JORNAL DIGITAL REGIONAL CAMINHA 2000 JORNAL DIGITAL REGIONAL CAMINHA 2000

Un modelo de cidade no que os peóns sexan a prioridade é o recollido no PMUS e presentado a 25/10

O alcalde anunciou xa medidas concretas coma o sentido único para Augusto González Besada ou a peonalización de parte da Corredoira a curto prazo

Un modelo de cidade no que os peóns as bicicletas teñan prioridade é o que recolle o Plan de Mobilidade Sustentable do Concello de Tui que foi presentado a 25 de Outubro. O documento, elaborado pola empresa EPTISA recolle medidas a curto, medio e longo prazo nun horizonte temporal de dez anos, e cun investimento estimado de 16 millóns de euros. Para poder facer fronte a este investimento o Concello de Tui buscará distintas vías de financiamento a través dos distintos organismos e entidades que contan con liñas de subvencións para as accións previstas.

O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, xunto ao concelleiro de Seguridade, José Ramón Magán, e os técnicos da empresa EPTISA que realizaron o PMUS, Javier Vázquez e Sergio Pérez, presentaron hoxe este plan.

O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, sinalou que as conclusións do PMUS coinciden coa liña das prioridades establecidas polo goberno municipal que preside. Citou así retirar o tráfico do centro urbano, a humanización das rúas e a mellora da accesibilidade. Deu a coñecer amais que coma primeira medida encargarase un Plan de Reordenación do Tráfico no municipio que servirá para tomar as medidas axeitadas para retirar o tráfico do centro, eliminar vías de dobre sentido e avanzar na humanización. Con isto dicía "poremos a Tui na mesma liña de traballo que están a realizar outras cidade tanto en España coma en Europa".

Anunciou amais Enrique Cabaleiro que de xeito inmediato deixarase de pechar un tramo a rúa Ourense os xoves coincidindo co mercado semanal, para o que se van desprazar de ubicación algún postos. Tamén avanzou o obxectivo de que a rúa Augusto González Besada pase a ser de sentido único en dirección cara ao Paseo da Corredoira, e que o tramo da rúa Calvo Sotelo dende o cruzamento con Augusto González Besada até os soportais pase a ser peonil. Isto permitirá humanizar Augusto González Besada. No referido á mobilidade adianto tamén que están a estudar a viabilidade de que o Concello asuma con fondos propios o investimento de 2,5 millóns de euros para construír un aparcamento subterráneo na traseira da Área Panorámica con capacidade para 303 prazas.

O concelleiro de Seguridade, José Ramón Magán, destacou a colaboración obtida por parte da cidadanía, tanto na enquisa online que foi respondida por máis de 200 persoas, coma pé de rúa. Sobre o PMUS indicou que un documento de traballo que servirá de punto de partida para mellorar a mobilidade no municipio.

Nos últimos meses de traballo os técnicos de EPTISA estudaron a situación da mobilidade no municipio a través de datos, do análise do viario, dos itinerarios peonís ou ciclistas existentes, da disponibilidade de prazas de aparcamento, das liñas de transporte público, e da accesibilidade, entre outros factores. Concluíron que a principal debilidade do municipio vén dada pola gran dependencia do vehículo privado, a principal ameaza é a dispersión poboacional, a fortaleza á súa proximidade a Vigo e Pontevedra e a Eurocidade Tui-Valença, e o Camiño de Santiago se presenta coma unha oportunidade.

Entre as medidas propostas está por unha banda a un Plan de Fomento da Mobilidade Peonil, no que se contempla a creación e sinalización dunha rede de itinerarios peonís e de camiños escolares seguros. Así como o deseño dun metro-minuto que estableza a distancia e o tempo camiñando entre distintos puntos. O PMUS tamén recolle a execución de pasos de peóns seguros e accesibles, a elaboración dun Plan Municipal de Accesibilidade para a eliminación de barreiras arquitectónicas.

Por outra parte para fomentar a mobilidade ciclista propoñen a definición de itinerarios en bicicleta, unha rede de aparcadoiros de bicicletas, ou estudar a implantación dun sistema de empréstito de bicis.

No que se refire ao transporte público ás medidas propostas no PMUS pasan pola mellora ddas conexións das liñas de autobús interurbano, o fomento do transporte público, mellor das marquesiñas, incluíndo a accesibilidade universal, ofrecer información sobre os horarios e frecuencias na web municipal, e coma propostas máis ambiciosas a creación do Tui Bus, unha liña de autobús municipal, ou dun sistema de transporte público a demanda.

Outras cuestións recollidas nas conclusións céntranse no aparcamento coa xestión do aparcamento en eventos, a redacción dun Plan de Ordenación do Estacionamento, a mellora e promoción dos aparcamento disuasorios

Outros aspectos recollido no Plan de Mobilidade Sustentable son melloras no deseño viario con xerarquización dos viais, reducción da velocidade, adopción de sistemas de calmado do tráfico, así coma o repintado da rede viaria con pintura antideslizante. Tamén se propón a redacción dun Plan de Seguridade Vial Local, dunha Ordenanza Municpial de Mobilidade, e a creación dunha Oficina e dun Observatorio de Mobilidade.

A instalación dun punto de carga eléctrica para vehículo eléctricos, a promoción do coche compartido e de vehículos limpos ou dun Plan de Transporte ao traballo son tamén cuestións recollidas no PMUS. Por último recolle sumarse á celebración da Semana Europea da Mobilidade ou ao Día de Concienciación coa Mobilidade Reducida. O Plan contemplase asemade un cronograma destas acción e un plan de seguimento da súa implantación.

Concello Tui


Tui acollerá a saída das tropas militares que farán o Camiño de Santiago

Será o luns, 28 de outubro, ás 22 h dende a rúa Olímpicos Tudenses

O próximo luns, 28 de outubro, a partir das 22.00 horas, terá lugar a saída do concurso de patrullas das Forzas Armadas Españolas, que realizarán o Camiño Portugués de Santiago. Será dende o aparcamento dos centros municipais de remo e piragüismo de Tui, situados na rúa Olímpicos Tudenses, ao carón do río Miño,

As patrullas da Brilat e as patrullas chegadas dende as unidades de Asturias, Valladolid, Almería, San Sebastián, Ceuta e Canarias, tomarán a saída para realizar un total de 120 quilómetros entre Tui e Santiago de Compostela. Ao longo percorrido terán que completar sete probas, un percorrido topográfico, unha proba de tiro de precisión, o paso da pista de obstáculos, unha baixada facendo rápel, o paso do río Lérez nadando, lanzamento de granadas e percorridos cronometrados.

A proba rematará na mañá do mércores 30. O día seguinte, o xoves 31 ás 09.30 horas, haberá un acto de clausura e entrega de premios do concurso de patrullas Tui-Santiago na Praza do Obradoiro de Santiago de Compostela, trala que asistirán á misa do Peregrino.

Concello Tui


O concerto do grupo Best Boy e os viños de catro adegas pechan este domingo o programa "Música e viño no teu camiño"

Será ás 18 h na praza de San Fernando. Está promovido por Eu Rural

O Concello de Tui acolle este domingo o evento que pecha o programa "Música e viño no teu camiño" promovido por Eu Rural e financiado por O teu xacobeo. A presentación desta actividade tivo lugar este mediodía na casa do concello de Tui a cargo de Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui, Sandra González, a presidenta de Eu Rural e alcaldesa de Tomiño, Sonsoles Vicente, concelleira de Cultura de Tui, e Ángel Sánchez, de Best Boy.

O evento comezará ás 18 h na praza de San Fernando onde se poderán degustar viños Quinta Couselo, Terras Gauda, Adega do Vimbio e Altos de Torona e concerto de Best Boy ao prezo de 2€. E a banda tudense Best Boy, liderada por Ángel Sánchez e Lucas Fernández, actuará novamente na cidade.

Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui, manifestou que é un orgullo que este programa promovido por Eu Rural se peche en Tui, porta de entrada do Camiño Portugués a Galicia, e que amais o faga cun grupo tudense. Destacou o rexedor a importancia de actividades coma ésta que poñen en valor un ben inmaterial coma é o Camiño de Santiago.

Sandra González, a presidenta de Eu Rural e alcaldesa de Tomiño, destacou o obxectivo do programa que é promocionar os produtos locais presentando ao tempo unha alternativa de ocio con música. Destacou tamén a boa acollida que tivo "Música e Viño no teu camiño" na Guarda e en Redondela onde se celebraron xa eventos similares aos de Tui.

A concelleira de Cultura, Sonsoles Vicente, convida a asistir e disfrutar deste evento este domingo na cidade.

Ángel Sánchez, destacou que para Best Boy é un pracer volver a tocar en Tui, nun concerto que para eles será moi especial ao ser un reencontro con amigos e público. Destacou tamén como a Cultura xoga un papel moi importante na potenciación do turismo e do desenvolvemento.

Concello Tui


Unha Ruta Literaria pecha mañá os actos do Día da Biblioteca

Sairá ás 17 h do edificio Francisco Sánchez e será por Marga do Val e Rafael Sánchez Bargiela

Sábado, 26 de outubro, ás 17 h sairá do edificio "Francisco Sánchez" sede da Biblioteca tudense unha Ruta Literaria coa que se pecha o programa de actos desenvolvido ao longo do mes para conmemorar o Día da Biblioteca. A ruta estará dirixida pola escritora Marga do Val e polo responsable do centro bibliotecario tudense e historiador, Rafael Sánchez Bargiela.

No seu percorrido, que rematará na Catedral, os participantes desprazaranse por diversos lugares da cidade relacionados con personalidades do mundo literario e cultural. Así a ruta pasará polo barrio do Rollo, onde se situaba a casa familiar da familia Álvarez Limeses e onde iniciaron a súa andaina literaria Xosé María e Emilio Álvarez Bláquez, o Seminario Conciliar onde estudaron autores como Teodosio Besteiro Torres ou Camilo Bargiela, para continuar polo monumento ao arcebispo Lago (na rúa Ordoñez obra de Xoán Piñeiro) que posúe un notable conxunto de poemas en lingua galega, sen esquecer nomes como, entre outros, Camilo José Cela, Faustino Rei Romero, Manuel María ou Eliseo Alonso aos que se lembrará ao longo do traxecto desta ruta literaria.

Con esta actividade a Biblioteca Pública Municipal tudense tenta achegar un amplo e escasamente coñecido acervo cultural que a nosa cidade agocha; as vellas rúas tudenses teñen inspirado a numerosos escritores, tanto de Tui como foráneos, moitas páxinas de creación literaria que agora se pretende achegar aos veciños e lectores. Esta visita é unha primeira etapa doutras novas rutas que no futuro se realizarán ofrecendo novos autores e novos textos.

A celebración do "Día da Biblioteca" é unha proposta da Asociación Española de Amigos del Libro Infantil y Juvenil que xorde no ano 1997 en lembranza da destrución da Biblioteca de Saraxevo, incendiada no ano 1992 durante o conflito bélico dos Balcáns. A iniciativa naceu para trasladar á opinión pública a importancia da Biblioteca como lugar de encontro de lectores de todas as idades coa cultura e como un instrumento de mellora da formación e da convivencia das persoas.

A celebración desta data, á que se suma a Biblioteca Municipal tudense, é unha oportunidade para impulsar entre nenos, mozos e maiores os valores da lectura e da cultura e destacar a misión das bibliotecas como centros socializadores e integradores e demostrar que os libros están ao alcance de todos os tudenses, pois as bibliotecas son un dos mellores exemplos do cumprimento do mandato constitucional de promover o acceso á cultura a todos os cidadáns.

Concello Tui


ÚLTIMA PARADA DO PROXECTO 'MÚSICA E VIÑO NO TEU CAMIÑO' CO CONCERTO DE BEST BOY EN TUI

O grupo tocará en directo este domingo 27 na Praza de San Fernando de Tui, onde se poderá desfrutar tamén dos viños de Quinta de Couselo, Terras Gauda, Vimbio e Altos de Torona

O evento comezará ás 18.00 horas coa apertura da venta de viños

Última parada do proxecto 'Música e Viño no Teu Camiño'. O grupo Best Boy porá a música á terceira e última sesión do proxecto este domingo 27 de outubro na Praza de San Fernando de Tui nun evento no que o blue grass, o funk, o pop, o jazz ou o rock sureño da banda tudense porá á banda sonora a unha tarde de viños coas adegas Quinta de Couselo, Terras Gauda, Adegas do Vimbio e Altos de Torona. O evento comezará ás 18.00 h coa apertura dos stands de venta de viño con D.O. Rías Baixas, no que todas as persoas asistentes poderán degustar unha copa de viño ou mercar unha botella a prezos populares.

Música e Viño no teu Camiño é unha actividade impulsada pola Asociación de Desenvolvemento Galicia Suroeste Eurural beneficiaria do programa O teu Xacobeo, impulsado pola Xunta de Galicia. O seu obxectivo era crear puntos de encontro entre as persoas que peregrinan polo Camiño de Santiago e a poboación local dun xeito diferente e orixinal: a través de tres eventos musicais que, tras o seu paso por Redondela e A Guarda, rematará este domingo en Tui.

Foron tres xornadas de concertos musicais ao aire libre e totalmente gratuítos que funcionaron como eixo central dun espazo creado para fomentar as experiencias positivas arredor dos produtos do territorio, poñéndoos en valor e promocionándoos. Así, o público asistente poderá degustar viños con D.O. Rías Baixas das adegas Quinta de Couselo, Terras Gauda, Adegas do Vimbio e Altos de Torona.

A Asociación de Desenvolvemento Galicia Suroeste Eurural é a entidade sen ánimo de lucro responsable da execución da Medida Leader 2014-2020 no territorio recoñecido pola Consellería de Medio Rural da Xunta de Galicia como Grupo de Desenvolvemento Rural 14 (GDR14), que abarca 13 concellos do sur da provincia de Pontevedra: Baiona, Fornelos de Montes, Gondomar, A Guarda, Mos, Nigrán, Oia, Pazos de Borbén, O Porriño, Redondela, O Rosal, Tomiño e Tui.

Galicia Suroeste Eurural


Primeiras Xornadas Europeas do Camiño de Santiago

O Concello de Tui súmase esta fin de semana á celebración das primeiras Xornadas Europeas do Camiño de Santiago promovidas pola Federación De outubro a xuño celebranse nos centros culturais de Areas, Caldelas, Guillarei, Pazos de Reis, Rebordáns e Ribadelouro os obradoiros "Cultiva a mente". Están promovidos polo Concello de Tui e AFAGA, a Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer e outras demencias de Galicia.

As persoas participantes, preferentemente maiores de 55 anos, aprenderán técnicas de memoria, recibirán consellos saudables para o cerebro, e ao tempo fomentarase a socialización e emoción positivas.

Horario:

" Martes: de 10 a 11.30 h en Caldelas e de 12 a 13.30 h en Guillarei
" Mércores: terán lugar de 10 a 11.30 h en Pazos de Reis e de 12 a 13.30 h en Areas
" Xoves: de 10 a 11.30 h en Rebordáns e de 12 a 13.30 h en Ribadelouro.

Inscrición:

" Nos Servizos Sociais Comunitarios na casa do concello de Tui
" No correo electrónico aux.ssociais@tui.gal
" No teléfono 986 60 36 25 ext. 54.

Concello Tui



Edições C@2000

Do Coura se fez luz. Hidroeletricidade, iluminação pública e política no Alto Minho (1906-1960)"
Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000/Afrontamento
Apoiado pela Fundação EDP


Da Monarquia à República no Concelho de Caminha
Crónica Política (1906 - 1913)

Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000


O Estado Novo e outros sonetos políticos satíricos do poeta caminhense Júlio Baptista (1882 - 1961)

Organização e estudo biográfico do autor por Paulo Torres Bento
Edição: C@2000


Rota dos Lagares de Azeite do Rio Âncora

Autor: Joaquim Vasconcelos
Edição: C@2000


Memórias da Serra d'Arga
Autor: Domingos Cerejeira
Edição: C@2000

Outras Edições Regionais