JORNAL DIGITAL REGIONAL CAMINHA 2000 JORNAL DIGITAL REGIONAL CAMINHA 2000

Tui é xa membro de pleno dereiro da Red de Juderías de España

Nos próximos días estaquillarase o tramo entre as dúas pontes internacionais, previa a unha reunión cos propietarios

Tui é dende hoxe membro de pleno dereito da Red de Juderías de España. Tras ser admitida a súa candidatura na Asemblea Xeral celebrada en Madrid o pasado mes de marzo, na Asemblea da Rede que tivo lugar esta tarde en Elvas, formalizouse a incorporación de Tui, xunto Béjar, Sagunto e Lorca.

O concelleiro de Turismo, Laureano Alonso, desprazouse hoxe ata Elvas para representar ao Concello de Tui nesta asemblea.

Tui presentou o ano pasado a súa candidatura para entrar a formar parte da Red de Juderías de España coma un paso importante e imprescindible para seguir pondo en valor e promocionando o seu patrimonio vinculado á presenza de xudeus e xudeus conversos na cidade. O proceso incluíu a presentación dunha memoria, a defensa da candidatura e a visita á cidade do comité avaliador. Concluíu co visto e prace dando onte pola asemblea xeral onde a Comisión de Admisión de Cidades expuxo as súas conclusións. Dende a Red de Juderías valoran o legado xudeu que Tui atesoura no que destacan os Sambenitos, pezas únicas en Europa, atopados na Catedral de Tui. Tamén a presenza da casa de Salomón na rúa Canicou, única na súa tipoloxía en Galicia, cun patio central arredor do que se distribúe a vivenda, xunto á menorá gravada na pedra do claustro catedralicio, que testemuña a relación existente entre a comunidade xudía e a cristiá.

Concello Tui


O sábado, 12 de outubro, celebrarase o IV concurso Pinta Tui

Nos próximos días estaquillarase o tramo entre as dúas pontes internacionais, previa a unha reunión cos propietarios

O próximo sábado, 12 de outubro, celebrarase en Tui o IV Concurso de Pintura "Pinta Tui", co obxectivo de promover e achegar a arte e a cultura aos visitantes e incentivar a dinamización da oferta turística e as actividades no municipio.

Poderán participar todos os artistas que así o desexen, que deberán pintar o propio sábado día 12, in situ, calquera paisaxe ou motivo relacionado co Concello de Tui. Poderán empregar como técnica óleo, acrílico, acuarela, carboncillo, tintas ou ceras sobre un lenzo cun tamaño mínimo de 40 centímetros e un máximo de 120 centímetros. Os soportes serán selados pola organización na Oficina de Turismo entre ás 8 e ás 10 h o sábado, e poderán comezar a pintar ás 10 h . As obras deberán ser entregadas antes das 19 h na Oficina de Turismo.

A entrega de premios terá lugar o sábado, despois das 20h tras a deliberación do xurado, na Oficina de Turismo.

Os premios establecidos son os seguintes:

Para maiores de 18 anos:

" 1º premio: Premio de 350 € dos que 250 € son en material de pintura e 100 € en metálico
" 2º premio: Premio de 250 € dos que 175 € son en material de pintura e 75€ en metálico
" 3º premios: Premio de 150 € dos que 100 € son en material de pintura e 50 € en metálico
" 4º premio: Premio de 100 € en material de pintura
" 5º premio: Premio de 50 € en material de pintura
" Mencións especiais que recibirán un agasallo ou trofeo

Os premiados terán a posibilidade de expoñer a obra nunha sala de exposicións do Concello de Tui.

Para menores de 18 anos

" 1º premio: 150 € en material
" 2º premio: 100 € en material
" 3º premio: 50 € en material

Todos os menores de 10 anos que participen recibirán un agasallo consistente en material de pintura por xentileza do colaborador e patrocinador do evento Efectos.

As persoas interesadas en participar neste concurso poden inscribirse até o próximo luns, 7 de outubro, na Oficina de Turismo de Tui na praza de San Fernando, ou por correo electrónico en acitui@acitui.es, ou en efectostui@hotmail.com enviando o seu nome e apelidos, DNI, enderezo e correo, teléfono contacto, e documento no que se exprese o coñecemento e a aceptación das Bases.

Concello Tui


Un obradoiro de ilustración, contacontos e unha ruta literaria son parte das actividades coas que Tui celebra o "Día da Biblioteca"

Está organizadas pola Biblioteca Pública Municipal ao longo de todo o mes

Un obradoiro de ilustración, contacontos e unha ruta literaria forman parte do programa co que se conmemora en Tui o "Día da Biblioteca", que se celebra o 24 de outubro. O programa organizado pola Biblioteca Pública Municipal de Tui vaise desenvolver ao longo do presente mes de outubro con diversas actividades de animación á lectura.

A primeira cita ten lugar hoxe xoves, ás 20 h, coa presentación do libro "A invención da Gallaecia e a minaría do ouro" de Óscar Pazos Rodríguez na Sala Félix Rodríguez.

As seguintes citas, os xoves 10, 17 de 24 deste mes, terán lugar na propia biblioteca dirixidas a público infantil.

Así o xoves, 10 de outubro, ás 17.30 h, celebrarase un obradoiro de ilustración titulado "Rachando gaiolas" co ilustrador Xosé Tomás. Esta actividade está dirixida a nenos e nenas con idades entre os 8 e os 12 anos. Cómpre inscrición previa na propia biblioteca. Xosé Tomás é un dos referentes da ilustración en Galicia. Ilustrador, humorista gráfico, e profesor no Baixo Miño o seu campo de traballo abrangue diversos ámbitos pero a maioría da súa obra sitúase na ilustración para obras de literatura infantil e xuvenil.

O xoves, 17 de outubro, ás 18.00 h, desenvolverase o espectáculo "A música da auga" co Bardo Abelardo. Trátase dun conto cantado no que se pon en valor a importancia fundamental da parte feminina das nosas vida: a auga, a terra, a tenrura, a paz e a solidariedade para acabar con todo tipo de violencias. Está dirixido a rapaces e rapazas de ata 11 anos. A entrada será libre ata completar a capacidade do local.

O xoves, 24 de outubro, Día da Biblioteca, ás 18.00 h terá lugar a actividade "A pirata escarlata" con Marisa Irimia, ilustradora, contacontos e animadora da lectura. Esta actividade trata de rapazas que capitanean perigosos barcos piratas, rapaces que pilotan naves espaciais, nenas e nenos que viven emocionantes aventuras, que xogan, elas e eles, un papel activo en mil e unha andanzas. Vai dirixido a nenas e nenos de 4 a 11 anos de idade.

Estas tres actividades pertencen ao programa de animación á lectura Ler Conta Moito e ao Pacto de Estado en contra da violencia de xénero.

Por outra parte na semana do luns 21 ao domingo 27 de outubro a Biblioteca Municipal tudense ofrecerá un agasallo de libros descatalogados ou procedentes de doazóns a todos os usuarios que se acheguen ata este centro bibliotecario.

O programa de actividades de animación á lectura remata cunha proposta para mozos e maiores. Será o sábado, 26 de outubro, cunha Ruta Literaria guiada pola escritora Marga do Val e o historiador Rafael Sánchez Bargiela. Partirá ás 12 h dende a Biblioteca Pública Municipal para realizar un percorrido por diversos lugares ligados a escritores tudenses, lembrando a súa traxectoria e as súas obras.

Día da Biblioteca

A celebración do "Día da Biblioteca " é unha proposta da Asociación Española de Amigos del Libro Infantil y Juvenil que xorde no ano 1997 en lembranza da destrución da Biblioteca de Saraxevo, incendiada no ano 1992 durante o conflito bélico dos Balcáns. A iniciativa naceu para trasladar á opinión pública a importancia da biblioteca como lugar de encontro de lectores de todas as idades coa cultura e como un instrumento de mellora da formación e da convivencia das persoas.

A celebración desta data, á que se suma a Biblioteca Municipal tudense, é unha oportunidade para impulsar entre nenos, mozos e maiores os valores da lectura e da cultura. Tamén pretende destacar a misión das bibliotecas como centros socializadores e integradores e demostrar que os libros están ao alcance de todos os tudenses, pois as bibliotecas son un dos mellores exemplos do cumprimento do mandato constitucional de promover o acceso á cultura a todos os cidadáns.

Dende a Concellería de Cultura do Concello de Tui anímase á participar nesta oferta de actividades arredor da lectura que enriquecen o abano de propostas culturais da cidade de Tui.

Concello Tui


O Concello de Tui busca avanzar nas Sendas do Miño

Nos próximos días estaquillarase o tramo entre as dúas pontes internacionais, previa a unha reunión cos propietarios

Avanzar no proxecto da senda do Miño entre Tui e Tomiño foi o obxectivo da reunión que o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, xunto a alcaldesa de Tomiño, Sandra González, mantivo esta semana en Pontevedra co xefe provincial de Costas, Enrique Fernández, e cun representante da Consellería de Medio Ambiente.

Sobre a mesa estivo a viabilidade do proxecto e o financiamento preciso para poder executar esta actuación. A senda terá unha lonxitude de 16 quilómetros, e suporá un investimento de 1,6 millóns de euros.

Dende o Concello de Tui procederán nos próximos días ao estaquillado da zona que vai dende a vella Ponte Internacional até a nova Ponte Internacional. Posteriormente convocarán aos propietarios afectados a unha reunión para estudar a cesión destes terreos.

O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, cualifica o proxecto das sendas do Miño de "estratéxico" para pór en valor en valor o noso medio natural, polo que demandan a implicación tanto da administración central coma da autonómica para a súa execución. Precisaba que se trata dunha actuación transversal que afecta a varios concellos.

O obxectivo é que toda a beira do Miño no termo municipal de Tui conte cunha senda que vai dende o límite con Tomiño até Salvaterra. En 2016 executouse unha primeira actuación entre a rúa Olímpicos Tudenses e a vella Ponte Internacional cunha senda de 286 metros cadrados.

Amais do proxecto cara Tomiño está tamén pendente a senda cara Salvaterra. Sobre este último treito o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, lembra o compromiso de financiamento por parte da Confederación Hidrográfica do Miño Sil, que nos últimos días nunha acción xunto a Costas está a estaquillar a zona para facer unha nova delimitación da zona marítimo terrestre.

Concello Tui


Unha vintena de persoas participaron no programa de maiores "Mareas de Coñecemento"

Foi organizado polo Concello de Tui e a Universidade de Vigo

Esta semana rematou o programa de maiores "Mareas de coñecemento" impartido na cidade froito da colaboración entre o Concello de Tui e a Universidade de Vigo.

As persoas participantes valoraron positivamente esta actividade na que se combinou a teoría e a práctica. Así puideron coñecer un pouco máis sobre a historia de Tui e realizar un percorrido polo conxunto histórico, tamén tiveron a oportunidade a aprender sobre hábitos saudables e realizaron a senda do Lagartón. A parte final do programa estivo dedicada ás novas tecnoloxías centrándose no uso e configuración de teléfonos móbiles, e no manexo de aplicacións coma o whatsapp, facebook, calendarios de vacinacións, ou de contaxe de pasos.

O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, e a concelleira de Formación e Emprego, Ana Mª Núñez, asistiron o luns á clausura desta programa. Alí as persoas asistentes lles transmitiron o positivo da actividade realizada, ao tempo que demandaron outras iniciativas destas características, que amais de ampliar os seus coñecementos, lles permiten tamén sociabilizar e adquirir novas experiencias.

Concello Tui


O Concello de Tui vén de recepcionar tres obras do Plan Concello 2017 que supuxeron un investimento de 88.500 €

Trátase do arranxo das cubertas do patio do Cárcere Vello, un muro de contención en Guillarei e un módulo con 48 novos nichos no cemiterio municipal

O Concello de Tui vén de recepcionar nos últimos días tres obras executadas ao abeiro do Plan Concello 2017 que en conxunto supuxeron un investimento de 88.500 €.

Un dos proxectos realizados consistiu nunha intervención nas cinco cubertas situadas no patio do Cárcere Vello na Sanz, onde se realizou unha actuación tanto a nivel construtivo como estético. Supuxeron un investimento de 21.959,51 € e foron executados por Construcciones Cohemara 2005 S.L. O proxecto tivo coma finalidade corrixir tanto o deterioro que presentaban estas cubertas, así coma os problemas estruturais e de filtracións de augas que presentaban. Na actuación executada mantivéronse as ménsulas e piares de pedra que dan soporte as estruturas de cuberta e foron substituídos os elementos en mal estado ou aqueles que non eran axeitados como o baixo tella de fibrocemento con amianto, colocándose outro máis axeitado que foi cuberto cun friso de madeira para evitar que sexa visible. Reutilizáronse todas as tellas posibles para manter o valor cromático que entoa co resto do conxunto. Amais colocouse unha chapa de chumbo para evitar as filtración e abriuse unha canle de pedra para embeber esta chapa.

Outro dos proxectos executados foi a construción dun muro de contención en perpiaño sobre zapata de formigón armado na nave municipal de Guillarei. Foi executado pola empresa Construcciones Vale S.L. cun investimento de 25.103,41 €. En concreto as obras realizadas tiveron por obxectivo a construción dun muro de contención de terras que deslinda o Centro Municipal de Formación co Punto Limpo, considerada unha obra necesaria para contención de terras e por seguridade nas instalacións municipais existentes.

Por ultimo o proxecto de maior importe, 41.414,07€, refírese á construción dun módulo de 48 sepulturas a bases de nichos no cemiterio municipal. En concreto o módulo realizado consta de 8 filas paralelas con 3 nichos por altura. A actuación foi executada pola empresa Construcciones Antonio González Lago, S.L.

Concello Tui


A II Carreira Internacional de Orientación Eurocidade celebrarase o domingo 13 de outubro

Ao igual que na primeira edición, o evento contará con dúas probas, en Valença en horario de mañá e en Tui pola tarde

O Club Aromon de Pontevedra, en colaboración coa Eurocidade Tui-Valença, dentro da VIII Liga Aromon Chema Sport, organizará a II Carreira Internacional de Orientación da Eurocidade. Celebrarase o domingo 13 de outubro.

Esta evento contará con dúas probas: unha de mañá en Valença, con inicio ás 10.30 horas españolas, que percorrerá a pé as rúas do interior das murallas de Valença, e pola tarde, ás 16.30 horas, polo conxunto histórico de Tui, tendo os interesados a posibilidade de participar nas dúas probas.

As inscricións están xa abertas ata o xoves, 10 de outubro, ás 22.00 horas españolas, a través da web www.aromon.es/inscripciones/eurocidade2019, nas categorías iniciación nenos/as, iniciación adultos e avanzado.

Concello Tui



Edições C@2000

Do Coura se fez luz. Hidroeletricidade, iluminação pública e política no Alto Minho (1906-1960)"
Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000/Afrontamento
Apoiado pela Fundação EDP


Da Monarquia à República no Concelho de Caminha
Crónica Política (1906 - 1913)

Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000


O Estado Novo e outros sonetos políticos satíricos do poeta caminhense Júlio Baptista (1882 - 1961)

Organização e estudo biográfico do autor por Paulo Torres Bento
Edição: C@2000


Rota dos Lagares de Azeite do Rio Âncora

Autor: Joaquim Vasconcelos
Edição: C@2000


Memórias da Serra d'Arga
Autor: Domingos Cerejeira
Edição: C@2000

Outras Edições Regionais