JORNAL DIGITAL REGIONAL CAMINHA 2000 JORNAL DIGITAL REGIONAL CAMINHA 2000

Tres variedades, tres colores, una sola planta: así es la camelia Three Sisters

El trabajo constante y la apuesta por la innovación son dos de las señas de identidad de Río Tollo, que ahora llega al mercado con un nuevo producto que sorprenderá y enamorará a los amantes de las camellias. Es la Three Sisters una nueva y apasionante composición de camelia capaz de combinar en una única planta tres variedades con tres colores de flores distintos, todo de una forma totalmente armonizada. Tres variedades diferentes que se adaptan perfectamente la una a la otra y que da como resultado una sola planta con la que llenar de colores terrazas y jardines.

Han sido cuatro años de trabajo para desarrollar un producto único que consigue el maridaje perfecto entre ejemplares que crecen y florecen de forma pareja conformando una planta equilibrada y brindando un auténtico espectáculo de color. Con Three Sisters ponemos a disposición del público una camellia con un altísimo valor ornamental gracias a su abundante floración y con una alta resistencia a plagas y enfermedades, lo que la convierten en una planta imprescindible.

Tras 20 años de crecimiento constante, en Río Tollo seguimos trabajando día a día para ofrecer a nuestros clientes nuevos y espectaculares productos, apostando siempre por el I+D+i y por la máxima calidad.

Rio Tollo/Concello Tomiño


A Concellería de Benestar de Tomiño organiza, en colaboración con AFAGA, un curso para coidadores de persoas dependentes

As clases, repartidas en catro sesións, están dirixidas polo psicólogo Gonzalo Soliño

A Concellería de Benestar do Concello de Tomiño organiza, en colaboración con AFAGA (Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer e outras demencias de Galicia), un curso destinado a coidadores e coidadoras de persoas dependentes.

As clases, repartidas en catro sesión de dúas horas cada unha, están a cargo do psicólogo de AFAGA Gonzalo Soliño, que explica que "o rol de coidador dunha persoa en situación de dependencia, xera un importante desgaste a nivel físico e emocional, que mal xestionado pode derivar en sintomatoloxía ansiosa ou depresiva".

As continuas situacións de tensións e sufrimento emocional ás que están expostos os coidadores fan que aumente considerablemente o risco a padecer diferentes problemas de saúde. "O obxectivo deste taller é concienciar aos coidadores da importancia de coidarse a un mesmo para poder coidar, así como proporcionar estratexias que fomenten o auto coidado", comenta a concelleira de Benestar, Cristina Martínez.

Desta maneira, as persoas que asisten ao Obradoiro realizan dinámicas (xogos, exercizos, simulacións, etc.) nas que se traballa o coidado da saúde, a xestión de tempo, o manexo das emocións e a resiliencia.

Concello Tomiño


Tomiño busca a implicación da cidadanía na campaña contra a violencia de xénero

Dende o día 15, os comercios, empresas, clubs deportivos e asociacións poden recoller no Concello o material da campaña " En negro contra as violencias"

Un ano máis, e xunto con máis dun centenar de vilas e cidades galegas, o Concello de Tomiño súmase á campaña "En negro contra as Violencias", en conmemoración do 25 de novembro, Día Internacional contra a Violencia de Xénero . Por elo, dende a Concellería de Benestar Social, Igualdade e Educación, animan novamente ao sector do comercio e a todos os axentes sociais e empresarias do municipio, a implicarse nesta acción colectiva, tinguindo de loito o concello, en sinal de dor por todas as mulleres que sofren violencia e como resposta á máis dura das súas consecuencias: a morte.

"Porque consideramos que tedes o protagonismo das rúas de Tomiño, e sodes o gran escaparate que pode transmitir a mensaxe de denuncia e solidariedade para un Tomiño libre de violencias machistas, convidámosvos a participar nesta campaña co obxectivo de rexeitar coa maior contundencia posible e, dunha vez por todas, a violencia machista, e situala na axenda como un problema público, de toda a cidadanía", explican dende a concellería.

A partir do 18 e até o 25 de novembro viste a túa tenda, comercio, empresa, bar, posto do mercado, asociación etc. de negro", é a petición da Oficina Municipal de Igualdade de Tomiño.

Así, dende o venres 15 de novembro, pódese recoller a cartelaría da campaña, de xeito gratuíto, no Rexistro do Concello.

Lembran tamén que se pode difundir esta campana dende negocios, asociacións, clubs deportivos, redes sociais e amosar así o apoio público ao fin da violencia machista.

Actos

Ademais da campaña Tomiño en Negro (18 ao 25 de novembro), os actos con ocasión do 25N, Día Internacional contra a Violencia de Xénero, serán:

Día 24. 18:00h. Auditorio de Goián. De balde. TEATRO: "INVISIBLES", de Redrum Teatro (historias reais de mulleres galegas unidas polo fío común da violencia de xénero). Unha reflexión sobre a invisibilidade dos agresores fronte á exposición delas na sociedade.

Día 25N. 12:00h. No Mercado Municipal ( 1º andar). Lectura de manifesto coa intervención e actuación musical do alumnado de 1º Bacharelato do IES Antón Alonso Ríos.

Concello Tomiño


Escolares de Tomiño reclaman no Día Internacional da Infancia, o seu dereito a ser consultados na toma de decisións que lles afecten

A alcaldesa Sandra González, acompañada por Marisé Pérez, de Unicef Galicia, presidiu a sesión, á que asistiron uns cen estudantes de infantil, primaria e secundaria

Un centenar de nenos e nenas dos colexios públicos e do IES de Tomiño, deuse cita esta mañá no Concello de Tomiño, no Pleno Infantil organizado polo Concello e Unicef Galicia para conmemorar o Día Universal da Infancia.

A sesión plenaria estivo presidida pola alcaldesa Sandra González, acompañada por Marisé Pérez de Unicef Galicia, as concelleiras de Educación e Mocidade, e outros membros do goberno municipal. En calidade de asistentes ao pleno, achegáronse representacións dos seguintes centros educativos: CRA (representación da escola unitaria da Aurora del Porvenir); CEIP Pintor Antonio Fernández (5º Primaria); CEIP de Sobrada (nenos/as de 5º e 6º Primaria); CEP Caselles (4º Primaria); CEIP de Tebra (2º Primaria); CEIP de Barrantes (5º Primaria) e IES Antón Alonso Ríos (alumnos de ESO).

Durante a sesión, os diferentes centros educativos foron expoñendo traballos realizados para a ocasión, nos que reclamaron os dereitos da infancia e da adolescencia a ser educados en igualdade, a crecer en paz, a ser consultados na toma de decisións políticas ou educativas que lles afecten; a ser ben tratados, a non ser utilizados polos adultos; a unha educación pública e gratuíta de calidade, á liberdade de expresión, de vestimenta, de relixión, etc.

Os políticos agradeceron e tomaron nota das peticións, animando ao alumnado a participar na toma de decisións e a facerse escoitar, a través dos canles representativos existentes, coma o Consello da Infancia e da Adolescencia de Tomiño.

Concello Tomiño


Teatro contra a violencia de xénero, con "Invisibles", en Tomiño

Redrum Producións trae "Invisibles" o domingo até o auditorio; Baobab Teatro ofrece a obra "Baila, Roque, baila" o sábado no mercado, e a Agrupación Musical de Goián, honra á patrona dos músicos

A Axenda de Outono chega ao seu ecuador con teatro contra a violencia de xénero. De Redrum Producións, chega da man da Deputación, "Invisibles", unha obra montada con historias reais de sete mulleres galegas vítimas de maltrato por parte da súas parellas. Tres actrices galegas (Mela Casal, Sheyla Fariña, Nieves Rodríguez) dan forma a esta peza dramática, baseada no libro homónimo de Montse Fajardo e con dirección de Marián Bañobre.

"Invisibles" é un espectáculo de creación colectiva, que presenta ante o público diversas historias cun fío común entre elas: a violencia de xénero. O seu interese reside na exposición de historias reais protagonizadas por mulleres galegas, historias sobre malos tratos, algunhas delas xa coñecidas polo público pola súa repercusión mediática. A pretensión fundamental é concienciar e sensibilizar con esta secuela que invade a sociedade.

"Invisibles" é un espectáculo para maiores de 12 anos, debido ao contido dalgunha das situacións que se presentarán no mesmo. Pódese dicir que é un espectáculo para público adulto, pero tamén cun gran interese para mozos en idade adolescente, xa que é precisamente nese rango de idade no que adquiren as súas personalidades e no que comezan as súas primeiras relacións de parella.

Con este espectáculo preséntanse dúas grandes reflexións: a inexistencia dun perfil típico entre as mulleres que sofren violencia de xénero e a invisibilidade dos agresores fronte á exposición das vítimas ante a sociedade. A compañía busca que o público desenvolva unha conciencia crítica e cuestione a realidade que o envolve para poder así transformala.

"Invisibles", galardoada con tres premios María Casares, quere respectar e conservar a necesaria dimensión lúdica do teatro, pero aproveitando tamén a súa capacidade transformadora. Elenco artístico: Mela Casal, Sheyla Fariña e Neves Rodríguez.

A peza teatral integra o sete relatos de malos tratos do libro de Fajardo nun espectáculo no que hai drama, traxedia, ironía e mesmo algunha pincelada de humor, que a directora Marián Bañobre cre "necesario para que ou público sexa quen de afrontar a brutalidade destas historias reais".

"Baila, Roque, Baila"

O sábado 23 de novembro ás 17.00h, a compañía Baobab Teatro chegará ao 1º andar do Mercado Municipal, con "Baila, Roque, Baila"; un espectáculo de contos e teatro dinámico e participativo para toda a familia (recomendada para nenos e nenas a partir de 1 ano). Con dirección de Óscar Ferreira e Andrea Bayer, esta última axudará a Roque, un simpático personaxe, a bailar e contar historias. Roque fará rir, bailar e soñar ao público, nun espectáculo entrañable e divertido. Inicialmente prevista para o 27 de outubro, esta peza tivo que suspenderse por razóns alleas ao Concello, e chega agora ao mercado de Tomiño.

Concerto de Santa Icía

A Agrupación Musical de Goián, ofrecerá o xa tradicional Concerto de Santa Icía (patrona dos músicos) o sábado 23 a partir das 20.00 horas, no auditorio. Coma en anos atrás, durante o concerto presentarase aos novos integrantes que, tras anos de formación na escola de música e na banda xuvenil, pasan a formar parte da agrupación.

Concello Tomiño


Tomiño agradece a labor da Agrupación Musical de Goián, gañadora de dous premios no último Certame de Bandas Populares

A alcaldesa salientou o traballo das distintas directivas que axudaron a consolidar o "un proxecto pedagóxico único", e a figura de Andrés Álvarez, músico saído da agrupación e recoñecido compositor na actualidade

O pasado sábado (16/11), o Concello ofreceu no Salón de Plenos, unha recepción á Agrupación Musical de Goián, pola súa labor e os seus recentes galardóns no XIII Certame Galego de Bandas de Música Populares, á cal a banda acudiu coa obra "Lobo de Río", do compositor goianés Andrés Álvarez, grazas a cal acadou o "Primeiro premio" con 481 puntos na sección terceira, e o premio á "Mellor interpretación dunha obra de temática galega".

A Agrupación, tras interpretar un pasarrúas pola Praza do Seixo, chegou ao Concello, onde a agardaban membros da corporación municipal para darlle os parabéns. De alí, trasladáronse ao Salón de Plenos, onde tivo lugar a homenaxe institucional.

A alcaldesa de Tomiño, Sandra González, tomou a palabra para agradecer ao colectivo en nome de todo o Concello, a súa entrega e bo facer, lembrando o nacemento da agrupación hai máis de 2 décadas e da escola de música, á que asisten máis de 130 persoas de todas as idades, especialmente nenos e nenas. A rexedora salientou o traballo das distintas directivas que axudaron a consolidar o "un proxecto pedagóxico único", e a figura de Andrés Álvarez, músico saído da agrupación e recoñecido compositor de música de banda na actualidade. Tamén tivo palabras de agradecemento para Pedro Villarroel, actual director, "cuxo esforzo, disciplina, ánimo, entusiasmo e tenacidade" fan da banda unha familia que se enfronta a constantes desafíos, sempre cun sorriso".

Pilar Ramos, presidente da agrupación musical goianesa, agradeceu as palabras da alcaldesa, e o apoio incondicional do Concello, sen o cal o proxecto non sería posible. Salientou asemade o papel do director, que fai posible coa súa perseveranza a consecución de cada obxectivo, coma os premios obtidos nos certames, sacando de cada alumno ou alumna o mellor de cada un.

Pechou a quenda de discursos, o propio director, Pedro Villarroel, quen asegurou que "así coma Tomiño atópase orgulloso da súa banda, a banda séntese orgullosa do pobo que ten. Quero por en valor o traballo que fan os integrantes da agrupación e o talento que sen dúbida teñen. Conseguimos o éxito pero so polo traballo que facemos todos os días, lembrou, antes de pechar o acto coa interpretación do himno galego. Finalmente, a directora da agrupación e o director foron convidados a asinar no Libro de Honra do Concello.

Concello Tomiño



Edições C@2000
Do Coura se fez luz. Hidroeletricidade, iluminação pública e política no Alto Minho (1906-1960)"
Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000/Afrontamento
Apoiado pela Fundação EDP

Da Monarquia à República no Concelho de Caminha
Crónica Política (1906 - 1913)

Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000


O Estado Novo e outros sonetos políticos satíricos do poeta caminhense Júlio Baptista (1882 - 1961)

Organização e estudo biográfico do autor por Paulo Torres Bento
Edição: C@2000


Rota dos Lagares de Azeite do Rio Âncora

Autor: Joaquim Vasconcelos
Edição: C@2000


Memórias da Serra d'Arga
Autor: Domingos Cerejeira
Edição: C@2000

Outras Edições Regionais