JORNAL DIGITAL REGIONAL CAMINHA 2000 JORNAL DIGITAL REGIONAL CAMINHA 2000

Horário do Ferry (19 a 24 Novembro)


O BNG reclama máis implicación na loita e na prevención contra a violencia sexual

"A violencia sexual e unha forma de violencia machista e debe ser tratada como tal."

O BNG vñen de presentar no concello da Guarda unha moción sobre o 25 de novembro. Se ben é certo que temos dado pasos adiante como sociedade na visibilización da violencia machista, queda moito por facer. No ano 2018, rexistraronse en Galiza un total de 540 delitos de tipo sexual, unha agresión e media o día. A Fiscalía Xeral do Estado alerta sobre o aumento da violencia e destes delitos entre a mocidade e relacíonao directamente coa preeminencia da pornografia nas redes sociais e como forma de educacion e socialización sexual.

A OMS define a violencia sexual como calquera acto sexual, a tentativa de consumar un acto sexual ou outro acto dirixido contra a sexualidade dunha persoa mediante coacción por parte doutra persoa, independentemente da súa relación coa vítima, e en calquera ámbito.

Parece impensábel que a día de hoxe a nivel estatal isto non se contempla nin na lexislación, nin na práctica de ámbitos que son da súa competencia , como é o da xustiza. Desta forma vemos como por exemplo un caso de violación múltiple non sería tratado nin como violencia machista nin nun xulgado específico.

A esta cuestión hai que engadir as deficiencias dun sistema xudicial absolutamente decimonónimo e patriarcal no que se cuestiona a veracidade da vítima, non se contempla o consentimento e mantéñense unhas tipificacións legais inadecuadas que non contemplan a crueldade e especificidade da violencia sexual nin a esta como violencia machista.

Dende o BNG, reclamamos a introducción no marco legal do concepto do consentimento, máis recursos que garantan espazos adecuados nos xulgados, unidades de valoración forense integrais, atención xurídica e psicolóxica gratuíta e 24 horas, programas específicos de formación para os profesionais que traballan na prevención e atención da violencia machista , En materia de prevención a implantación de contidos de educación afectivo-sexual en todas as etapas do currículo educativo como papel fundamental para superar o papel da pornografía como fonte de información para a mocidade.

BNG de A Guarda


Costas do Estado remata a escollera provisional de protección da praia Lamiña-Forte

Esta actuación evitará o dano irreversible que suporía, previsiblemente neste próximo inverno, a inundación da cova da areeira, a depresión que se atopa tras o punto crítico da duna que estaba sufrindo a erosión.

Despois de case dous anos de xestións por parte do alcalde da Guarda, Antonio Lomba, e cando a situación, no punto máis crítico da praia, facía prever que a duna non aguantaría un inverno máis, e se produciría a inundación da depresión existente tras ela; Costas do Estado acometeu unha escollera provisional que permitirá frear a erosión do litoral mentres se traballa no proxecto definitivo de Estabilización da Marxe do Río na súa Desembocadura.

Dende o concello da Guarda, dende o primeiro momento, observando o deterioro acelerado do litoral da Lamiña nestes últimos anos, se demandou unha actuación urxente por parte de Costas do Estado. Esta demanda contou sempre co apoio de moitas persoas, a nivel particular ou de forma colectiva, que fixeron chegar as súas queixas ao concello, sobre todo veciños e veciñas de Camposancos.

A competencia para actuar no litoral do río Miño no seu tramo internacional, Pertence a Costas do estado, que a súa vez depende da "Dirección General de Sostenibilidade de la Costa y del Mar" que está integrada no "Ministerio para la Transición Ecológica". Dado o carácter internacional do Esteiro do Miño calquera actuación debe contar co visto bo do Ministerio de Administración Interna de Portugal, e, por pertencer a rede Natura 2000, debe ter informe favorable da Consellería de Medio Ambiente Territorio e Vivenda, dado que ten que cumprir co plan director da rede Natura 2000. Neste caso, por tratarse dunha actuación urxente, puntual, de pouca lonxitude e de carácter provisional non é preceptivo o estudo de avaliación ambiental segundo indica a "Ley de Evaluación Ambiental".

Dende o concello da Guarda coincidimos plenamente coa Consellería de Medio Ambiente cando expoñen no seu informe que: "é necesario realizar estudos, xestións e avaliacións ambientais a escala internacional, contemplando todo o río e as súas marxes, que permitan propoñer unha solución global aos problemas erosivos". Pero, "dado que o devandito proceso pode precisar prazos non inferiores a dous anos, parece urxente realizar unha actuación local e temporal no tramo crítico, onde a duna está máis afectada, cara a evitar o dano irreversible que suporía a inundación da depresión que existe tras ela".

De feito as recomendacións que a Consellería de Medio Ambiente fai no seu informe son as que se seguiron a hora de acometer a actuación da escollera provisional que se acaba de rematar. Poñendo sempre por diante a protección do entorno para evitar danos irreversibles no ecosistema dunar. Entendemos tamén, dende o concello da Guarda, que a solución definitiva que se propoña para o problema de erosión no litoral galego do esteiro, que está afectando a centos de metros de praia e dunas, debe ter as garantías medioambientais precisas as que fai mención tamén o informe da Consellería.

Na actualidade, dende o concello, estamos a espera de que remate a redacción do proxecto definitivo de estabilización. Esperamos que este proxecto contemple a construción do dique-escollera proposto no informe técnico do CEDEX (Centro de Estudios y Experimentación de Obras Públicas) como alternativa 5. Esta foi dende o principio a que entendíamos como solución de futuro a longo prazo que permitiría a protección e rexeneración da praia e o entorno dunar.

Foron moitas as persoas e as institucións que nos axudaron e fixeron posible acometer esta actuación antes de que os efectos da erosión foran irreversibles. Dende o concello da Guarda queremos agradecer a preocupación e o apoio recibido por todas elas, ben axilizando os permisos para a actuación ou colaborando na busca de financiamento. En particular queremos mencionar a colaboración directa de: o Delegado do Goberno en Galicia, a Subdelegada do Goberno en Pontevedra, o Xefe de Costas de Pontevedra, o Xefe Provincial da Consellería de Medio Ambiente, o Presidente da Cámara de Caminha, O Comandante Naval do Miño, o Ministro de Administración Interna de Portugal, Os Deputados Socialistas do Parlamento Galego e Español e a Comisión Internacional do Río Miño. Gracias a todos.

Concello de A Guarda


Ampliado ata o 5 de decembro o prazo de inscrición para o Curso de Adestradores de fútbol na Guarda

O pasado 11 de novembro a Casa do Alonso acolleu a presentación do Curso de Adestradores Nacional C que terá lugar na Guarda.

O Curso que se vai a realizar na Guarda e o Curso de Adestradores de nivel C Uefa, que permite adestrar a todos os equipos de fútbol das categorías Base, titulación mínima esixida e que poden facer todos os interesados ou interesadas sempre e cando teñan máis de 16 anos e que teñan a titulación mínima esixida, ESO ou equivalente.

O prazo de inscricións ven de ampliarse

Este curso realízase na Guarda a petición do Clube Sporting Guardés, per esténdese tamén aos concellos limítrofes, polo que todos os interesados e interesadas poden inscribirse ata o 5 de decembro a través da web da Federación Galega de Fúbtol www.futgal.es no apartado de adestradores. O Curso ten un custo de 200€, reembolsables no caso de que o alumno realice "a posteriori" o Curso de Adestradores de nivel B.

Dende o Concello anímase a participar neste curso aos interesados, de cara á profesionalización e formación das persoas que traballan cos deportistas da vila, favorecendo a aposta polos valores na práctica deportiva.

Concello de A Guarda


Fin de semana deportiva e cultural na Guarda

A Guarda congrega esta fin de semana varias actividades entre as que destacan a VI edición do Trail do Trega, a Carreira de Ciclismo de Vellas Glorias, a obra de teatro en conmemoración do Día Internacional contra a Violencia de Xénero, unha xornada de micoloxía, o Concerto de Santa Icía da Agrupación Musical da Guarda e o Concerto de Gli Appassionati.

VENRES 22

O venres día 22 de novembro o Centro Cultural acolle ás 21:00h a obra de teatro "Anatomía dunha serea", unha peza de teatro autobiográfica e testemuñal que conta a historia e a experiencia persoal da propia actriz coma unha muller, madre e vítima da violencia obstétrica. Entrada de balde previa retirada de tickets, dispoñibles dende o día 21 de novembro no Centro Cultural, de 10:00h a 13:00h e de 17:00h a 20:00h e no CIM de 9:00h a 14:30h. Esta actividade está subvencionada pola Deputación de Pontevedra e está enmarcada nas actividades organizadas para as conmemoracións do Día Internacional Contra a Violencia de Xénero.

SÁBADO 23

As actividades programadas para este sábado arrancan coa Carreira das vellas glorias do ciclismo galego, un evento que xa se celebrara na Guarda uns anos atrás e contará coa presenza de máis de 80 deportistas ex - profesionais do mundo do ciclismo galego coma Veloso ou Márques.

A proba terá lugar ás 16:30h da tarde dende a Alameda da Guarda, facendo un percorrido de 20 voltas a un circuito urbano de 1,2km polas Rúas Galicia, Brasil e República Dominicana, con varios sprints especiais e rematando cunha subida ata o Monte Santa Trega.

Previa a esta proba contarase na Alameda da Guarda con actividades para os ciclistas da base do CC O Rosal, cunha proba de gymcana para os máis pequenos.

Este sábado tamén realizarase unha Xornada de Micoloxía organizada entre A Jalleira AFEA e o Concello da Guarda con saída ao monte pola mañá e pola tarde, contando con formación a cargo de Santi Corral. As prazas están xa cubertas.

A Banda de Música da Agrupación Musical da Guarda organiza este sábado o tradicional Concerto de Santa Icía, que terá lugar ás 17:00h na Igrexa Parroquial da Guarda e que contará coas actuacións da Coral do Clube da Terceira Idade da Guarda e da Banda de Música da Agrupación Musical da Guarda.

DOMINGO 24

Preto de 500 deportistas tomarán este domingo o Monte Santa Trega na VI edición do Trail do Trega

Nesta VI edición, que terá lugar este domingo día 24 de novembro a partires das 9:30h da mañá se conta con varias opcións competitivas coma a Experiencie 12k, Advance 18k e unha andaina popular de 12km.

A primeira en saír será a Andaina, cunha distancia total de 10kms e cun desnivel acumulado de 650m e que sairá ás 9:30h da mañá, seguido da proba Advance 18k cun desnivel acumulado de 1100m e que sairá ás 10:00h e a Experiencie 12k cun desnivel acumulado de 650m e que sairá ás 10:30h.

Todas as modalidades terán punto de saída e chegada dende a Alameda da Guarda, agardando unha asistencia de preto de 500 deportistas, estando inscritos xa máis de 360, destacando unha forte representación portuguesa e de persoas de máis de 12 provincias de toda España.

Xa para rematar a fin de semana o domingo ás 18:00h a Igrexa Parroquial da Guarda acolle o concerto do Coro Gli Appassionati, un coro integrado por xoves apaixonados onde o canto e a música os define como grupo. Unha formación musical moi activa a nivel nacional e que teñen participado en numerosos festivais, concertos e óperas musicais, contando cun amplo palmarés de recoñecementos.

Concello de A Guarda


A Guarda promove dúas Barferencias ata fin de ano

O vindeiro xoves día 28 de novembro terá lugar a primeira Barferencia do ciclo finais 2019 que terá lugar ás 20:30h no bar "Bugus Zentral" da Guarda.

Esta primeira Barferencia versará sobre "María Vinyals, unha galega de armas tomar" e que correrá a cargo de Silvia Cernadas.

María Vinyals (1875-1940?) foi unha das grandes e polifacéticas mulleres que naceron na Galicia do século XIX. Coñecida como a "Marquesa roja" polas súas ideas sociais e políticas, destacou como escritora e feminista pero acabou morrendo na miseria e no esquecemento. Nesta Barferencia falarase desta muller tan vencellada ó castelo de Soutomaior e cuxa vida ben podería ser levada ó mundo do cine ou a televisión.

A ponente encargada deste primeira Barferencia é Silvia Cernadas Martínez, nada en Soutomaior no ano 1988, é investigadora e Guía oficial de Turismo, Licenciada en Historia pola Universidade de Santiago de Compostela.

Entre as súas principais liñas de investigación destacan a historia da nobreza e os castelos, especialmente o de Soutomaior, sobre o que versa o seu proxecto de tese de doutoramento; a historia da fronteira con Portugal na Idade Media, que comezou a estudar no seu Traballo de Fin de Máster, e a historia das mulleres na Galicia contemporánea, centrándose na figura de María Vinyals. Ten publicado artigos e participado en varios congresos en relación a todos estes temas.

A segunda Barferencia deste ciclo terá lugar o vindeiro xoves día 26 de decembro ás 20:30h na "Cervexería La Bodega" e versará sobre "Juan Bautista Alonso Español (1801-1879). Relembrando a este deputado á corte da Guarda no 140 aniversario do seu pasamento", a cargo do historiador local Joaquín Miguel Villa.

Dende o Concello da Guarda anímase unha vez máis a participar nestas barferencias que ano a ano espertan o interese dos guardeses e foráneos nun clima distendido e de intercambio de coñecementos de gran interese xeral e que conta cunha ampla participación.

Concello de A Guarda


Preto de 500 deportistas tomarán este domingo o Monte Santa Trega na VI edición do Trail do Trega

O luns día 18 de novembro a Casa dos Alonso acolleu a presentación da VI edición do Trail do Trega, contando coa asistencia do Alcalde da Guarda, Antonio Lomba; a Cocnelleira de Deportes, Montserrat Magallanes e o representante de Qualité Sports, Serafín Acevedo.

Nesta VI edición, que terá lugar este domingo día 24 de novembro a partires das 9:30h da mañá se conta con varias opcións competitivas coma a Experiencie 12k, Advance 18k e unha andaina popular de 12km.

A primeira en saír será a Andaina, cunha distancia total de 10kms e cun desnivel acumulado de 650m e que sairá ás 9:30h da mañá, seguido da proba Advance 18k cun desnivel acumulado de 1100m e que sairá ás 10:00h e a Experiencie 12k cun desnivel acumulado de 650m e que sairá ás 10:30h.

Todas as modalidades terán punto de saída e chegada dende a Alameda da Guarda, agardando unha asistencia de preto de 500 deportistas, estando inscritos xa máis de 360, destacando unha forte representación portuguesa e de persoas de máis de 12 provincias de toda España.

Haberá premios para as diferentes categorías e as inscricións seguen abertas ata o 20 de novembro na web www.traildotrega.com

Dende a organización do evento agradécese a implicación das Comunidades de Montes da Guarda e Camposancos para a limpeza dos diferentes camiños que se van a empregar neste evento deportivo, así como a colaboración do Concello da Guarda, Protección Civil do Rosal, GES da Guarda e Policía Local.

A Concelleira de Deportes, Montserrat Magallanes, destacou a aposta decidida do Concello da Guarda co deporte, o que repercute en hábitos de vida saudable en contacto coa natureza, animando a todos os amantes do deporte a participar este domingo na proba.

Concello de A Guarda




Edições C@2000
Do Coura se fez luz. Hidroeletricidade, iluminação pública e política no Alto Minho (1906-1960)"
Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000/Afrontamento
Apoiado pela Fundação EDP

Da Monarquia à República no Concelho de Caminha
Crónica Política (1906 - 1913)

Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000


O Estado Novo e outros sonetos políticos satíricos do poeta caminhense Júlio Baptista (1882 - 1961)

Organização e estudo biográfico do autor por Paulo Torres Bento
Edição: C@2000


Rota dos Lagares de Azeite do Rio Âncora

Autor: Joaquim Vasconcelos
Edição: C@2000


Memórias da Serra d'Arga
Autor: Domingos Cerejeira
Edição: C@2000

Outras Edições Regionais