|
Eurural acolle un programa formativo para aprender a poñer en marcha unha cooperativa para a elaboración de conservas artesanais
Agrolab Baixo Miño arrancará o vindeiro 8 de outubro e contará con 100 horas de formación sectorial e específica.
A Asociación de Desenvolvemento Galicia Suroeste Eurural acolle nas súas instalacións de Mos o curso Agrolab Baixo Miño, un programa formativo enmarcado nun proxecto que busca identificar novas oportunidades de emprego na comarca.
O curso comezará o vindeiro 8 de outubro e contará cun amplo programa formativo a través do que as persoas participantes coñecerán de primeira man todo o necesario para poñer en marcha unha cooperativa para a elaboración de conservas artesanais de froitas e verduras no Baixo Miño.
O programa consta de 100 horas de formación sectorial e específica, nas que persoas expertas e mentores acompañarán a todas e todos os participantes cunha metodoloxías práctica e moi dinámica. O curso terá lugar en horario de mañá, de luns a venres de 09.00 a 15.00 h.
As clases celebraranse nas instalacións de Eurural na Avenida de Peinador-Tameiga, 39 (Mos) e as persoas participantes poderán contar cunha axuda para o desprazamento. O curso é de balde.
Todas aquelas persoas interesadas en participar deben de inscribirse en: http://bit.ly/AgroLAB
Eurural
A Asociación de Desenvolvemento Galicia Suroeste Eurural é a entidade sen ánimo de lucro responsable da execución da Medida Leader 2014-2020 no territorio recoñecido pola Consellería de Medio Rural da Xunta de Galicia como Grupo de Desenvolvemento Rural 14 (GDR 14), que abarca 13 concellos do sur da provincia de Pontevedra: Baiona, Fornelos de Montes, Gondomar, A Guarda, Mos, Nigrán, Oia, Pazos de Borbén, O Porriño, Redondela, O Rosal, Tomiño e Tui.
A MÚSICA DE THE SOUL JACKET DA O PISTOLETAZO DE SAÍDA AO PROXECTO MÚSICA E VIÑO NO TEU CAMIÑO EN REDONDELA
Soul e rock&roll maridarán cos viños das adegas Quinta de Couselo, Terras Gauda, Adegas do Vimbio e Altos de Torona
O evento comezará ás 20.30 horas coa apertura da venta de viños
Arranca o proxecto 'Música e Viño no Teu Camiño'. The Soul Jacket será o encargado de dar o pistoletazo de saída ao proxecto este venres 4 de outubro na Praza da Torre de Redondela nun evento no que o soul e rock&roll deste grupo galego maridarase cos viños das adegas Quinta de Couselo, Terras Gauda, Adegas do Vimbio e Altos de Torona. O evento comezará ás 20.30 h coa apertura dos stands de venta de viño con DO Rías Baixas, no que todas as persoas asistentes poderán degustar unha copa de viño ou mercar unha botella a prezos populares. Ás 21.00 h o escritor redondelano Manuel Puga será o encargado de dar a benvida ao público e dar paso ao concerto musical.
Música e Viño no teu Camiño é unha actividade impulsada pola Asociación de Desenvolvemento Galicia Suroeste Eurural beneficiaria do programa O teu Xacobeo, impulsado pola Xunta de Galicia. O seu obxectivo é crear puntos de encontro entre as persoas que peregrinan polo Camiño de Santiago e a poboación local dun xeito diferente e orixinal: a través de tres eventos musicais que, tras o seu paso por Redondela, recalará en A Guarda e Tui.
Son todo concertos musicais ao aire libre e totalmente gratuítos que funcionarán como eixo central dun espazo creado para fomentar as experiencias positivas arredor dos produtos do territorio, poñéndoos en valor e promocionándoos. Así, o público asistente poderá degustar viños con D.O. Rías Baixas das adegas Quinta de Couselo, Terras Gauda, Adegas do Vimbio e Altos de Torona.
A Asociación de Desenvolvemento Galicia Suroeste Eurural é a entidade sen ánimo de lucro responsable da execución da Medida Leader 2014-2020 no territorio recoñecido pola Consellería de Medio Rural da Xunta de Galicia como Grupo de Desenvolvemento Rural 14 (GDR14), que abarca 13 concellos do sur da provincia de Pontevedra: Baiona, Fornelos de Montes, Gondomar, A Guarda, Mos, Nigrán, Oia, Pazos de Borbén, O Porriño, Redondela, O Rosal, Tomiño e Tui.
|
|
Do Coura se fez luz. Hidroeletricidade, iluminação pública e política no Alto Minho (1906-1960)"
 |
Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000/Afrontamento Apoiado pela Fundação EDP
|
Da Monarquia à República no Concelho de Caminha Crónica Política (1906 - 1913)
 |
Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000
|
O Estado Novo
e outros sonetos políticos satíricos
do poeta caminhense
Júlio Baptista (1882 - 1961)
 |
Organização e estudo biográfico do autor
por Paulo Torres Bento
Edição: C@2000
|
Rota dos Lagares de Azeite do Rio Âncora
 |
Autor: Joaquim Vasconcelos
Edição: C@2000
|
Memórias da Serra d'Arga
 |
Autor: Domingos Cerejeira
Edição: C@2000
|
Outras Edições Regionais
|