JORNAL DIGITAL REGIONAL CAMINHA 2000 JORNAL DIGITAL REGIONAL CAMINHA 2000

Baobab Teatro trae “Baila, Roque, baila”, este domingo ao Mercado Municipal de Tomiño

Baobab Teatro trae "Baila, Roque, baila", este domingo ao Mercado Municipal. Un espectáculo de teatro e contos dinámico e divertido, con participación do público. Comezará ás cinco da tarde.

A compañía Baobab Teatro volta a Tomiño este domingo (27/10), con "Baila, Roque, baila", un espectáculo de e teatro e contos dinámico e divertido con participación do público, infantil e familiar. A actuación comezará ás 17.00h no 1º andar do Mercado Municipal. Entrada de balde.

Con dirección de manipulación de Óscar Ferreira, a actriz Andrea Bayer, axudará a Roque, un simpático personaxe, a bailar e rirse nun viaxe que dura 45 minutos. Espectáculo recomendado para nenos e nenas a partir dun ano.

Concello Tomiño


A Eurocidade Cerveira-Tomiño acolle un encontro internacional sobre migración do proxecto THRUST

Representantes de 7 países participarán do 25 ao 27 de outubro en distintas actividades para mergullarse na realidade transfronteiriza

Tomiño presentará a experiencia de cooperación transfronteiriza na Eurocidade e falará sobre a arquitectura indiana e a súa relación coa emigración galega

A Eurocidade Cerveira-Tomiño será a sede dunha nova reunión do proxecto THRUST (Trusting in Human Resources for Union Solidarity and Teamwork), un programa europeo que busca o intercambio de pareceres sobre problemas que afectan á Unión Europea e a valores como a dignidade humana e a loita contra a discriminación e a xenofobia. Os vindeiros días 25, 26 e 27 de outubro, representantes de sete países visitarán Cerveira e Tomiño para coñecer de primeira man a experiencia de relación e convivencia transfronteiriza da Eurocidade.

Durante tres días persoas voluntarias, ONGs e asociacións dos sete países socios do proxecto (Alemaña, España, Italia, Letonia, Polonia, Portugal e Suecia) compartirán as súas experiencias en voluntariado, especialmente naqueles ámbitos relacionados coa inmigración; debaterán sobre políticas de solidariedade e inclusión e compartirán obxectivos e boas prácticas de integración e relación intercultural.

Workshop, visitas e Deporte e Amizade

Ademais de como anfitrións, Tomiño e Cerveira participarán nesta reunión de xeito activo presentando a experiencia de cooperación transfronteiriza na Eurocidade e transmitindo ás persoas participantes a experiencia da arquitectura indiana e a súa relación coa emigración galega. Así, o venres 25 a cámara municipal de Cerveira acollerá os workshops iniciais das xornadas, sobre inmigración e voluntariado e sobre migración e integración, con participación de inmigrantes residentes na vila potuguesa. A xornada rematará coa visita ao Castelo D. Dinis, ao Cervo e ao Convento San Payo.

Durante a segunda xornada, o sábado 26, as persoas participantes visitarán a Escola Peirópolis, en Tomiño, exemplo de arquitectura indiana, para logo acudir ao viveiro Cultivos Casaíta e finalizar cunha visita e almorzo no Mercado de Tomiño, onde se presentará a Eurocidade Cerveira-Tomiño. Xa o domingo 27 as delegacións europeas participarán no encontro Deporto e Amizade organizado pola Eurocidade no Parque de Lazer do Castelinho de 10 a 14 h.

Proxecto THRUST

A participación no proxecto THRUST foi impulsada polo municipio de Vila Nova de Cerveira e conta con outros seis concellos socios participantes: Tomiño (Galicia, España), Filipstad (Suecia), Mielno (Polonia), Amt Trittau (Alemaña), Siguldas Novads (Letonia) e Vallerano (Italia). O obxectivo é crear as condicións necesarias para compartir opinións e experiencias en cuestións de voluntariado, especialmente nas referentes ao problema da inmigración, un problema crecente que debe ser resolto a través da cooperación e da solidariedade ente as comunidades e os países.

Concello Tomiño


O SPARTAN TEAM COMPETIRÁ ESTE SABADO EN SALCEDA DE CASELAS

Este sábado, 3 representantes do clube Spartan Team de Tomiño estarán disputando diferentes competicións de boxeo en Salceda de Caselas, no evento organizado polo clube local,o Kick&box club Salceda.

O puxil Daniel Fernandez,competindo na cateria dos Promesas(iniciados) nos 75kg, disputará as eliminatorias e tratará de clasificarse para a final.

David Novoa, puxil que xa estará competindo na categoria clubs(avanzados), disputará a final dos 64kg ante o rival local Bryan Alvarez.

E a última representacion do Spartan Team neste evento será Charly López, ainda que disputando un simple combate de rodaxe será un dos pratos fortes da noite facendo un dos cruces de feche de velada.

Sen duda un gran evento que ningun afeccionado aos deportes de contacto debería perderse, -sabado a partir das 20.30h no pavillon deportivo de Salceda de caselas.

Concello Tomiño /(Spartam Team Club de Tomiño)


O Concello de Tomiño organiza un curso de formación de persoas adultas, co fin de preparar o graduado da ESO por libre

As persoas interesadas poderán inscribirse oficialmente no rexistro municipal a partir do día 24 de outubro ata o día 30 deste mesmo mes

O Concello de Tomiño organiza un curso de formación de persoas adultas co obxectivo de preparar ao alumnado para obter o graduado da ESO por libre, a proba de acceso a ciclos medios e as de competencias clave.

Os requisitos para a inscrición no curso serán:

" Ter cumpridos os 16 anos.

Terán preferencia aquelas persoas que estean empadroadas en Tomiño, e as persoas que asistan ao mesmo por primeira vez.

Ademais dos requisitos anteriores, para poder presentarse á proba para obter o graduado da E.S.O. do próximo mes de maio será necesario:

" Non estar matriculado oficialmente en ningún curso da ESO, en ningún centro educativo de Galicia no curso 2019/2020.
" Ter cumpridos os 18 anos antes do día da proba por libre para obter o título da ESO.

As persoas interesadas, poderán inscribirse oficialmente, entre os días 24 de outubro e o 30 de outubro (ata as 13:00 horas) de 2019, presentando de maneira presencial ou electrónica (a través da Sede electrónica na web tomino.gal) no rexistro do Concello o modelo de inscrición cuberto que se pode descargar da web municipal tomino.gal, xunto cunha fotocopia do DNI.

Durante o curso, as clases terán lugar dous días na semana (martes e xoves) 3 horas cada día, en horario a determinar.

Os prezos mensuais das clases que inclúen tamén o material didáctico, serán os seguintes:
" Para persoas cos tres ámbitos pendentes 30€/mes.
" Para persoas con dous ámbitos pendentes 20€/mes.
" Para persoas cun ámbito pendente 15€.

Ademais, o alumnado poderá acceder ás gravacións de voz das clases a través de internet, etc.

A actividade formativa non se levará a cabo se non se acada un número mínimo de 10 persoas inscritas.

Concello Tomiño


Tomiño acolle a Gala Solidaria pola ELA que se celebrará no Auditorio de Goián

A recadación íntegra irá destinada a adquirir camas articuladas e cadeiras de ducha.

O número de persoas afectadas por esta enfermidade en España ronda as 4000

O vindeiro domingo, 27 de outubro, no Auditorio de Goián, terá lugar a Gala Solidaria pola ELA (Esclerose Lateral Amiotrófica), organizada pola Asociación Agaela, coa colaboración do Concello de Tomiño, a Deputación de Pontevedra e comercios locais.

José Manuel Pereira "Nel", tomiñés afectado por esta enfermidade, impulsa esta Gala Solidaria pola Ela, cuxa recadación íntegra ira destinada a adquirir camas articuladas e cadeiras de ducha para persoas que sofren esta doenza. Pereira quere dar visibilidade a esta doenza que padecen en España máis de 4.000 persoas, abandeirado co seu lema: "La ELA existe, pero nosotros delante y la ELA detrás, siempre".

A cita será no Auditorio de Goián ás 17.30 horas e contará coa presentación da actriz moañesa Anabel Budiño, da compañía Moito Morro Teatro, e a actuación do Grupo de Acordeóns Helios, do Coro Passionato e da Escola de Danzas e Gaitas Virxe do Alivio; rematando cun desfile solidario, a cargo de Lucía (tenda de roupa e complementos La Vida es Bella, de Goián).

A entrada ou achega voluntaria é de 5 euros por persoa, e haberá tamén butaca cero, para quen non poida asistir á gala pero queira colaborar ca causa.

A Asociación Galega de Esclerose Lateral Amiotrófica (AGAELA) convida a todas as persoas a asistir e colaborar coa entidade, "que loita por mellorar a calidade de vida dos afectados por esta enfermidade na nosa comunidade autónoma".

A Esclerose Lateral Amiotrófica é unha enfermidade neuromuscular dexenerativa, na que as células que controlan o movemento da musculatura voluntaria, diminúen o seu funcionamento gradualmente e morren, provocando unha paralización progresiva da persoa afectada nun curto espazo de tempo, impedíndolle sorrir, falar, comer, moverse ou respirar por se mesma. A esperanza de vida dos pacientes non chega a superar os cinco anos. Non existe ningún tratamento contra a ELA, aínda que si hai fármacos e terapias para combater os seus síntomas. En España existen na actualidade 4.000 persoas afectadas de ELA, e estímase que cada día se diagnostican 3 novos casos; 1000 ao ano, o mesmo número de persoas falecidas por esta doenza.

Concello Tomiño


A Eurocidade organiza unha xornada do programa "Deporte para todas as persoas" no parque do Castelinho

A inscrición, de balde, pode facerse até o día 24. Haberá xogos tradicionais, paseos e aula de Pilates

A Eurocidade Cerveira-Tomiño organiza unha xornada deportiva no marco do programa "Deporte para todas as persoas", con xogos deportivos e tradicionais, andaina curta (paseo) e aula de Pilates. Será o vindeiro domingo, 27 de outubro, no Parque do Castelinho (Vila Nova de Cerveira) de 10 a 13 horas (hora galega).

Para participar na xornada "Deporte e Amizade", é recomendable inscribirse previamente en geral.manos.sa@gmail.com ata o 24 de outubro, sendo a actividade totalmente de balde.

"Deporte para todas as persoas" é un programa de actividades deportivas gratuítas que se levan a cabo en equipamentos dos dous concellos, e que inclúe tres variedades de actividades: piscina en familia, actividades para maiores de 55 anos e práctica de diversas modalidades deportivas en parroquias de Tomiño e IPSS de Cerveira.

Máis de 400 persoas teñen participado neste programa, iniciado en setembro de 2018, e que xa organizou tamén dúas andainas transfronteirizas.

Estas actividades deportivas que convidan aos veciños e veciñas dos dous municipios a compartir prácticas saudables, forman parte da Axenda Estratéxica para a Cooperación Transfronteiriza Amizade Cerveira-Tomiño, un proxecto cofinanciado ao 75% polo Programa INTERREG VA POCTEP, con fondos FEDER da Unión Europea.

Concello Tomiño


Xornada de portas abertas no Convento de SanPayo cunha mostra de arte transfronteiriza asinada por estudantes

Como resultado do proxecto gañador do orzamento participativo transfronteirizo de Cerveira-Tomiño en 2019, preto de 200 nenos de ambos municipios desenvolveron conxuntamente unha actividade que combinou arte e natureza nun espazo cargado de singularidade ao longo dunha semana. Como xeito de marcar outro aniversario do finado mestre José Rodrigues, o convento de SanPayo abrirá as súas portas o 26 de outubro para que as comunidades educativas e a poboación en xeral gocen do traballo realizado.

No Monte de SanPayo a apreciación da natureza é unha preocupación que se conserva continuamente, tanto polos franciscanos como o mestre José Rodrigues, e agora pola veciñanza de Cerveira e Tomiño. Baixo a dirección da artista multidisciplinar galega Mercé de Rande, que deseñou o concepto do proxecto, e con talleres en colaboración coa artista portuguesa e deseñadora gráfica Mariana Carapinha, os nenos do 5º grao de Cerveira e Tomiño tiveron o reto de darlle ás á imaxinación.

Divididos en grupos transfronteirizos, os nenos participantes realizaron un traballo moi creativo cun forte compoñente ambiental, empregando materiais e natureza reutilizables (follas, paus, conos de piñeiro, pedras, botellas e cuncas de plástico, entre outros), ademais de experimentar un intercambio lúdico-pedagóxico de carácter transfronteirizo.

O resultado final presentarase publicamente a través dunha única e atractiva instalación artística, nunha xornada de portas abertas do Convento de SanPayo a toda a comunidade. Este proxecto foi promovido conxuntamente polas asociacións de pais dos centros escolares de Cerveira e a Mesa ANPAS dos centros educativos de Tomiño, no marco da última edición do orzamento participativo transfronteirizo.

Concello Tomiño




Edições C@2000
Do Coura se fez luz. Hidroeletricidade, iluminação pública e política no Alto Minho (1906-1960)"
Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000/Afrontamento
Apoiado pela Fundação EDP

Da Monarquia à República no Concelho de Caminha
Crónica Política (1906 - 1913)

Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000


O Estado Novo e outros sonetos políticos satíricos do poeta caminhense Júlio Baptista (1882 - 1961)

Organização e estudo biográfico do autor por Paulo Torres Bento
Edição: C@2000


Rota dos Lagares de Azeite do Rio Âncora

Autor: Joaquim Vasconcelos
Edição: C@2000


Memórias da Serra d'Arga
Autor: Domingos Cerejeira
Edição: C@2000

Outras Edições Regionais