A campaña para compostar as cabazas xeradas durante a fin de semana pasada péchase cun gran éxito. Durante a fin de semana e inicios desta, os cidadáns foron achegando as cabazas ao composteiro comunitario para que o mestre composteiro as xestionase adecuadamente. Ademais, o mestre tamén visitou os diferentes CRA do concello para preparar e compostar as cabazas alí depositadas no propio composteiro individual instalado en cada un dos CRA.
Para a compostaxe deste material foi preciso seguir os seguintes pasos:
Eliminar as partes non compostables como adornos de tela, papeis de cores, cirios, e pintura. Neste último caso, nos casos que foi posible, pelouse a cabaza para aproveitar o interior.
Trituración das cabazas. Debido ao tamaño e dureza da pel, o picado das cabazas en anacos máis pequenos facilita e acelera o proceso de compostaxe.
Remexer o material incorporado ao composteiro. Para evitar a compactación e a conseguinte perda de aireación, remexéronse coidadosamente os restos de cabaza xunto co material xa existente no composteiro e con estruturante (madeira triturada). Este paso permite acelerar o proceso de compostaxe, equilibra o exceso de humidade procedente da materia orgánica e evita incidencias no composteiro.
Tapar o material con estruturante para evitar a aparición de mosquiña.
Queremos aproveitar para agradecer a todas aquelas persoas que decidiron participar nesta campaña, ás usuarias e usuarios habituais do composteiro comunitario e ás que teñen composteiro individual nas súas casas. Queda moito camiño por recorrer, pero estades deixando claro que existe unha vontade que sen dúbida permitirá o cambio cara a un concello máis sustentable.
Onte comenzou o OBRADOIRO DE AFECTIVIDADE impartido pola educadora familiar do Concello do Rosal aos tres grupos de 2º ESO no CPI Suárez Marquier
Máis de 60 mozos e mozas de 13 e 14 anos de idade traballarán o modo de afrontar o inicio das relacións de parella en Igualdade e respecto durante as próximas semanas.
Conceptos como autoestima, estereotipos de xénero, sentimentos ou a presión do grupo traballaranse ao longo de seis sesións, tres sesións de 50 minutos con cada grupo.
Tanto este obradoiro de AFECTIVIDADE que acaba de comenzar cos grupos de 2º ESO, como o obradoiro de OUTRAS FORMAS DE QUERER que comenzará a próxima semana e que se prolongará durante todo o mes de novembro cos grupos de 1ºESO, xurden da colaboración entre o concello do Rosal e o CPI Suárez Marquier.
Case 200 alumnos e alumnas de entre 12 e 16 anos de idade traballararán neste curso 2019-2020 as emocións, sentimentos e relacións de parella, de cara a fomentar o bo trato e previr a violencia de xénero entre os máis novo/as.