JORNAL DIGITAL REGIONAL CAMINHA 2000 JORNAL DIGITAL REGIONAL CAMINHA 2000

Horário do Ferry (5 a 10 Novembro)


ANABAM denuncia perante a Fiscalía as obras de estabilización na Praia de A Lamiña (A Guarda) por posible delito contra o Medio Ambiente

A Asociación Naturalista "Baixo Miño" (ANABAM) ven de presentar unha denuncia este 7 de novembro de 2019, ante a Fiscalía Xeral do Estado contra as obras de construción dun dique de 70 metros de longo na Praia de A Lamiña (Camposancos, A Guarda).

A obras de estabilización da marxe dereita do río Miño na súa desembocadura realízanse a petición do Concello de A Guarda e están amparadas pola Subdelegación do Goberno co beneplácito do servizo de Medio Ambiente da Xunta de Galicia. As nomeadas actuacións desenvólvense nun espazo que forma parte da Rede Natura 2000 catalogado como Zona de Especial Conservación (ZEC), Zona de Especial Protección para as Aves (ZEPA) e Zona de especial Protección dos Valores Naturais (ZEPVN).

As obras, de carácter provisional, non contan coa perceptiva declaración de impacto ambiental pondo en risco a dinámica sedimentaria e hidrolóxica deste espazo natural. A extraccións ou escavacións están tipificadas como delito no Código Penal con penas de prisión e inhabilitación cando poidan ser causa directa ou indirecta de danos substanciais ao medio, a animais ou plantas. Neste senso, o espazo no que se desenvolven as obras forma parte da área de presenza da píllara das dunas, especie incluída no Catálogo Galego de Especies Ameazadas e cun plan de recuperación, o que supón que teñen que aplicarse medidas para a conservación do seu hábitat.

Así mesmo, as obras desenvólvense no principal areal da localidade o que supón un risco para a seguridade das persoas pola alteración da dinámica fluvial e dos procesos hidrodinámicos, feitos que tamén están tipificado como delito no Código Penal.

Ante estes feitos, ANABAM solicita que se paralicen as obras e se repare o dano causado para evitar un deterioro irreversible do medio.

Panorámica das obras e do estado da Praia de A Lamiña (A Guarda) o mércores 6 de novembro de 2019. Fotografía: ANABAM.

ANABAM


O CONCELLO DA GUARDA NON DISPÓN DO INFORME DE IMPACTO AMBIENTAL NA ESCOLLEIRA DA LAMIÑA

"Ao BNG sorpréndelle a falta de información ante unha obra cun impacto ambiental tan importante"

O BNG despois de pedir ao Concello da Guarda o expediente sobre a actuación que o Ministerio de Transición Ecolóxica está realizando na praia da Lamiña queremos manifestar diferentes aspectos que nos preocupan

1. A pesar do impacto que ten a escolleira que xa se comezou a construír na Lamiña, no Concello non existe o informe de impacto ambiental preceptivo.

2. No escrito dirixido polo Ministerio de Transición Ecolóxica a Consellería de Medio Ambiente recolle que "Rixidizando un tramo local da ribeira non se soluciona o problema global a escala do río e é posible trasladar o problema erosivo augas arriba ou augas abaixo do tramo crítico a protexer na actualidade".

Dende o BNG non entendemos como diante dun problema que se ven arrastrando dende xa fai tantos anos se opte por unha solución urxente sen garantías e de dudosa eficacia ou que mesmo pode rebotar o problema que se pretende solucionar a outra zona da desembocadura do río como o propio Ministerio recoñece.

Cústanos entender tamén a actitude do PSOE guardés, máis preocupado en facer fotos na zona co seu candiato ao Congreso que por reclamar todos os informes e documentos preceptivos para unha obra que xenera tantas dúbidas.

BNG de A Guarda


A Guarda convida a comerciantes e hostaleiros a participar nas conmemoracións do Día Internacional contra a Violencia de Xénero

O Concello da Guarda ultima os preparativos para as conmemoracións do Día Internacional contra a Violencia de Xénero 25N que, un ano máis, se coordina dende o Centro de Información á Muller da Guarda e a Concellería de Igualdade e servizos Sociais.

O Concello da Guarda, un ano máis, súmase ao protocolo de colaboración para a organización conxunta da campaña de sensibilización En Negro contra as Violencias, coa que se pretende tinguir de negro as vilas e cidades galegas.

Desde a Concellaría de Igualdade considerase que a actual situación require dunha resposta unánime de toda a sociedade que poña de manifesto o rexeitamento de todas as formas de violencia contra as mulleres. Para iso, anímase ao sector do comercio e a todos os axentes sociais do municipio a implicarse un ano máis na conmemoración do 25 de novembro. "A Guarda en Negro".

A proposta consiste en vestir de loito a nosa vila, en sinal de dor por todas as mulleres que sofren violencia, considerando que o comercio e a hostalaría ten o protagonismo das rúas da Guarda, e son o gran escaparate que pode transmitir á cidadanía a mensaxe de denuncia e solidariedade: Queremos A Guarda libre de violencia!

Desde o Concello se pon disposición dos establecementos comerciais e asociacións, de forma totalmente gratuíta, cartelería para todos/as, camisetas e bolsas para aqueles comercios que o ano pasado non participaron e, como novidade, haberá pousavasos e servilletas para a hostalaría e delantais para os/as preaceiros/as para que do 18 ao 25 de novembro, podan vestir as tendas, comercios, empresas, bares, postos do mercado, etc. de negro, así coma os maniquís, manteis dos restaurantes ou os mesmos empregados e empresarios de negro.

Para participar nesta campaña tan só é preciso chamar ao número de teléfono 986614648 ou enviar un correo electrónico a muller@aguarda.es cos datos do establecemento (nome e enderezo) e da persoa de referencia (nome e teléfono) antes do 13 de novembro e deseguida contactarase cos interesados/as.

Programación de actividades

A programación de actividades inclúe unha obra de teatro o 22 de novembro e a lectura do manifesto que terá lugar o luns 25 de novembro

Concello de A Guarda


Presentación Curso de Adestradores

O vindeiro luns día 11 de novembro ás 12:00h realizarase na Casa dos Alonso a Presentación dun Curso de Adestradores de Fútbol

Acto: Presentación Curso de Adestradores
Día: Luns 12 de novembro de 2019
Hora: 12:00h
Lugar: Casa dos Alonso
Interveñen:
" Antonio Lomba Baz, Alcalde da Guarda
" Iván Cavela, Director da Escola Galega de Adestradores
" Fernando Iglesias, Vicepresidente da Federación Galega de Fútbol

Asistirán:

Representantes dos Concellos de O Rosal e de Oia, así como de clubes deportivos.

Concello de A Guarda


A Asociación Párkinson Baixo Miño organiza unha charla informativa na Guarda

O vindeiro xoves día 14 de novembro ás 18:15h da tarde celebrarase una charla informativa co título "Mejoremosjuntos la calidad de vida" no Salón de Actos do Centro Cultural da Guarda, no que a logopeda Nerea Álvarez Rodríguez e a terapeuta ocupacional Olalla Vilar Figueira, do Centro Anarela de Tui, falarán sobre a importancia de realizar terapias de rehabilitación , para acadar una mellor calidade de vida das persoas afectadas pola enfermidade de Párkinson.

A presentación do acto será a cargo da Presidenta da Asociación Herminia Sías Cortiñas.

Esta charla enmárcase no Proxecto Párkinson Rural, unha iniciativa da Federación Española de Párkinson, posta en marcha co apoio da Fundación O.N.C.E.

Concello de A Guarda


Charla informativa para presentar a Campaña de Nadal 2019 este martes na Guarda

O vindeiro martes día 12 de novembro ás 20:30 horas a Casa dos Alonso acolle unha charla informativa, dirixida aos comercios da Guarda, na que se exporán as actividades, enclaves e como se ten previsto organizar este ano a Campaña de Nadal.

De xeito previo, mantívose unha reunión cos e coas representantes das distintas asociacións comerciais para ter en conta as súas aportacións de cara a mellorar o impacto de dita campaña.

Como ven sendo habitual búscase implicar a todo o tecido comercial da vila, pero este ano realizarase dende o Concello un especial esforzo en canto á iluminación (aínda sen rematar) e haberá novidades que favorecerán o goce das veciñas e veciños, así como a dinamización das vendas no pequeno comercio.

Concello de A Guarda


Suspendida a Andaina prevista para este sábado

O Concello da Guarda e a Cámara Municipal de Caminha decidiron suspender a andaina prevista para este sábado día 9 de novembro pola Serra d´Arga en Caminha(Portugal), dado que, tralas precipitacións dos últimos días, parte da ruta se atopa nunhas condicións que impiden o desenvolvemento da actividade en condicións de seguridade.

Nestes intres se está avaliando a posibilidade de trasladar dita actividade a outra data, que será informada a todos os inscritos nos vindeiros días, polo contrario, do procedemento a realizar para o reembolso do prezo público correspondente.

Para calquera información poden contactar co departamento de Deportes no 690 928 751 ou no enderezo electrónico deportes@aguarda.es

Concello de A Guarda


O Camiño Portugués da Costa sitúase no terceiro lugar

O Camiño Portugués da Costa é, dende marzo deste ano 2019, a terceira ruta xacobea máis empregada polos peregrinos para realizar a súa peregrinaxe a Santiago de Compostela despois do Camiño Francés, en primeiro lugar, e o Portugués, en segundo lugar, ocupando arestora o lugar que tradicionalmente lle correspondía ao Camiño Inglés.

A pesares de ser a última ruta xacobea oficializada o incremento de peregrinos desta foi incrementándose notablemente, destacando no Concello da Guarda un aumento nas pernoctas en hoteis e no Albergue Municipal, así como no tránsito de peregrinos que inician este camiño en Portugal, atravesando despois o Río Miño e tamén os que inician o mesmo na vila da Guarda.

O Albergue municipal, a día de hoxe xa superou os 5000 peregrinos, sendo agosto e setembro os meses de maior afluencia cunha ocupación media de 32 camas, das 36 dispoñibles. De igual xeito neses meses o resto de aloxamentos da localidade tamén tiveron unha alta ocupación de peregrinos.

Hai que ter en conta que no pasado ano 2018 a ocupación total do Albergue Municipal foi de 3600 peregrinos.

Segundo os datos estatísticos da Oficina do Peregrino do mes de setembro, os peregrinos realizan principalmente o seu traxecto a pé(máis dun 90%), seguidos polos que o realizan en bicicleta(5%) e do total de peregrinos que remataron o seu camiño en Santiago, un 8,55% empregou o Camiño Portugués da Costa.

A evolución do Camiño Portugués da Costa ten sido extraordinaria, con preto de 7329 peregrinos no 2017, 13.841 peregrinos no 2018 e 19.378 peregrinos ata o mes de setembro deste ano 2019.

O Ano Santo 2021 traerá consigo unha extensa e detallada programación que comezará máis dun ano antes de que abra a Porta Santa, o que encaixa coa vontade de levar a cabo unha celebración descentralizada, que se deixe sentir en toda Galicia.

Neste senso se teñen posto en marcha distintas liñas de actuación como o Plan de Albergues, o Plan de Sinalización, o Plan de Mantemento e o Plan de Embelecemento. No eido cultural, puxo en valor as máis de 110 iniciativas levadas a cabo en Pontevedra no marco do programa O teu Xacobeo, cun investimento de 1,6 millóns de euros, ou as iniciativas impulsadas na provincia dentro de proxectos como Cultura no Camiño, Camiños Sonoros ou Vive o Camiño.

Concello de A Guarda


O Concello da Guarda procede á retirada de varias árbores no Colexio da Sangriña

O Concello da Guarda ven de realizar a retirada de varias árbores de gran porte do patio exterior do CEIP da Sangriña.

Esta actuación realizouse sobre unha serie de chopos que se atopaban na zona leste do patio exterior do colexio e que, debido ao seu gran porte, supoñían un risco por estar moi preto da rúa Vigo, tanto para os alumnos do centro educativo como para os usuarios desta rúa, na que se atopa o Conservatorio e serve de comunicación coa zona escolar e deportiva.

Para seguir mantendo unha zona alborada no patio, está previsto realizar, de xeito coordinado co centro de ensino, unha plantación de especies autóctonas.

Concello de A Guarda




Edições C@2000
Do Coura se fez luz. Hidroeletricidade, iluminação pública e política no Alto Minho (1906-1960)"
Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000/Afrontamento
Apoiado pela Fundação EDP

Da Monarquia à República no Concelho de Caminha
Crónica Política (1906 - 1913)

Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000


O Estado Novo e outros sonetos políticos satíricos do poeta caminhense Júlio Baptista (1882 - 1961)

Organização e estudo biográfico do autor por Paulo Torres Bento
Edição: C@2000


Rota dos Lagares de Azeite do Rio Âncora

Autor: Joaquim Vasconcelos
Edição: C@2000


Memórias da Serra d'Arga
Autor: Domingos Cerejeira
Edição: C@2000

Outras Edições Regionais