿Qué teño que facer?
As adaptacións necesarias que terán que facer os cidadáns para non perder a oferta televisiva:
"Actuación dun instalador rexistrado de telecomunicacións nos edificios de vivenda con:
1.Centraliña programable
2.Amplificador monocanle
(Non será necesario realizar adaptación nas vivendas que teñan instalado amplificadores de banda larga, como por exemplo vivendas unifamiliares ou edificios comunitarios de menor tamaño)
"Resintonización dos televisores en todas as vivendas unha vez que finalicen os simulcast.
O custo das actuacións necesarias para a adaptación estará subvencionado. O 21 de xuño de 2019 aprobouse o Real Decreto polo que se conceden subvencións para as actuacións nos sistemas de recepción do sinal de TDT nas edificacións afectadas polo segundo Dividendo Dixital. A contía da subvención oscila entre 104,3€ e 677,95€, en función dos cambios precisos para a adaptación. A solicitude de axudas realizarase online a través da sede electrónica do Ministerio de Economía e Empresa, ata o 30 de setembro de 2020 trala realización da adaptación das instalacións de recepción do sinal da TDT.
Para máis información pode consultar na web http://www.televisiondigital.es ou nos teléfonos 901 201 004 910 889 879
"O Camiño Aguárdate" chega á Guarda da man de O Teu Xacobeo
O Concello da Guarda acolleu este mércores día 27 de novembro de 2019 a presentación do Proxecto "O Camiño Aguárdate", un proxecto que nace coa idea de promocionar, dinamizar e por en valor todos os atractivos do Camiño Portugués da Costa ao seu paso pola Guarda con iniciativas que inclúen Xornadas Divulgativas, unha Xornada Medioambiental e Visitas Teatralizadas.
A presentación contou coa presenza do Alcalde da Guarda, Antonio Lomba; a Concelleira de Cultura e Patrimonio, Montserrat Magallanes e representantes de A Jalleira AFEA e da Comunidade de Montes de Camposancos.
O proxecto pretende sensibilizar, especialmente entre a poboación local, os valores que o camiño representa a nivel cultural, natural, e sobre todo social. O presente proxecto pivota sobre a divulgación dos valores ambientais e patrimoniais da ruta e sensibilización sobre a evolución socioeconómica e o impacto percibido, implicando a peregrinos e poboación local, abrindo pontes a coñecer a experiencia dos peregrinos.
Xornada Medioambiental
A primeira actividade de "O Camiño Aguárdate" terá lugar os días 6 e 7 de decembro cunhas Xornadas Medioambientais nas que se inclúen unha andaina guiada entre A Pasaxe e un espazo do Monte Santa Trega onde se realizará unha reforestación, que será a segunda actividade proposta, en colaboración con A Jalleira AFEA e a Comunidade de Montes de Camposancos.
Todas as persoas interesadas en participar poden inscribirse ata o 5 de decembro enviando un correo a turismo@aguarda.es ou chamando ao 986614546, As prazas son limitadas.
Esta actividade consta dunha ruta polo tramo do Camiño de Santiago entre A Pasaxe e A Sangriña, que se correspondería coa entrada en Galicia do Camiño de Santiago pola Costa. Nesta ruta falarase sobre a temática das especies invasoras ao longo do camiño e os métodos para a súa erradicación, dando a coñecer as especies autóctonas forestais que convivían antigamente no camiño.
A actividade pecharase cunha plantación de especies autóctonas nunha parcela cedida pola Comunidade de Montes de Camposancos, na que se ensinará e explicará os asistentes a forma correcta de plantación e do seu posterior mantemento.
Maís actividades
"O Camiño Aguárdate" traerá á Guarda ademais unhas Xornadas Divulgativas sobre o Camiño de Santiago e visitas teatralizadas.
As Xornadas Divulgativas contarán coa participación de especialistas universitarios e do mundo empresarial co obxectivo de debater sobre o Camiño de Santiago e a súa evolución e atraer á poboación local a que se interese e reflexione sobre a importancia que ten en moitos aspectos da vida diaria da vila, realizaranse en varias sesións no vindeiro ano 2020.
As visitas teatralizadas mistura a creatividade teatral, a divulgación dos valores patrimoniais entorno ó camiño e a revalorización da peregrinaxe coma forma diferente de viaxar.
A compañía Os Quinquilláns, serán os encargados de realizar as visitas teatralizadas que terán lugar no Castro do Monte Santa Trega cun total de 8 sesións, para o público xeral e alumnos de secundaria, ata a primavera do 2020.
A unidade móbil de doazóns de sangue estará instalada na Guarda o xoves 5 e sábado 7 de decembro
A unidade móbil do Centro de Transfusión de Galicia estará instalada na Guarda o xoves día 5 e sábado día 7 de novembro.
Este autobús estará emprazado na Rúa Rosalía de Castro(Ao Carón do Centro Cultural) o xoves 5 en horario de 10:00 ás 14:00 e de 16:00 ás 21:00 horas e o sábado 7 en horario de 10:00 ás 15:00 horas.
O Centro de Transfusión de Galicia, grazas ao emprego destas unidades móbiles intenta facilitar o solidario xesto de doar sangue a todos os cidadás. Sen a implicación de todos é imposible acadas as 500 doazóns de sangue que se precisan nos hospitais galegos.
O Concello da Guarda recibe 2 flores de honra de Vilas en Flor
O pasado venres día 22 de novembro de 2019 a Concelleira de Cultura e Patrimonio, Montserrat Magallanes e persoal municipal do Concello da Guarda, participaron na Cidade da Cultura en Santiago de Compostela na entrega dos Galardóns de Vilas en Flor Galicia 2019.
Neste acto A Guarda foi premiada con dúas flores de honra, destacando o enorme potencial que reúne o municipio polo seu emprazamento e o seu patrimonio. Segundo quedou de manifesto o Castelo de Santa Cruz e o Monte de Santa Trega constitúen dous fitos sobre os que se teñen construído grandes actuacións na vila como son o paseo marítimo, a Senda Litoral, o Sendeiro Azul, que permiten conectar a zona urbana coa desembocadura do Río Miño.
Resaltouse o nivel de recursos e a funcionalidade dos espazos axardinados da Guarda, pondo en valor os proxectos realizados recentemente coma o entorno do Castelo de Santa Cruz, a Rúa Concepción Arenal, recuperación das Casas Indianas, entre outras.
Destacouse como bo exemplo o espazo do Centro Cultural e a Biblioteca Municipal, zona axardinado moi preto da Alameda da Guarda.
O ente promotor de Vilas en Flor está formado pola Fundación Juana de Vega, Asvinor e Agaexar, entregando nesta xornada galardóns para 16 municipios galegos.
O xurado visitou previamente A Guarda o pasado 14 de outubro, onde comprobaron "in situ" todo o traballo realizado a nivel medioambiental, a xestión de residuos e a mellora do entorno da vila. Nuns días remitirán un informe no que se indicarán as medidas a tomar para continuar coas melloras da vila
A Guarda conmemora o Día Internacional contra a Violencia de Xénero
A Guarda pechou este luns as actividades en conmemoración do Día Internacional da Violencia de Xénero cunha multitudinaria concentración na Praza do Reló da vila, onde se deu lectura a un manifesto por parte da Concelleira de Igualdade e alumnos e alumnas dos centro educativos da vila e onde a cantautora viguesa Su Garrido realizou unha actuación musical acompañada da súa guitarra. Esta actuación estivo subvencionada pola Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia.
As actividades deste ano estiveron coordinada dende o Centro de Información á Muller da Guarda e a Concellería de Igualdade e servizos Sociais, participando unha vez máis na campaña de sensibilización En Negro contra as Violencias, coa que se convidou aos establecementos comerciais e asociacións da vila a tinguir de negro A Guarda co reparto de diverso material de forma totalmente gratuíta, cartelería para todos/as, camisetas, bolsas, pousavasos e servilletas para a hostalaría e delantais para os/as preaceiros/as, entre outros.
O venres día 22 de novembro o Centro Cultural acolleu a obra de teatro "Anatomía dunha serea", unha peza de teatro autobiográfica e testemuñal que conta a historia e a experiencia persoal da propia actriz coma unha muller, madre e vítima da violencia obstétrica. Esta actividade, que estivo subvencionada pola Deputación de Pontevedra, encheu de asistentes o Centro Cultural da vila.
Tamén nas redes sociais se convidou a compartir imaxes co material da campaña, interactuando a través dos hashtags #AguardaenNegro e #Aguardacontraasviolencias.
Dende o Centro de Información á Muller da Guarda e a Concellería de Igualdade e servizos Sociais agradécese a colaboración de todas as persoas, empresarios e entidades que se uniron coa causa para que as violencias de xénero sexan cousa do pasado.
Remata o calendario de andainas de outono 2019 na Guarda
O Concello da Guarda e a Cámara Municipal de Caminha continúan ofertando actividades deportivas conxuntas cun calendario de andainas outono, no que se incluíron un total de 3 novas andainas e, que remataron o pasado sábado co Roteiro polos muíños dos ríos do Couso (Gondomar), unha ruta circular de 12km de dificultade baixa.
Os participantes nesta última andaina do ano 2019 fixeron un percorrido polas beiras dos ríos Matalagartos e Couso que discorre xunto aos numerosos muíños da zona. A ruta atópase maioritariamente nun húmido e tupido bosque e malia que o tempo non acompañou moito, desfrutaron das paisaxes e da flora autóctona da zona.
VI Trail do Trega
Daniel Pazó y María del Carmen Arias, en la prueba de advance, y David Patiño y Deneb Álvarez, en la de experience, fueron los ganadores del VI Trail do Trega que se desarrolló en el emblemático monte Trega de A Guarda. Casi 500 participantes de varias categorías, tomaron parte en unas pruebas que se desarrollaron en un escenario espectacular y al mismo tiempo con bastante dificultad. Pero todos agradecieron el paisaje y el recorrido que diseñó la organización. A la cita, una de las más importantes de la temporada, se inscribieron atletas de todas Galicia, también de varios lugares de España y especialmente de Portugal. Las pruebas contaron con el apoyo del Ayuntamiento de A Guarda, Comunidad de Montes de A Guarda, Powerade y la Diputación de Pontevedra.
La prueba llamada advance contaba con un recorrido de 18 kilómetros. Daniel Pazó del Club Atletismo Baiona, fue el primero en completarlo. Superó con facilidad a José Manuel Gil, del A Canuda Aviva Sport, de Salceda de Caselas, y Marcos Antonio Pascual, de Sanxenxo. En la categoría femenina, el triunfo correspondió a María del Carmen Arias, del Pato Blanco Celanova, que tuvo en Raquel Doiro González, del Ultra Life Team de Vigo, a una fuerte adversaria. Rebeca Muñoz, de Teis, se colocó en la tercera posición.
El diseño de la prueba incluía la subida da Cal, el mirador de Pedra Furada, el muro de Chans, la subida os Castros, el muro do Facho, la subida a San Francisco, a 317 metros de altitud, y el muro del Cuncheiro. Por lo tanto, un constante subir y bajar, lo que puso a prueba la resistencia y capacidad de superación de los atletas.
En la prueba experience, de 12 kilómetros, el ganador fue David Patino, del Club A Canuda, de Salvaterra de Miño. El triunfador tuvo que emplearse a fondo, ya que superar por escaso margen a Ramón Troncoso, del Club Atletismo Porriño. El vigués luchó hasta el último momento por la victoria y se quedó muy cerca. Demostró encontrarse en un buen momento de forma y conquistó un magnífico segundo lugar en una prueba que no se adapta a sus características. Por su parte, Juan José Solleiro, de Tomiño, ocupó la tercera posición. Deneb Álvarez Saavedra fue la ganadora en la categoría masculina, segunda por Lorena Freire, de Ourense, y Elena Pérez, del Lamargha Autotodo, de Castro Caldelas.
Los participantes tuvieron que superar el mirador de Pero Furada, el mundo de Chans y la subida a os Castros, de 265 metros de altitud. El recorrido era menos exigente que en la prueba de 18 kilómetros, pero también obligada a un intenso esfuerzo.
El VI Trail do Trega también organizó una andaina, que contó con una numerosa participación. Los organizadores destacaron también la presencia de una gran cantidad de personas que se desplazaron de Portugal. Esta competición ya se puede considerar como una de las más importantes de Galicia por muchos motivos, entre ellos la espectacularidad de su paisaje.
Concello de A Guarda / Foto Pablo Saa
|