JORNAL DIGITAL REGIONAL CAMINHA 2000 JORNAL DIGITAL REGIONAL CAMINHA 2000

A próxima semana comezarán as obras de reordenación da rotonda de Guillarei

Suporán o investimento de case 48 mil € ao abeiro do Plan Concello 2017. Teñen un prazo de execución de dous meses

A próxima semana comezarán a executarse as obras de reordenación da rotonda situada no cruzamento entre a N-550 e a PO-404 en Guillarei e o seu entorno actuando nunha superficie de 2.198,11 m2. A proposta a executar ten por obxectivo o embelecemento desta entrada ao centro urbano dotándoa dun carácter representativo e diferencial, xerando un espazo de baixo e doado mantemento. Suporá un investimento de 47.908,79 euros, financiados ao abeiro do Plan Concello 2017, e será executada pola empresa Calfensa Proxectos SL. .

Esta mañá a concelleira de Urbanismo, Yolanda Rodríguez, xunto aos responsables da empresa adxudicataria e técnicos achegáronse ate o lugar onde se executarán as obras para plantexar in situ o inicio dos traballos.

A rotonda, como elemento principal, centrará as actuacións incluíndo elementos representativos da cidade coma será unha peza de aceiro corten que emulará a muralla tudense. Amais da función estética este elemento servirá para conter o desnivel da rotonda e dividila en dúas zonas, unha de céspede e outra de canto rodado e lousas. Tamén haberá outras dúas estruturas en aceiro corten a modo de columnas catedralicias sobre as que trepará unha parra. Nas zonas axardinadas combinarase o céspede con rododendros.

Dende o concello faise un chamamento á poboación a circulación con precaución dende a próxima semana nesta rotonda xa que durante dous meses será zona de obras, debidamente sinalizada.

Concello Tui


En outubro desenvolverase en Tui o proxecto "Extraordinarias" dirixido a mulleres emprendedoras

Combina formación presencial e online afondado nas competencias dixitais. Ofértanse 15 prazas. Realízase xunto a Cibervoluntarios e Zona From Facebook

O Concello de Tui xunto á Fundación Cibervoluntarios e Zona From Facebook poñen en marcha o proxecto "Extraordinarias" co obxectivo de fomentar o empoderamento feminino e contribuír á paliar a fenda tecnolóxica no emprendemento dixital. Trátase de potenciar ideas e negocios activos que xeren valor e economía local para impulsalos a nivel global.

Vai dirixido a mulleres emprendedoras. Este proxecto contempla tanto taller formativos presenciais coma mentoring.

A formación presencial desenvolverase o martes 22 e o mércores 23 de outubro de 10 a 13 h na Aula CeMIT na Área Panorámica. Na mesma abordaranse as competencias en marketing dixital, desing thinking, branding dixital e ferramentas tecnolóxicas de xestión e innovación. Este taller complementarase con formación online para aquelas participantes que desexen continuar co proxecto. As persoas interesadas deben ter uns coñecementos mínimos de informática e contar cun equipo informático para a formación complementaria online.

Ofértanse 15 prazas que se cubrirán por orde de inscrición. As interesadas poden anotarse no correo electrónico cfo@tui.gal, no Centro Municipal de Formación en Guillarei ou no teléfono 986 60 39 49 de luns a venres de 9 a 14 h.

Concello Tui


As novas oportunidades do turismo coma xerador de emprego serán analizadas nunha xornada en Tui

Celébrarase o venres 27 co gallo do Día Mundial do Turismo. É preciso inscrición previa

"Turismo e emprego: un futuro mellor para todos" é título da xornada que se vai celebrar o próximo venres, 27 de setembro, en Tui coa que o Concello se suma á conmemoración do Día Mundial do Turismo. Terá lugar ao longo da mañá na Aula da UNED, no antigo convento de San Domingos, e pola tarde está prevista unha visita guiada.

Esta xornada foi presentada esta mañá na casa do concello polo alcalde, Enrique Cabaleiro, a concelleira de Emprego e Formación, Ana Mª Núñez, e o concelleiro de Turismo, Laureano Alonso.

O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, na súa intervención salientou a importancia que ten o turismo no desenvolvemento da economía local. Apuntou coma esta xornada permitirá coñecer de forma máis detallada a "importancia deste sector estratéxico para o concello de Tui, que novas ideas se poden pór en marcha para cara desenvolver o potencial da cidade". Nese senso facía un chamamento público á participación da poboación, ao tempo que reafirmou o compromiso do goberno municipal para "seguir traballando en dous piares fundamentais e indivisibles coma son levar adiante a creación e posta en marcha de mecanismos que favorezan a empregabilidade dos veciños e veciñas de Tui, e que eses mecanismos sirvan para difundir e pór en valor os recursos que ten o Concello de Tui, neste caso no turismo".

A concelleira de Emprego, Ana Mª Núñez, explicou que "o turismo é unha das actividades económicas que máis creceu nas últimas décadas e representa un dos piares da economía galega representando o 11,% do emprego e o 11% do PIB". Engadiu que "Tui un lugar idóneo para a creación de emprego turístico" dada a súa historia, o seu patrimonio, o seu rural, a súa gastronomía e recursos turísticos. Tamén avanzou que no transcurso desta xornada o próximo venres será presentada a nova web municipal de turismo que foi elaborada polo alumnado do obradoiro de emprego "Percorre Tui".

O concelleiro de Turismo, Laureano Alonso, indicou que "o turismo ten que ser unha fonte esencial de emprego na cidade". Explicaba o edil que "Tui ten que apoiar todas as iniciativas que teñan que ver co desenvolvemento turístico da cidade e da Eurocidade". Ao tempo Laureano Alonso destacou que os resultados tanto de peregrinos coma de turismo tradicional están a ser magníficos, polo que todas as iniciativas que sirvan para "defender, apoiar, dinamizar o turismo e o comercio van ser necesarias".

Tras o acto de inauguración previsto para ás 9.30 h celebrarase a primeira ponencia co título "O turismo como estratexia de futuro en Tui" a cargo da consultora "Valora consultores" encargada de realizar o Plan estratéxico de Tui para os anos 2019-2022.

Ás 10.30 h o alumando do Obradoiro Percorre Tui presenta a nova páxina web de turismo de Tui.

Ás 11.30 h celebrarase unha mesa redonda titulada "Turismo e emprego: un futuro mellor" que reunirá a representantes de administracións publicas, profesionais e entidades representativas do ámbito turístico. Na mesma abordaranse novas oportunidades para o fomento turístico pondo en valor o entorno rural como oportunidade de emprendemento. Tamén se tratarán os novos perfís profesionais que demanda o sector derivados da implantación das novas tecnoloxías.

Pór último Sandra Touza da consultora "Ponle cara al turismo" que analizara a Sustentabilidade do turismo como clave de desenvolvemento no sector.

Xa pola tarde coma peche desta xornada haberá unha visita guiada polo Tui xudeu a cargo do historiador tudense Suso Vila. A participación será de balde sen inscrición previa. Partirá ás 20 h da Oficina de Turismo.

A participación nesta xornada é gratuíta pero é preciso inscrición previa xa que as prazas son limitadas. As persoas interesadas poden inscribirse presencialmente na Oficina Municipal de Turismo na praza da Inmaculada, no correo turismo@tui.gal, ou no teléfono 677 41 84 05.

Programa xornada "Turismo e emprego: un futuro mellor para todos"

Venres, 27 de setembro, na aula da UNED, no antigo convento de San Domingos.

" Ás 9.30 h Inauguración
" Ás 10.00 h "O turismo como estratexia de futuro en Tui"
" Ás 10.30 h Presentación da nova web de turismo realizada polo obradoiro de emprego Percorre Tui
" Ás 11.30 h Mesa redonda "Turismo e emprego: un futuro mellor"
" Ás 12.45 h Ponencia "Novas oportunidades turísticas para o emprego"
" Ás 13.30 h Clausura
" Ás 20.00 h Visita guiada ao Tui xudeu. Saída da Oficina de Turismo na praza de San Fernando.

Concello Tui


O luns comezarán as obras de acondicionamento dos xardíns de Troncoso

Suporán o investimento de case 49.400 € ao abeiro do Plan Concello 2017. Teñen un prazo de execución de mes e medio

O próximo luns, 23 de setembro, comezarán as obras de acondicionamento dos xardíns de Troncoso financiadas ao abeiro do Plan Concellos 2017 da Deputación de Pontevedra. Teñen un prazo de execución de mes e medio. O obxectivo é rexenerar este espazo público situado no Paseo Familia Álvarez Blázquez que comunica o céntrico Paseo da Corredoira coa rúa Antero Rubín. A zona sobre a que se vai actuar era un dos antigos baluartes da muralla da cidade polo que as actuacións a realizar contarán cun control arqueolóxico durante a obra.

O novo deseño a executar nas próximas semanas busca potenciar a condición de lugar tranquilo, rodeado de natureza, deste espazo ao tempo que crear un espazo sensitivo coa combinación de árbores de sombra coma tilos con céspede e plantas aromáticas coma lavanda, tomillo, santolina, salvia e setos de buxo. Dotarase a todos os xardíns de sistema automático de rego.

Os elementos existentes na actualidade coma a balaustrada de pedra, as pérgolas, a fonte, unha paxareira, e as farolas serán retiradas e depositadas na nave municipal en Guillarei para a súa recuperación e posterior uso noutros espazos. Igualmente as plantas existentes na actualidade, que serán retiradas plantaranse, noutros lugares. Manterase no seu actual emprazamento tanto o busto de Sócrates coma o monumento a Faustino Rey Romero.

As obras foron adxudicadas por importe de 49.388,06 € á empresa Excavaciones Y Construcciones Manuel Pérez Portela, S.L.

Dende o Concello de Tui faise un chamamento á poboación a respectar a zona de obras, que estará debidamente sinalizada, para evitar calquera tipo de risco mentres duren os traballos.

A concelleira de Urbanismo, Yolanda Rodríguez, supervisou hoxe xunto á empresa adxudicataria e técnicos, o lugar onde se van realizar as obras a partir do próximo luns.

Concello Tui


Emprega Tui puxo en contacto hoxe a demandantes de emprego e empresas para coñecer as necesidades empresariais e como afrontar os procesos de busca de emprego

Máis dun centenar de persoas en situación de desemprego coñeceron hoxe de primeira man cales son as cuestión que as empresas teñen en conta nas súas ofertas de emprego e cales son os perfís máis demandados.

Foi no transcurso do foro de emprego Emprega Tui que se desenvolveu na aula da UNED organizado polo Concello de Tui a través do Programa Integrado de Emprego, PIE. O foro comezou gardando un minuto de silencio en memoria das tres mulleres asasinadas onte en Valga, previo ao acto de apertura.

O alcalde, Enrique Cabaleiro, na súa intervención salientou a importancia da participación da sociedade e da colaboración e aportación da masa empresarial. Indicaba que é fundamental implicar a todo o sector empresarial. Ao tempo salientou que a administración ten que ser unha ferramenta eficaz para facer coincidir as prioridades dos demandantes e das empresas. Tamén avanzou que dende o Concello de Tui van seguir apostando por este tipo de actuacións en formación.

A concelleira de Emprego, Ana Mª Núñez, apuntou que o obxectivo deste foro é integrar e facer de punto de encontro entre demandantes de emprego e empresas. Lembrou que está organizado a través do Programa Integrado de Emprego, no que participan un centenar de persoas das 65 se incorporaron xa ao mercado laboral,12 están en proceso de formación práctica vinculada á incorporación a distintas empresas, e 3 contan con proxectos de autoemprendemento. Detallou tamén os catro itinerarios formativos realizados e a formación ofrecida en moi diversos eidos para mellorar a empregabilidade dos participantes.

A continuación Ana Concheiro, técnica do PIE, explicou que é este programa de integral de emprego que estará vixente até o 31 de outubro. Da man da consultora Quick Up, do Eures Transfronteirizo, e ADECCO os participantes puideron coñecer a importancia de facer un currículo e como é por dentro un proceso de selección e puideron solventar as dúbidas que tiñan con respecto a distintos procesos selectivos, como afrontar unha entrevista de traballo ou traballar no país veciño. A parte final do foro correu a cargo de Luís Prados de Star Servicios, Matías García de Alonarti, Jesús López de Utingal, Carmen Crusat do grupo Marsan e Alberto Valin do Grupo Maier Ferroplast que presentaron cada un súa empresa, as distintas políticas de reclutamento de cada unha delas e falaron dos procesos selectivos abertos nestas empresas para España, Portugal e Europa.

Entre os perfís máis demandados, segundo o exposto esta mañá en Emprega Tui, sitúanse operarios de inxección, mantemento, loxística, soldadores, matriceiros, enxeñeiros aeronáuticos…

Concello Tui


Policía Local e Protección Civil de Tui fórmanse nun curso de Soporte Vital Básico

Efectivos da Policía Local e de Protección Civil de Tui realizaron nos últimos días un curso sobre "Soporte Vital Básico".

Catro axentes da Políca Local e catro voluntarios de Protección Civil formáronse durante 8 horas en técnicas de reanimación, RCP, pondo en práctica a teoría en maniquíes de reanimación tanto de persoas adultas coma de bebés. Ao tempo aprenderon cómo empregar os desfibriladores dos que están dotados as instalacións deportivas municipais e as propias instalacións da Policía Local.

Con este curso dende a concellería de Seguridade búscase dotar tanto á Policía Local, coma a Agrupación de Voluntarios de Protección Civil, da formación necesaria para poder actuar ante calquera emerxencia, neste caso concreto de carácter médico.

Concello Tui


O Álvarez Durán conta con novos vestiarios e baños tras un investimento de case 76 mil euros

Parte da obra foi financiada con cargo ao Plan Concellos 2017 e outra con fondos propios

As instalacións deportivas Álvarez Durán contan con novos vestiarios e baños tras o investimento de case 76 mil euros realizado polo Concello de Tui ao longo dos últimos meses.

Por unha banda investíronse 69.889,60 €, financiados ao abeiro do Plan Concellos 2017 da Deputación de Pontevedra, na renovación dos vestiarios creando vestiarios para o equipo local, o visitantes e os árbitros. Amais o Concello de Tui realizou un investimento de preto de 6 mil euros de fondos propios na renovación dos baños. En concreto a actuación executada supuxo a redistribución e optimización do espazo existente baixo a grada coa creación dos novos vestiarios os novos baños con zona de duchas, aseos, bancos e sala de enfermería. Renováronse as instalacións de fontanería, electricidade e saneamento, actuouse nas paredes, colocouse un pavimento vinílico antideslizante nunha superficie de 100 metros cadrados, e pintouse o muro.

Onte tivo lugar a inauguración das novas instalacións coa presenza do alcalde, Enrique Cabaleiro, o deputado de Cooperación, Santos Héctor e o presidente do Tyde FC, Elías Vieiro.

O campo Álvarez Durán é empregado polo Tyde, que subiu esta temporada a Primeira Autonómica, e onte xogaba o seu primeiro partido na casa no que empataron ante o Arcade.

O alcalde, Enrique Cabaleiro, salientou que esta obra foi proxectada en 2016, sendo moi necesaria xa que se refería á reforma dos vestiarios e mellora dos baños, co que se da cumprimento a unha vella demanda do Tyde FC. Pendente queda, explicaba o rexedor queda pendente o arranxo da cuberta nestas instalacións.

Concello Tui


Música, motos y gastronomía se dan cita este fin de semana en Tui

Tui se prepara ya para la celebración del Festival Motero Eurocidade el fin de semana del 20 al 22 de septiembre

La organización prevé una gran afluencia mientras que se ultiman los preparativos

Recta final para la celebración del Festival Motero Eurocidade en la ciudad pontevedresa de Tui, se ultiman ya los preparativos para un fin de semana cargado de actividades en las antiguas instalaciones de la Cam-fran bajo la organización del Motoclub "Os de Sempre Tuy".

Las exhibiciones acrobáticas de Placido Stunt 666, la participación de la Escuela de Pilotos de Jorge Lorenzo o los conciertos de Asi/Si, RMS o Versión Beta son algunos de los grandes atractivos en un evento que tendrá entrada gratuita.

Además de los conciertos programados, también se contará en el propio recinto con un festival de DJ´s, amplia oferta gastronómica, exhibiciones de acrobacias, exposición de vehículos, atracciones para los más pequeños, feria de artesanía, ambientación musical con charangas, zona de acampada para los asistentes, entre otros.

Una Ruta Desafío para conocer la Comarca de O Baixo Miño

En la jornada del domingo, la organización realizará una Ruta Desafío pasando por diferentes municipios de O Baixo Miño, una ruta de orientación en la que los participantes tendrán que publicar fotografías en redes sociales etiquetando al "Moto Club Os de Sempre Tuy", las fotografías que más interacción consigan en las redes tendrán premio.

PROGRAMACIÓN POR DÍAS

VIERNES 20

Las actividades programadas arrancan en la jornada del viernes día 20 de septiembre a las 19:00h con la apertura del recinto y a las 20:00h se empezará con la inscripción de moteros, que tendrá un coste de 25€, para los que quieran comer y cenar con el catering de la organización.

A partir de las 22:00h tendrán lugar los conciertos de rock a cargo de los grupos RMS y Versión Beta. Continuará la noche con la primera noche del Tui Fest, un festival de DJ´s con animación y gogós, en el que se contará con la participación de The Happiness Frequency: Djane Percy+MC Barbarella Vocal, Juan Alcaraz, DJ Charlie, Dani Villa, Rodri Vegas, Krash y Gabri Domínguez.

SÁBADO 21

En la jornada del sábado día 21 de septiembre se contará a lo largo del día con la Escuela de Pilotos Jorge Lorenzo Competición, con sus jóvenes pilotos. A partir de las 11:30h tendrá lugar la salida de la Ruta para conocer la comarca realizando un paseo en moto.

A las 16:30h se realizará la primera actividad de "stun" con el acróbata Plácido 666 con su Harley Davidson.

A las 17:30h se realizará una segunda ruta en moto para conocer la comarca.

A las 20:00h la piloto de R3 Tania72 demostrará a los asistentes su destreza sobre las dos ruedas en una exhibición muy interesante.

A las 23:00h se realizará la segunda actividad de "stun" con el acróbata Plácido 666 con su Harley Davidson.

Continuará la noche sobre las 23:00h con la segunda noche del Tui Fest, un festival de DJ´s con animación y gogós, en el que se contará con la participación de The Happiness Frequency: Djane Percy+MC Barbarella Vocal, Juan Alcaraz, DJ Charlie, Dani Villa, Rodri Vegas, Krash y Gabri Domínguez.

A las 00:00h tendrá lugar el concierto rock tributo a AC/DC, donde los asistentes podrán escuchar las mejores versiones de este mítico grupo de culto del rock, interpretados por la banda tributo ASI/SI.

DOMINGO 22

En la jornada del domingo día 22 de mayo se realizará la bendición de motos antes de tomar la salida para la Ruta Desafío que tendrá lugar a las 11:30h. La Ruta Desafío es una ruta de orientación y aventura en la que cada participante tendrá que utilizar un mapa para cubrir las 6 casillas, haciéndose fotos para recibir un premio final a la foto con más interacción.

A lo largo de la mañana se contará con amenización musical con charangas, animación y una comida popular en la que se ofertará churrasco, pulpo, bocadillos, entre otros.

Finalizará la jornada con un concierto acústico a cargo del grupo El Patio a partir de las 22:00h de la noche.

Concello Tui



Edições C@2000

Do Coura se fez luz. Hidroeletricidade, iluminação pública e política no Alto Minho (1906-1960)"
Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000/Afrontamento
Apoiado pela Fundação EDP


Da Monarquia à República no Concelho de Caminha
Crónica Política (1906 - 1913)

Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000


O Estado Novo e outros sonetos políticos satíricos do poeta caminhense Júlio Baptista (1882 - 1961)

Organização e estudo biográfico do autor por Paulo Torres Bento
Edição: C@2000


Rota dos Lagares de Azeite do Rio Âncora

Autor: Joaquim Vasconcelos
Edição: C@2000


Memórias da Serra d'Arga
Autor: Domingos Cerejeira
Edição: C@2000

Outras Edições Regionais