|
Fin de semana con "commedia dell ?arte" no Auditorio de Goián
A compañía Contraproducións, trae o sábado a Tomiño unha obra escrita e dirixida por Cándido Pazó
O domingo ás 12.00 horas, no Auditorio de Goián, Tomiño contará cun concerto dentro da programación de "MÚSICA EN CAMIÑO", organizado pola Rede de Universidades da Eurorexión Galicia-Norte de Portugal
A compañía teatral Contraproducións, trae ao auditorio de Goián, o vindeiro sábado, unha obra escrita e dirixida por Cándido Pazó. A cita cultural, incluída na axenda de outono, comezará ás 22.00; con entrada a 3 euros por persoa (pode comprarse dende unha hora antes en taquilla). Esta obra, recomendada para público adulto é o reflexo doutra, estrenada en 1.993 na Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia (MIT), a "COMMEDIA, un xoguete para Goldoni"; espectáculo que rematou sendo un dos hitos do teatro galego, con máis de 200 funciones en xira por España, Portugal e Francia. Hoxe, 25 anos despois, repite no posible o mesmo equipo creativo, baixo as directrices do dramaturgo Cándido Pazó.
Arlecchino atopa unha carta de amor no delantal da súa muller e, erroneamente (pois a carta non era para ela), pensa que ela o engana. Desesperado, quere matarse. Pero unha misteriosa voz que xorde de ningunha parte, deteno e dálle un anel máxico que ten a extraordinaria propiedade de facer perder a memoria a quen llo pon.
A partir deste arranque argumental sucédense unha serie de divertidos equívocos e enxeñosos enredos nos que participan algunhas das principais figuras da chamada popularmente "commedia dell ?arte": o cutre tabernero Brighella, o pedante Dottore, o avaro Pantalone, o fanfarrón Capitano, a encantadora Arxentina...
Por outra banda, o vindeiro domingo ás 12.00 horas, no Auditorio de Goián, Tomiño contará cun concerto dentro da programación de "MÚSICA EN CAMIÑO", organizado pola Rede de Universidades da Eurorexión Galicia-Norte de Portugal (CEER). Tomiño tamén será un espazo de traballo de composición para poñer a punto as obras de música contemporánea inspiradas no patrimonio cultural, natural e inmaterial do Camiño.
Entre as numerosas actividades programadas está a celebración de cinco concertos abertos ao público en diferentes espazos de núcleos rurais do Camiño Portugués, en lugares emblemáticos como a Catedral del Tui ou a na Basílica de Santa María a Maior de Pontevedra pasando por lugares en contornas de grande beleza ambiental, como Tui, Portas, ou Tomiño.
Trescentos cincuenta escolares apúntanse ás actividades extraescolares gratuítas subvencionadas polo Concello de Tomiño
O programa de actividades esténdese entre os meses de outubro de 2018 e xuño de 2019, e representa un investimento superior a 15.000 euros
Un ano máis, o Concello de Tomiño financia un amplo programa de actividades extraescolares de balde ao longo de todo o curso, nos distintos centros educativos do municipio.
Tras o receso vacacional, reanudáronse as actividades extraescolares, de carácter gratuíto, para o alumnado de educación infantil e primaria.
Este curso 2019-2020, a oferta inclúe inglés, multideporte, lingua de signos, zumba e os obradoiros "Imaxinacción" e "Emociónate". Esta actividade é unha nova proposta para o alumnado de educación infantil, na que se traballa a intelixencia emocional, abordando de forma lúdica, contidos relacionados co autocoñecemento, a autoestima, a xestión das emocións, especialmente da frustración; o autocontrol, o traballo colaborativo e as habilidades sociais.
Deste xeito, máis de 350 escolares asistirán a estas actividades, para as que, nalgunhas disciplinas, foi necesario facer varios grupos debido á gran demanda de inscricións, que superaban o número máximo disposto para cada actividade.
O programa é unha iniciativa da Concellalía de Educación, que dirixe .... Para a selección das actividades, tivéronse en conta as características de cada centro, a acollida entre o alumnado (mínimo de 10 persoas interesadas por actividade), e tamén a vontade de incentivar a empregabilidade e o emprendemento, polo que se contactou con profesionais da zona directamente, non con empresas.
O programa de actividades esténdese entre os meses de outubro de 2018 e xuño de 2019, e representa un investimento superior a 15.000 euros.
Cristina Martínez, concelleira de Educación, salienta o afán de brindar cada ano as actividades extraescolares que os propios colexios solicitan, pero ao mesmo tempo, ofrecer unha proposta equilibrada e novidosa, rica en valores coma a cooperación, a tolerancia, e fomentando ademais a igualdade de xénero e de oportunidades. "Este programa tenta ofrecer accións formativas en igualdade, co propósito de que todo o alumnado poida asistir ás clases que elixa, sen que o custe das mesmas, sexa un impedimento para aprender e integrarse".
Volta "Medrando en Familia" cunha aposta clara por unha alimentación saudable
Ao longo do último trimestre do ano, celebraranse varias charlas e obradoiros para familias con nenas e nenos pequenos
Tras as vacacións de verán, regresa o programa "Medrando en Familia", posto en marcha pola Concellería de Benestar Social do Concello de Tomiño. Trátase dun programa de intervención socio-comunitario que busca influír, fundamentalmente, no benestar dos máis cativos e cativas e dar resposta a ese intervalo de poboación que conforma a primeira infancia, e tamén á rede familiar.
Segundo explica Cristina Martínez, concelleira de Benestar, "a través de encontros e obradoiros, este programa promove a estimulación nun sentido amplo, a adaptación da intervención ás necesidades da familia e en relación aos menores, propiciando aprendizaxes e cambios significativos na súa contorna".
Varias charlas, encontros e obradoiros marcarán esta nova edición do programa, no que se fará especial fincapé na busca dunha alimentación saudable. Para lograr este obxectivo, a iniciativa propón un encontro ("Tres, dous, un...a comer) o luns 25 de novembro ás 17.30h, no Salón de plenos do Concello (haberá servizo de gardería pero é preciso inscribirse). Asemade, celebrarase un obradoiro sobre Nutrición infantil para familias con fillos/as de 0 a 24 meses (luns 2 de decembro ás 17.30h), e de +24 meses, o luns 9 de decembro ás 17.30h. Ambos os dous no Mercado Municipal.
Información das actividades:
Obradoiro estimulación temperá
Medrando co meu BB de 0 a 6 meses
Venres ás 16:30h
Inicio 29 de novembro
Medrando co meu BB de 6 a 12 meses
Venres ás 17:00h
Inicio 18 de outubro
Medrando e xogando de 12 a 18 meses
Venres ás 17:30h
Inicio 25 de outubro
Xogando e descubrindo de 18 a 36 meses
Venres ás 18:30h
Inicio 18 de outubro
Espazo: escola infantil Galiña Azul de Tomiño (O Seixo).
Encontro "Tres, dous, un, a comer!"
Luns 25 de novembro ás 17:30h
Salón de plenos do Concello
Nota: Haberá servizo de gardería (é preciso inscribirse)
Obradoiro nutrición infantil
Familias con fillos/as de 0 a 24 meses
Luns 2 de decembro ás 17:30h
Familias con fillos/as de +24 meses
Luns 9 de decembro ás 17:30h
Espazo: Mercado de Tomiño
Tres membros do xurado do programa "Vilas en flor" visitaron Tomiño
Tras a recepción no Concello, a alcaldesa amosoulles diferentes espazos verdes e proxectos medio ambientais do municipio
Tres membros do xurado do programa "Vilas en flor", Javier Padín, Serafín Ros e Xurxo González, visitaron Tomiño, para coñecer o concello e os seus espazos verdes de valor ambiental e paisaxístico.
Tras a recepción no Concello, por parte da alcaldesa Sandra González, amosóuselles diferentes espazos verdes e proxectos medio ambientais do municipio, comezando pola transformación do núcleo urbano do Seixo, Praza da Mina, axardinamento de rotondas e outras superficies, e proxectos municipais coma o de Cultivando paisaxes (levado a cabo coa Fundación Xabier Pousa), a Senda do Río Miño ou a recuperación ambiental do entorno da Fortaleza de San Lourenzo e da praia de Goián.
O xurado do programa leva a cabo unha vez ao ano unha visita a cada concello participante, valorando fundamentalmente, o patrimonio vexetal e paisaxístico, o respecto polo medio ambiente e o uso social e as sinerxias coa actividade turística. Nunha gala, que se celebrará proximamente en Santiago de Compostela, farase entrega das "flores de honra" que concede o xurado, composto por profesionais voluntarios de recoñecido prestixio dos sectores do viveirismo, xardinería e paisaxismo.
O programa "Vilas en flor", organizado pola Fundación Juana de Vega, a Asociacion de Viveristas do Noroeste (Asvinor) e a Asociación Galega de Empresas de Xardinería (Agaexar), suma 18 concellos participantes. Aos cinco da primeira edición -Allariz, Chantada, Caldas de Reis, Betanzos e Ortigueira- sumáronse este ano outros 13, entre eles, Tomiño e A Guarda, da zona do Baixo Miño, na que o río, representa o elemento natural diferenciador deste territorio transfronteirizo, con gran relevancia non só desde un punto de vista ambiental senón tamén social, económico e cultural. Na súa foz atópase o esteiro do Miño (humidal compartido entre Galicia e o Norte de Portugal que representa un ecosistema importante para a avifauna), zona protexida como parte da Rede Natura 2000. En xeral, toda a zona das marxes do propio río constitúe unha área de grande interese medioambiental e paisaxístico, cunha das mellores representacións de vexetación autóctona, que ten o seu máximo expoñente nos bosques de ribeira, e cunha elevada diversidade faunística.
O futuro Parque da Amizade pretende unir cunha ponte peonil e ciclista o Espazo Fortaleza (Goián) co Parque de Lazer do Castelinho (Vila Nova de Cerveira), dando corpo dentro da Eurocidade a un espazo verdadeiramente europeo, sen fronteiras, para favorecer as relacións de lecer, deporte e coñecemento da memoria ambiental e cultural do río.
Tomiño sitúase no Baixo Miño, unha das zonas máis fértiles de Galicia. Os viveiros abundan neste territorio transfronteirizo onde son unha industria de longa traxectoria. En Goián celébrase anualmente pola primavera unha Mostra de Cultivos organizada por acuBam (Asociación de Cultivos Baixo Miño), que colabora co Concello en iniciativas de recuperación e promoción do patrimonio paisaxístico.
|
|
|
Do Coura se fez luz. Hidroeletricidade, iluminação pública e política no Alto Minho (1906-1960)"
 |
Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000/Afrontamento Apoiado pela Fundação EDP
|
Da Monarquia à República no Concelho de Caminha Crónica Política (1906 - 1913)
 |
Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000
|
O Estado Novo
e outros sonetos políticos satíricos
do poeta caminhense
Júlio Baptista (1882 - 1961)
 |
Organização e estudo biográfico do autor
por Paulo Torres Bento
Edição: C@2000
|
Rota dos Lagares de Azeite do Rio Âncora
 |
Autor: Joaquim Vasconcelos
Edição: C@2000
|
Memórias da Serra d'Arga
 |
Autor: Domingos Cerejeira
Edição: C@2000
|
Outras Edições Regionais
|