|
PROXECCIÓN DESERTORES DO ASFALTO
O vindeiro domingo 6 de outubro ás 18.00h na Sala de Exposicións do Concello Do Rosal tera lugar a proxección do programa para a TVG "Desertores do Asfalto" homenaxeando ao Rosal e @s seus protagonistas.
O Rosal
Programación da Festa do Pilar e encontro do Cabaqueiro 2019 do 11 ao 13 de outubro
Venres 11:
22:00 Andhrea and The Black Cats
Andhrea and the Black Cats é unha banda de blues orientada á reintepretación de clásicos do blues máis tradicional.
23:30 Os Residuos Atractivas
Sábado 12:
17:00 Trío Refugallo
Mesturan clown e música sobre instrumentos feitos a partir de materiais de reciclaxe. Un novo concepto de pasarrúas que expande risa e ritmo.
18:00 Obradoiro dos Cabaqueiros
20:30 De Tradición con Suso Vaamonde e a Agrupación Musical do Rosal. Espectáculo didáctico - musical para Banda de Música e instrumentos populares galegos.
Trátase dunha das simbioses máis antigas que se teñen dado no país: a de combinar instrumentos propios das bandas de música con instrumentos populares galegos.
Domingo 13:
Festival "Folclore no Camiño" domingo 13 de outubro ás 18:00
Grupos:
Asociación folclórica Corisco
Agrupación folclórica Lembranzas Galegas
Rancho folclórico Casa do Povo de Freixo
O Rosal
ADHESIÓN Á INICIATIVA EUROPEA DO PACTO DOS ALCALDES PARA O CLIMA E A ENERXÍA
A Comisión Europea puxo en marcha en 2008 o Pacto dos Alcaldes, unha iniciativa aberta a todas as cidades e municipios en Europa co obxectivo de involucrar ás autoridades locais e aos cidadáns no desenvolvemento e a aplicación da política enerxética da Unión Europea.
O Pacto dos Alcaldes consiste no compromiso das cidades asinantes de ir máis alá dos obxectivos adoptados para o ano 2020 pola UE para reducir as emisións de CO2 a través de medidas de eficiencia enerxética, de accións relacionadas coa promoción das enerxías renovables e da mobilidade urbana sostible.
Sectores como os municipais, residenciais e terciarios e o transporte considéranse sectores clave para a mitigación. As autoridades locais, di a Alcaldesa, deberán concentrar os seus esforzos en reducir a demanda de enerxía nos seus territorios e adaptar a demanda enerxética á oferta promovendo a utilización de recursos enerxéticos locais.
O Rosal
CREACIÓN DUNHA PLATAFORMA EN DEFENSA DA SANIDADE PÚBLICA NO ROSAL
O Rosal ven sufrindo nos últimos anos un deterioro progresivo dos servizos sanitarios da atención primaria. O SERGAS non está cubrindo as vacacións nin as baixas do persoal, o que fai que durante os meses de verán ou cando hai unha baixa médica soamente dous médicos atenden a toda a poboación. Esta situación afecta dun xeito especial ao Centro de Saúde de San Miguel de Tabagón, que permaneceu pechado durante os meses de xullo e agosto deste ano por esa razón. A precarización trasládase a todo o persoal sanitario.
Os veciños e veciñas do Rosal que teñen que desprazarse en ambulancias aos hospitais de Vigo para recibir tratamentos periódicos, como é o caso dos pacientes que acoden ao servizo de hemodiálise, deben soportar unhas viaxes cuns percorridos que os levan a precisar ata nove horas para recibir un tratamento que dura soamente catro.
Por outra parte, O Rosal non conta coa dotación de persoal sanitario que correspondería tendo en conta o número de usuarios.
No mes de xuño solicitouse unha reunión co Conselleiro de Sanidade por parte desta alcaldía da que esperamos resposta.
Posteriormente, mantívose unha reunión con todos os alcaldes e alcaldesas do Baixo Miño e por parte dos cinco solicitouse ter unha reunión co Conselleiro. Tamén seguimos esperando unha resposta.
Por primeira vez neste Concello convocouse, por parte da alcaldía, unha Concentración en defensa da Sanidade Pública, este verán, que tivo unha resposta histórica de asistencia por parte da veciñanza.
O Rosal
|