JORNAL DIGITAL REGIONAL CAMINHA 2000 JORNAL DIGITAL REGIONAL CAMINHA 2000

O Goberno municipal celebrará reunións en Guillarei, Randufe e Pazos de Reis a próxima semana

A próxima semana continúan as reunións do equipo de goberno nas parroquias tudenses co obxectivo de coñecer as necesidades de cada unha delas da man dos propios veciños. As persoas que asistan poderán formular as súas preguntas tanto ao alcalde coma aos concelleiros do equipo de goberno.

Así o luns, 11 de novembro, a cita será na Casa Cultural de Guillarei, o xoves 14 na Casa Cultural de Randufe e o venres 15 no edificio da Macoca en Pazos de Reis. Todas as reunións serán ás 20 h.

Esta semana celebraronse xa reunións en Areas, Malvas, Baldráns, e esta tarde terá lugar en Rebordáns.

Estas reunións continuarán nas próximas semanas nas distintas parroquias tudenses.

Calendario de Reunións do Equipo de Goberno nas Parroquias

" Luns, 11 de novembro, ás 20 h na Casa Cultural de Guillarei
" Xoves, 14 de novembro, ás 20 h na Casa Cultural de Randufe
" Venres, 15 de novembro, ás 20 h no edificio da Macoca en Pazos de Reis

Concello Tui


A nova APP do Concello de Tui mellora a comunicación coa veciñanza

Entre outras opcións permite notificar incidencias con xeolocalización

O Concello de Tui presentou a nova APP Municipal coa que cumpre dous obxectivos: achegar unha ferramenta de información da actualidade municipal á veciñanza e ao tempo pór ao seu dispor un mecanismo para, de xeito doado, trasladar suxestións, incidencias… Así o destacaba este mediodía o alcalde, Enrique Cabaleiro, que presentou a nova APP xunto ao concelleiro de Novas Tecnoloxías Laureano Alonso.

A APP Concello de Tui está xa dispoñible, tanto para móbiles IOS como Android, de forma gratuíta.

Tanto o alcalde coma o concelleiro de Novas Tecnoloxías lembraron que o inicio do traballo nesta APP comezou hai xa tres anos, cando se actualizou a web municipal co obxectivo de "pór a Tui no mapa mundial dixital" dicía Enrique Cabaleiro.

Laureano Alonso, concelleiro de Novas Tecnoloxías destacou o apartado de incidencias que presenta a APP, na que calquera persoa pode comunicar directamente ao concello unha incidencia, clasificadas en Mobiliario Urbano, Tráfico e Sinaléctica, Lixo e Residuos, Pavimentos e Sumidoiros, Animais e Pragas, e Limpeza e Xardinería. A mesma pode ser xeolocalizada dende o propio móbil e permite ao tempo enviar unha fotografía. Neste apartado se recollerán tamén as incidencias resoltas.

A través da aplicación móbil poden consultarse as últimas noticias publicadas na web tui.gal ou os próximos eventos que figuran na Axenda. Amais no apartado de Avisos se recollen os avisos de diversa índole. Un directorio da acceso aos números de contacto de servicios de interese tanto do propio Concello, como en Educación, Seguridade, Sanidade, Turismo… Mentres no apartado de Mapa se atopan xeolocalizados diversos servizos que hai na cidade.

En Ocio recóllense suxestións dos lugares de interese a visitar, así coma información dos establecementos hostaleiros e de restauración que hai na cidade, xunto ás festas no municipio.

A APP permite amais enviar Notificacións Push sobre avisos ou eventos. Outros apartados accesibles na APP son a predición do tempo, enlaces a citas previas en distintos organismos, ou un lector de códigos QR co que poden ler por exemplo os códigos que figuran la sinalización da cidade histórica ou dos folletos turísticos.

A realización dunha chamada de emerxencia, enviando as coordenadas de situación nunha mensaxe son outras das posibilidades que recolle a aplicación móbil.

Concello Tui


A rúa Ourense deixará de pecharse dende este xoves pola celebración do mercado semanal

Realizouse unha reordenación dos postos de venda ambulante cara as rúas Compostela e Mondoñedo

Dende 7 de novembro, a rúa Ourense, no tramo comprendido entre as rúas Compostela e Colón, deixara de pecharse ao tráfico debido á celebración do Mercado Semanal na cidade. Deste xeito búscase facilitar o tránsito polo centro urbano así coma o acceso ao aparcamento municipal na traseira da Área Panorámica, tras a apertura nos últimos meses da rúa Ourense cara a rúa Colón/Augusto González Besada/Martínez Padín.

Esta medida conleva o cambio de emprazamento dalgúns postos de venda ambulante e a reordenación doutros. Así os postos situados na rúa Ourense pasarán a colocarse na rúa Mondoñedo ocupando os espazos que había baleiros. Amais os postos que se emprazaban no tramo da rúa Compostela entre o cruzamento con Casal Aboy e Ourense desprazaranse ao tramo da mesma rúa entre os cruzamentos con Ourense e Betanzos. Nesta rúa Compostela pasan a colocarse tres filas de postos. Igualmente hai un cambio nun posto de roupa da rúa Lugo cara á rúa Mondoñedo.

Concello Tui


O Concello de Tui financiará con cargo ao remanente de tesourería a redacción de proxectos e execución obras por importe de 216.400€

A redacción do proxecto para a rehabilitación do Teatro Principal e da adecuación do edificio de Cam Fran para Servizos Sociais son parte das actuacións previstas

A redacción dun proxecto para a rehabilitación do Teatro Principal e outro para a adecuación do edificio de Cam-Fran na Avenida da Concordia para convertelo na sede nos Servizos Sociais Municipais e dun Centro de Día, son dúas das actuacións para as que se vén de habilitar crédito no Concello de Tui. O mércores en pleno aprobáronse sendos expedientes de modificación de créditos, con cargo ao remanente líquido de tesourería, para poder acometer de xeito inmediato tanto a redacción de proxectos coma a execución de obras cun importe que suma 216.466,04 €. Os puntos foron aprobados con dez votos a favor, do PSOE, En Marea e Converxencia 21, e a abstención de PP, BNG e Ciudadanos.

En concreto destinaranse 18.150 € para a redacción do proxecto de rehabilitación do Teatro Principal, e 17.908 € para o de adecuación do edificio para Servizos Sociais. Outros proxectos que van a ser redactados serán o da humanización da travesía de San Domingo (11.470,80 €) e o soterramento das instalacións e servizos tanto nas travesías de San Domingos coma San Francisco (11.640,20€).

A realización dun estudo de tráfico no núcleo urbano, que permita toman decisións con todos os datos sobre sentidos de circulación, peonalización e humanización de vías contará un investimento de 18.089,50 €. En materia de tráfico figura tamén, cun importe de 29.175,65 €, o repintado da sinalización vial no termo municipal. Por outra parte destinaranse 11.374 € á realización dun levantamento topográfico de parcela e edificacións, infografía da proposta e redacción do proxecto básico e de execución para a ampliación do Centro Cultural As Laxes de Paramos. Amais 14.928,98 € terán por obxectivo a colocación e subministro de tarima tecnolóxica reforzada e a limpeza e tratamento da existente no Paseo Fluvial.

Outras actuacións previstas para as que se habilitou o crédito son a revisión e actualización da numeración municipal (18.150 €), a reparación de beirarrúas na estrada autonómica en Caldelas (10.890 €), a reforma do alumeado público nas parroquias coa substitución das actuais luminarias por led (15.972 €), a construción de 12 metros de sumidoiros en distintos puntos (653,40 €), a poda de árbores no termo municipal (12.971 €), e a corta de árbores secas que supoñen un perigo no recinto de festas de Paramos (1.113,20 €)

Con cargo ao remanente de tesourería financiarase tamén o Servizo de Asistencia Técnica para a xestión de fondos europeos na Eurocidade Tui-Valença (7.145,05), a cota extraordinaria de acceso á Red de Juderías de España (9.000€), e a cota da anualidade da Asociación de Desenvolvemento Galicia Suroeste Eu Rural (2.389,26€).

Concello Tui



Edições C@2000

Do Coura se fez luz. Hidroeletricidade, iluminação pública e política no Alto Minho (1906-1960)"
Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000/Afrontamento
Apoiado pela Fundação EDP


Da Monarquia à República no Concelho de Caminha
Crónica Política (1906 - 1913)

Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000


O Estado Novo e outros sonetos políticos satíricos do poeta caminhense Júlio Baptista (1882 - 1961)

Organização e estudo biográfico do autor por Paulo Torres Bento
Edição: C@2000


Rota dos Lagares de Azeite do Rio Âncora

Autor: Joaquim Vasconcelos
Edição: C@2000


Memórias da Serra d'Arga
Autor: Domingos Cerejeira
Edição: C@2000

Outras Edições Regionais