JORNAL DIGITAL REGIONAL CAMINHA 2000 JORNAL DIGITAL REGIONAL CAMINHA 2000

Horário do Ferry (22 a 27 de Outubro)


Unha Feira de Empresas pon o broche final este sábado á Feira de Emprego "Ecoimaxín" na Guarda

Este sábado día 26 de outubro, a Casa dos Alonso da Guarda acolle a xornada de peche da Feira de Emprego "Ecoimaxín", que este ano contou cunha ampla programación na que se incluíron charlas e conferencias de especialistas do sector, que achegaron aos asistentes todas as novidades e as súas experiencias no mundo empresarial, con informacións relevantes para a posta en marcha de proxectos empresariais.

Para pechar esta edición da Feira do Emprego e Formación, a xornada do sábado día 26 de outubro estará adicada a unha Feira de Empresas, que terá lugar de 10:00h a 14:00h e na que se presentará o portal de Emprego da Guarda e de 12:00- 13:00 horas presentaranse empresas eco da contorna, contando coa participación de Biosenza, Hara, Monoke, O Eixido dos Tendeiros, O Peirao, Trigo y Limpio e Xe-Mente.

Esta é a terceira edición da Feira do Emprego e Formación da Guarda, o primeiro ano estivo enfocada no emprendemento a nivel local, a segunda edición na tecnoloxía como motor xerador de emprego e esta edición na sustentabilidade.

A Feira do Emprego e Formación chegou un ano máis á Guarda para desenvolver unha ampla programación de actividades ao longo de 3 días, un evento dirixido a estimular o talento e crear cultura emprendedora na comarca do Baixo Miño, baixo o concepto de sustentabilidade como elemento dinamizador socioeconómico e xerador de oportunidades de emprego. Os participantes tiveron a oportunidade de asistir a obradoiros formativos en contacto directo con empresas sustentables.

Esta Feira do Emprego e Formación aspira a converterse nunha cita obrigada para todas aquelas persoas interesadas en coñecer máis sobre as novas tecnoloxías, a formación continua e emprego, novas vías de negocio, entre outras novidades do sector empresarial.

Concello de A Guarda


Actividades para esta fin de semana na Guarda

A Guarda conta esta fin de semana con varias actividades nas que destacan a Feira de Emprego "Ecoimaxín", a representación teatral de Raclette e a derradeira actividade das celebracións do Día da Biblioteca.

SÁBADO 26:

Dende este xoves día 24 de outubro, a Casa dos Alonso da Guarda acolle a Feira de Emprego "Ecoimaxín".

Para pechar esta edición da Feira do Emprego e Formación, a xornada do sábado día 26 de outubro estará adicada a unha Feira de Empresas, que terá lugar de 10:00h a 14:00h e na que se presentará o portal de Emprego da Guarda e de 12:00- 13:00 horas presentaranse empresas eco da contorna.

Esta é a terceira edición da Feira do Emprego e Formación da Guarda, o primeiro ano estivo enfocada no emprendemento a nivel local, a segunda edición na tecnoloxía como motor xerador de emprego e esta edición na sustentabilidade.

A Biblioteca Pública Municipal da Guarda remata esta semana as actividades para conmemorar o día da Biblioteca 2019, que se celebra cada ano o 24 de outubro. O obxectivo destas actividades é a animación á lectura durante o mes de outubro.

Xa para rematar a programación deste ano o sábado día 26 de outubro ás 11:30h terá lugar a derradeira actividade co Obradoiro de creación de teatros de papel: O obxectivo do obradoiro é fomentar a lectura como vehículo para xerar historias e potenciar a creatividade. Ensinamos a construír a maqueta dun teatro clásico e a crear escenarios e personaxes a partir de lecturas existentes ou inventando narrativas novas. O obradoiro promove destrezas motrices, o contacto coas artes plásticas, a convivencia e a colaboración entre os participantes. Público recomendado: Nenas e nenos entre 6 e 12 anos.

Concello de A Guarda


Costas vai realizar unha actuación de urxencia para evitar a degradación do areal da Lamiña e do Muíño na Guarda

Un dique de pedras de setenta metros protexerá a duna

O alcalde, Antonio Lomba, acompañou á subdelegada do Goberno xunto a responsables da xefatura territorial de Costas na praia onde recibiron explicacións do proceso construtivo

A subdelegada do Goberno en Pontevedra, Maica Larriba, acompañada do alcalde de A Guarda, Antonio Lomba, recibiron hoxe as explicacións da xefatura territorial de Costas sobre a actuación de urxencia que van a acometer na praia de A Lamiña en Camposancos.

A praia, tal e como puido comprobar a propia subdelegada persoalmente, está sufrindo unha erosión do Río Miño que pode chegar a provocar a desaparición de todo o areal e incluso que o río se adentre no piñeiral cercano nunha zona con catalogación de Rede Natura.

Esta actuación de urxencia, que desenvolverase nos próximos días, vai crear un dique duns setenta metros de longo conformado por pedras de dous mil quilos sobre unha cuberta de xeotextil. O orzamento da actuación achegase aos 130.000 euros e vaise facer pola empresa Tragsa rematando o próximo 20 de novembro.

Maica Larriba comprobou esta mañá xunto co alcalde de A Guarda a situación na praia onde varios árbores atópanse a piques de caer a auga ao quedar as súas raíces o aire polo efecto da auga que vai eliminando a area da praia e do sistema dunar con que goza Camposancos. A subdelegada mostrou a súa satisfacción por esta actuación de urxencia, que conta coa autorización dos servizos de medio Ambiente da Xunta e do Goberno portugués, mentres rematase coa redacción do proxecto definitivo de actuación integral neste marxe da beira do río Miño.

Esta actuación demorouse no tempo pola necesidade de contar con todas as autorizacións pertinentes ao tratarse dunha zona en Rede Natura e tamén por ter incidencia na liña de fronteira con Portugal. De feito, Larriba quixo transmitir o seu agradecemento as autoridades do país veciño pola a súa axilidade a hora de conceder a autorización.

Antonio Lomba, Alcalde da Guarda, valorou moi positivamente o inicio destas actuacións, que permitirán reducir o impacto do deterioro do litoral deste emblemático e visitado espazo do noso municipio como é a Praia da Lamiña e a do Muíño. Unhas actuacións moi demandadas que, aínda que se trata dunha escolleira provisional, protexerá o impacto sobre este litoral de xeito inmediato ata que se execute o proxecto definitivo, agradecendo tamén a implicación de todas as administracións con competencias neste espazo natural de importante valor medioambiental.

Concello de A Guarda


A Guarda celebra o Samaín con actividades para os máis pequenos

O vindeiro xoves día 31 de outubro a Praza do Reló da Guarda acolle as actividades da programación do Samaín 2019, organizadas dende o departamento de Cultura do Concello da Guarda.

Nesta edición as actividades arrancarán ás 17:30h da tarde cun obradoiro de pinta caras para os máis pequenos. De seguido ás 18:30h terá lugar o espectáculo ¿Quen dixo medo? a cargo da compañía Barafunda Teatro, trátase dun terrorífico e divertido show clown que combina xogos infantís, baile e moita animación para tódolos públicos .

Xa para rematar esta xornada festiva ás 19:30hterá lugar o Guateque de Samaín con música a cargo de DJ Guille e o mago Cayetano Lledó acompañará a todos nesta xornada festiva.

PROGRAMA:

17:30h - Pintacaras
18:30h - Animación Clown ¿Quen dixo medo?
19:30h - Guateque de Samaín: DJ Guille e Cayetano Lledó

O recinto estará decorado polos alumnos e alumnas dos Centros de Ensino do municipio e haberá lambetadas, fotomatón e moitas sorpresas para todos e todas.

Concello de A Guarda


O Concello da Guarda e o Mecalia Atlético Guardés asinan un convenio de colaboración

O Alcalde da Guarda, Antonio Lomba; a Concelleira de Deportes, Montserrat Magallanes e o Presidente do Mecalia Atl. Guardés, José Manuel Silva, asinaron na mañá deste luns día 21 de outubro un convenio de colaboración mediante o cal se promove, fomenta e incentiva a práctica deportiva do balonmán de base e de alta competición cunha subvención de 35.000,00€.

Esta axuda establécese segundo o proxecto presentado pola entidade deportiva "Tempada competición balonmán 2018-2019" para asumir unha mellor actuación do primeiro equipo, así coma o mantemento das escolas deportivas cos equipos e categorías inferiores.

Antonio Lomba aproveitou a ocasión para informar de que a liña de fibra óptica do Pavillón Municipal da Sangriña, xa se atopa operativa, e será empregada xa para facer a retransmisión do partido en streaming por internet do vindeiro sábado día 2 de novembro, no encontro que terá lugar entre o Mecalia Atl. Guardés e o Balonmano Salud Tenerife previsto para as 20:00h na sexta xornada da Liga Guerreras Iberdrola 2019/20. As velocidades de conexión da nova líña de internet multiplicarán por 10 as velocidades actuais de baixada e en 25 as de subida, cunha disponibilidade que permitirá garantir un servizo de calidade.

Pola súa banda, Montserrat Magallanes destacou o importante papel que se realiza dende esta entidade deportiva, cun equipo de élite que leva o nome da Guarda por todo o mundo, motivo de orgullo para todo o pobo guardés.

Concello de A Guarda


O Concello da Guarda abre o prazo para participar en "Decora o teu Nadal 2019"

O Concello da Guarda, a través da Concellería de Cultura, ven de lanzar as bases para "Decora o teu Nadal 2019", unha campaña centrada no embelecemento da nosa vila, de cara a unha das datas mais importantes para a mesma, o Nadal, época de lecer e reencontro coa familia e os amigos.

Deste xeito se convida a todas as Asociacións e colectivos guardeses a participar un ano máis e implicarse na decoración de nadal de espazos públicos do municipio aportando a súa creatividade e bo facer.

Este ano o tema obxectivo de "Decora o teu Nadal 2019" vai ser "Nadal Mariñeiro", rematando deste xeito o ano 2019 co mar coma protagonista.

Cada Asociación ou colectivo poderá participar cun máximo de 1 proposta, sendo preciso empregar materiais, principalmente de refugallo, non contaminantes e resistentes ao exterior.

As bases completas xa están a disposición dos interesados no Departamento de Cultura do Concello da Guarda e na web municipal.

O prazo de participación está xa aberto ata o 4 de novembro a través do Departamento de Cultura do Concello da Guarda, enchendo o formulario de participación.

Concello de A Guarda


Últimos días para anotarse no Obradoiro de Emprego sobre "Atención sanitaria a persoas dependentes no domicilio"

O Concello da Guarda acollerá o obradoiro de emprego "Manuel B. Portela VI" de "Atención sanitaria a persoas dependentes no domicilio", aprobado recentemente pola Xunta de Galicia e que consiste nun programa mixto de emprego e formación no que os participantes acadarán un certificado de profesionalidade.

A finalidade do obradoiro e mellorar a ocupabilidade das persoas desempregadas posibilitando ao alumnado a realización dun traballo efectivo que, xunto coa formación para o emprego recibida, busque a súa cualificación profesional e inserción laboral nun sector, o asistencial, con unha importante demanda.

A duración do obradoiro será de 9 meses e contará cun investimento de 336.446€.

Os participantes terán un contrato de formación durante a duración do obradoiro.

A selección de candidatos remata xa este mércores e realízase a través do INEM e, dado que se trata dunha formación de nivel II, os inscritos como demandantes deberán ter a titulación de graduado na ESO.

Este obradoiro forma parte da Axenda 20 para o Emprego que inclúe, entre os seus obxectivos, mellorar a formación, capacitación e especialización dos traballadores ao longo da vida laboral.

Concello de A Guarda


Nomeamento de concelleiros/as delegados/as na Guarda

Antonio Lomba, Alcalde da Guarda, ven de nomear mediante una resolución de alcaldía os concelleiros/as delegados/aspara as distintas áreas municipais despois da ruptura do pacto de goberno entre o PSOE e o BNG.

Deste xeito, as diferentes áreas do equipo de goberno quedan coa seguinte distribución:

-Facenda e Persoal; Cultura e Deportes; Medio Ambiente; Patrimonio; Tenente de Alcalde: Dona Montserrat Magallanes Álvarez.

-Vías e Obras; Servizos á cidadanía; Infraestruturas; Tráfico e mobilidade: Don Miguel Ángel Español Otero.

-Turismo; Festas e Festexos Populares e Conservatorio de Música: Dona Elena Baz Rodríguez.

-Educación; Formación e desenvolvemento local; Participación cidadá e Voluntariado; Igualdade: dona Fátima Rodríguez Marcos.

A Alcaldía mantén as competencias nas áreas de Urbanismo e Novas Tecnoloxías; Benestar Social; e Emerxencias.

As delegacións de competencias anteriores comprenden a dirección organizativa e funcional da concellería, área o servizo, así como a sinatura de tanto documentos públicos ou privados que sexan necesarios en relación cos cometidos e funcións de cada unha delas, con exclusión de ditar actos administrativos resolutorios, sen prexuízo das delegacións especiais que poidan ditarse.

Concello de A Guarda




Edições C@2000
Do Coura se fez luz. Hidroeletricidade, iluminação pública e política no Alto Minho (1906-1960)"
Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000/Afrontamento
Apoiado pela Fundação EDP

Da Monarquia à República no Concelho de Caminha
Crónica Política (1906 - 1913)

Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000


O Estado Novo e outros sonetos políticos satíricos do poeta caminhense Júlio Baptista (1882 - 1961)

Organização e estudo biográfico do autor por Paulo Torres Bento
Edição: C@2000


Rota dos Lagares de Azeite do Rio Âncora

Autor: Joaquim Vasconcelos
Edição: C@2000


Memórias da Serra d'Arga
Autor: Domingos Cerejeira
Edição: C@2000

Outras Edições Regionais